You are on page 1of 7

TECTÓNICA

forzas internas que


modifican a codia

Instantáneas Longa duración

Epiroxéneses Oroxénese
Volcáns Sismos
1 2

1- Orixinan xeralmente alombamentos de grande radio e curvatura


- Dan lugar a pendentes de 1º / 2º , fronte os 10º/70º das oroxéneses.
- Son movementos de tipo vertical.
-Restablecen o equilibrio isostático creado pola erosión, desxeo, etc.
- Non son lentos, dentro do que é o tempo xeolóxico .
- Exemplo: Escudo de Escandinavia, levanta 1 metro cada 100 anos, a Antártida levanta
varios centímetros co desxeo.
2- Relacionados directamente coa tectónica de placas. Son os movementos que se producen
na codia terrestre como consecuencia das colisións entre placas
Conxunto de procesos que teñen lugar nun xeosinclinal (1) e que dan lugar á aparición
dunha cordilleira montañosa.
- Son movementos que xeran pregamentos, fallamentos e cabalgamentos;
- Están acompañados normalmente de actividade magmática
- Son lentos (millóns de anos)

(1)Xeosinclinal.- Parte da codia terrestre afundida e cun fondo móbil que serve de
sedimentación para o material erosionado dos xeoanticlinais que a rodean.
Arcaica ou Agnostozoica: 4.500 millóns de años
Precámbrica ou Proterozoica: 3.500 millóns de años Oroxenia huroniana
Primaria ou Paleozoica: 570 millóns de años Oroxenia caledoniana (a principios), Oroxenia
Herciniana que formou as montañas durante o Carbonífero e o Pérmico 400 millóns ao 250 millóns
Secundaria ou Mesozoica: 240 millóns de años
Terciario ou Cenozoico: 65 millóns de años Oroxenia Alpina que formou as montañas durante o
Terciario, esténdese de forma aproximada desde finais do Paleozoico ata a actualidade, durante todo o
Mesozoico e Cenozoico. As rochas deste intervalo de tempo ocupan o 80% da superficie. Nalgunhas áreas
reciclou e reactivado os materiais formados noutros ciclos oroxénicos, deformándoos e metamorfizándoos,
borrando as pegadas procedentes de oroxenias máis antigas.
Cuaternario ou Neoceno: 2 millóns de años

