You are on page 1of 4

CIENCIAS NATURAIS

A MATERIA
Tema 5 “A materia e os seus cambios “
A materia é todo aquilo que ocupa un lugar no espazo, é dicir, un volumen, e
ten unha masa.

. A masa. É a cantidade de materia. Podémola medir en gramos (g) o en


quilogramos (kg).

Para medir a masa utilízanse as básculas.

Estas fresas pesan 511 gramos

. O volume. É o espazo que ocupa a materia. Pódese medir en litros (L).

Para medir o volume úsanse recipientes graduados.

Este vaso graduado contén 50 mililitros (ml) de líquido


Case todas as cousas do noso contorno están feitas de materia.

A maioría vémolas, coma unha casa ou unha árbore. Pero algunha non a
podemos ver, coma o aire.

Outras cousas que nos arrodean non son materia. Coma a luz, a música ou os
sentimentos.

Os estados da materia
A materia pódese encontrar en 3 estados: sólido, líquido e gasoso.

Os sólidos
Teñen forma propia e o seu volume non cambia. Exemplo: unha pedra.

Os líquidos
Teñen un volume fixo, pero non teñen forma propia, xa que se adaptan á
forma do recipiente que os contén. Exemplo: os zumes.

Os gases
Non teñen forma fixa nin volumen propio, adáptanse á forma e ao volume do
recipiente que os contén. Por exemplo: o aire.

Substancias puras e mesturas


As substancias puras
As substancias que están formadas por un só tipo de materia chámanse
substancias puras.

Son exemplos de substancias puras o osíxeno, o helio, o ouro, o sal de cociña


e o azucre. Os minerais tamén son substancias puras.

As mesturas
Están formadas por varias substancias diferentes.

A maior parte das substancias que hai ao noso arredor son mesturas.

( Exemplo: O aire é unha mestura de varios gases, como o nitróxeno, o


osíxeno, o dióxido de carbono e o vapor de auga, entre outros.

Ou o granito, que é unha rocha formada pola mestura de varios minerais.)


As forzas producen cambios
Os efectos das forzas
As forzas poden ter distintos efectos sobre os corpos:

• Fan que os corpos cambien de forma.

• Fan que os corpos rompan.

• Fan que os corpos que están parados comecen a moverse.

• Fan que os corpos en movemento se deteñan.


Os tipos de forza
Algunhas forzas prodúcense cando o corpo que exerce a forza está en
contacto directo co que a recibe, pero non sempre é así.

Ás veces, estes corpos non se tocan.

Para poñer en movemento o bambán, alguén ten que empurralo.

Exércese unha forza de contacto.

Un imán é capaz de atraer un clip aínda que estean separados entre sí.

O imán exerce unha forza a distancia.

You might also like