You are on page 1of 6

UD 04: Os procesos xeolóxicos esóxenos e

a historia da Terra
Na formación das rochas sedimentarias interveñen varios procesos:
- Meteorización de rochas.
- Erosión e transporte dos materiais meteorizados.
- Sedimentación dos materiais.
- Diaxénese: proceso mediante o cal os sedimentos se transforman nunha rocha
sedimentaria.

1. Meteorización

É a alteración é disgregación das rochas debida a:

Manto de
- acción dos fenómenos atmosféricos
alteración
- e dos seres vivos

A rocha sobre a que actúa recibe o nome de rocha


Rocha nai
nai, e como consecuencia se produce unha capa de
materiais disgregados chamada manto de alteración.

A meteorización pode ser de tres tipos:

- Química
- Mecánica
- Biolóxica

1.1 Meteorización química

É o proceso mediante o cal as rochas se disgregan ao mesmo tempo que experimentan un


cambio na súa composición química.
A auga xunto cos compostos disoltos nela son os principais responsables da meteorización
química.
Os principais procesos de meteorización química son:

1
a) Hidrólese:

Prodúcese a ruptura dos enlaces químicos dalgúns minerais


pola acción dos H+ e OH- resultantes da hidrólese da auga.
+ -
H2 O H + OH

b) Disolución

A auga disolve algúns minerais das rochas, especialmente dos


minerais salinos. Na superficie destas rochas formánse pequenas
canles chamadas lapiaces.

c) Hidratación

Incorporación de moléculas de auga na estructura cristalina dos minerais.

d) Carbonatación

Sempre existe unha pequena cantidade de CO2 disolto na


auga, o cal reacciona con esta formando ácido carbónico, o cal se
disocia en ión bicarbonato e protóns (H+). Os H+ provocan a
hidrólese de minerais ou a disolución de rochas calizas.
H O + CO H CO HCO - + H+
2 2 2 3 3

d) Oxidación

O O2 atmosférico tende a oxidar os elementos metálicos


dalgúns minerais, especialmente o ferro. Os minerais oxidados
soen ser máis disgregables pola acción da auga.

1. 2 Meteorización física:

Conxunto de meacanismos a través dos cales se fragmenta e disgrega a rocha nai sen que se
altere a súa composición química.

Os procesos de meteorización física son:

2
a) Dilatación diferencial ou termoclastia:

As variacións de Tª que soportan as rochas fai que os seus minerais se


dilaten. Sen embargo, non todos os minerais se dilatan na mesma medida.
Isto xera tensións internas na rocha que finalmente provocan a súa
fragmentación.

Este proceso producese especialemte nas zonas onde existen grandes


variacións de Tª entre o día e a noite, como é o caso dos desertos.

b) Xelivación ou criofracción

Se a auga líquida se introduce nas fisuras das rochas e se conxela, a auga incrementa o seu
volumen, incrementándose a presión que exerce sobre a parede das gretas, ás que agranda e
remata por fragmentar a rocha.
Propia das zonas con humidade e xeadas frecuentes.

c) Haloclastia

A auga porta sales minerais disoltas, ao evaporarse a auga as sales cristalizan nas fisuras e
actúan como cuñas fragmentando as rochas. Este mecanismo prodúcese nas zonas costeiras e
zonas áridas.

d) A perda de presión de carga

As rochas que se orixinan no interior da codia están


sometidas a unha presión exercida polo peso dos materiais
que teñen enriba.
Cando a erosión do terreo elimina ditos materiais, a rocha
liberase desta presión, sofre unha descompresión e se xeran
fisuras.

3
1. 3 Meteorización biolóxica:

Se as raíces das plantas se introducen nas fisuras das


rochas, ao crecer en grosor as raíces aumentan o tamaño
das gretas e acaban rompéndoa.
Os organismos que viven dentro da terra (do manto
de alteración) a removen e facilitan a súa disgregación.
Os seres vivos ademáis liberan substancias de carácter
ácido, que poden alterar os minerais das rochas
disgregadas.

