You are on page 1of 15

Tema 2: o relevo

- Sabes o que son as placas tectónicas?


- Que formas do relevo coñeces?
- Por que é importante que os vulcanólogos estuden a actividade volcánica?
- Sabes como se orixina un Tsunami? Cal foi o máis devastador?
- Sabes cal é o punto máis alto da Terra? E o máis baixo?
1. A ESTRUCTURA INTERNA DA TERRA:
Dende a superficie do noso planeta ata o interior existen 2 capas:
- A CODIA: é a capa má is superficial, composta por rochas, e na que podemos distinguir o
relevo continental e o oceá nico.
- O MANTO: é a capa situada entre a codia e o nú cleo. É a que ten un maior volume, e nela
poden atoparse materiais fundidos que reciben o nome de magma, e que por veces, aflora
á superficie terrestre cando entran en erupció n os volcá ns.
- O NÚCLEO: é a capa má is interna e descoñ ecida. Distínguese un núcleo exterior líquido e
un núcleo interior sólido.
2. CONTINENTES E OCÉANOS:
A tectónica de placas:
A superficie terrestre non é un elemento está tico, senó n que se atopa en continuo movemento e
evolució n debido as forzas internas do planeta. Estes cambios prodú cense na litosfera, que é o
conxunto que forman a codia e o manto superior.
A litosfera está fragmentada en diferentes bloques que reciben o nome de placas tectónicas e
que flotan sobre os materiais fundidos do manto.
As placas non coinciden exactamente cos continentes: unha placa pode estar formada tanto
por terras emerxidas como por terras somerxidas baixo os océanos.
Estas placas posúen un movemento constante e moi lento (deriva continental), que ten as
seguintes consecuencias:
- Cando dúas placas chocan, xérase unha zona de gran inestabilidade denominada falla.
- Cando dúas placas se separan, orixinan fendas ou fracturas por onde sae o magma do
interior da terra, formando grandes sistemas montañ osos, ou dorsais no fondo dos océanos,
ou illas cando emerxen da superficie mariñ a.

- https://youtu.be/oshtOcIN7xg (vídeo deriva continental)


2. A FORMACIÓN DO RELEVO
Definición do relevo:
O relevo é o conxunto de formas que presenta a superficie terrestre. O seu aspecto é o resultado dun longo
proceso no que interveñ en as forzas internas (tectó nica) e os axentes externos (erosió n) que o modelan e
modifican.
Relevo = forzas internas (tectó nica) + axentes externos (erosió n)
Formación do relevo:
Na formació n do relevo, interveñ en as forzas internas da terra má is os axentes externos:
• Forzas internas: A creació n de relevo (como montañ as ou cordilleiras) polas forzas internas da Terra recibe o
nome de oroxénese. Hai 3 tipos de oroxé nese:
- Volcánica: Cando dú as placas tectó nicas se separan e emerxen os materiais fundidos do manto.
- Pregamento: Cando as forzas da terra actú an sobre materiais brandos.
- Fallas: Cando as forzas da terra actú an sobre materiais duros e fractú ranse.
• Axentes externos: O relevo creado polas forzas internas, modifícase pola acció n dos axentes externos. Estes
axentes son a auga, o vento, o clima e os seres vivos, que alteran o relevo mediante 3 procesos:
- Erosión: Cando os axentes externos desintegran as formas do relevo.
- Transporte: Desprazamento dos materiais fragmentados (ríos, vento, mar, ...)
- Sedimentación: Depó sito dos materiais fragmentados nas partes má is baixas do relevo continental e mariñ o
A FORMACIÓN DO RELEVO: PREGAMENTOS E
FALLAS
O choque das placas tectónicas fai que aumente a presión e se produzan deformacións na
codia terrestre. Canta máis forza (tectónica) máis grandes son as formas do relevo que se
orixinan.
• Pregamentos: Cando as forzas do interior da Terra
(tectónica) actúan sobre materiais brandos, que fan que a
superficie da Terra se ondule, formando pregamentos.

