You are on page 1of 7

NOME: Pedro Dafonte Troncoso

A) Nomenclatura de horizontes
A partir das fotos de perfiles de solos do ficheiro ‘Solos cuestionario_EA’, numerados do 1 ao
12 e cos horizontes codificados, indicar cal ou cales deles (poñendo o nº do perfil e indicando
de que horizonte ou horizontes -poden ser máis de un- se trata) teñen:

(usar letra de cor parda ou vermella para as respostas e devolvelo engadindo o voso nome e
en formato pdf se é posible, antes do 29 de outubro)

1) Un horizonte de acumulación secundaria de carbonato cálcico:


- Nº 8: horizonte Ck
- Nº 10: horizonte Ck
2) Un horizonte con acumulación iluvial de materia orgánica e sesquióxidos, con value e croma
baixos
- Nº 7: horizonte Bh
3) Un horizonte mineral con condicións permanentes de saturación en auga (redución):
- Nº 3: horizonte Cr
4) En horizonte eluvial formado por perda de materia orgánica, ferro e aluminio:
- Nº 4: horizonte Eg
5) Un horizonte enterrado:
- Nº 11: horizonte Ab1
- Nº 11: horizonte Ab2
- Nº 11: horizonte Ab3
- Nº 11: horizonte Ab4
6) Un horizonte orgánico formado en condición de hidromorfía:
- Nº 1: horizonte Hi
- Nº 1: horizonte He
- Nº 1: horizonte Ha
7) Un horizonte de acumulación iluvial de arxila:
- Nº 4: horizonte Bt
- Nº 4: horizonte Btg
- Nº 10: horizonte Bt
8) Un horizonte formado por meteorización intensa que leva á acumulación residual de
sesquióxidos:
- Nº 2: horizonzonte Bo
9) Un horizonte con superficies de fricción e agregados con caras oblicuas:
- Nº 12: horizonte Bi
10) Un horizonte eluvial nun solo con capa freática colgada:
- Nº 4: Eg
11) Un horizonte con acumulación de sales máis solubles que o xeso:
- Nº 9: horizonte Cz
12) Un horizonte eluvial por perda de arxila:
- Nº 4: horizonte Eg
- Nº 7: horizonte E
- Nº 10: horizonte E
13) Un horizonte de transición:
- Nº 2: horizonte AB
14) Un horizonte modificado por labra
- Nº 10: horizonte Ap
- Nº 12: horizonte Ap
15) Un horizonte con acumulación iluvial de sesquióxidos con value e croma >3:
- Nº 7: horizonte Bs
16) Un horizonte formado fundamentalmente por procesos de meteorización:
- Nº 6: horizonte Bw
B) Procesos de edafoxénese e clasificación
Sobre os mesmos solos do ficheiro antes citado, responder ao que se pide para cada un
deles. Como pode haber máis dun horizonte, propiedade ou material de diagnóstico,
ou unha propiedade ou material pódese dar só nun dos horizontes dun solo, cando
sexa o caso indicar tamén o horizonte.
Aínda que falta información sobre morfoloxía e datos dos solos, trátase de indicar o
máis probable en función da codificación dos horizontes e a información que poida dar
a imaxe.
Por exemplo

Horizonte de diagnóstico Fólico O, espódico Bhs


Material de diagnóstico Material orgánico O, material álbico E
Grupo de solo de referencia Podzol
Comentarios (só de ser necesario para aclarar algo)
_______________________________________________________________________
Solo 1.

Horizonte de diagnóstico Hístico Hi, Hístico He, Hístico Ha


Material de diagnóstico Material orgánico H
Grupo de solo de referencia Histosol
Comentarios

Solo 2.

Horizonte de diagnóstico Ferrálico Bo


Propiedade de diagnóstico* Propiedades géricas
Proceso de formación Ferralitización
Grupo de solo de referencia Ferralsol
Comentarios
*O horizonte Bo ten carga neta positiva

Solo 3.

Horizonte de diagnóstico Cámbico BI


Hor. con cor oximórfica Bl
Hor. con cor redutimórfica Cr
Propiedade de diagnostico Gleicas
Proceso de formación Gleización
Grupo de solo de referencia: Gleisol
Comentarios:
Solo 4.

