You are on page 1of 3

MINERAIS

1. OS MINERAIS

Os minerais son sólidos, naturais, non están creados artificialmente senón que se forman na
natureza, teñen unha orixe inorgánica, non están producidos polos seres vivos (un dente, unha pedra
de ril, non serían minerais), teñen unha composición química definida e homoxénea, xa que teñen
unha fórmula química que se repite por todo o mineral ex: calcita (CaCO3). Ademais teñen unha
estrutura cristalina, xa que os átomos colócanse formando unha rede cristalina.
Ex: diamante (C), calcita (NaCl), galena (PbS)…

Segundo a disposición dos seus compoñentes temos:


Minerais amorfos ou materia amorfa: son os minerais ou materia na que os seus compoñentes
(átomos ou elementos químicos) están desordenados.
Materia cristalina ou minerais cristalizados: son minerais nos que os seus compoñentes están
dispostos internamente de forma ordenada, formando unha rede cristalina.
Cristais: son aqueles minerais nos que ademais dun orde interno tamén posúen un ordenamento
externo.

2. CLASIFICACIÓN DOS MINERAIS


a) SILICATOS: son os minerais que na súa composición teñen silíceo e osíxeno.
- Cuarzo exemplo: cuarzo lechoso, cuarzo rosa, crisal de rocha, amatista, jacinto de Compostela, ollo
de tigre…
- Feldespato exemplo: ortosa, anortita, albita
- Micas exemplo: biotita(negra), moscovita (branca)
- Olivino
- Arxila exemplo: caolín (branco), arxila vermella
b) NON SILICATOS: son os minerais que non conteñen silicio na súa composición química. Divídense
nos seguintes grupos:
- elementos nativos exemplo: ouro (Au), prata (Ag), xofre (S), cobre (Cu), diamante (C), grafito (C)
- óxidos (O+ outro elemento químico) exemplo: magnetita, olixisto
- sulfuros (S+ metal) exemplo: pirita (FeS2), galena (PbS), cinabrio (HgS), blenda ou esfalerita (ZnS)
- sulfatos (S+O+ elemento químico) exemplo: xeso (Ca(SO4).2H2O), barita (Ba(SO4))
- carbonatos (C+O+ elemento químico) exemplo: calcita, aragonito (CaCO3), magnesita (MgCO3)
- haluros (sales de cloro ou flúor) exemplo: halita (NaCl), silvina (KCl), fluorita (CaF2)

3. ORIXE DOS MINERAIS


Para que se forme un mineral é necesario:
- que haxa unha cantidade suficiente dos compoñentes que o van formar (átomos)
- que haxa unha temperatura e presión axeitadas
- que teñan espazo e tempo suficiente durante a súa formación para que se vaia ordenando
adecuadamente formando materia cristalina e incluso cristais.

Os minerais poden orixinarse ou formarse por:


a) Solidificación a partir dun magma (rocha fundida) que vai arrefriando. Exemplo: Olivino, Cuarzo
b) Precipitación a partir de substancias disoltas na auga que cristalizan ou precipitan o evaporarse a
auga. Exemplo: halita, xeso
c) Sublimación a partir de gases que expulsan os volcáns e cristalizan. Exemplo: xofre
d) Metamorfismo cando cambian as condicións de presión e temperatura aumentando os minerais
existentes transfórmanse noutros minerais distintos os que existían. Exemplo: andalucita, granates,
distena ou sillimanita.

4. PROPIEDADES DOS MINERAIS


- Cor é o tipo de luz que reflicte o mineral cando é iluminado con luz branca.
- Brillo é a forma en que reflicte a luz o mineral. Pode ser vítreo (como o vidro), metálico (como a
superficie dun metal), graxo (como a superficie dun xabón), mate (aspectos apagado, como unha
mesa de madeira), nacarado (como unha perla)
- Cor da raia é a cor do po que se produce ó raiar un mineral cunha superficie de porcelana porosa.
- Dureza é a resistencia que presenta o mineral a ser raiado. Na escala de Mohs ordénanse 10
minerais segundo a súa dureza (1. Talco, 2. Xeso, 3. Calcita, 4. Fluorita, 5. Apatito, 6. Ortosa, 7.
Cuarzo, 8. Topacio, 9. Corindón e 10. Diamante)
- Fractura é a forma na que rompe o mineral o longo dunha superficie irregular. Pode ser concoidea,
fibrosa, astillosa.
- Exfoliación, cando o mineral se fractura ou rompe en fragmentos que conservan caras planas,
arestas e vértices (láminas, cubos, octoedros…)
- Tenacidade é a resistencia que ofrece o mineral a romper ou deformarse en formas regulares
(nalgunhas direccións preferentes). Tipos: fráxil (se pode romperse ou reducirse a po con facilidade),
maleable (se se pode transforma en láminas (ouro, prata)), dúctil (se pode dar lugar a fíos (cobre)),
plástico (se se deforma pero non recupera a súa forma inicial o cesar a forza), elástico (se se deforma
pero é capaz de recuperar a súa forma orixinal o cesar o esforzo).
- Hábito é a forma na que se presentan os cristais ou agregados de cristais. Exemplo: acicular,
laminar, botroidal ou arriñonado, cúbico, hexagonal…
- Efervescencia é a capacidade do mineral para producir burbullas de gas (CO2), cando se lle aplica un
ácido forte (como o ácido clorhídrico ou ácido sulfúrico)
- Dobre refracción ou birrefrinxencia: cando a luz atravesa un mineral sufre unha separación en dous
raios por iso se ve dobre a letra ou liña debuxada nun papel. Exemplo: Espato de Islandia (variedade
de calcita)
- Magnetismo cando un mineral é atraído por un imán. Exemplo: magnetita.

5. XACEMENTO MINERAL
Xacemento é unha superficie na que a concentración ou acumulación de minerais é rentable de
explotación. A codia ten unha concentración ou abundancia desigual de minerais, para realizar unha
explotación mineira eliximos as zonas nas que a concentración do mineral a explotar é máis elevada
do normal.
Mina é unha explotación subterránea dun xacemento mineral. Posúe galerías, que son os condutos
horizontais dentro da mina nos que se extrae o mineral, e pozos, que son os condutos verticais que
comunican distintas galerías e por onde se saca o mineral a superficie.
Canteira é unha explotación a ceo aberto dun xacemento mineral.
Dun xacemento extraese unha mestura de material: o material mena que é o material útil, o material
que se quere obter dese xacemento e o material ganga que é o material sobrante que non é de
interese.
A explotación dun xacemento conleva varios impactos:
- Modifica a paisaxe, socávanse as ladeiras, desestabilízanse os noiros…
- Contaminación do aire, auga e solo polo uso de vehículos pesados, produtos químicos para
separación do mineral.
- Creánse entulleiras (amoreamento de terras)
- Creánse balsas de lodos, que son lagos impermeabilizados nos que se verten as substancias
químicas tóxicas usadas nos procesos de lavado de mineral.

6. USOS
-Xoeirías, exemplo: rubí, esmeralda, ouro, prata, zafiro…
- Obtención da enerxía exemplo: uranio
- Conducción da electricidade: cobre
- Facer termómetros: mercurio
- Industria cerámica ou de construcción: arxila (ladrillos), xeso (para escaiola), calcita (cemento),
cuarzo (vidro)

https://biologia-geologia.com/BG1/3123_propiedades_mecanicas.html

You might also like