You are on page 1of 8

TEMA 6. CONTAMINACIÓN ATMOSFÉRICA.

Pódese definir contaminación da atmosfera como a alteración do seu estado natural por
emisión de substancias ou radiacións alleas á súa composición natural ou en proporción superior a
dito estado.

1 TIPOS DE CONTAMINANTES
Podemos clasificar os contaminantes en dous grupos: as substancias químicas e as formas
de enerxía.

1.1 SUBSTANCIAS QUÍMICAS


Atendendo á súa orixe podemos diferenciar entre contaminantes primarios e secundarios.

1.1.1 Contaminantes primarios


Substancias de composición variada emitidas directamente á atmosfera. Inclúense neste grupo:

 Partículas. Son substancias sólidas ou líquidas, de composición variable que permanecen en


suspensión. Segundo o seu tamaño clasifícanse en PM2,5 (menores de 2,5 micras), altamente
tóxicas por chegar ata o medio interno; e as PM10 (ata 10 micras) que afectan especialmente ó
sistema respiratorio. A actividade humana xéraas en procesos como combustións, actividades
mineiras ou fábricas de cemento.
 Compostos de xofre. Principalmente os óxidos de xofre, que resultan da combustión do xofre
nos combustibles fósiles.
 Óxidos de nitróxeno. Orixínanse especialmente nas combustións a altas temperaturas como
nos diferentes medios de transporte; ou mesmo nas actividades agrícolas derivados dos
fertilizantes.
 Óxidos de carbono. O CO (monóxido de carbono) é o contaminante que máis abunda na
atmosfera próxima á maior parte das cidades, a acción humana prodúceo en combustións
incompletas de substancias que conteñen carbono; é un gas moi tóxico. O CO2 (dióxido de
carbono) porén non é tóxico e incluso constitúe un nutriente esencial das plantas; pero se
aumenta a súa concentración increméntase o efecto de invernadoiro natural, o que leva a
modificacións importantes no clima terrestre; a acción humana prodúceo en reaccións de
combustión.
 Metano (CH4), cuxa orixe antropoxénica está na xestión de combustibles fósiles, a agricultura
do arroz e os procesos de descomposición de materia orgánica en vertedoiros e depuradoras.
 Dioxinas, que se producen no tratamento de produtos clorados e na incineración de residuos
que teñen substancias cloradas; son moi tóxicos.
 Metais pesados. Como mercurio ou o chumbo, que procede especialmente da combustión de
gasolinas que o levan como aditivo.

1.1.2 Contaminantes secundarios


Orixínanse a partir dos primarios mediante reaccións que teñen lugar na atmosfera. Son
entre outros:
 Derivados do SO2 cando reacciona coa auga dando lugar a SO3 e H2SO4.
 Procedentes do NO2 cando reacciona coa auga ou o ozono para formar NO3 e HNO3.
 Ozono troposférico. O ozono (O3) é un gas de forte poder oxidante. A súa orixe antropoxénica
débese ás reaccións fotoquímicas de contaminantes primarios (NO2, hidrocarburos) xerados
polo tráfico nos ambientes urbanos.

1
1.2 FORMAS DE ENERXÍA
Podemos dividilas en:
 Radiacións ionizantes. Son unha serie de partículas ou ondas electromagnéticas que
poden ionizar a materia sobre a que actúan directamente, polo que cando acadan os seres
vivos poden afectar ós procesos biolóxicos e provocar malformacións xenéticas, cancro, etc.
Destacan raios de alta enerxía e poder penetrante como os γ (gamma) e X.
 Radiacións non ionizantes. Non modifican a estrutura da materia ó non provocaren
ionización nos átomos. Son as radiacións ultravioleta, infravermellas e microondas. Os
efectos que provocan dependen das características da onda e o grao de exposición.
 Ruído. Considérase na actualidade un tipo especial de contaminación atmosférica cunha
grande incidencia sobre a poboación.

