You are on page 1of 5

TEMA RELEVO TERRESTRE E AS ROCHAS. SOCIAIS T.

1.- O RELEVO DA TERRA.

A capa máis externa da Terra está formada por rochas e minerais. Chámase LITOSFERA e é unha
capa ríxida formada pola codia terrestre e a parte superior do manto. Esta Litosfera ríxida
descansa sobre unha capa máis branda e composta de materiais fundidos e semifundidos que se
chama atenosfera.

Segmento das capas da Terra.

O DEBUXO É ILUSTRATIVO
(PARA MELLOR COMPRENSIÓN)
NON PARA ESTUDALO.

Na codia terrestre podemos distinguir distintas unidades de relevo, porque non é unha capa lisa.
Este relevo pode clasificarse en tres tipos segundo onde se localice:
1. Relevo de interior ou terrestre (alonxado do mar)
2. Relevo costeiro ou marítimo (xunto ao mar)
3. Relevo submariño (na profundidade do mar)

Estes son algúns exemplos de formas de relevo de cada un dos tres tipos de relevo.

serra
cordilleira

val

outeiro
chaira
praia

illa

arquipélago

Aparecen
rodeadas as
formas de relevo
submariño que
debes saber
nomear e
localizar

Imaxe ilustrativa da diferencia de altura


entre a zona do relevo terrestre máis alta do
planeta (o Everest 8,84 km) e a zona máis
profunda (fosa das Marianas 11,22km)
Non hai que estudalo.
2.- Formación do relevo. 
A codia terrestre está formada por diferentes placas en movemento. Son as capas tectónicas ou
litosféricas.Que se asentan sobre a atenosfera, unha capa líquida ou semilíquida que produce os
movementos das placas tectónicas.

O mapa é ilustrativo (non hai que estudalo)


Os diferentes movementos destas placas ao longo de millóns de anos, deron lugar á formación
do relevo terrestre.

Os movementos das placas tectónicas poden ser de tres tipos.

1. De rozamento dunha placa contra outra. Movemento transformante (causa terremotos e fallas)

2. De separación entre dúas placas Movemento diverxente (forma fallas e dorsais oceánicas)

3. De choque entre dúas placas.Movemento converxente (forma volcáns, cordilleiras…)


Video explicativo do movemento de placas e formación do relevo (non hai que estudar o que explica)

Mira este video cun simulador de movementos das placas tectónicas e como cada  movemento dá
lugar a un accidente xeográfico.

3.- EROSIÓN E SEDIMENTACIÓN.

O relevo que se formou polos movementos de placas tectónicas (desde hai millóns de anos) vai
diariamente sufrindo cambios que co paso dos anos transforman moito o relevo e poden dar lugar a
novos elementos de relevo.

Fenómenos naturais que transforman o relevo

Esta transformación natural do relevo está causada fundamentalmente por dous fenómenos:
• A EROSIÓN. Que se produce cando o vento e a auga desgastan o relevo e danlle novas
formas (crean acantilados, praias, mesetas…)
Ese desgaste producirase máis ou menos lentamente segundo o tipo de rocha que o forme.
• A SEDIMENTACIÓN. O material erosinado é transportadi polo vento e as correntes dos
ríos deposítase sobre a superficie terrestre formando novas formas de relevo (outeiros,
deltas, praias…)
4.- MINERAIS E ROCHAS

Toda a superficie terrestre está formada por rochas e estas están constituídas por minerais. Ainda
que hai moitos tipos de minerais e de rochas, podemos clasificalas atendendo ás súas propiedades.
As principais son:
1. FORMA.
2. BRILLO
3. DUREZA (resistencia a ser raiado)
4. COR
video explicativo propiedades minerales

As rochas poden clasificarse en tres tipos.

Non é necesario saber cales


son os nomes (exemplos)
magmáticas dos distintos tipos de
rochas (granito, caliza,
mármore, pizarra…

De onde se obteñen os minerais.

Os minerais atópanse na natureza en depósitos ou xacementos.


1. Se están a moita profundidade excávanse minas subterráneas para extraelos.
2. E se están a pouca profundidade escávase en minas a ceo aberto ou en canteiras.

A utilidades que lles demos aos minerais dependerán das súas propiedades.
Principalmente dámoslles 4 aplicacións (usos):

1. Para producir enerxía. p.e o uranio nas centrais nucleares ou o carbón nas centrais
térmicas.
2. Na contrución. Para elaborar materiais. P.e xeso para facer escaiola, cuarzo para facer
vidro, calcita para facer cemento, arxila para facer ladrillos, tellas…
3. Na industria. Dalgúns minerais obtéñense metais para a industria (ferro, alumninio…) Con
outros fabrícanse pinturas, deterxentes, lapis (con grafito)
4. Na xoiería (diamantes, ouro, prata, acibeche…)

You might also like