You are on page 1of 19

TEMA 2: A TERRA E OS SEUS MATERIAIS.

O MODELADO DO RELEVO
1. Os minerais.
1.1. Concepto.
Un mineral é unha substancia natural, de composición química definida, sólida e inorgánica e cunha certa estrutura
cristalina. Diferenciase dunha rocha porque estas non teñen una composición química definida. O estudo dos
minerais denominase mineraloxía.
1.2. Propiedades físicas:
• Tenacidade: Resistencia que presenta un mineral a ser roto, moído, dobrado ou desgarrado ante unha acción
mecánica:
o Fráxil: mineral que se rompe fácilmente ou convertese en pó.
o Maleable: mineral que se pode moldear en láminas.
o Séctil: mineral que se pode cortar en lascas finas cun coitelo.
o Dúctil: mineral que se pode tirar nun fío.
o Flexible: mineral que se pode dobrar pero que non recupera a súa forma orixinal unha vez eliminada
a presión que o deformou.
o Elástico: mineral que recuperou a súa forma orixinal cando cesou a forza que o deformaba.
• Exfoliación: A exfoliación refírese á tendencia dos materiais a romper deixando dúas superficies planas.
Por exemplo o caso da mica, de tipo basal, en láminas.(Fig1)
• Densidade: É a relación entre a masa dunha substancia e o volumen que ocupa, en g/cm3.
• Dureza é a resistencia que ofrece a superficie lisa dun mineral a ser raiado.Esta propiedade mídese mediante
a escala de Mohs (Fig. 2), que é unha relación de dez mineráis ordeados pola súa dureza (de menor a maior).
Utilízase como referencia da dureza dun material dado.
• Conductividade eléctrica é a propiedade que teñen algúns minerais que permiten o paso da electricidade,
polo que poden transmitir a corrente eléctrica. Os metales nativos, os sulfuros e os óxidos metálicos son
bos conductores da electricidade.
• A cor é quizais a propiedade física máis complexa dos minerais, depende da sú a composición, estrutura,
presenza de determinados elementos e pequenas mesturas doutras fases. Moitos dos nomes dos minerais
fan referencia ao sua cor.
• O brillo e a propiedade dun mineral que mostra o aspecto da superficie dun mineral cando a luz se reflicte
nel e hai dous tipos principais o metálico e non metálico, pero cando o brillo non é destes dous tipos
chámase metaloide ou submetálico. Un exemplo de brillo non metálico é o caso do diamante (Fig. 4), pola
súa contra, un caso dun mineral con brillo metálico é o Calcio. (Fig. 3)
• O magnetismo é unha propiedade dos minerais. Estes son capaces de ser atraídos por un imán. Algúns
minerais conteñen ferro por tanto eses minerais van aser máis atraídos por un imán que outros.

1
1.3. Clasificación e exemplos da contorna. Aplicacións,explotación e uso sostible
1.3.1. Elementos nativos.
Aplicacións: Wolframio: No uso militar para reforzar blindaxes. Ouro:como moeda de cambio,na
xollería. Exemplos: Wolframio, Ouro
1.3.2. Sulfuros.
Pirita:como pastillas de freno de vehículos. Fabricación de ácido sulfúrico. Galena: Mena de chumbo.
Nas baterías de vehículos. Blenda: Mena de zinc, conserva de madeiras .Cinabrio:Instrumental científico,aparatos
electrónicos,ortodoncia. Obtención de mercurio
1.3.3. Haluros.
Halita: Cloruro de sodio:Sazonar e conservar alimentos.Silvina: como fonte de compostos de potasio utilizados
como fertilizante. Fluorita: Úsase principalmente para a obtención de ácido fluorhídrico.
1.3.4. Óxidos.
Magnetita:Separación de metais, limpeza de carbóns. Olixisto:Obtención de ferro e fabricación de tintes e pinturas.
1.3.5. Sulfatos.
Xeso:Construción,cerámica,agricultura.
1.3.6. Carbonatos.
Fan efervescencia cos ácidos. Calcita:Base do cemento, fabricación de fertlizantes,de vidrio, pintura etc.
Aragonito:Como pedra ornamental.
1.3.7. Silicatos.
Ortosa:Aillante eléctrico,pasta de dentes,esmaltes.Mica (moscovita e biotita):Aillamentos de máquinas de alta
tensión,turboxeneradores,condensadores…Cuarzo:Fabricación de vidros, absorbentes, paneis solares, ornamentos,
xoeiría. Olivino:Fabricación de refractarios,xoia Granate:Abrasivo na molenda fina de vidro

2. As rochas: magmáticas, metamórficas e sedimentarias. Ciclo das rochas.


Unha rocha se pode definir, de modo simplificado, como un agregado de partículas minerais que se formou como
consecuencia dun proceso natural.
• Magmáticas: son aquelas que se forman cando o magma se enfría e se solidifica (consolida).
• Metamórficas: son rochas formadas pola modificación doutras e preexistentes no interior da Terra
mediante un proceso chamado metamorfismo.
• Sedimentarias: Fórmanse pola acumulación de sedimentos formados a partir de partículas de diversos
tamaños transportadas polo auga, xeo e vento que son sometidos a cambios físicos e químicos
(diaxénese) e que dan lugar a materiais consolidados.
CICLO DAS ROCHAS
O magma é rocha fundida que se forma no a gran profundidade baixo a superficie terrestre. Co tempo, o magma
consolida. Este proceso, chamado cristalización, pode ocorrer no interior terrestre ou, despois dunha erupción
volcánica, na superficie. En calquera caso, as rochas resultantes chámanse rochas ígneas.
2
Se as rochas ígneas afloran na superficie sufrirán a acción da atmosfera, que os meteoriza e erosiona. O materiais
resultantes poden ser desprazados e transportados por algún axente como augas superficiais, glaciares, vento ou
ondas. Finalmente, estas partículas e substancias disoltas, chamadas sedimentos, son depositados.
Os sedimentos sofren entón litificación, un termo que significa "transformarse en rocha", dando lugar a unha rocha
sedimentaria cando se compacta polo peso das capas cuberta ou cando está cimentada pola auga de filtración
subterránea que enche os poros de materia mineral.
Se a rocha sedimentaria resultante penetra profundamente na terra e está implicada na dinámica da construción de
montañas, ou se é invadida por un masa de magma, estará sometida a grandes presións ou a calor intenso, ou
ambos, converterase nun terceiro tipo de rocha, unha rocha metamórfica. Cando a rocha metamórfica está sometida
a cambios de presión adicionais ou incluso a temperaturas máis altas, derreterase, creando magma, que acabará por
cristalizar en rochas ígneas.

