You are on page 1of 14

As forzas terrestres.

Como se crean as paisaxes?

As paisaxes que vemos son o resultado de dous procesos constantes que


non paran e que aínda continúan en funcionamento.
As forzas internas.
En primeiro
lugar atopamos
a oroxenia.
Esta palabra fai
referencia á
formación de
montañas polo
efecto das
forzas
tectónicas.
A tectónica de placas.
A tectónica de placas é a
teoría que explica os
movementos no interior da
codia terrestre.
As placas tectónicas flotan
sobre a astenosfera e se
moven pola subida e
baixada dos materiais do
seu interior por efecto da
calor.
Poden moverse de formas
diferentes, xa sexan
rozando entre si (dando
lugar a actividade sísmica),
chocando ou separándose.
As dorsais.

Os espazos nos que se separan as placas tectónicas atópanse no océano, nas


dorsais onde ao separarse as placas créase novo material lítico que ascende
polos ocos creados. Son movementos construtivos.
Os bordes destrutivos.
Se chocan falamos xa de
bordes destrutivos (ao
provocar que unha placa
se meta baixo a outra e
desapareza material
lítico).
Nese proceso pódense
crear cordilleiras (se
chocan dúas placas
continentais ou unha
continental con outra
oceánica), arquipélagos
ou atolóns (cando o
proceso se da no mar),
estando moi vencellado
este proceso á aparición
de volcáns.
Os bordes destrutivos.
Se entre as placas
tectónicas hai
depositados
sedimentos, estes son
elevados violentamente,
deformándose e
creando as chamadas
Cordilleiras de
pregamento.
Un exemplo serían os
Pireneos ou as
Cordilleiras Béticas,
datadas na época
cenozoica.
Os bordes destrutivos.
Se o material afectado
pola tectónica é vello
(e por tanto, máis
ríxido), pode dar lugar
á elevación de
espazos, dando lugar
ós macizos antigos,
os cales teñen alturas
máis modestas e co
tempo poden
presentar bordes máis
redondeados.
Os bordes destrutivos.
Os axentes externos.
As formas terrestres sofren
cambios dende o momento
da súa creación. Este
proceso é debido á erosión,
xa que as forzas da
natureza (vento, auga,
plantas e animais) e o
propio ser humano
modifican activamente a
forma do relevo.
Os axentes son variados e a
súa incidencia depende do
lugar onde esteamos, os
materiais afectados e o
propio axente implicado.
A meteorización.

O proceso comeza coa meteorización, onde a propia forma do relevo


provoca que os materiais máis fráxiles se veñan abaixo por efecto da
gravidade (dinámica de vertentes) ou a raíz do vento e pequenas choivas.
A erosión.
Despois viría a erosión, a cal é
un proceso moito máis serio, a
cal acabará por facer
desaparecer a montaña (é
cuestión de tempo).
A erosión pode ser mecánica
(roce do vento, os cambios
bruscos de temperatura,
rupturas polo xeo, o paso da
auga creando sucos na
rocha...), pero tamén pode ser
químico (reaccións das rochas
a determinadas substancias
como a auga carbonatada, o
sal da auga ou mesmo o efecto
de determinadas plantas que
segregan compoñentes
disolventes nas súas raíces).
A erosión.
Os efectos da erosión
poden dar lugar á
eliminación de todos
os sedimentos,
facendo que aflore o
zócolo, parte
terrestre máis antiga,
formada na era
primaria e composta
por rochas duras e
tendencia á
horizontalidade.
Transporte e sedimentación.
O resultado sería a creación
de sedimentos, os cales son
transportados polos axentes
erosivos ata que perden a
súa forza e finalmente
rematan por depositalos
nunha cunca sedimentaria,
onde acaban organizándose
por capas ou estratos
(horizontalmente ou
levemente inclinados).
No caso dos ríos os
sedimentos que son
transportados no seu curso
son nomeados aluvións, moi
fértiles e aproveitados para a
agricultura.

You might also like