You are on page 1of 8

TEMA 3: A XEOSFERA.

MINERAIS E ROCHAS

1. Os compoñentes da xeosfera

A xeosfera é a parte rochosa e mineral da Terra e actúa como soporte do resto dos
compoñentes. Presenta unha estrutura en capas, ordenadas segundo a súa
densidade: a codia, o manto e o núcleo.

A Codia
É a capa máis superficial da xeosfera, e tamén a máis fina. É sólida e ten unha
composición variada, xa que nela encontramos todos os tipos de rochas. A codia
terrestre é de dous tipos: Continental e oceánica.

Codia continental Codia oceánica

Composición granito, gneis basalto

Antigüidade 1000 - 3800 millóns de anos 200 millóns de anos Profundidade

Ata 70 Km Ata 10 Km

Extensión Forma os continentes e a plataforma


continental
Forma o fondo oceánico
Cordilleiras e algunhas illas

Características Dorsais oceánicas

O Manto
Encóntrase baixo a codia, e chega ata os 2900 Km
de profundidade. Ten unha composición sólida moi
homoxénea e o seu principal compoñente é a
peridotita.

O núcleo
Está situado baixo o manto e chega ata o centro da
Terra. (6371 Km). Está formado por ferro (80%) e
níquel (20%). Distínguense dúas partes:
 Núcleo externo: É líquido e está en
continuo movemento.
 Núcleo interno: É sólido.
1
2. Os relevos da superficie terrestre

Os relevos da codia continental

Tamén forman parte da codia continental os bordos dos continentes, que están somerxidos debaixo
do mar.

2
Os relevos da codia oceánica

Se desaparecese subitamente a auga dos océanos, poderíamos ver unhas


paisaxes moi diferentes. Nos fondos mariños, ao longo das dorsais oceánicas,
localízanse as zonas de maior actividade volcánica do planeta.
3. Minerais e rochas
A codia está composta por rochas e minerais.

 Os minerais son sólidos constituídos por substancias puras. Halita, cuarzo, pirita. É
frecuente que na composición dun mineral haxa impurezas que poden alterar
algunhas características, como a cor. Dicimos, entón, que ese mineral ten
variedades. Calcita e cuarzo.

 As rochas están constituídas por minerais, logo son agregados dun ou varios
minerais.

3
Os elementos da codia terrestre

Os minerais están compostos por unha combinación de elementos. Os máis importantes


son: Osíxeno, silicio, ferro, cloro, magnesio, calcio e aluminio.

Os máis abundantes son o osíxeno e o silicio, e forman o grupo máis importante de


minerais que son os silicatos.

4. Propiedades dos minerais

Características que definen un mineral


Os minerais posúen unha características que os definen:

1) Son sólidos, non existen minerais líquidos.


2) Son inorgánicos, é dicir, non proceden de seres vivos.
3) Teñen unha orixe natural, é dicir, non foron elaborados pola acción dos seres vivos.
4) Posúen unha composición química definida, polo que presenta sempre as mesmas
propiedades, independentemente do seu lugar de formación. 5) Teñen estrutura
cristalina, é dicir, as partículas que os forman están ordenadas no espazo.

Se algún mineral non cumpre algunha destas características, dise que é un


mineraloide.

Minerais cristalizados e amorfos

O aspecto exterior dun mineral está determinado pola forma en que se dispoñen os seus
compoñentes. Así podemos ter:

 Minerais cristalizados ou cristais: Son aqueles minerais en que a súa ordenación


interna se pode observar a simple vista ou cunha lupa, en forma de caras planas ou
figuras xeométricas.

 Minerais amorfos: Son aqueles en que os seus compoñentes están desordenados e


teñen formas irregulares, como ocorre na ágata ou no ópalo.

4
Propiedades dos minerais

Os minerais teñen unhas propiedades características que serven para recoñecelos. 

Cor: É o tipo de luz que mostra a súa superficie cando é iluminada con luz branca. 

Brillo: É a forma en que un mineral reflicte a luz. Pode ser vítreo, metálico, mate,…

 Dureza: É a resistencia que ofrece un mineral a ser raiado por outro. A dureza
exprésase cun número referido a unha escala de dez minerais chamada escala de
Mohs. Cada mineral raia a todos os que teñen un número igual ou inferior a el, e é
raiado por todos os que teñen un número igual ou maior ca el. O mineral máis baixo
da escala é o talco e o máis duro o diamante.
 Raia: É a cor do pó que deixa o mineral ao ser refregado contra unha placa de
porcelana.

 Exfoliación: É a facilidade dun mineral de romper en anacos regulares que


conservan caras planos, ao ser golpeados. Se rompe de forma irregular dise que
presenta fractura.

5. Clasificación dos minerais

A súa clasificación realízase baseándose na súa composición. Así divídense en dous


grupos: os silicatos e os non silicatos.

Minerais silicatos

Os silicatos son os minerais que teñen na súa composición osíxeno e silicio.

5
 O máis simple é o cuarzo, composto por óxido de silicio. Abunda nas rochas
graníticas. O restos ten, ademais, outros elementos, como o sodio, o aluminio ou o
hidróxeno.
 O grupo máis variado é o das arxilas.
 Destacan as micas, os feldespatos e o olivino.