2.1. Magmatismo. Procesos xeolóxicos internos e a calor do interior terrestre


O magmatismo é o conxunto de procesos que se producen entre a formación dun magma ata a súa posterior
consolidación e formación de rochas magmáticas, incluíndo a súa manifestación na superficie terrestre en volcáns.
Os procesos impulsados pola calor do interior da Terra son os responsables da creación de rochas ígneas e
metamórficas (endóxenos).
Un magma é unha mestura de silicatos fundidos a temperaturas elevadas (desde 700 a 1.000 - 1.500°C), que
conteñen unha proporción considerable de auga e outros compostos volátiles a presión normal pero que, sometidos
ás grandes presións existentes no interior da codia, poden permanecer incorporados ao magma fundido. Algúns
magmas conteñen fragmentos de rochas, restos do material do que proceden ou do material que atravesaron no seu
ascenso, que foron englobados e non fundiron totalmente.

2.1.1. Factores que determinan a formación do magma


Os factores dos que depende a formación de magmas son:
• A composición da rocha: Cada mineral ten que alcanzar o seu punto de fusión para fundirse e formar magma.
O punto de fusión dun mineral depende da presión do magma e doutros factores, como a influencia doutras
substancias químicas e a presenza de fluídos. As rochas ricas en sílice, en xeral, fundiríanse a unha temperatura
máis baixa.
• Temperatura: É necesario que o medio proporcione calor á rocha ata que os minerais alcancen o seu punto de
fusión. A temperatura que ten que alcanzar unha rocha para fundirse é variable: entre 700 e 1800 ºC.
• Presión: A alta presión fai que a temperatura que teñen que alcanzar algún materiais para fundirse sexa maior.
Do mesmo xeito, se a presión baixa por unha fractura ou por outro motivo, os materiais poden fundirse aínda que
manteñan a mesma temperatura. É dicir, a temperaturas iguais, as rochas teñen un punto de fusión máis baixo se a
presión diminúe.

3
• Presenza de auga: A presenza de auga permite a fusión dunha rocha a menor temperatura,nxa a auga favorece
a ruptura dos enlacesquímicos dos minerais.

2.1.2. Tipos de magmas


• Magmas basálticos ou básicos: se o contido en sílice está entre 52% e 45%. Temperaturas entre 1200ºC -
1300°C. Moi fluídos. Prodúcense por fusión parcial das peridotitas do manto, en zonas de intraplaca (puntos
quentes) e nas dorsais. Orixinan basaltos.
• Magmas andesíticos ou intermedios: se o contido en sílice está entre 66% e 52%. Menos viscosos. Orixínanse
por fusión parcial dunha placa oceánica que subduce (tanto en arcos de illas, como en cordilleiras tipo Andes).
Orixinan andesitas.
• Magmas graníticos ou ácidos:se o contido en sílice é superior ao 66% e a temperatura de formación oscila entre
700°C - 900°C. Son moi viscosos. Prodúcense por fusión parcial da placa continental profunda. Ricos en seixo,
ortosa e micas. Orixinan granitos en zonas de subducción continentais, dando lugar a oróxenos.

2.1.3. Localizacións magmáticas: diques, plutóns, lacólitos, lopólitos, batólitos, coadas, conos, caldeiras,
chemineas
O ascenso do magma á superficie é difícil, polo que gran parte das rochas ígneas solidifican debaixo da superficie
terrestre, formando rochas intrusivas. As intrusións de rochas ígneas plutónicas chámanse plutóns. Algúns destes
plutóns están no mesmo lugar onde se formaron, mentres que outros desprazáronse cara á superficie
aproveitando unha fractura.
• Diques. Corpos tabulares estreitos que cortan, en calquera dirección, as rochas hóspede polas que pasan.
• Lacólitos. Corpos concordantes de base esencialmente plana e forma convexa no seu teito(forma de fungo)
• Lopolitos. semellante á forma dunha copa.
• Batolitos. Inmensas intrusións irregulares inconformables de gran tamaño, de máis de cen quilómetros
cadrados de superficie e 20 km de espesor. Forman o núcleo das cordilleiras oroxénicas.
• Coada: manto de lava fluída, emitido por un volcán durante as súas erupcións. Un fluxo lineal descende
pola ladeira da ladeira que parte do cono do volcán
• Cono: fórmase como resultado de erupcións con correntes de lava viscosas ao redor do cráter.
• Caldeiras volcánicas: son grandes depresións centrais, formadas polas explosións que destrúen a parte
central do edificio volcánico e rematan co seu colapso.
• Cheminea: conduto polo que ascende o magma ata chegar ao cráter.

2.1.4. Clasificación das rochas magmáticas. Exemplos da contorna. Aplicacións,explotación e uso


sostible.
• Volcánicas: As rochas volcánicas orixínanse pola consolidación da lava dos volcáns sobre a

4
superficie terrestre. Normalmente utilízanse en xoias, elementos decorativos e elementos relaxantes. Atópanse
nos fondos oceánicos, illas oceánicas e en grandes extensións do continente . En España, nas Canarias. Pumita,
obsidiana e basalto.
• Plutónicas: orixínanse baixo a superficie terrestre pola consolidación do magma . En prácticamente a totalidade
do manto terrestre, xunto cunha gran parte da codia da terra. As rochas plutónicas e principalmente as graníticas
teñen unha importante produción en España para a construción, fabricación de encimeras de cociñas e baños.
Tamén teñen un importante uso na industria funeraria. Granito Rosa Porriño. Granito, diorita, sienita e gabro.
• Filonianas ou subvolcánicas : orixínanse no interior da codia terrestre, por solidificación do magma que
ascende por gretas ou fisuras, cara ao exterior. Estas rochas úsanse na construción, como pedra ornamental, como
mineral raro, marcador delimitante de eventos de plutonismo, ou para definir a idade de outras rochas. Pegmatita
e pórfido

