You are on page 1of 10

TEMA 3 PUNTO 3. A CONTAMINACIÓN ATMOSFÉRICA.

• A CONTAMINACIÓN ATMOSFÉRICA é a emisión á atmosfera de axentes contaminantes que


alteran as súas funcións e teñen graves consecuencias para os seres vivos e o medio
ambiente.

Os axentes contaminantes poden ser tanto formas de enerxía como substancias derivadas da
actividade humana.

AXENTES CONTAMINANTES FÍSICOS:


• CONTAMINACIÓN ACUSTICA. Xerada por ondas sonoras de gran intensidade, molestas que
chamamos vulgarmente ruído.
A contaminación acústica é a presenza no ambiente de ruídos ou vibracións, calquera que
sexa a fonte ou emisor acústico que as orixina, que implique molestias, riscos ou danos
para as persoas, para o desenvolvemento das súas actividades ou para bens de calquera
natureza. efectos significativos sobre o medio ambiente. O ruído é un caso particular de
son, neste caso non desexado, molesto ou prexudicial.

O son, e o ruído é unha onda que se propaga polo aire, chega aos nosos oídos e produce
unha sensación: escoitámola. Caracterízase pola súa frecuencia, o seu nivel de presión
sonora (coloquialmente a súa enerxía, intensidade ou volume) e a súa duración. A unidade
utilizada para medilo é o decibelio (dB). Como non é o mesmo estar exposto durante máis
ou menos tempo, utilízase o Nivel de Ruído Equivalente (Lq, Leq), un índice ou valor medio
de decibelios que pondera a presión sonora e o tempo durante o que estamos expostos a
ela. Así atopamos, por exemplo, Ld (ruído equivalente de día, 12 horas), Le (equivalente de
ruído de maña ou de tarde, 4 horas), Ln (ruído de noite, 8 horas) ou Lden (ruído de día,
tarde, noite, que integra 24 horas de exposición).

RUÍDO E SAÚDE.
O ruído ambiental ten un impacto significativo na saúde humana. A contaminación
acústica é un grave problema de saúde pública que vai moito máis alá da molestia que xera
o ruído e do que moitas veces non somos conscientes. A OMS sinala que a contaminación
acústica é o segundo factor ambiental máis prexudicial para a saúde en Europa, despois da
mala calidade do aire, pero estudos recentes indican que o ruído ten un impacto na saúde
similar ao da contaminación química do aire.
O ruído pode provocar efectos auditivos (xordeira, tinnitus...) cando é de gran intensidade e
dana o noso oído. Pero a exposición a niveis máis baixos durante períodos prolongados
pode provocar numerosos efectos non auditivos como estrés, ansiedade, trastornos do
sono, redución do rendemento académico, efectos cardiovasculares, respiratorios,
metabólicos (diabetes, obesidade), baixo peso ao nacer, prematuridade e mortalidade
infantil e enfermidades neurolóxicas dexenerativas.
1 de cada 5 persoas en Europa está exposta a un ruído do tráfico superior ao establecido
pola Organización Mundial da Saúde. O ruído ambiental provoca 72.000 hospitalizacións
anuais e 16.600 mortes prematuras en Europa ao ano.

• A CONTAMINACIÓN LUMÍNICA.
Os dous aspectos principais que temos que ter en conta para falar de contaminación
lumínica son o ceo e a iluminación artificial.
1
A contaminación lumínica é a contaminación producida polas emisións lumínicas que
proveñen de fontes artificiais de alta intensidade. A contaminación lumínica é o brillo que
se ve no ceo pola noite causado por unha iluminación ineficiente. En lugar de enviar a luz
cara ao chan, a luz emítese cara ao ceo.

Consecuencias da contaminación lumínica:


Desperdicio de enerxía, xa que a luz vai cara ao ceo, polo que se necesita máis enerxía para
conseguir a iluminación necesaria.
O tráfico aéreo e o tráfico marítimo vense obstaculizado.
Altéranse os ciclos biolóxicos dalgúns animais e plantas, especialmente das aves, xerando
desorientación e cambios nos seus ciclos biolóxicos.
Incluso os ciclos de sono das persoas tamén se alteran, xa que a luz artificial filtra nos
fogares.
O patrimonio cultural e científico pérdese, xa que o ceo estrelado desaparece. A UNESCO
declarou o ceo estrelado como Patrimonio da Humanidade en 2008.