Horizonte de diagnóstico: Árxico Bt, Btg


Hor. con cor oximórfica Btg, Eg
Material de diagnóstico Álbico, Eg
Propiedade de diagnostico Propiedades estagnicas
Proceso de edafoxénese Ferrólise
Grupo de solo de referencia: Stagnosol
Comentarios: Diferencia estructural moderada

Solo 5*

Horizonte de diagnóstico Úmbrico Ah


Material de diagnóstico Rocha continua R
Grupo de solo de referencia Leptosol
Comentarios
*Formado a partir de granito en Galicia

Solo 6

Horizonte de diagnóstico Úmbrico Ah, Cámbico Bw


Proceso de edafoxénese Meteorización incipiente
Grupo de solo de referencia Cambisol
Comentarios
*Formado a partir de granito en Galicia
Solo 7

Horizonte de diagnóstico Espódico Bh


Material de diagnóstico Espódico Bh
Proceso de edafoxénese Podzolización
Grupo de solo de referencia Podzol
Comentarios

Solo 8

Horizonte de diagnóstico Cálcico Ck


Material de diagnóstico Material calcárico
Proceso de edafoxénese Carbonatación
Grupo de solo de referencia* Calcisol
Comentarios
Solo 9

Horizonte de diagnóstico Sálico Cz


Material de diagnóstico Xipsílico
Proceso de edafoxénese Salinización
Grupo de solo de referencia Solonchak
Comentarios

Solo 10

Horizonte de diagnóstico Árxico Bt, Cálcico Ck


Material de diagnóstico Álbico E
Proceso de edafoxénese Arxiluviación
Grupo de solo de referencia* Luvisol
Comentarios
*CIC e saturación en bases de Bt altas

Solo 11*

Material de diagnóstico Material flúvico


Grupo de solo de referencia Fluvisol
Comentarios
*Solo situado na terraza actual dun río

Solo 12

Horizonte de diagnóstico Vértico


Proceso de edafoxénese Vertisolización
Tipo de mineral da arxila dominante Esmectita
Grupo de solo de referencia Vertisol
Comentarios
C) Varios
Nun solo de Galicia formado a partir dun granito , con perfil Ah-Bw-C, identifícase no horizonte
Bw a presenza dos seguintes minerais: cuarzo, caolinita, feldespato potásico, goetitha,
moscovita, illita, biotita, gibbsita e vermiculita hidroxialumínica.

O horizonte Ah, ten unha capacidade de cambio de catións (CIC, medida a pH 7) de 20 cmolc
kg-1; os catións cambiables son: Na+: 0,58; K+: 0,22; Mg2+: 0,40; Ca2+: 0,80; Al3+: 6,00 (expresados
en cmolc kg-1).

a) Calcula a saturación en bases (V) do complexo de cambio e a capacidade de cambio


efectiva (CICe)
b) Cal é o tipo de carga dominante e que compoñente é o principal responsable dela?
c) Cal dos seguintes valores de pH en auga sería posible nese horizonte?: 4,5 -
6,5 - 8,3 - 9.5.

O horizonte Bw, de textura franco areosa, cor parda e cun contido en arxila do 15%, ten unha
CIC (pH7) de 6 cmolc kg-1.
d) De que tipo de horizonte de diagnose se podería tratar?
e) Cal sería a CIC da arxila do horizonte Bw?. É coherente o valor obtido coa mineraloxía
indicada?. Xustifica a resposta.

Se o horizonte A e escuro e groso (25 cm), con estrutura migallenta,


f) Que horizontes de diagnóstico tería o solo e a que Grupo de Referencia pertencería?
g) Que propiedades poderías xeneralizar acerca deste solo (textura, dispoñibilidade de
nutrientes, potenciais toxicidades, ...)
RELACIONANDO

4) Relaciona os Grupos de Solos de Referencia da primeira columna cos textos da segunda.

1) Vertisol a) Horizonte B árxico, con baixa saturación en bases e con arxilas


de baixa actividade.
2) Andosol b) Ambientes semiáridos con acumulación secundaria de sílice
opalina e, comunmente, tamén de carbonato cálcico.
3) Fluvisol c) Meteorización intensa en rexións tropicais húmidas, con
horizontes B caracterizados pola acumulación residual de Fe e Al.
4) Gleisol d) Sedimentos aluviais recentes con aportes periódicos de novos
materiais.
5) Ferralsol e) Solos xoves de materiais volcánicos con alofana e/ou
abundantes complexos Al(Fe)-humus.
6) Podzol f) Horizonte móllico, en zonas de estepa e acumulación de
carbonato cálcico secundario.
7) Regosol g) Material de partida rico en arxilas expansibles, con fendas
anchas e profundas, superficies de fricción e agregados en forma
de cuña.
8) Durisol i) Zonas baixas do relevo, con nivel freático aflorante ou cerca da
superficie.
9) Acrisol j) Solos pouco desenvolvidos sobre materiais non consolidados.
10) Kastanozem k) Horizonte subsuperficial (de cor escura, parda ou ocre) con
compostos iluviais de Fe e Al con materia orgánica.

1) 6)
2) 7)
3) 8)
4) 9)
5) 10)

5) Relaciona os compoñentes do solo da primeira columna cos Grupos de Solos de Referencia


da segunda:

1) Alofana e imogolita a) Fluvisol tiónico


2) Hematita, gibbsita e caolinita b) Xipsisol
3) Xeso c) Andoso
4) Halita d) Ferralsol
5) Xarosita e) Vertisol
6) Esmectita f) Solonchack

1) 4)
2) 5)
3) 6)

You might also like