2. O Transporte e a erosión

Os materiais soltos, disgregados que resultan da metoeorización da rocha nai quedan expostos
a acción dos axentes xeomorfolóxicos, como a auga, o vento, o mar e o xeo.
Estos os transportan a outras zonas, como consecuencia as rochas se desgastan, e dicir se
erosionan.

2.1 O transporte
É o desprazamento dos materiais resultantes da meteorización dende a súa orixe a unha
zona máis menos afastada, onde se depositan.
O transporte dos materiais disgregados pode realizarse de varias formas:

Flotación

Suspensión Algunhas partículas son transportadas


Disolución disoltas naauga.
As partículas máis finas poden ser
transportadas suspendidas. Se a
partícula é transportada na superficie As partículas son transportadas a saltos, xa
da auga, se denomina flotación. que aínda que o axente xeomorfolóxico os
Saltación levanta, no ten a suficiente enerxía como
Arrastre ou reptación para mantelos moito tempo suspendidas.

Os materiais son arrastrados sobre o Rodamento


substrato e deixan pegadas neste. Por
exemplo, os glaciares arrastran grandes Os materiais son arrastrados rodando polo fondo do
fragmentos de rochas sobre o substrato solo, como consecuencia os materiais adquiren un
deixando estrías. aspecto redondeado (cantos rodados).

4
2.2 A erosión

É o desgaste do relevo da superficie da codia pola acción dos axentes xeomorfolóxicos que
movilizan os materiais soltos que deixou a meteorización.

Meteorización

Pódese dicir que a erosión


é resultado de dous
procesos
Transporte

3. Sedimentación

A sedimentación é o proceso polo que se depositan os materias procedentes da erosión, que


reciben o nome de sedimentos.

A sedimentación pódese producir por:

- Acción da gravidade: os sedimentos


deposítanse selectivamente en
función do seu peso.

- Por precipitación química: Se os


materiais se transportan disoltos na
auga, estos se depositan cando o
medio se sobresatura e precipitan.

Os sedimentos deposítanse en zonas deprimidas


do terreo chamadas concas sedimentarias.

4. A formación das rochas sedimentarias

O proceso mediante o cal se forman as rochas sedimentarias denominase diaxénese. A diaxénese


é o conxunto de procesos mediante os cales os sedimentos se transforman nunha rocha
sedimentaria.

O proceso iniciase conforme o sedimento é enterrado pola chegada de novos sedimentos á


conca sedimentaria ata acadar uns 10 km de profundidade. A estas profundidades a Tª é superior
aos 200 ºC e comeza a sufrir metamorfose.

5
Os sedimentos poden ser de tres tipos:

- Fragmentos de minerais e de rochas resultantes da súa meteorización e que foron


transportados por un axente xeomorfolóxico ata a conca sedimentaria.
- Substancias disoltas na auga, normalmente sales.
- Restos de seres vivos.

Os procesos da diaxénese son 5:

Compactación 1

A medida que chegan novos sedimentos á conca


sedimentaria, os sedimentos das capas inferiores
se ven sometidos a unha maior presión o que
provoca que se reduza o tamaño do poro
existente entre as partículas dos sedimentos.
Como consecuencia, se expulsan os líquidos e
gases que ocupan os poros e diminúe o volumen
total da capa de sedimentos.

Disolución 2

A auga expulsada durante a compactación circula


entre as partículas dos sedimentos e disolve
substancias.

Metasomatismo 3

Os ións presentes na auga poden intercambiarse cos


ións presentes nos sedimentos, como consecuencia
prodúcese a aparición de minerais novos. Este
proceso denóminase metasomatismo.

Recristalización 4

Este fenómeno acontece cando a auga intersticial


disolve parte do sedimento e as substancias
disoltas volven a precipitar formando novos
cristais coa mesma composición química pero
xeralmente de maior tamaño

Cementación 5

Prodúcese pola precipitación nos intersticios do


sedimentos dalgunhas das substancias disoltas na
auga que actúan como cementos (unen
fortemente as partículas do sedimento entre sí).

Adoitan ser carbonatos, sílice ou compostos


6 ferruxinosos.

You might also like