2 DISPERSIÓN DOS CONTAMINANTES


O proceso de contaminación atmosférica iníciase coa emisión de un ou varios compostos á
atmosfera. Posteriormente e segundo as condicións meteorolóxicas, prodúcese o seu transporte,
difusión, acumulación e deposición (mecanismos sumidoiro). Deste xeito, o valor dun contaminante
para certa zona e momento na atmosfera, denominado inmisión, depende da cantidade emitida
pola fonte contaminante; a velocidade coa que se dispersa; e a proporción do contaminante que se
transformará noutros contaminantes secundarios:
INMISIÓN = EMISIÓN – DISPERSIÓN – TRANSFORMACIÓN

2.1 Factores que afectan á dispersión


 Características das emisións.
Este factor vén determinado pola natureza do contaminante (se é gas ou partícula, posto que
as partículas poden depositarse con maior facilidade); a súa concentración; a temperatura de
emisión pois canto maior sexa esta máis rapidamente ascenderá incluso a través das capas
con inversión térmica. Neste punto podemos incluír tamén a altura do foco emisor (por
exemplo unha cheminea), xa que facilita a inxección das emisións nas capas superiores
 As condicións atmosféricas.
 Inestabilidade atmosférica: A dispersión dos gases contaminantes aumenta coa
inestabilidade da atmosfera.
 A temperatura do aire e as súas variacións coa altura, que determinan os movementos
das masas de aire (sobre todo a barreira que supoñen as inversións térmicas).
 Os ventos, en función das súas características: dirección, velocidade e turbulencia.

2
 As precipitacións, que producen un efecto de lavado sobre a atmosfera ó arrastraren
parte dos contaminantes ó solo.
 Insolación e humidade, que favorecen as reaccións entre os precursores dos
contaminantes secundarios.
 Características xeográficas e topográficas
A situación xeográfica e o relevo teñen unha
influencia nos elementos meteorolóxicos como o
vento e precipitacións que afectan á dispersión e
transformación dos contaminantes.
A presenza de masas vexetais tamén afecta ás
condicións atmosféricas, así como servir de
sumidoiro para gases como o propio CO2.
Os núcleos urbanos modifican o movemento das
masas de aire diminuíndo a súa velocidade
(presenza de edificios) e formando turbulencias
segundo a disposición das rúas.
Un caso particular xurde nas grandes cidades coa
aparición da chamada illa de calor. Este fenómeno
fai que a temperatura no interior da cidade sexa
máis alta que na súa periferia pola calor que
producen automóbiles, calefaccións e a
desprendida por edificios e pavimentos. Como
consecuencia aparicen brisas urbanas con
circulación cíclica que dificultan a dispersión dos
contaminantes e favorecen a súa concentración. O
resultado é a denominada cúpula de
contaminantes que se ve incrementada por
situacións anticiclónicas.

3 EFECTOS DA CONTAMINACIÓN DO AIRE

3.1 EFECTOS LOCAIS


Os contaminantes causan danos directos nas persoas, demais seres vivos e materiais. Un
fenómeno particular acontece nas zonas urbanas denominado smog.

3.1.1 Smog
Trátase da formación de néboas contaminantes (smoke+fog) típicas da contaminación
urbana. Consideramos a existencia de dous tipos:
 Smog húmido ou sulfuroso. Coñeceuse a partir dun grave proceso de contaminación sufrido
en Londres en 1952 coa morte de miles de persoas.Ten a súa orixe na combinación de
contaminantes xerados na combustión de carbón e derivados do petróleo coa elevada
humidade ambiental (xunto cunha situación anticiclónica). Maniféstase como unha néboa de cor
gris-parda sobre a cidade e produce alteracións respiratorias.
 Smog fotoquímico. Neste caso os contaminantes emitidos reaccionan co osíxeno grazas á
elevada radiación UV orixinando contaminantes secundarios como ozono e outros compostos.
Este proceso vese favorecido por situacións anticiclónicas, forte insolación e ventos débiles que
dificultan a dispersión dos contaminantes. O smog fotoquímico caracterízase pola presenza de
bruma e provoca danos respiratorios, irritación ocular e danos na vexetación.