AXENTES CONTAMINANTES QUÍMICOS.

Os contaminantes químicos máis habituais son os que se describen deseguido.

1 Dióxido de Xofre (SO2)


2 Óxidos de Nitróxeno (NOx)
3 Monóxido(CO) e Dióxido de Carbono (CO2)
4 Ozono troposférico (O3)
5 Partículas sólidas en suspensión (PM)
6 Metano

1. Dióxido de Xofre (SO2)

Gas incoloro, con vida media na atmosfera de varios días; é considerado un dos principais respon-
sables do fenómeno da choiva ácida.
Fontes: Orixínase na combustión de carburantes cun certo contido en xofre (lignito, carbón, fuel,
gasóleos,..) en centrais térmicas, refinerías, industrias, tráfico de vehículos, calefaccións, etc. Tamén
existen fontes naturais deste contaminante como as erupcións volcánicas.
Saúde. Meio Ambiente: Concentracións altas deste contaminante afecta ó aparato respiratorio,
agrava enfermidades respiratorias e cardiovasculares, e provoca irritación nos ollos. No ambiente
provoca a choiva ácida que prexudica ás arbores e plantas, solo e mesmo materiais de construción
(mármore, calcárea,...).

2. ÓXIDOS DE NITRÓXENO (NOx)

Coñécense varios óxidos de nitróxeno, pero soamente teñen interese como contaminantes o óxido
nítrico (NO) e o dióxido de nitróxeno (NO2) representados ambos como NOx . O óxido nítrico NO é un
gas incoloro, inodoro e tóxico. O dióxido NO2 é un gas pardo-vermello, de cheiro asfixiante e tóxico.

2
Fontes: Orixínanse en procesos de combustión – industrias- con altas temperaturas por combina-
ción do osíxeno e o nitróxeno presentes no aire. Unha fonte moi importante, sobre todo nas cidades,
é o tráfico. Existen tamén, fontes naturais como incendios, erupcións volcánicas...

Nunha primeira reacción, os óxidos de nitróxeno transfórmanse, na atmosfera, en ácido nítrico ou


nitratos. Este ácido altamente corrosivo é arrastrado pola auga da chuvia e convértese nun dos
constituíntes da choiva ácida.

Saúde. Medio Ambiente: Afectan fundamentalmente ó aparato respiratorio provocando


bronquites e pneumonía, debilitándonos fronte ás infeccións das vías respiratorias,...Os óxidos de
nitróxeno transfórmanse na atmosfera en ácido nítrico, formando choiva ácida, e reaccionan
tamén cos hidrocarburos para dar ozono troposférico.

3. Monóxido e Dióxido de Carbono (CO e CO2)


Monóxido de Carbono (CO): É un gas inflamable, incoloro, insípido, lixeiramente menos denso que
o aire e, altamente tóxico. Dióxido de carbono (CO2): É un gas incoloro, denso e non tóxico.
Fontes: Orixínanse en todos os procesos de combustión- industrias, automóbiles, calefaccións...-
e tamén de xeito natural -incendios, oxidación do metano....
Saúde. Medio Ambiente: O monóxido de carbono representa unha gran ameaza para a saúde pola
súa capacidade de reaccionar coa hemoglobina do sangue en competencia có osíxeno (posúe unhas
240 veces máis afinidade pola hemoglobina que o O2) formando carboxihemoglobina que reduce a
capacidade do sangue para o transporte de osíxeno dende os pulmóns ós tecidos, causando can-
sazo, cefaleas, alteracións da coordinación e, en casos severos, a morte. Representa perigo en luga-
res pechados, menos en lugares ventilados.
O dióxido de carbono é o principal responsábel do efecto invernadoiro, causante do aumento da
temperatura do globo e con repercusións nos ecosistemas : derretemento do xeo dos polos e gla-
ciares, aumento do nivel do mar.. e repercusións varias na economía (cultivos...), na saúde ( pragas
e enfermidades por exemplo)...
4. Ozono (O3)
O ozono é un gas azul pálido, irritante e picante. Nas capas superiores da atmosfera (estratos-
fera), atopase o ozono estratosférico, que forma unha capa que protexe a superficie da terra de
radiacións procedentes do sol, sería o “Ozono bo”, nós referirémonos ao Ozono da baixa atmos-
fera ao Ozono troposférico ou ”Ozono malo”.
Fontes : Cando se orixina na baixa troposfera coñecese como ozono troposférico, é un contami-
nante secundario . O ozono troposférico fórmase tamén de xeito totalmente natural durante as
treboadas .
Saúde. Medio Ambiente: Pode orixinar problemas na saúde: irritacións nos ollos, nariz e garganta.
Os danos que provoca son extensibles tamén á vexetación e ós materiais. As concentracións máis
elevadas prodúcense en zonas con altas emisións de NOx e hidrocarburos, e durante o verán, cando
as condicións atmosféricas son adecuadas (temperatura alta, radiación solar elevada, ausencia de
vento...).
5. Partículas en suspensión
O termo "partículas" abarca a moitas substancias sólidas ou líquidas, orgánicas ou inorgánicas, cun
diámetro inferior de 500 micras ou micrómetros (µm), dispersas no aire e procedentes tanto de
fontes naturais como artificiais. Teñen influencia na saúde por ser a fracción respirable.
3
Fontes : A súa orixe ten relación coa combustión de combustibles fósiles, canteiras, minería, fa-
bricación de cemento,...é tamén ten orixe natural : po do chan, emisións gasosas naturais, erup-
cións volcánicas, sal mariña..
Saúde. Medio Ambiente: existe relación entre os niveis destas partículas e o número de mortes e
hospitalizacións diarias debidas a enfermidades pulmonares e cardíacas. As partículas pequenas
penetran polas vías aéreas chegando ata os pulmóns, provocando danos no sistema respiratorio,
alteracións na coagulación do sangue e no ritmo cardíaco, agravando enfermidades de tipo respi-
ratorio e coronario, provocando hospitalizacións e mortes por asma, bronquite e infartos.
6. METANO (CH4)
Provén das industrias e da descomposición de materia orgánica na gandaría. É un gas de
efecto invernadoiro.