2.1.5. Texturas das rochas magmáticas(TEÑEN CRISTAIS)(DIFERENCIAR TEXTURA E


ESTRUTURA)
TEXTURA: relación espacial e características, atendendo ao tamaño e forma dos grans.
ESTRUTURA: aspecto según a disposición dos grans.
• Segundo o tamaño do cristal
- Os cristais son pequenos: textura afanítica.
- Todos os cristais son visibles (de 1 a varios milímetros): textura fanerítica.
• Atendendo á relación entre os seus compoñentes se distinguen os seguintes tipos de texturas:
- Graúda: Propia das rochas plutónicas. É holocristalina (todos os minerais cristalizados) e fanerítica (cristais
visibles). Ex: granito.
- Pegmatítica: Propia de rochas filonianas. Con todos os cristais de gran tamaño (da orde de 1 cm ou máis). Ex:
pegmatita.
- Porfídica: Propia de rochas filonianas e volcánicas. Formada por cristais grandes (fenocristais), que se terían
formado nun magma antes da erupción que os lanzou ao exterior e por microcristais
escasamente desenvolvidos, formados despois polo arrefriado e consolidación rápidos que sufriron no exterior.
Ex:pórfido.
- Vitrea: Propia de rochas volcánicas. Un arrefriado e consolidación brusco trae como consecuencia que non se
formen cristais. Ao microscopio obsérvase unha masa amorfa,vacuolar na pumita ou compacta na obsidiana.

2.2. O metamorfismo (“cambio de forma”):


É un proceso de transformación na mineroloxía, textura, forma e composición química (físico e químico) que sofre
unha rocha no interior da codia terrestre coma resultado das variacións de temperatura e presión (figu ra 1). O
metamorfismo provoca a rotura dos cristais da rocha e posteriormente os recoloca, sempre e cando non os chegue
a fundir, porque daría lugar a magma. O metamorfismo vai aumentando progresivamente a intensidade dos seus
5
cambios, producíndose un metamorfismo de grado baixo ó principio e, metamorfismo de grado alto co paso
do tempo. O maior volume de rochas metamórficas danse nos límites converxentes entre as placas.
¿Cando acontece o metamorfismo?(figura2)
Este fenómeno tende a ocorrer cando se da un destes tres ambientes:
1. Durante a formación de montañas, xa que unha gran cantidade de rochas son sometidas a grandes temperaturas
e presións, asociados a grandes deformacións no terreo. Esto é o metamorfismo rexional, que comunmente ten
lugar na zona de converxencia entre dúas placas.
2.Cando un fluxo de magma atravesa unha rocha xa formada, xa que o cambio de temperatura nesta roca da lugar
o metamorfismo de contacto ou térmico
3.Cando a auga quente, na que abundan os iones de hidróxeno, atravesa as fracturas das rochas, de estas
forma estaranse a producir cambios nas propiedades químicas das rochas fracturadas, dando lugar así ó
metamorfismo hidrotermal (metasomatismo)

2.2.1. Factores do metamorfismo:


● A temperatura:
É o factor máis importante xa que proporciona a enerxía que impulsa os cambios químicos que provocan a
recristalización dos minerais e a formación de minerais novos. Ademais, se se aumenta a temperatura o
suficiente, pode chegar a reducir a estabilidade dos minerais.
● Presión e esforzo diferencial:
A presión aumenta a medida que nos adentramos no interior da Terra debido o grosor que teñen as roc has que
quedan encima, se di que as rocas que soportan este peso, están sometidas a unha presión de confinamento.
Como consecuencia, vanse pechando os ocos entre os minerais, dando lugar a rochas compactas ou incluso,
provocando que certos minerais recristalicen en outras que teñan unha estrutura cristalina máis compacta. Este
presión nin prega nin deforma as rochas. Esto si ocorre cando as rochas están sometidas a un esforzo
diferencial, que se da cando diferentes forzas dirixidas en varias direccións, actúan sobre unha rocha
triturándoa.
● Fluídos quimicamente activos:
Os fluídos compostos de auga e outros compoñentes entre os que destacan o dióxido de carbono presentan un
papel importante en algúns tipos de metamorfismo. Isto se debe a que os fluídos que rodean os minerais, fan
que estes recristalicen, xa que son capaces de disolver ións, facendo que estes migren ós espacios porosos.
● Tipo de rocha:
A meirande parte das rochas metamórficas gardan a mesma composición química xeral que a rocha da que
proveñen, pero, repartida entre outros minerais e con outra textura. (Hai que ter en conta a posible perda ou
gañanza de auga ou dióxido de carbono). Por exemplo, unha rocha como é o basalto, dará unha rocha
metamórfica rica en ferro e magnesio. A intensidade coa que un axente metamórfico provoca cambios nunha
rocha, ven dada pola composición da rocha preexistente..

6
2.2.2. Cambios físicos: cambios no aspecto da rocha (TEÑEN BLASTOS):
O metamorfismo produce os seguintes cambios:
• Cambios de cor, debido ao cambio na composición mineral.
• Cambios na densidade, posto que a presión compacta e reestutura as redes cristalinas, aumentando a
densidade.
• Cambios na tenacidades, polo mesmo, a rocha resultante se volve máis tenaz e decir, menos fráxil.
• Cambios na textura, durante o metamorfismo,os grans minerais poden medrar e reciben o nome de
blastos.
• Cambios na estructura, posto que os minerias se van a disponer orientados dando apecto bandeado
ou laminado.

2.2.3. Estrutura laminar: foliación


pizarrosidade
foliada xistosidade
Estrutura bandeada/gneísica
Masiva
2.2.4.Textura granoblástica

2.2.5. Tipos de metamorfismo


- Dinámico ou dinamometamorfismo: P -----fallas-------trituración , estrutura granoblástica (milonita,
brecha de falla)
- Térmico ou de contacto: Tª------proximidade a cámaras magmáticas----quentamento----aureola
metamórfica, estrutura granoblástica(corneanas ou cornubianitas)
- Metasomatismo: Tª------fluídos emitidos por cámara magmática (skarn)
- Rexional: Tª e P------zonas de subdución
P -----prisma de acreción-----xistosidade (xistos)
Tª----extensas áreas de bordos destrutivos------foliación (lousa----xisto---gneis)

- Dinámico ou dinamometamorfismo: O factor predominante é a presión. Este tipo de metamorfismo


dáse na contorna do plano de falla, xa que nese lugar as rochas están sometidas a unha gran presión. Os minerais
adoitan aparecer esmagados pola fricción provocada polo movemento dos bloques (cataclase). A rocha que se xera
denomínase brecha de falla.
Se o proceso é moi intenso, a rocha pulverízase e orixina unha milonita.
Metamorfismo dunha rocha eruptiva provocado pola presión oroxenética. (Imaxen 6.2)