3
3.2 EFECTOS REXIONAIS

3.2.1 Chuvia ácida


O fenómeno da chuvia ácida
comeza cando SO2 e NOx son liberados
á atmosfera mediante procesos de
combustión de combustibles fósiles. Estes
reaccionan coa auga transformándose
nos respectivos ácidos, retornando á
superficie da Terra coas precipitacións.
Os efectos da chuvia ácida
maniféstanse na corrosión de metais e
descomposición de materiais de
construción, a destrución de ecosistemas
naturais por acidificación do solo ou das
augas, a destrución de masas forestais e
a desaparición de especies animais en
ecosistemas acuáticos.

3.3 EFECTOS GLOBAIS

3.3.1 Diminución do ozono estratosférico


Entre os anos 1977 e 1984 detectouse que a cantidade de ozono na estratosfera antártica
sufrira unha importante diminución, feito que seguiu observándose en anos posteriores.
Denominouse a este fenómeno o burato de ozono.
A consecuencia desta diminución sería un incremento das radiacións ultravioleta que
podería traer importantes efectos no medio ambiente e a saúde humana:
 Maior incidencia de cancros, alteracións imnunolóxicas e oculares en seres humanos e animais.
 Alteracións no crecemento de seres vivos.
 Modificacións no balance de radiación térmica na Terra.

Comprobouse que os axentes destrutores do ozono son o cloro e o bromo, que aparecen
en diversas substancias empregadas polo ser humano nas súas actividades como CFCs
(clorofluorocarbonados). Cando a evidencia científica do dano causado polos CFCs se fixo
unánime, a industria aceptou a necesidade de desenvolver novos produtos para substituílos, e os
gobernos chegaron a acordos internacionais como o Protocolo de Montreal (1987) para limitar a
fabricación de tales produtos.
Aínda con estas medidas, a capa de ozono non poderá recuperarse ata o ano 2050.

3.3.2 Cambio climático inducido


O quentamento do clima é un problema dunha gran envergadura xa que afecta á totalidade
do planeta. Por isto, as solucións adecuadas para facerlle fronte hanse de levar a cabo a escala
global, co consenso de tódolos países do mundo.
Todo cambio climático vén condicionado por un proceso que altera o balance enerxético do
sistema climático entre a radiación entrante e a saínte, esta variación coñécese como forzamento
de radiación. As causas do forzamento poden ser:
 Externas ó sistema climático, como variacións na órbita terrestre e cambios no fluxo solar.
 Internas ao sistema terrestre, como a actividade volcánica ou os cambios na composición da
atmosfera. No referente a estes últimos, o mecanismo mellor establecido é o quentamento por
incremento de gases de efecto invernadoiro.

4
Este fenómeno acontece a
causa da presenza de gases
denominados de efecto invernadoiro
(GEI), como son CO2, CH4, CFCs,
ozono troposférico ou óxido nitroso
(N2O). Estes absorben a radiación
infravermella, tanto a que procede
directamente do sol como a reflectida
pola superficie terrestre. Esta enerxía
é devolta novamente en todas
direccións, gran parte de novo cara
abaixo permanecendo atrapada na
atmosfera e aumentando a súa
temperatura.
Calquera incremento na concentración
destes gases producirá un aumento
do seu efecto invernadoiro e o conseguinte ascenso da temperatura. Aínda que o vapor de auga é
o principal GEI, plantéxase a súa implicación no cambio climático ao detectarse un aumento na
concentración de H2O(v) debido ao propio ascenso da temperatura dos oceanos.
Segundo os últimos informes do Panel Intergubernamental sobre o Cambio Climático
(IPCC), existen evidencias dun cambio climático con ascenso de temperaturas no último século así
como da subida do nivel do mar, xogando un papel importante nestes cambios a acción humana.
Gas Contribución ó Concentración Variación Tempo de Absorción de
E.I. (ppm:partes por millón) anual permanencia enerxía fronte
(anos) ó CO2
CO2 55 407 +0,5 400 1
CH4 15 1,7 +0,9 10 48
N2O 4 0,3 +0,25 170 200
CFC 21 0,003 0,04 80 5000
O3 5 2-8 ? Horas-días