Industrias contaminantes da atmosfera

Refinería A Coruña
Central Térmica de As Pontes

Central Térmica de Meirama. Ence en Pontevedra

4
Alumina-Aluminio de San Ciprián (Lugo) Finsa en Pontecesures

O BURATO DA CAPA DE OZONO.

O ozono presente na estratosfera forma a capa de ozono que absorbe a maior parte da radiación
ultravioleta do Sol.
O fenómeno coñecido como burato da capa de ozono é unha diminución da cantidade de ozono
estratosférico nas zonas polares do planeta. Isto facilita que a radiación ultravioleta do Sol chegue
á superficie terrestre.
Foi causada pola emisión de gases CFC, que destruían o ozono. Estes compostos empregábanse en
sistemas se aire acondicionado, refrixeración, en aerosois (lacas, ambientadores,...)

O QUECEMENTO GLOBAL E O CAMBIO CLIMÁTICO.

• O QUECEMENTO GLOBAL é causado polo gas dióxido de carbono (CO2), que aínda que se
atopa de maneira natural na atmosfera é o gas que máis inflúe no efecto invernadoiro, e
provoca un aumento da temperatura media do planeta.
• Dende mediados do século XIX os niveis deste gas foron incrementándose pola combustión
de carbón e dos combustibles derivados do petróleo, ao utilizarse nas industrias para xerar
enerxía. O aumento de CO2 e de outros gases de efecto invernadoiro na troposfera provoca
que a Terra reteña máis calor da que emite.
• O CAMBIO CLIMÁTICO son cambios no clima do planeta causados polo quecemento
global.

EFECTOS DO CAMBIO CLIMÁTICO.

• Desaparición da capa de xeo que cobre o Polo Norte.


• Fusión e desaparición de glaciares de zonas polares e de montaña.
• Aumento do nivel do mar pola fusión dos glaciares, con inmersión baixo as augas de
zonas costeiras e de illas.
• Aumento da temperatura da auga do mar.
• Fenómenos meteorolóxicos extremos e violentos (secas, inundacións, furacáns....)
• Migracións humanas e de animais pola destrución do hábitat.
• Extinción de animais e plantas por destrución dos seus hábitats.
• Cambios nos cultivos aptos para cada zona.
• Aparición de pragas vexetais e enfermidades humanas e de animais.
5
TEMA 3. PUNTO 4 A HIDROSFERA.