A Xeomorfoloxía é a disciplina científica dedicada ó estudo da xénese e da


evolución do relevo, que se observa na superficie terrestre, na Litosfera ou esfera
sólida da Terra. O relevo constitúeno as formas superficiais, as desigualdades
altitudinais que observamos na paisaxe, as irregularidades topográficas.
Aparentemente é algo estático, inmutable - unha montaña, un val ou un río-,
porque os factores e procesos que actúan na súa configuración e evolución non
teñen un desenvolvemento temporal perceptible a escala humana, agás
excepcións moi concretas.
Na conformación do relevo entran en xogo unha serie de procesos internos e
externos que actúan sobre as rochas, os auténticos "materiais" da codia terrestre.
Os procesos internos son os que xeran unha estrutura xeolóxica, unha
peculiar disposición das rochas, mediante as forzas tectónicas, movementos do
interior da Terra que provocan as transformacións. Polo tanto, a estrutura
xeolóxica é a "arquitectura" terrestre, definida pola natureza e a disposición dos
seus materiais como resultado dunha xeodinámica interna que se manifesta pola
tectónica. Como veremos a continuación, o factor tectónico permite clasificar
os relevos estruturais, aqueles en que a estrutura constitúe o condicionante
elemental que determina o deseño das formas superficiais do relevo.
A escala do globo atopámonos con grandes dominios estruturais que
engloban unha diversidade litolóxica e de formas estruturais elementais, e que
podemos sintetizar en tres tipos esenciais: as cadeas de pregamento, os
zócolos e macizos antigos e as cuncas sedimentarias.
As cadeas de pregamento forman grandes e elevadas montañas, as cordilleiras,
de traza normalmente alongada, e son resultado da actuación de forzas tectónicas
compresivas en épocas xeolóxicas recentes (eras Secundaria e Terciaria), cun
predominio dos pregamentos se abundan as rochas plásticas. Os relevos son,
como veremos, de tipoloxía variada e complexa, e a erosión, aínda que actuou,
non conseguiu destruílas completamente por falta de tempo. Son cadeas de
pregamento os Alpes, o Himalaia, as Montañas Rochosas, os Andes, os Perineos,
etc.
Os zócolos e macizos antigos constitúen as unidades estruturais máis antigas
dos continentes, formados por rochas moi vellas, endurecidas. No seu momento
foron grandes cordilleiras, posteriormente arrasadas ata as raíces. Falamos máis
arriba da oroxenia herciniana como unha das máis afastadas no tempo, pero
antes ca ela producíronse a oroxenia huroniana (antes da Era Primaria) e a
oroxenia caledoniana (ao principio da Era Primaria). As rochas que constituíron
estas cadeas de pregamento perderon a súa plasticidade orixinal, ao que hai
que engadir as intrusións cristalinas e o metamorfismo que adoitan acompañar
a unha oroxenia e que forman tamén parte consubstancial delas. Polo tanto, o
arrasamento destas estruturas durante un período de tempo dilatado orixina un
conxunto compacto e ríxido que se denomina zócolo. En torno aos zócolos
dispóñense as cadeas máis recentes e así é como, por sucesivas adicións,
creceron os continentes. Un zócolo moi extenso, cunha escala case continental,
recibe o nome de escudo (o escudo canadense, o escandinavo, o siberiano, o
mongol, o chinés). Estes conxuntos poden estar cubertos por unha cobertoira
sedimentaria, de maior ou menor importancia, ou aflorar directamente en
superficie. O normal é que a súa morfoloxía característica sexa plana debido ao
intenso e extenso proceso erosivo que coñeceron, aínda que ás veces os zócolos
rompen e orixinan un relevo fallado.
Cando un fragmento de zócolo, fracturado e fallado por impulsos tectónicos
recentes, se eleva en altura, dá lugar ó que coñecemos como macizo antigo, de
rochas antigas, consolidadas e ríxidas, que ten unha altitude relativamente
importante; fórmanse así montañas "de bloques", con cumes normalmente
aplanados e con isoaltitude (iso=igual), pois resultan da dislocación dunha
superficie plana (o Sistema Central, os Montes de Toledo ou o Macizo Galaico, en
España; o Macizo Central francés, os Vosgos, etc.).
As cuncas sedimentarias atópanse no interior de zócolos e escudos e fórmanse
cando, ante impulsos tectónicos, aqueles reaccionan non rompendo senón
cambando, fundíndose, o cal permite que se depositen materiais sedimentarios
cunha maior ou menor espesura. Se estas áreas deprimidas teñen tendencia ao
afundimento pódense producir acumulacións moi potentes, e coñecerse procesos
de diaxénese que orixinan rochas sedimentarias. Normalmente, os materiais
deposítanse en capas horizontais no centro da cunca e suavemente inclinadas
nas beiras, o que determinará as formas de relevo que esculpa a erosión, xunto
coa resposta diferencial que ofrezan os distintos estratos á acción dos axentes
erosivos.