7
-Térmico o de contacto: O metamorfismo de contacto prodúcese cando a roca encaixante é atravesada
por intrusións magmáticas, de tal forma que a temperatura é o principal factor determinante deste tipo de
metamorfismo, mentres que a presión non é relevante. Este tipo de metamorfismo afecta as rochas próximas á
intrusión ígnea, formando aureolas metamórficas, tras o cal, o magma consolida dando plutóns, e decir,
formacións de rocha plutónica. O tamaño destas aureolas depende do volume da intrusión, da proximidade á
superficie, e da condutividade desa rocha. Para que se produzan as aureolas metamórficas son necesarios centos
de miles de anos con altas temperaturas.
Este metamorfismo caracterízase pola cristalización desordenada de novos minerais metamórficos, xa que as
deformacións non son o suficientemente fortes como para producir aliñacións dos minerais.
O mármore é un exemplo de rocha metamórfica de contacto. (Imaxenes 6.3 e 6.4)
-Metasomatismo: Proceso metamórfico polo cal se produce un cambio na composición química dunha
rocha, como consecuencia de aportes externos de fluídos emitidos por cámaras magmáticas, que poden levar
á substitución dos minerais existentes na rocha por outros novos. Prodúcese en condicións de baixa presión.
Pode ocorrer a grandes profundidades, pero tamén aflorando na superficie. O metasomatismo crea skarns.
- Rexional: O metamorfismo prodúcese por un aumento de temperatura ou de presión, no caso do
metamorfismo rexional prodúcese nos bordos de placas, cando súas placas colisionan e unha subduce a outra, os
sedimentos acumulados no prisma de acrección son sometidos a presión formando lousas (imaxen 6.5) , se se
seguen afundindo, son sometidos a unha presión mais grande formando xistos ( imaxen 6.6) e se se seguen
afundindo polas altas temperaturas forman gneis ( imaxen 6.7)

2.2.6. Clasificación das rochas metamórficas. Exemplos da contorna. Aplicacións,explotación e uso


sostible.
• Con foliación:
-Lousa(Im1)
● Exemplos na contorna:
España é o país do mundo con maior reserva de lousa tectónica. Especialmente atopamos esta rocha no norte
do país como Galicia. Os depósitos máis importantes son Sinclinorio de Truchas (Ourense e León) e o Sinclinal
del Caurel (Lugo e León).
● Aplicacións:
Esta rocha ao ser exfoliable permite que se poda dividir en follas planas e delgadas polo que é una rocha moi
versátil. Esta utilizase en cubertas e tellados,revestimentos de fachada, no solo, elementos decorativos,en
mesas,encimeiras…
● Explotación:
Para extraer esta rocha se utilizan dous tipos de explotacións: a canteira a ceo aberto e a minaría de interior. Os
depósitos de lousa máis importantes atópanse en Europa,especialmente no norte de España aínda que tamen en
ouros países como Reino Unido,Brasil,EEUU ou China.

8
● Uso sostible:
A lousa utilizase especialmente na construcción , sobre todo se emplea naqueles lugares onde se atopa a pouca
profundidfade, utilizandoa como impermeabilización de edificios e tamén con fines estructurais.
-Xisto(Im2)
● Exemplos na contorna:
En España podemos encontrar varios puntos onde este tipo de rochas metamórficas é moi común, sobre todo en
terreos antigos de Asturias e León, nalgúns puntos do Sistema Central ou nos Pirineos, pero onde máis
abundante é e en Extremadura e Serra Morena.
● Aplicacións:
Os principais usos ou aplicacións do xisto, son como agregado de construcción, na pedra de construcción, e en
pedra decorativa debido a que os xistos conteñen bastates pedras, coñecidas como pedras preciosas, como o
granates, zafiro, escapolita, rubí, cianita, tanzanita, andalucita, esmeralda, esfena, crisoberilo, …
● Explotación:
En Galicia pódense atopar diferentes puntos de explotación do xisto, aínda que na actualidade na maioria xa
non se leven a cabo explotacións a gran nivel, as veces só para uso local.
● Uso sostible:
O uso do xisto foi algo sostible dende o principio, usandose principalmente para usos locais, como para as
fachadas, muros e chimeneas das casas, debido a que é un material duro e resistente.
-Gneis(Im3)
● Exemplos na contorna:
En España abunda en Galicia e no Sistema Central. Tamén pode encontrarse en menor extensión en Montes de
Toledo, Pirineos e Penibética.
● Aplicacións:
O gneis utilízase sobretodo para construccións,e ás veces presenta un aspecto o suficientemente brillante e
atractivo para que funcione para elementos decorativos, e até aspectos históricos.
● Explotación:
Algunhas explotacións do gneis son na unidade de Santiago de Compostela(Galiza), unidade de Malpica (Tui)
ou no grupo de Lalín-Forcarei.
● Uso sostible:
Esta rocha obtéñese en bloques ou placas, os que son utilizados na construcción( de peldaños, adoquines,
mampostería …), pavimentación ou encintado.

• Con estructura granoblástica:

9
- Mármore(Im4)
● Exemplos na contorna
En España extráese moi bo mármore, pero non só en Andalucía. Outras moi bos mármores son o mármore negro
de Marquina e o vermello de Bilbao, en Biscaia; o gris de Deba en Guipúscoa; o vermello de Alacante e o marfil
de Coto, tamén en Alacante, e o de Zafra en Badaxoz.
● Aplicacións
O mármore é xeralmente utilizado na decoración, construción e na escultura. Este tipo de mineral pode aparecer
en diferentes cores como: vermello, azul, negro, gris, verde, amarelo, pero tamén en cores uniformes e variadas.
● Explotación
Para a extracción do mármore o máis común son as canteiras, e pode realizarse de diferentes formas: mediante
perforacións e brocas, illando bloques rectangulares, ou mediante fíos diamantados que cortan literalmente a
montaña.
● Uso sostible
O uso do mármore sempre foi dedicado a decoración, construcción e para a escultura, e polo momento segue
utilizandose para estas utilidades.
- Cuarcita(Im5)
● Exemplos na contorna:
A cuartita ao igual que as demais rochas metamórficas,podemos atopala en rexións tectón icamente activas.
● Aplicacións:
A cuarcita usase na arquitectura(como baldosas ou encimeiras), tamén se usa na construcción(como cargadores,
neumáticos..),ademais serve para fabricar vidro e esta rocha adopta tamén un uso decorativo.
● Explotación:
Un lugar común para a extracción da cuarcita é en León, por exemplo na canteira de La Vid de Gordón e en
Castropodame.