• A hidrosfera é o conxunto de auga que existe na Terra. É á masa de auga que forma parte da
superficie terrestre.
• Na hidrosfera a auga atópase nos tres estados físicos:
◦ Como auga sólida: nos polos, glaciares, neve e en forma de xeo.
◦ Como auga líquida: nos océanos, mares, ríos, lagos e augas subterráneas.
◦ Como auga en estado gasoso: no vapor de auga atmosférica.
• As erupcións volcánicas da Terra primitiva emitiron gran cantidade de vapor de auga, que
cando foi arrefriando o planeta, se condensou e formou as augas superficiais do planeta.

DISTRIBUCIÓN DA AUGA NA TERRA.

• A superficie da Terra está cuberta nun 70% por auga.


• De toda esa auga, o 97% é auga salgada e o 3% é auga doce.
• A auga salgada ten gran cantidade de sales minerais disoltos, presenta una media de 35
gramos/litro.
• A auga doce ten menor cantidade de sales minerais disoltos, cuxa concentración de sales
disoltos é igual ou menor a 0,2 gramos/litro.
• Do 3% de auga doce:
◦ 79% xeo.
◦ 20% augas subterráneas.
◦ 1% augas superficiais. Destas:
▪ 1% forma parte da composición dos seres vivos.
▪ 1% forma os ríos.
▪ 10% está na atmosfera.
▪ 38% empapa o solo.
▪ 50% forma os lagos.
• Só o 0,025% da auga existente na Terra é potable.

ACTIVIDADES
1.1. Une con frechas cada forma en que se encontra a auga na superficie terrestre co estado en
que se atopa:
-Glaciares
-Lagos -Auga en estado líquido
-Vapor de auga
-Xeo -Auga en estado sólido
-Mares
-Océanos -Auga en estado gasoso
-Neve
-Ríos e augas subterráneas

1.2. Completa o seguinte texto recheando cada oco coa palabra correcta:
Denomínase................................................ á masa de auga que forma parte da
superficie................................................. . Do total da auga presente na Terra, só o .......................é
auga doce. Desa cantidade, só o.........................................................está dispoñible para os seres
vivos. Case un..........................................................da auga doce dispoñible atópase na atmosfera.
6
1.3. Donde se atopa a maior parte da auga da Terra?

1.4. Completa a seguinte táboa escribindo unha X onde corresponda:

Auga salgada Auga doce

Concentración de saes maior a


0,2 gramos/litro.

Mares e océanos.

Xeos dos glaciares.


Augas subterráneas.

Ríos, lagos, humidades e


torrentes.

PROPIEDADES DA AUGA.

A auga é unha molécula formada por hidróxeno e oxíxeno (H2O).

Molécula de auga.

A auga pura líquida é unha substancia incolora ou transparente, inodora, é dicir,


que non posúe ulo, e insípida, isto é, sen sabor por si mesma.
• Cambios de estado. A temperatura ambiente é líquida pero pode cambiar de estado cando se
quece ou se arrefría. Esta propiedade favorece a existencia do ciclo da auga.
• Densidade anómala. Presenta menor densidade en estado sólido que en estado líquido, por
iso o xeo flota sobre a auga líquida, e nos mares, océanos , lagos e ríos conxelados debaixo do
xeo mantense a auga líquida permitindo a vida dos organismos acuáticos.
• Gran capacidade disolvente. Se lle chama o disolvente universal porque é capaz de disolver
gran cantidade de substancias. No interior dos seres vivos é o medio que permite o transporte
de nutrientes, sales e osíxeno e substancias de refugo.
• Absorbe gran cantidade de calor. É un bo regulador térmico: quentase e arrefríase
lentamente. Axuda a manter a temperatura corporal dos seres vivos. O exceso de calor que se

7
xera nos seres vivos se o transmiten a auga que conteñen, esta absorbe esa calor e evapórase,
refrescando así o seu corpo.

O CICLO DA AUGA.

ESCOAMENTO

ESCOAMENTO

8
• O ciclo da auga é o conxunto de procesos que experimenta a auga na natureza. Este ciclo
implica cambios de estado, desprazamentos e almacenaxe en diversos depósitos temporais.