Tras a configuración tectónica dun relevo comezan a operar os procesos


externos que traballan sobre el, os procesos de modelado ou procesos
morfoxenéticos, á maneira da actuación dun escultor ("modelador") sobre un
material máis ou menos resistente. O modelado lévano a cabo os axentes
erosivos, que son múltiples e actúan de forma interrelacionada: axentes
atmosféricos, como o osíxeno do aire, o vento, os cambios bruscos de
temperatura, a chuvia. ..; axentes da Hidrosfera, como a arroiada superficial, os
ríos, as correntes mariñas ou a ondada; e axentes biosféricos, como os
microorganismos, a actividade biolóxica de plantas e animais ou o home.
Polo tanto, sobre a estrutura ou arquitectura rochosa da codia terrestre actúan os
axentes erosivos relacionados coas condicións ambientais do contorno,
modelándoa, traballándoa, de maneira que o relevo é o resultado desa actuación,
un resultado que produce formas susceptibles de seren inscritas en
categorías. Montañas (formas topográficas caracterizadas por desigualdades
altitudinais e pendentes máis ou menos acusadas), mesetas (áreas con escasa
pendente ou planas e a certa altitude) e planicies (superficies horizontais de
escasa altitude) son as principais formas maiores de relevo, definidas pola
acción dos axentes erosivos que incidiron de maneira diferencial sobre unha
estrutura e unha litoloxía determinadas, co cal a xénese ea evolución destas
formas pode ser moi diferente