2.3. A sedimentación.

2.3.1. Procesos externos


A meteorización, erosión, transporte e sedimentación, denominanse procesos externos porque teñen lugar na
superficie terrestre ou nas súas proximidades, e porque se alimentan da enerxía solar. (Fig 1)

2.3.1.1. Meteorización
A meteorización é un dos procesos externos, que consta da descomposición química e fragmentación física das
rochas da superficie terrestre por diferentes factores (como o clima ou certos seres vivos). Isto produce clastos
(fragmentos de rochas) que conforman os sedimentos máis novos. (Fig 2)

10
2.3.1.1.1. Meteorización mecánica: xelifracción (pedreiras), descompresión (pedras cabaleiras),
abrasión (rochas en cogomelo) e termoclastia. (ver presentación procesos externos)
A meteorización mecánica lévase a cabo mediante esforzos físicos que rompen a roc ha cada vez en fragmentos
máis pequenos. Polo tanto, é un proceso físico ao non modificar a súa composición química. (Fig 3)
• Xelifracción: consiste na fragmentación dunha rocha por medio de cuñas de xeo cando a auga introducida en
gretas aumenta de volume ao solidificarse. As rochas rómpense en fragmentos de contorno anguloso que se
acumulan ao pé das montañas, dando lugar aos cancháis ou pedreiras.
• Descompresión: En rochas cristalinas, como o granito, prodúcense unhas fracturas, chamadas diaclasas de
descompresión, paralelas entre si e á superficie do batolito, orixinadas pola descompresión debida á descarga
dos materiais superiores xa erosionados. Pedras cabaleiras
• Termoclastia (expansión e contracción térmica): Nos desertos os continuos cambios bruscos de temperatura
entre o día e a noite desgastan e desmoronan as rochas.

2.3.1.1.2. Meteorización química: oxidación, carbonatación (proceso kárstico),disolución, hidrólise.


Implica unha transformación química en un ou máis compostos novos. (Fig 4)
• Disolución: E o desmoronamento dunha sustancia pola acción da auga, frecuente nas rochas e minerais nos
que a composición química é unha sal.
• Carbonatación: É a acción do H2CO3 sobre unha rocha. A rocha que máis frecuentemente sofre este tipo de
meteorización é a calía, moi pouco soluble en auga pura, pero cando a auga capta CO 2 do aire ou do
solo transforma a calía en Ca(HCO3)2 , sal moi soluble, que será fácilmente meteorizable.
• As rochas calías forman as paisaxes kársticas en zonas frías e chuviosas ao volver a evaporarse a auga e
formar CaCO3.
• Oxidación: É a acción do osíxeno do aire ou da auga sobre algún elemento químico dos minerais.
• Hidrólise: É a acción da auga ionizada sobre os minerais. A auga disociada en H+ e (OH)- penetra na
estructura interna provocando a disgregación da rede interna do mineral.A descomposición do granito prodúcese
pola disgregación dos feldespatos e a alteración das micas, deixando un residuo de areas. A este proceso
denomínaselle areización, orixina xabre.

2.3.1.1.3. Meteorización biolóxica


A meteorización biolóxica consiste na ruptura das rochas debido á actividade de animais é plantas. (Fig 5)
Exemplos: Construción de madrigueiras. Raíces das árboles.A presencia da auga. Ácidos orgánicos

2.3.1.2. Erosión, transporte e sedimentación.


Os clastos producidos pola meteorización poden acumularse no mesmo lugar onde se formaron, ou poden
poñerse en movemento: a erosión, desgasta e modela o relevo, destruíndo relevos e transformándolos en
chairas e o transporte, levado a cabo polos axentes xeolóxicos externos, traslada os materiais (sedimentos) a

11
grandes distancias. Cando estes axentes reducen a súa enerxía e perden capacidade de transporte, prodúcese a
sedimentación de materiais en concas sedimentarias, formando estratos, e decir, capas horizontais. (Fig 6)
2.3.2. A diaxénese. Fases
A diaxénese é un termo colectivo para todos os cambios químicos, físicos e biolóxicos que teñen lugar despois da
deposición dos sedimentos, así como durante e despois da litificación (procesos mediante os cales os
sedimentos non son consolidados transfórmanse en rocas sedimentarias sólidas)
O enterramento promove a diaxénese, xa que conforme os sedimentos van sendo enterrados, son sometidos a
temperaturas e presións cada vez máis elevadas.
A diaxénese se divide en diferentes procesos:
- Compactación:. refírese aos procesos químicos ou mecánicos provocados pola sobrecarga dos sedimentos
durante o sepultamento e o incremento da presión e a temperatura. Esta tamén reduce os espacios porosos,
resultado da desecación e redución do volume dos espesores acumulados. (Imaxe 1 e 2).
- Cementación: recheo de espazos porosos, unindo as partículas unhas con outras. Esta pode ocorrer
simultáneamente coa sedimentación, ou ben o cemento pode ser introducido nun tempo posterior. (Imaxe 3)
- Recristalización: cambio no tamaño dos cristais, da forma e da orientación, sen cambios na mineraloxía, é
dicir, son cambios físicos. (Imaxe 4)
- Reemplazamento: reemplazo dun mineral por outro.
- Disolución: algúns minerais que forman a rocha disólvense, deixando espazos no seu interior (Imaxe 5).
- Substitución : é a creación de minerais novos e o sobrecrecemento deles no interior dun sedimento. (Imaxe 6)

2.3.3. A fosilización (Imaxes 7-12)


- Que é un fósil?
Os fósiles, restos de vida prehistórica, son inclusións importantes nos sedimentos e nas rochas sedimentarias. Son
ferramentas básicas para interpretar o pasado xeolóxico. O estudo científico dos fósiles denomínase paleontoloxía.
- Tipos de fósiles:
Os fósiles poden ser de moitos tipo: dentes, ósos e cunchas son exemplos común; mamuts, que conxelaban na
tundra ártica de Siberia e Alask. Os fósiles adoitan petrificarse (literalmente "transformarse en rocha"), que
significa que as pequenas cavidades internas e poros da estrutura orixinais están cheos de materia mineral
precipitada. En noutros casos, pode presentar substitución. Aquí eliminamos o paredes celulares e outros materiais
sólidos, e son substituídos pola materia mineral. Ás veces mantéñense bastante ben os detalles microscópicos da
estrutura substituída. Os moldes e as impresións constitúen outra clase común de fósiles. Cando unha cuncha ou
outra estrutura é enterrado no sedimento e posteriormente disolto pola auga baixo terra créase o seu molde. O
molde externo reflicte fielmente só a forma e as marcas de superficie do organismo; non revela ningunha
información sobre a súa estrutura interno. Se estes ocos se enchen posteriormente con materia mineral, créanse os
moldes internos.