• Fallas: Cando as forzas do interior da Terra actúan sobre


materiais ríxidos, a codia fractúrase en bloques. Estas
fracturas denomínanse fallas. Uns bloques do terreo
levántanse formando montañas e mesetas, mentres que
outros bloques se afunden dando lugar a chairas.
A FORMACIÓN DO RELEVO: VOLCÁNS E TERREMOTOS

• OS VOLCÁNS:
Os volcáns son fendas na codia terrestre polas
que se expulsan materiais do interior da Terra
a elevadas temperaturas. Estas fendas
prodúcense polo movemento das placas
tectónicas debido ás forzas do interior da
Terra.
Polo xeral, os volcáns localízanse nas zonas de
contacto das placas tectónicas.
Hai volcáns dormentes (permanecen en
repouso durante moito tempo,+100anos) e
volcáns activos (están en constante actividade
e entran en erupción con relativa frecuencia)
Nas zonas volcánicas rexístranse elevadísimas temperaturas (+de 100ºC) e as
rochas están fundidas (magma). O magma, ao saír á superficie denomínase lava.
Os volcáns, ademais de lava, poden expulsar gases, cinza ou fragmentos de roca.
As partes máis importantes dun volcán son:
• Cámara magmática: zona onde se acumula o magma
• Cheminea: fisura ou fenda pola que sae o magma ao exterior
• Cráter: Parte superior da cheminea pola que o volcán despide os materiais. En
ocasións fórmanse pequenos cráteres aos lados do principal asociados a
chemineas secundarias.
• Cono volcánico: Elevación provocada pola acumulación de materiais botados
polo volcán.
A FORMACIÓN DO RELEVO: VOLCÁNS E
TERREMOTOS
• OS TERREMOTOS:
Os terremotos ou sismos son tremores
bruscos da codia terrestre, provocados
polo choque das placas tectónicas, os
movementos das fallas ou as erupcións
volcánicas.
Estas sacudidas propáganse en todas as
direccións a través das ondas sísmicas.
O punto do interior da Terra onde se
orixina o terremoto chámase hipocentro.
O punto da superficie terrestre máis
https://www.youtube.com/watch?v=SY-oAdwrf4w
próximo ao hipocentro chámase
epicentro, e é o máis afectado polas
ondas sísmicas.
Un tsunami ou maremoto é unha serie de ondas xigantes
A intensidade dos terremotos mídese cos que se producen como consecuencia dun terremoto ou
sismógrafos e cuantifícase utilizando a erupción volcánica no fondo do mar
escala de Richter.
As grandes unidades estruturais do relevo:

• Macizos antigos:
- Restos de cordilleiras antigas formadas na Era Primaria (Oroxenia Herciniana).
- Materias duros, que rompen cando actú a a oroxenia.
- Formas suaves, baixas e redondeadas.

• Cuncas sedimentarias:
- Na era secundaria, erosió nanse os macizos antigos e sediméntanse os materiais nas zonas
afundidas.

• Cordilleiras de pregamento:
- Elevació ns montañ osas formadas na Era Terciaria (Oroxenia Alpina).
- Materiais brandos, que se pregan cando actú a a oroxenia.
- Como son formació ns má is recentes, a erosió n aínda non actuou sobre elas, presenta montañ as
moi altas, e con moitos picos.
FORMAS DO RELEVO CONTINENTAL:
FORMAS DO RELEVO COSTEIRO:
FORMAS DO RELEVO SUBMARINO:
A INFLUENCIA DO RELEVO NA NOSA VIDA:
Os seres humanos establécense preferentemente en lugares próximos a cursos de auga,
cun clima favorable para a vida e con un relevo que facilita as actividades humanas.
A maioría da poboación do mundo vive preto da costa e por debaixo dos 500m de altitude.
As persoas aséntanse sobre todo nos vales e chairas, onde a pouca pendente e a fertilidade
da terra facilitan a agricultura e a construción de vías de comunicación.
As montañas abruptas e con fortes pendentes, están en xeral, pouco poboadas, porque o
relevo dificulta a construción e o desenvolvemento das actividades económicas.

OS SERES HUMANOS TAMÉN MODIFICAMOS O RELEVO:


• As persoas extraemos do medio natural numerosos recursos, como alimentos, enerxía
ou materias primas, pero as actividades que realizamos para obter estes recursos,
modifican intensamente o relevo, de feito, as actividades humanas alteran o relevo moito
máis rápido e intensamente que os axentes erosivos.

You might also like