o EVAPORACIÓN.A auga dos océanos, ríos e lagos evapórase pola calor do Sol e pasa
á atmosfera.
o EVAPOTRANSPIRACIÓN ou TRANSPIRACIÓN. A auga presente nos seres vivos
tamén se evapora e pasa á atmosfera.
o CONDENSACIÓN. Na atmosfera a auga pódese almacenar como vapor de auga ou
pódese condensar en forma de pequenas pingas de auga líquida, que dan lugar a
néboas e nubes.
o PRECIPITACIÓN. O vento traslada o vapor de auga e as nubes, ao aumentar a
condensación dentro das nubes fórmanse pingas de maior tamaño que polo seu
propio peso cae en forma de chuvia, de neve ou de sarabia.
o ESCOAMENTO SUPERFICIAL. A auga que cae en forma de chuvia, e a que se forma
pola fusión da neve ou da sarabia, discorre pola superficie to terreo e forma
depósitos de auga superficiais como ríos e lagos. Desprazase por escoamento
superficial.
o INFILTRACIÓN. Parte da auga que precipita infíltrase na terra e enchoupa capas de
rochas permeables, formando depósitos de auga subterráneos chamados acuíferos.
o ESCOAMENTO SUBTERRÁNEO. Unha parte da auga subterránea forma correntes en
galerías e covas, desprazándose por escoamento subterráneo.

TEMA 3 PUNTO 5. OS USOS DA AUGA E AS SÚAS CONSECUENCIAS.

• Uso industrial: para producir enerxía, para fabricar produtos, para refrixeración, para
limpeza e outros procesos.
• Uso agrícola e gandeiro. As explotacións agrícolas e gandeiras requiren auga abundante.
• Uso urbano. As cidades e outras poboacións necesitan auga para manter limpas as rúas,
para regar os xardíns públicos, para fontes ornamentais.
• Uso doméstico: O gasto medio de auga en España e de 132 litros por persoa e día. O maior
gasto correspóndese co auga empregada na ducha, no inodoro e no lavabo.

IMPACTOS DO USO DA AUGA.

• Esgotamento dos depósitos naturais de auga. A auga que empregamos procede dos
depósitos naturais que son os ríos, lagos, encoros, acuíferos, e se se empregan
desalgadoras do mar. Estes depósitos pódense esgotar se extraemos deles máis auga da
que se repón coa chuvia.
• Alteración do caudal dos ríos. Os encoros que almacenan auga, fan que o caudal do río
diminúa, se o caudal é demasiado baixo, os ecosistemas relacionados co río vense danados.
É obrigatorio deixar un caudal ecolóxico para evitar eses danos nos ecosistemas. Tamén se
ven afectadas negativamente as especies de peixes que remontan o río cara o curso alto
para reproducirse, como o salmón, teñen que construír unhas escalas que lles permitan
remontar e salvar a presa do río para chegar as zonas de desove.
9
• A sobreexplotación de acuíferos. Os acuíferos son unhas das principais fontes de auga
doce. Se se extrae máis auga da que se infiltra, o acuífero sofre sobreexplotación e pode
chegar a esgotarse. A sobreexplotación en zonas costeiras provoca que os acuíferos
cheguen a contaminarse con auga salgada, é dicir, sofren salinización, e a súa auga xa non
serve para regar nin para usar nas vivendas.

A CONTAMINACIÓN DA AUGA.
• Verteduras urbanas. Son augas contaminadas que vertemos polos desaugadoiros das nosas
casas e a rede de sumidoiros das cidades.
• Verteduras industriais. Conteñen restos como: aceites, disolventes, deterxentes ou incluso
virus, bacterias ou microorganismos que se verten aos ríos ou ás canles.
• Verteduras de petróleo. Algunhas das peores catástrofes ambientais do planeta foron
provocadas por verteduras de petróleo ao mar, que orixinan as mareas negras. Estas
verteduras prodúcense por accidentes durante o seu transporte ou extracción.
• Verteduras agrícolas e gandeiras. Trátase de pesticidas, praguicidas, fertilizantes e refugallo
do gando, que poden chegar aos ríos ou filtrarse e contaminar os acuíferos.
• Os plásticos supoñen un problema moi grave de contaminación mariña. Co tempo os
fragmentos de plástico se van orixinando fragmentos microscópicos, os microplásticos, que
son inxeridos por moitas especies, se incorporan a cadea alimenticia e chegan a nos.

TEMA 3 PUNTO 6. A XESTIÓN SOSTIBLE DA AUGA.

Unha xestión sostible da auga implica asegurar a subministración de auga potable para todos
sen esgotar os seus depósitos naturais, sen contaminala e sen danar os ecosistemas.

O CICLO DA AUGA DE USO DOMÉSTICO. Comprende todos os procesos aos que se somete a auga
que chega aos nosos fogares, desde que se toma da natureza ata que se devolve a ela logo de
usala. Estes procesos son:

10

You might also like