12
Un tipo de fosilización chamada carbonización é particularmente eficaz para conservar follas e formas animais
delicados. Os organismos delicados, como os insectos, son difíciles conservar e, polo tanto, son bastante raros no
rexistro fósil. Non só deben estar protexidos da descomposición, non debe ser sometido a presión que pode
comprimilos. Un camiño a través que se conservaron algúns insectos é en ámbar, a resina endurecido de árbores
antigas.
Ademais dos fósiles xa mencionados, hai moitos outros tipos que só son vestixios da vida prehistórica. exemplos
desas probas indirectas son:
1 ) Pegadas: restos de pegadas deixadas polos animais no sedimento brando que posteriormente se litifica.Icnitas
2 ) Buratos: tubos en sedimento, madeira ou rocha feita por un animal. Estes buratos enchéronse máis tarde de
materia mineral e mantido. Crese que algúns dos fósiles os máis antigos coñecidos foron escavados polos vermes.
3 ) Coprolitos: fosilización de excrementos e contido do estómago, que pode proporcionar información útil sobre
os hábitos alimentarios dos organismos.
4 ) Gastrolitos: pedras e seixos moi puídos que eran utilizados por algúns réptiles extintos para moer alimentos, é
dicir, facilitaban a dixestión.

- A fosilización– Pasos da formación dun fósil


- En primeiro lugar, descompoñense as partes orgánicas do organismo, é dicir, as partes brandas.
- Despois o exoesqueleto, a cuncha ou as partes duras en xeral son enterradas baixo sedimentos, o que provocará
a mineralización do esqueleto ou as partes enterradas.
- Por último, os movementos e a actividade xeolóxica deixan ao descuberto o fósil, facilitando así aos
investigadores atopalo e estudalo.

2.3.4. Clasificación das rochas sedimentarias. Exemplos da contorna.


Aplicacións,explotación e uso sostible.

● Non detríticas (Imaxe 13)


o Carbonatadas:
-Calcáreas: está composto polo mineral calcita (CaCO3) e fórmase por medios inorgánicos ou como
resultado de procesos bioquímicos. Independentemente da súa orixe, a composición mineral de todas as
rochas calcária é semellante, aínda que hai moitos tipos diferentes. Isto é certo porque as rochas calizas
prodúcense en varias condicións. As formas que teñen unha orixe bioquímica mariña son, con diferenza,
as máis comúns, a rocha caliza fórmase pola acumulación das cunchas de microorganismos no fondo do
océano. Os principais usos da calcárea son na construción, produtos químicos, fundición, agroquímicos e
vidro. Exemplos destas rochas poden ser os arrecifes de coral ou os travertinos. (Imaxe 14)

13
-Dolomías: rocha composta polo mineral dolomita, un carbonato de calcio e magnesio. Aínda que a
dolomita pode formarse pola precipitación directa da auga do mar, probablemente orixinase cando o
magnesio procede da auga do mar substitúe parte do calcio na pedra caliza. (Imaxe 15)

-Margas: Rocha sedimentaria formada por carbonato de calcio e arxila. Son rochas brandas de tamaño de
partículas finas, que se erosionan con facilidade, dando relevos suavemente estriados.
A edafización prodúcese como consecuencia da disolución de carbonatos que, ao desaparecer, liberan o
resto dos minerais acompañantes.(Imaxe 16)

o Evaporíticas:
-Cando se evapora un volume de auga salgada,os minerais que precipitan fano nunha secuencia que está
determinado pola súa solubilidade. Precipitan primeiro minerais menos solubles e ao final, a medida que
aumenta a salinidade, precipitan os máis solubles. Por exemplo o xeso (sulfato cálcico hidratado,
CaSO4·2H2O) precipita cando se evaporou ao redor de dous terzos a tres cuartos da auga do mar, e a halita
(cloruro sódico, NaCl) deposítase cando nove de cada dez partes de auga. Durante as fases posteriores deste
proceso, precipitan sales de potasio e magnesio.Unha destas sales de formación tardía, o mineral silvina,
trabállase nas minas como fonte importante de potasio para fertilizantes. (Imaxe 17)

o Orgánicas:
-Carbón: O carbón é moi diferente doutras rochas, está formado por materia orgánica. A etapa inicial do
proceso de formación do carbón consiste na acumulación de grandes cantidades de restos vexetais. Non
obstante, son necesarias condicións especiais para que se produzan estas acumulacións.Un ambiente
importante que o permite é o pantano, a sua auga, estancada, é pobre en osíxeno, polo que a descomposición
non é posible.da materia vexetal. As plantas son atacadas por certas bacterias que descompoñen parte da
materia orgánica e liberan osíxeno e hidróxeno. A medida que eses elementos escapan, aumenta
gradualmente a porcentaxe de carbono. A descomposición parcial dos restos vexetais nun pantano pobre
en osíxeno crea unha capa de turba (material suave e marrón no que as estruturas vexetais aínda son fáciles
de recoñecer), co enterro pouco profundo, a turba transfórmase lentamente en lignito(carbón suave e
marrón). Hulla e antracita. O enterro aumenta a temperatura dos sedimentos así como a presión sobre eles.
(Imaxe 18)

-Petróleo: Orixínase a partir dunha materia prima formada fundamentalmente por restos de organismos
vivos acuáticos, vexetais e animais que vivían en mares, lagoas, desembocaduras dos ríos e nas
proximidades do mar. Estes restos foron atacados nos fondos fangosos por bacterias anaerobias que
consumiron o seu osíxeno deixando unicamente moléculas de hidrocarburos. A presión exercida pola
enorme masa de sedimentos provoca a expulsión do líquido que se atopa entre as capas da roca