As causas do aumento do efecto invernadoiro ten a súa unha dobre orixe:


Por unha parte aumentaron as emisións directas destes gases nas fontes (combustións,
contaminación, etc). Por outra rebaixouse a taxa de actividades que actuaban como sumidoiros de
gases invernadoiro (masa forestal, disolución nos oceanos, etc). Podemos resumilas así:

 Aumento do consumo de carburantes fósiles, co conseguinte aumento de CO2 atmosférico.


 Incendios forestais. Implican un incremento das cantidades de CO2 e CH4 así como a perda
de capacidade fixadora de CO2.
 Deforestación. Supón unha menor actividade fotosintética e, por tanto, unha menor fixación do
CO2 atmosférico.
 Obtención de importantes cantidades de cemento na que se produce CO2 na queima da rocha
calcaria.
 Desgasificación de carbón e fugas en explotacións mineiras e de gas natural. O que aumenta
as emisións de CH4.

Como resultado pódense destacar as segintes consecuencias:


 As temperaturas globais aumentarán de media ata 3,5ºC.
 Os climas temperados desprazaranse cara ó norte, mentres as zonas actuais sufrirán un
proceso de desertización.
 O nivel medio do mar subirá ata 95 cm afectando a zonas costeiras.

Para mitigar este problema faise necesario reducir as emisións de gases de efecto
invernadoiro. As Nacións Unidas impulsaron a celebración de varias convencións e a sinatura de

5
convenios encamiñados á diminución na emisión destas substancias. Neste senso, merece
destacarse o Protocolo de Kioto, no que moitos países adquiriron o compromiso de reducir as
emisións de gases de efecto invernadoiro. As porcentaxes de redución que se estableceron foron
variables, atendendo fundamentalmente o grao de desenvolvemento de cada país. Para conseguir
a redución das emisións proponse aplicar e seguir elaborando políticas conducentes a promover un
desenvolvemento sostible, o que significa adoptar medidas como:
 Fomentar a eficiencia enerxética.
 Investigar, promover e desenvolver o aumento do uso de formas de enerxía renovables
 Fomentar reformas que limiten as emisións xeradas no sector do transporte.
 Fomentar a redución de metano mediante recuperación de residuos e outros mecanismos.
 Promover modalidades agrícolas sostibles.
 Conservar ou restaurar as cubertas vexetais.

En 2015 entrou en vigor un novo tratado establecido na Cumbre do Clima, desta vez incluíndo
ós dous países más emisores de CO2: Estados Unidos e China.

4 MEDIDAS DE PREVENCIÓN E CORRECCIÓN DA CONTAMINACIÓN ATMOSFÉRICA

4.1 Medidas preventivas


Encamiñadas a evitar a aparición do problema. Entre elas:
 Planificación dos usos do solo, mediante proxectos de ordenación do territorio que contemplen
os lugares adecuados para establecer industrias, estradas, etc.
 Emprego de tecnoloxías de baixa ou nula emisión de residuos.
 Programas de I + D relativos á busca e aplicación de fontes de enerxía alternativas e menos
contaminantes.
 Promover a educación ambiental e outras medidas de carácter social para lograr do cidadán un
uso máis racional e eficiente da enerxía.

