You are on page 1of 2

NOME: ______________________________________________________ DATA 17 / 10 / 2020

AVALIACIÓN. UNIDADE 5. CIENCIAS DA NATUREZA:MATERIA E ENERXÍA.


Marca 1 resposta por pregunta: a que creas que é correcta A, B ou C. Seguro que o fas moi ben!

1. A materia é:
a) Os materiais, e as materias primas, das que están feitas todas as cousas do universo.
b) O que tes que estudiar para pasar un examen.
c) Que estés en “mate” e te “rías”.
2. As propiedades xerais de toda materia son:
a) A masa e o volume.
b) A cor, o brillo, a elasticidade, a densidade, a condución de electricidade, a atración magnética.
c) A hidrosfera, a atmósfera, a xeosfera e a biosfera.
3. As propiedades características dunha materia ou material son:
a) A masa e o volume.
b) A cor, o brillo, a elasticidade, a densidade, a condución de electricidade, a atración magnética.
c) A hidrosfera, a atmósfera, a xeosfera e a biosfera.
4. A atracción magnética é a capacidade que ten un imán para:
a) Recuperar a súa forma despois de estíralo.
b) Conducir a electricidade e a calor.
c) Exercer unha forza para que se lle peguen os obxectos de ferro.
5. Os estados da materia son:
a) Sólido, líquido e gasoso; aínda que tamén hai o estado de supersólido e de plasma.
b) Os Estados Unidos de América porque son moi materialistas.
c) Sólido e líquido, porque o gasoso non está demostrado que exista.
6. Marca cal destas afirmacións e a correcta.
a) Nos líquidos, a materia está fortemente unida, por iso teñen unha forma fixa e volume constante.
b) Nos sólidos, a materia está unida máis débilmente, por iso teñen forma variable, pero volume constante.
c) Nos gases, a materia apenas está unida, por iso non teñen nin forma variable, nin volume constante.
7. A evaporación é:
a) O cambio de sólido a líquido.
b) O cambio de líquido a gas.
c) O cambio de gas a sólido.
8. Os cambios de estado da auga posibilitan o ciclo da auga.
a) Para nada, a auga nunca cambia de estado, sempre está líquida.
b) Non exactamente, os cambios de estado da auga posibilitan o ciclo do carbono.
c) É certo, a auga líquida do mar evapórase e cae en forma de auga sólida (neve) ou líquida (chuvia).
9. Os cambios químicos máis comúns da materia son:
a) A filtración, a evaporación e a decantación.
b) A combustión, a fermentación e a oxidación.
c) A fusión, a evaporación, a solidificación e a condensación.
10. As mesturas homoxéneas:
a) Son aquelas mesturas nas que os distintos compoñentes pódense distinguir a primeira ollada ou con lupa.
b) Son aquelas mesturas nas que os distintos compoñentes que a forman non se poden distinguir.
c) Son aquelas nas que mesturamos compoñentes de distinta densidade e unha flota sobre a outra.
11. Segundo o tipo de mestura, pódense utilizar diferentes métodos de separación como:
a) A filtración, a evaporación e a decantación.
b) A combustión, a fermentación e a oxidación.
c) A fusión, a evaporación, a solidificación e a condensación.
12. A enerxía é:
a) Todo aquilo que ten masa e ocupa un volume no espazo.
b) A cantidade de materia que ten un corpo e mídese utilizando unha balanza en kilogramos.
c) A capacidade que ten un elemento para producir un cambio.
13. As formas máis habituais de enerxía son:
a) A fusión, a evaporación, a solidificación e a condensación.
b) A química, a mecánica, a térmica, a lumínica, a eléctrica e a sonora.
c) Inexistentes, no planeta Terra non hai formas de enerxía.
14. As fontes de enerxía non renovables son:
a) As que non se poden esgotar como o Sol, o vento, a auga en movemento.
b) As que pódense esgotar como o petroléo, os minerais radiactivos, o gas natural e o carbón.
c) As fontes que en verán quedan sen auga porque evapóranse co calor do Sol.
15. Marca a afirmación correcta:
a) O sol proporciona enerxía en forma de movemento que se transforma en electricidade con aeroxeneradores.
b) O sol proporciona enerxía en forma de luz e de calor que convértese en electricidade con placas solares.
c) O sol proporciona gasolina e gasóleo que se utilizan para o funcionamento dos vehículos e da calefacción.
16. A luz é unha forma de enerxía que emiten os corpos luminosos.
a) Falso, e unha forma de enerxía que se produce cando un obxecto vibra.
b) Verdadeiro, xa sexan naturais como o Sol ou artificial como as lámpadas.
c) Falso, a luz é un forma de enerxía que se produce cando algúns metais como o ferro oxídanse.
17. Os materiais son opacos cando.
a) Permiten o paso da luz e os obxectos situados detrás pódense ver perfectamente.
b) Non permiten o paso da luz e os obxectos situados detrás non se poden ver.
c) Permiten pasar algo da luz e os obxectos situados detrás vense borrosos.
18. O son é unha forma de enerxía que se produce cando un obxecto vibra.
a) Falso, e unha forma de enerxía que emiten os corpos luminosos.
b) Verdadeiro, percibimos os son a través do sentido do oído.
c) Falso, o son lévana a cabo os fermentos que transforman os azucres noutras sutancias.
19. Marca a afirmación correcta.
a) Ao principio na prehistoria, fabricábamos ferramentas simples con materiais naturais.
b) O uso dos metais non foi un dos acontementos máis influíntes da historia.
c) O descubrimento da enerxía eléctrica non foi un dos grandes pasos da humanidade.
20. Para reducir os resíduos que contaminan o medio, temos que seguir estas normas:
a) Esocitar a quen fala; pedir quenda levantando a man; traballar con esforzo; e tratar ben aos demáis.
b) A norma dos tres R: Reducir, Reutilizar e Reciclar.
c) Tirar a basura ao chan, abusar dos recursos materiais, mercar moitas cousas, ir en coche a todas partes...

Escribe unha información interesante e curiosa sobre un material, materia prima ou materia.

_________________________________________________________________________________________

_________________________________________________________________________________________

_________________________________________________________________________________________

_________________________________________________________________________________________

Escribe unha información interesante e curiosa sobre unha forma de enerxía ou a contaminación.

_________________________________________________________________________________________

_________________________________________________________________________________________

_________________________________________________________________________________________

_________________________________________________________________________________________
MOITAS GRAZAS POLO TEU ESFORZO! SEGURO QUE O FIXECHES MOI BEN! UNHA APERTA!

You might also like