14
sedimentaria. Este líquido migra ata que atope unha roca porosa e reche a os seus ocos. Esta roca é a
chamada roca almacén. Únicamente se atopa en rochas sedimentarias.(Imaxes 19 -20)

● Detríticas(Imaxe 21)

-Conglomerados: formado principalmente por grava, estas poden variar de tamaño dende grandes rochas a clastos
tan pequenos coma un chícharo. Son o suficientemente grandes para identificalos en distintivos tipos de rochas;
polo tanto, poderían ser valiosos para identificar as súas zonas de orixe (fluvial). O máis frecuente é que os
conglomerados están mal seleccionados porque os ocos entre os grans dos clastos (fragmentos de rocha) de grava
conteñen area ou barro.
Chámase brecha se os clastos son angulares en lugar de redondeados, pudinga. Polo transporte se rasgan e se
redondean rapidamente, os cantos rodados e clastos nunha brecha indican que non viaxaron moi lonxe da súa área
de orixe antes de ser depositados. Así que, os conglomerados e lagoas conteñen pistas da súa propia historia.
Os conglomerados máis débiles utilízanse a miudo para formar os compoñentes triturados en formigóns,
especialmente os utilizados para encimeras ou solos de cemento pulido. Cuaternario da Carolina (Águilas) é un
exemplo de conglomerado mariño (Imaxe 22)

-Arenitos: formadas durante moitos anos baixo a superficie de océanos, lagos e ríos. Caracterízanse por ter unha
textura moi áspera e por contener grans de cuarzo, xa que é un mineral moi resistente á erosión e transporte. Según
de qué minerais estén feitos os grans e a natureza do cemento, podemos distinguir entre ortocuarcitas, grauvacas
ou arcosas. As ortocuarcitas están formadas por grans de cuarzo cementados con sílice, as grauvacas de cuarzo e
feldespatos unidos a cemento arxiloso e as arcosas por feldespeato e mica unidos por un cemento calcáreo.
Utilízanse na arquitectura e a decoración. Serven para consolidar chans e pavimentos ao aire libre, para a
construcción de diques, espigones e diferentes soportes de carga. (Imaxe 23)

-Limolitas e arxilitas: Fórmanse basicamente desde a meteorización física que afecta a un afloramiento exposto
de calquera tipo de roca (ígnea, sedimentaria ou metamórfica). Son rochas blandas, ademais de ser impermeables
e incluso plásticas e moldeables cando absorben auga. Poden encontrarse en diferentes condicións ambientais con
diferentes cores e texturas; tamén poden conter fósiles como materias ricas en carbono. Xeralmente son de color
vermello e gris con planos de estratificación moi marcados.
Esta rocha non ten usos importantes debido a que non se presenta en grandes extensións e non ten propiedades
físico químicas rechamantes. O seu uso principal é como lastre de estradas ou recheo en estradas como material
pétreo de baixa calidade. (Imaxes 24-25)

15
3. RISCOS XEOLÓXICOS INTERNOS E EXTERNOS:
● Riscos xeolósicos internos (imaxe1): son aqueles causados polos proceso s xeolóxicos internos como vulcanismo
e sismicidade. Estas manifestacións superficiais da enerxía terrestre e a súa distribución non é ao azar, se non que
coinciden cos límites das placas.
● Riscos xeolóxicos externos(imaxe 2): dependen dos axentes xeolóxicos externos, como son: auga, xeo e vento;
que realizan os procesos xeolóxicos externos, como: meteorización, erosión, transporte e sedimentación.
En xeral, os Riscos xeolóxicos externos se poden previr e os costes de prevención
soen ser menores aos costes de corrección dos danos causados.
3.1 FACTORES DE RISCO E MEDIDAS DE PREVENCIÓN, PREDICCIÓN E CORRECCIÓN:
● INTERNOS:
○ Vulcanismo:
Factores de risco:
- Exposición: as vidas humanas e bens que se poden perder si se chega a producir a erupción volcánica.
- Perigosidade: a probabilidade de que unha erupción volcánica ocurra nun lugar en un tempo determinado. Para
determinar a peligrosidade volcánica é importante coñer a historia do volcán(vesubiano.peleano… )para saber
cómo se comportou os últimos tempos.
- Vulnerabilidade: porcentaxe de perdas ou danos que sufrirán os bens expostos no caso de producirse unha
erupción volcánica. Exprésase como % do valor total que está en risco. A sociedade actual depende de estruturas
moi vulnerables, como vías de comunicación, redes eléctricas ou redes de distribución de auga. Sendo unha
sociedade tan dependente da tecnoloxía, é máis vulnerable que as sociedades máis primitivas.
Predicción: Aínda que non podemos predecir o día que se vai producir a erupción, si que se poden obtar distintas
medidas para saber se o volcán pode entrar en erupción próximamente ou non. Para isto o volcán, encóntrase
vixiado todos os días mediante diversas medidas como: os sismógrafos, a análise de gases e temperatura, medidores
de electricidade, gravímetros, medidores de inclinación e Sistemas de posicionamento global. (imaxe tres)
Medidas de prevención: Impedimento do asentamento da poboación preto do volcán, construcción de canles
que desvían as correntes de lava a zoas deshabitadas, realización de túneles que descargan a agua dos lagos situados
no cráter para evitar a formación de lahares, a reducción do nivel dos embalses das zoas próximas, instalación de
sistemas de alarmas para avisar aos habitantes e a preparación para a posible evacuación dunha parte da poboación.
Correción: Aínda que non he posible reducir a actividade do volcán, pódense evitar tantos daños desviando as
correntes de auga e enfriando a lava con grandes cantidades de agua.
● Sísmico:
Factores de risco:
- Exposición: as vidas humanas e bens que se poden ver afectados si se chega a producir un terremoto, tsunami ou
outro tipo de actividade sísmica.
- Perigosidade: non é o mesmo grao 5 que 8, na escala de Richter