INTRODUCIÓN
A Xeomorfoloxía é a disciplina científica dedicada ó estudo da xénese e da
evolución do relevo, que se observa na superficie terrestre, na Litosfera ou esfera
sólida da Terra. O relevo constitúeno as formas superficiais, as desigualdades
altitudinais que observamos na paisaxe, as irregularidades topográficas.
Aparentemente é algo estático, inmutable - unha montaña, un val ou un río-,
porque os factores e procesos que actúan na súa configuración e evolución non
teñen un desenvolvemento temporal perceptible a escala humana, agás
excepcións moi concretas.
Na conformación do relevo entran en xogo unha serie de procesos internos e
externos que actúan sobre as rochas, os auténticos "materiais" da codia terrestre.
Os procesos internos son os que xeran unha estrutura xeolóxica, unha
peculiar disposición das rochas, mediante as forzas tectónicas, movementos do
interior da Terra que provocan as transformacións. Polo tanto, a estrutura
xeolóxica é a "arquitectura" terrestre, definida pola natureza e a disposición dos
seus materiais como resultado dunha xeodinámica interna que se manifesta pola
tectónica. Como veremos no seu momento, o factor tectónico permite clasificar
os relevos estruturais, aqueles en que a estrutura constitúe o condicionante
elemental que determina o deseño das formas superficiais do relevo.
Tras a configuración tectónica dun relevo comezan a operar os procesos
externos que traballan sobre el, os procesos de modelado ou procesos
morfoxenéticos, á maneira da actuación dun escultor ("modelador") sobre un
material máis ou menos resistente. O modelado lévano a cabo os axentes
erosivos, que son múltiples e actúan de forma interrelacionada: axentes
atmosféricos, como o osíxeno do aire, o vento, os cambios bruscos de
temperatura, a chuvia. ..; axentes da Hidrosfera, como a arroiada superficial, os
ríos, as correntes mariñas ou a ondada; e axentes biosféricos, como os
microorganismos, a actividade biolóxica de plantas e animais ou o home.
Cando o ámbito biolóxico, o edáfico e o xeomorfolóxico se manteñen en equilibrio
dinámico e estables e inalterables a escala humana, falamos dunha situación de
biostasia, con procesos de modelado retardados debido á existencia dunha
importante cuberta vexetal; a situación oposta é a de rexistasia, é dicir, un
período de actividade erosiva intensa, cando desaparece total ou parcialmente a
cuberta vexetal, por un cambio nas condicións ambientais.
Os axentes erosivos que levan a cabo o modelado producen a erosión, é dicir, o
desprazamento de fragmentos de materiais da estrutura xeolóxica. Este
desprazamento implica que a erosión non é só un compoñente destrutivo, senón
que engloba o arrinque, o transporte ea acumulación ou sedimentación de
materiais, o que supón a construción de novas estruturas; o río, como veremos, é
o axente erosivo máis completo, pois realiza esas tres funcións. Pero a erosión
non pode desencadearse sen a previa "preparación" do material, é dicir, sen a súa
previa alteración, por actuacións mecánicas ou químicas, e desagregación: é o
que se dá en chamar meteorización, o traballo sobre a rocha de determinados
procesos ambientais que a converten nun elemento susceptible de ser
erosionado.
E, loxicamente, se a configuración do relevo está guiada en gran medida pola
tectónica, os materiais que compoñen a estrutura non son iguais nin teñen a
mesma resposta de resistencia ante os axentes erosivos. No detalle, e ás veces a
escala rexional, se a estrutura a constitúen rochas máis ou menos homoxéneas e
que abranguen unha grande extensión, as formas de relevo adquiren unhas
características peculiares ben recoñecibles na paisaxe: son relevos derivados
prioritariamente da litoloxía.
Polo tanto, sobre a estrutura ou arquitectura rochosa da codia terrestre actúan os
axentes erosivos relacionados coas condicións ambientais do contorno,
modelándoa, traballándoa, de maneira que o relevo é o resultado desa actuación,
un resultado que produce formas susceptibles de seren inscritas en
categorías. Montañas (formas topográficas caracterizadas por desigualdades
altitudinais e pendentes máis ou menos acusadas), mesetas (áreas con escasa
pendente ou planas e a certa altitude) e planicies (superficies horizontais de
escasa altitude) son as principais formas maiores de relevo, definidas pola
acción dos axentes erosivos que incidiron de maneira diferencial sobre unha
estrutura e unha litoloxía determinadas, co cal a xénese ea evolución destas
formas pode ser moi diferente. Non abonda, polo tanto, coa mera descrición das
formas de relevo (que é, non obstante, necesaria), senón que é precisa a súa
explicación; en última instancia, a paisaxe debe ser interpretada.
AS CARACTERÍSTICAS DO INTERIOR DA TERRA
¿Como é o interior da Terra, como é a súa estrutura interna? (Non confundamos
esta concepción de estrutura coa de estrutura xeolóxica, que circunscribimos á
codia.) O seu coñecemento directo é imposible, de xeito que, mediante
procedementos indirectos (estudo dos sismos naturais e das ondas elásticas que
xeran, análises de sismos provocados artificialmente, estudos gravimétricos e
estudos xeomagnéticos), chegouse á dedución de que a Terra podería dividirse
en tres capas concéntricas de desiguais espesura e importancia, que son, do
interior ó exterior:
* o núcleo, a partir dos 3.000 km de profundidade, cuxa natureza e composición
son obxecto de controversias, aínda que en xeral se admite que pode estar