Minerais non silicatos

Son minerais que non teñen silicio na súa composición. Son menos abundantes e
presentan menos diversidade ca os silicatos.

Clasifícanse en:

 Elementos nativos: Compostos por un único elemento: Ouro, prata, cobre e xofre. 
Óxidos: Olixisto e magnetita.
 Sulfuros: Blenda, cinabrio, galena.
 Sulfatos: Anhidrita.
 Carbonatos: Calcita e magnesita.
 Haluros: Halita, fluorita.

6. As rochas

As rochas son agregados de minerais. Estes poden atoparse nelas en diferentes


proporcións, polo que é moi pouco probable que dúas rochas teñan exactamente a
mesma composición.

A forma máis simple de clasificar as rochas é a que fai referencia á súa orixe:

 Rochas sedimentarias: Fórmanse pola acumulación e compactación de sedimentos


mediante o proceso de litificación:
Litificación: Proceso de formación dunha rocha sedimentaria detrítica. Consta
de 2 procesos:
o Compactación: Diminución de volume que experimentan os sedimentos por
efecto do peso dos materiais situados enriba.
o Cementación: Entre os sedimentos fórmase unha especie de cemento que os
une formando así unha rocha sedimentaria detrítica.
As rochas sedimentarias adoitan presentar unha distribución en capas que se
denominan estratos.
Hai 4 tipos de rochas sedimentarias:
1) Detríticas: Formadas pola acumulación de sedimentos:
Conglomerado, areísca, arxila.
2) Calcarias: Formadas polo mineral calcita: Calcaria.
3) Evaporíticas: orixinadas pola precipitación de sales ao
evaporarse a auga na que estaban disoltos: Xeso, halita.
4) Orgánicas: Formadas pola acumulación de materia orgánica,
como madeira. Petróleo e carbón. (turba, lignito, hulla e antracita).

6
 Rochas metamórficas: Fórmanse no interior da codia a partir doutras rochas que
estiveron expostas a altas temperaturas e presións que produciron cambios nos
seus minerais, pero que non chegaron a fundirse. Clasifícanse en dous grupos:

o Laminares: Forman láminas ou bandas. Lousa, xisto, gneis.


o Cristalinas: Son homoxéneas, non forman laminación. Mármore, cuarcita.
 Rochas magmáticas: Fórmanse polo arrefriamento e consolidación dunha masa de
rocha fundida e gases denominada magma. O magma sen os gases chámase lava.
As rochas magmáticas ou ígneas clasifícanse en dous grupos:

Rochas volcánicas Rochas plutónicas

Onde se forman Na superficie da Terra No interior da Terra


magma lento do
Como se forman Arrefriamento rápido do Arrefriamento magma

Tamaño dos cristais Microcristais, non visibles a


simple vista
Fenocristais, visibles a simple vista

Exemplos Basalto, obsidiana, pumita Granito, sienita diorita, gabro

7
7. Utilidade de minerais e rochas

O ser humano utiliza os minerais para:

 Alimentación: Halita (sal común)


 Obtención de metais: O ferro obtense da hematita ou da magnetita.  Industrias
cerámicas: Os minerais de arxila úsanse para fabricar cerámica, louza, ladrillos,
azulexos,...
 Elaboración de materiais: Do xeso faise escaiola, da calcita cemento, do cuarzo
vidro e células fotovoltaicas para placas solares, chips electrónicos,...  En xoiaría:
Ouro, prata, diamante, rubí, esmeralda, zafiro,...

O ser humano utiliza as rochas para:

 Extraer os minerais que conteñen.


 Fabricación de materiais de construción: O granito, a calcaria ou a lousa utilízanse
directamente. Outras serven para elaborar diferentes materiais como cemento,
escaiola, cerámica,...
 Elementos ornamentais: Para facer esculturas, mesas, encimeiras, como o
mármore.
 Recipientes: Vasillas, fontes,... modélanse con arxila.
 Combustibles: o carbón e o petróleo utilízanse como fonte de enerxía.

8. Explotación de minerais e rochas

A extracción dos minerais e as rochas realízase en explotacións chamadas minas, que


poden ser subterráneas ou a ceo aberto.

As minas a ceo aberto en que se extraen rochas chámanse canteiras. A área e a grava
extráense de explotacións denominadas graveiras.

9. Rochas e minerais de Galicia

O territorio de Galicia é un dos máis antigos da península Ibérica: Pódense atopar rochas
de todo tipo, excepto volcánicas.

En función do tipo de rocha predominante podemos diferencia tres zonas:

 Zona silícea: Ocupa a maior parte do territorio e destacan o granito e a lousa. 


Zona calcaria: Formada por rochas como a calcaria e o mármore. Ocupan só o 1% da
superficie galega e encóntranse no leste, desde Mondoñedo ata Valdeorras.  Zona
arxilosa: Formada por depósitos de arxilas e de carbón, sobre todo lignito. Espállanse
por toda Galicia. Os depósitos de lignito máis importantes foron os das Pontes,
Meirama e Xinzo de Limia.

As rochas en Galicia empréganse principalmente como fonte de enerxía e como


materia prima para a construción. Destacan o granito, o mármore, a lousa, a arxila, e o
xeso. En Galicia extráense os seguintes minerais: Cuarzo, caolín e magnesita.
8

You might also like