16
- Vulnerabilidade: É a cuantificación do dano ou grao de dano que se espera que sufra unha determinada estrutura
ou grupo de estruturas, sometida á acción dinámica dunha axitación do terreo de certa intensidade. Por exemplo,
equivalería a dicir que o 30% dos edificios construídos con formigón armado sufrirían graves danos se se producise
un terremoto de magnitude VIII nunha determinada cidade.
Predicción: Localizar as fallas activas e coñecer o seu tempo de retorno. Observar o entorno para captar precursores
sísmicos como o cambio no comportamento dalgúns animais, deformacións que elevan o terreo, aumento de
microsismos locais, disminución da propagación das ondas P e o aumento da cantidade de emisión dalgúns gases,
especialmente o Radon.
Medidas de prevención: Facer mapas de risco para saber as zoas de menos perigo para contruir as infraestructuras,
colocar alarmas ou outros métodos para avisar á poboación do sismo, construir os edificios con amplios espazos
entre eles e evitar a modificación do terreo na súa contrucción. Tamén hai que facer edificios con cinimientos non
ríxidos para que absorban as vibracións do solo e permitan a oscilación do edificio. (imaxe 4)
Correción: Non he posible reducir os sismos.
● EXTERNOS:
○ Procesos de ladeira:
Factores de risco:
- Exposición: Indica a cantidades total de personas ou Bens expostos ante un determinado risco.
- Perigrosidade e: indica a probabilidade de que ocorra un proceso gravitacional detrminado nun lugar detrminado,
cando e a magnitudes que vai a ter.
- Vulnerabilidade: respresenta o grado de pérdida que se producirá sobre os bens expostos
Predicción: Aínda que é difícil coñecer cando vaise producir un movemento de ladeira, si que podemos saber as
zoas onde é posible que pase iso. Para iso temos que detectar as zoas inestables e a súa orixe, mediante traballos
de campo, observando o terreo ou mediante fotografías tomadas de satélites. Tamén hai que observar se hai señais
que nos indiquen calquera posible movemento da ladeira, como a erosión desta, a acumulación de materiais ao pe
do talud, anomalías na forma da ladeira e deformacións en árbores, postes de electricidade…
Prevención e correción: Algunhas medidas obtadas para a prevención é a elaboración de mapas de risco, para
coñecer onde hai que evitar facer algunhas construccións e planificar o terreo. No caso de que suceda un proceso
de ladeira hai que obtar distintas maneiras para protexer á pooación. Tamén pódense modificar o talud para para
evitar deslizamentos, construir cunetas, plantar vexetais porque evita a erosión por escorrecia, suxeita o solo e
potencia o drenaxe das augas subterráneas. Outras medidas con a intslación de anclaxes como barras de aceiro,
para evitar o movemento do solo, e o aumento da resistencia do solo introducindo resinas e outras substancias
de cohesión. (imaxe 5)
● Inundacións:
Factores de risco:
- Exposición: os bens materiais e humanos das zonas inundables das cidades son importantes.
- Perigosidade: a probabilidade de que ocurra unha inundación e a magnitude que teña.

17
- Vulnerabilidade: algunhas construccións son moi fráxiles e poden mirarse afectadas en maior medida se se
produce unha inundación.
Predicción: Para predecir unha inundación estúdase a meteoroloxía local e as variacións que poden sufrir os ríos
pola causa das choivas.
Prevención: Elaboración de mapas de risco, construccións de diques preto dos lados dos ríos para evitar que se
desborden. (imaxe 6)
Correción: Algunha das medidas de coreción sería a rescontrución e o reforzo de edificios e de outras
infraestruturas.

4.A evolución dun solo: procesos, factores e conservación.


O solo defínese en xeoloxía como a capa superficial da codia terrestre
que procede da a lteración de rochas preexistentes e sobre a que se
desenvolve a vexetación. No só hai unha mestura de compoñentes
distintos e tendo en conta o estado físico no que se atopan podemos
distinguir tres partes: sólida, líquida e gasosa.
O solo ten que pasar por un longo proceso de formación e
desenvolvemento que se coñece como edafoxénese. O proceso iníciase
sobre unha rocha cando esta aflora á superficie terrestre e tipicamente
podemos diferenciar tres fases:
-Fase inicial: A rocha nai altérase polos procesos de meteorización física
e química, orixinando un substrato sobre o que se desenvolverá o solo. Fórmase un solo incipiente con materia
mineral diferenciada que forma o horizonte C.
-Fase de maduración: Nesta fase, medran os primeiros fungos e pequenos vexetais, que enraízan nas gretas das
rochas e colaboran a agrandar as mesmas. Acumúlase progresivamente materia orgánica procedente dos seres vivos
que morren e das follas que caen. A materia orgánica en parte é mineralizada polos microorganismos
descompoñedores e en parte forma unha capa de humus. Isto xa dá lugar a formación dun horizonte con humus
(horizonte A).
-Solo maduro: Prodúcese migración de materiais por lavado dos horizontes superiores, acumulándose debaixo
formando o horizonte B.
De acordo con todo o dito a secuencia de formación dos horizontes será: primeiro o horizonte C, despois o A e o
último en formarse será o B.

18
webgrafia grupoI
https://www.cupapizarras.com/es/centro-recursos/faqs/que-es-pizarra-
roca/#:~:text=Son%20frecuentes%20en%20las%20antiguas,composici%C3%B3n%20qu%C3%ADmica%20y
%20mineral%C3%B3gica%20adecuada
https://www.rocasyminerales.net/gneis/
https://geologiaweb.com/rocas/cuarcita/
https://geologiaweb.com/rocas/gneis/#Usos_del_gneis
http://www.jcyl.es/jcyl/patrimoniocultural/mineriaLeon/rocas-industriales.html
https://info.igme.es/SidPDF/166000/585/166585_0000001.pdf
https://patrimonio.camaraminera.org/index.php/gl/punto-de-interese/esquistos-plegados-por-fenomenos-de-
deslizamientos-de-ladera
https://soprobel.net/proceso-de-extraccion-del-
marmol/#:~:text=El%20material%20se%20extrae%20de,que%20cortan%20literalmente%20la%20monta%C3
%B1a.
https://prodiamco.com/el-marmol-tipos-y-
usos/#:~:text=El%20m%C3%A1rmol%20es%20generalmente%20utilizado,en%20colores%20uniformes%20
y%20variados.
https://elgiroscopo.es/marmol-de-macael-la-carrara-espanola-esta-en-
almeria/#:~:text=En%20Espa%C3%B1a%20se%20extrae%20muy,el%20de%20Zafra%20en%20Badajoz.

19

You might also like