4.2 Medidas correctoras


Podemos mencionar:
 Concentración e retención de partículas con equipos adecuados, aínda que estes métodos
teñen o inconveniente de transferir a contaminación dun medio a outro.
 Sistemas de transformación de gases mediante reaccións químicas noutros máis inocuos. No
caso dos vehículos, a solución máis estendida actualmente é a utilización dos reactores de
escape catalíticos que fan pasar os gases da combustión a través dun entramado impregnado
de metais especiais (Pt, Rh, Pd) capaces de transformar os principais gases contaminantes en
nitróxeno, auga e dióxido de C.
 Expulsión dos contaminantes por medio de chemineas adecuadas, de xeito que se dilúan o
suficiente, evitando concentracións a nivel do solo. Neste caso redúcese a contaminación local,
pero pódense provocar problemas en lugares afastados das fontes de emisión.

CUESTIÓNS

1. A táboa seguinte representa o tempo de residencia na atmosfera de


certos contaminantes.
a) Elixe CATRO compostos da táboa e sinala cál é a súa
procedencia.
b) ¿Con que problema ou problemas ambientais están
relacionados os dous primeiros?
c) ¿Que factores/mecanismos inflúen na dispersión dos
contaminantes atmosféricos?

6
2. Para valorar o Indice de Calidade do Aire deben terse en conta tanto os valores de inmisión como os
parámetros meteorolóxicos.Analiza ditos valores para unha cidade determinada.
a) Describe as condicións meteorolóxicas ao longo da semana.
b) Recoñece os valores máximos e mínimos de PM2´5, O3 e NO2.
c) Intenta establecer unha explicación de tales valores nos diferentes momentos da semana.

3. A seguinte figura mostra diferentes actividades que afectan á contaminación atmosférica.


a) ¿Que efecto produce o incremento destes gases na atmosfera? Razoa a contestación.
b) ¿Cal é a acción / efecto dos CFC na capa de ozono, e cales son as repercusións medioambientais de
dita acción? Sinala unha fonte de emisión dos CFC á atmosfera.
c) ¿Como inflúen as borrascas e os anticiclóns na dispersión dos contaminantes atmosféricos?

4. En que consiste o fenómeno de inversión térmica? ¿Como afecta este fenómeno ó grao de contaminación
dunha grande cidade?

5. “O ozono, un gas con dobre vida


Cuestión de altura. O ozono que se xera na estratosfera, por riba dos 12.000 m de altitude, protexe
a Terra da radiación excesiva dos raios ultravioleta; por iso, os científicos están preocupados polos
buratos que se producen nesta capa, sobre todo na Antártida. Fronte a ese ozono benéfico existe
outro nocivo: é o que se xera a baixa altura, na troposfera, e que provoca unha contaminación
tipicamente urbana, cuxa fonte principal son os coches”
El País.
a) Que diferenzas existen entre o O3 estratosférico e o O3 troposférico?. Explica a orixe de
cada un.
b) Que manifestacións da contaminación atmosférica se reaccionan con eles?
c) Indica os efectos que sobre a saúde humana provoca o O3 troposférico.

6. ¿Que efecto ten a chuvia ácida sobre os chans e sobre a vexetación?

7. Cita TRES medidas preventivas e TRES medidas correctoras contra a contaminación atmosférica

7
8. ENCRUCILLADO:

1 2

3 4

5 6

7 8 9

10

11 12

13

14

15

16

17 18

Ec lipseCross word.com

HORIZONTAIS VERTICAIS
1. Cantidade de contaminante que queda. 2. Prodúcese no cultivo de arroz e cambia o clima.
4. Fonte non humana de contaminación. 3. Mide entre 0,1 e 100 micras.
5. Está vivo e mide a contaminación. 6. Por el a enerxía entra pero logo non sae.
7. Fume e néboa ao mesmo tempo. 7. Contaminante cando outro se transforma.
11. Atrapa o ozono bo da estratosfera. 8. Raios que matan.
12. Na cidade cando a calor se queda. 9. Contamina así como sale.
13. Cantidade de contaminante que sae. 10. Chuvia pero mal.
16. De carbono pero non tóxico. 14. Metal pesado que sae dos coches.
17. Con osíxeno e moi oxidante. 15. Nel os países puxéronse dacordo, case.
18. De carbono pero moi tóxico.

You might also like