formado por diversas aliaxes de ferro e de níquel (de aí que se denominara NIFE),
cunha elevada densidade.
* o manto, que se estende aproximadamente entre os 30 e os 3000 km de
profundidade.
Parte do manto superior, entre os 120 e os 300-400 km ou máis, atópase en
estado semiviscoso, e constitúe o que se denomina astenosfera. Sobre a
astenosfera descansa o conxunto que forman a codia ea parte superior do manto,
coñecido xenericamente como litosfera, duns 80-100 km de grosor. (É esta unha
acepción máis restrinxida cá máis ampla de "Litosfera", que fai referencia,
3. O RELEVO E A ESTRUTURA
Manexamos, ao principio do capítulo, o concepto de estrutura e o concepto
asociado de relevo estrutural:
o relevo que está condicionado na súa configuración pola disposición particular
das rochas, que poden ter sufrido a actividade tectónica en maior ou menor
medida. Polo tanto, podemos deducir que a comprensión e a explicación de
calquera forma de relevo requiren en gran medida do coñecemento dos
condicionantes estruturais que o definen. Como veremos, en realidade non serán
só os condicionantes estruturais os que poden explicar un relevo, pois en
ocasións serán determinados carácteres litolóxicos os que constitúan o factor
esencial que marque as liñas mestras da erosión.
3.1. Os grandes dominios estruturais do globo
A escala do globo atopámonos con grandes dominios estruturais que engloban
unha i diversidade litolóxica e de formas estruturais elementais, e que podemos
sintetizar en tres tipos esenciais: as cadeas de pregamento, os zócolos e
macizos antigos e as cuncas sedimentarias.
As cadeas de pregamento forman grandes e elevadas montañas, as cordilleiras,
de traza normalmente alongada, e son resultado da actuación de forzas tectónicas
compresivas en épocas xeolóxicas recentes (eras Secundaria e Terciaria), cun
predominio dos pregamentos se abundan as rochas plásticas. Os relevos son,
como veremos, de tipoloxía variada e complexa, e a erosión, aínda que actuou,
non conseguiu destruílas completamente por falta de tempo. Son cadeas de
pregamento os Alpes, o Himalaia, as Montañas Rochosas, os Andes, os Pireneos,
etc.
Os zócolos e macizos antigos constitúen as unidades estruturais máis antigas
dos continentes, formados por rochas moi vellas, endurecidas. No seu momento
foron grandes cordilleiras, posteriormente arrasadas ata as raíces. Falamos máis
arriba da oroxenia herciniana como unha das máis afastadas no tempo, pero
antes ca ela producíronse a oroxenia huroniana (antes da Era Primaria) e a
oroxenia caledoniana (ao principio da Era Primaria). As rochas que constituíron
estas cadeas de pregamento perderon a súa plasticidade orixinal, ao que hai
que engadir as intrusións cristalinas e o metamorfismo que adoitan acompañar
a unha oroxenia e que forman tamén parte consubstancial delas. Polo tanto, o
arrasamento destas estruturas durante un período de tempo dilatado orixina un
conxunto compacto e ríxido que se denomina zócolo. En torno aos zócolos
dispóñense as cadeas máis recentes e así é como, por sucesivas adicións,
creceron os continentes. Un zócolo moi extenso, cunha escala case continental,
recibe o nome de escudo (o escudo canadense, o escandinavo, o siberiano, o
mongol, o chinés). Estes conxuntos poden estar cubertos por unha cobertoira
sedimentaria, de maior ou menor importancia, ou aflorar directamente en
superficie. O normal é que a súa morfoloxía característica sexa plana debido ao
intenso e extenso proceso erosivo que coñeceron, aínda que ás veces os zócolos
rompen e orixinan un relevo fallado.
Cando un fragmento de zócolo, fracturado e fallado por impulsos tectónicos
recentes, se eleva en altura, dá lugar ó que coñecemos como macizo antigo, de
rochas antigas, consolidadas e ríxidas, que ten unha altitude relativamente
importante; fórmanse así montañas "de bloques", con cumes normalmente
aplanados e con isoaltitude, pois resultan da dislocación dunha superficie plana (o
Sistema Central, os Montes de Toledo ou o Macizo Galaico, en España; o Macizo
Central francés, os Vosgos, etc.).
As cuncas sedimentarias atópanse no interior de zócolos e escudos e fórmanse
cando, ante impulsos tectónicos, aqueles reaccionan non rompendo senón
cambando, fundíndose, o cal permite que se depositen materiais sedimentarios
cunha maior ou menor espesura. Se estas áreas deprimidas teñen tendencia ao
afundimento pódense producir acumulacións moi potentes, e coñecerse procesos
de diaxénese que orixinan rochas sedimentarias. Normalmente, os materiais
deposítanse en capas horizontais no centro da cunca e suavemente inclinadas
nas beiras, o que determinará as formas de relevo que esculpa a erosión, xunto
coa resposta diferencial que ofrezan os distintos estratos á acción dos axentes
erosivos.
3.2. O relevo das cadeas de pregamento
A acción das forzas tectónicas sobre depósitos de materiais plásticos xera pregas,
cuxas formas elementais, como xa vimos, son os anticlinais e os sinclinais.
Normalmente, estas pregas ou ondulacións do terreo afectan a amplas
extensións, de xeito que, unha vez producida a deformación, a topografía
resultante é unha sucesión alternante de anticlinais e sinclinais, unha estrutura de
pregamento primitiva, é dicir, o relevo é conforme coa estrutura ou directo: as
elevacións coinciden cos anticlinais (reciben o nome de mont) e as depresións cos
sinclinais (reciben o nome de val). Este tipo de relevo chámase relevo xurásico,
tomando como modelo as montañas do Xura, en Francia.

You might also like