You are on page 1of 5

A base química da vida

Enlaces

-Enlace iónico. É unha carga electronegativa potente cunha positiva. Exemplo: Na+ Cl- (atracción electrostátca). Isto
produce unha transferencia de electróns do positivo ao negativo. Este tipo de enlaces forman estruturas cristalinas (polas
forzas atracivas electrostáticas).

-Enlace covalente. Este enlace é o que completa o octeto de valencias compartindo electróns (elementos de alta afinidade
electrónica). Se comparten un par e un enlace simple, dous pares é dobre e tres é triple. O que fai é compartir electróns para
completar a última capa de valencias. Estos poden xerar dipolos con cargas parcialmente positivas e negativas (enlace
covalente polar: se teñen unha electronegatividade diferente, enlace apolar: electronegatividade igual ou parecida).

-Forzas intermoleculares. Son forzas entre moléculas que non implican un enlace químico. Exemplo: Fozas de Van der Waals
(son forzas de intensidade variable, normalmente baixas, que unen as moléculas entre si. Poden ser de dispersión ou dipolo-
dipolo), pontes de hidróxeno (atraccións electrostáticas positivas e negativas entre dipolos)

Bioelementos
Os bioelementos son os elementos presentes nos seres vivos.

Hai 3 grupos segundo a súa presencia nos seres vivos:

-Bioelementos primarios. Están no 96% aproximadamente. CHONPS

-Bioelementos secundarios. Están en menos do 4%. Na+/K+ (están nas bombas de Na e K e nos impulsos nerviosos), Mg2+,
Ca2+ (contracción muscular), Cl-

-Oligoelementos. Teñen moi pouca presencia nos seres vivos pero son moi importantes. Exemplo: Fe2+ (gr. hemo), Cu2+/ I-/
Li+ (forman parte de diversas reaccions como o metabolismo).

Biomoléculas

Son as molécula que forman parte dos seres vivos. Hai 2 grupos principais:

-Biomoléculas orgánicas. Teñen un esqueleto carbonado.

-Biomoléculas inorgánicas. Non teñen un esqueleto carbonado.

Tipos de moléculas orgánicas:

-Glúcidos, lípidos, proteínas e ácidos nucleicos.

Tipos de moléulas inorgánicas:

H2O e sales minerais.

A estutura da auga

A auga e unha molécula neutra pero a pesar de ser neutra non ten a mesma distribución de cargas, malia isto ten un carácter
dipolar. Os electróns que comparten o O e o H distribúense de maneira irregular polo que ao ser o O máis electronegativo
atrae máis ao H polo que hai un exceso de carga negativa sobre o osíxeno e un de carga positiva sobre o hidróxeno. Os 2
pares de electróns fan que haxa unha zona máis negativa.
As zonas cunha carga máis negativa (osíxeno) van formar zonas con cargas positivas (hidróxeno), este enlace se denomina
ponte de hidróxeno. As pontes de hidróxeno son efímeros (facéndose e desfacéndose) e numerosos. Forman unha estrutura
en rede.

Propiedades da auga

-Elevado poder de disolución. É o principal disolvente biolóxico, disolve moléculas polares, isto é grazas a que é un dipolo.
Isto é pola súa capacidade para formar pontes de hidróxeno con outras substancias con grupos polares.

-Elevada calor específica. Isto significa que necesitamos moita enerxía para cambiar a súa temperatura debido a que se
perde enerxía pola formación de pontes de hidróxeno.

-Elevada calor latente. Custa que cambie de estado, gástase enerxía pola formacion de pontes de hióxeno.

-Elevada forza de cohesión. Están muy cohesionadas entre sí. É difícil separalas. (Entre moléculas de H2O). Isto fai que sexa
un líquido con elevada tensión superficial.

-Elevada forza de adhesión. Isto sucede entre moléculas de H2O e moléculas polares. Responsable do fenómeno da
capilaridade.

-A auga é transparente. Isto permite o paso de luz a cal é utilizada polos organismo fotosintéticos.

-A auga ocupa máis en estado sólido que en estado líquido. Ten menos volumen e menos densidade en estado sólido. Isto
permite a existencia de auga líquida debaixo do xeo na que poden existir organismos acuáticos.

A importancia biolóxica da auga.

-Función transportadora. Elevado poder de disolución. É o medio no que circulan a maioría de substancias no interior dos
organismos.

-Amplia función metabólica. Ten funcións metabólicas en medio acuoso. (Dipolo). Grazas a ser un bo disolvente.

-Función termorreguladora. Grazas á elevada calor específica o citoplasma acuoso sirve de protección á célula ante os
cambios de temperatura, xa que pode acumular grandes cantidades de calor e liberalas pouco a pouco. A auga regula a
temperatura. Necesita máis enerxía para cambiar de temperatura polo que regula.

-Función refrixerante. Se debe a un alto calor de vaporización. A auga colle a túa enerxía para pasar a gas o que fai que
baixe a túa temperatura, por iso refrixera.

-Función estrutural. Hai organismos que teñen esqueletos de auga. Exemplo: as esponxas. Grazas á elevada froza de
cohesión. Permie o ddesplazamento de pequenos organismos pola auga.

-Función amortecedora. A auga revotaos golpes debido a que está moi cohecionada. Ex.: as vacuolas das células vexetais.

-Capilaridade.
-Función termoillante. É menos densa en estado sólido polo que protexe ás especies.

-É transparente. Grazas a isto os raios de luz poden pasar e as especies qeu viven na auga poden sobrevivir.

-Elevada tensión superficial. Ao estar na parte superior hai máis forza que abaixo polo que é máis difíci de romper (non teñen
tanto espacio para reparir a súa forza polo que esta repartida en menos direccións o que fai que sexa máis forte).

As sales minerais

Son compostos inorgánicos que atopamos de 3 maneiras:

-Sólido. Teñen unha función esquelética, constitúen estruturas que proporcionan soporte e protección. As máis importantes
son:

-Carbonato de calcio (CaCO3). Forma os esqueletos das cunchas e dos vertebrados.

-Fosfato de calcio (Ca3PO4)2). Encóntrase nos vertebrados (ósos e dentes)

-Silice (SiO2). Forma o esqueleto dos poríferos como as esponxas.

-Disoltos. Xeralmente aparecen de forma iónica. Estes levan a cabo funcións reguladores e específicas.

Funcións específicas:

-Contracción muscular. Ca2+ (participa na contracción muscular), K +/ Na + (bomba de potasio e bomba de sodio)

-Coagulacións sanguínea. O Ca desempeña un papel fundamental.

-Transmisión do impulso nervioso. O K e o Na actúan nel.

Funións reguladoras:

-Mantemento do pH do organismo mediante tampón. Estes tampóns amortecen os cambios de pH que teñen lugar
como consecuencia do metabolismo.

-Regulación da actividade enzimática (Cu2+/ Mg2+).

-Regulación da presión osmótica. Os sales mineraiss son os responsables do mantemento da solinidade nas células e
nos fluídos orgánicos, isto é esencial para a regulación da presión osmótica.

-Asociadas a moleculas orgánicas. Forman parte da estrutura e son esenciaispara a función que desenvolven. Ex.: Fe2+
(asóciase á hemoglobina, a súa funcion é transportar osíxeno), I- (forma parte da tiroide), Mg2+ (forma parte da clorofila das
plantas)

pH

Un ácido cede protóns (H+) e unha base acepta protóns (H+).

Disolución tampón.

Amortiguan o desvalancce de pH. Poden comportarse como ácido ou bases (poden ceder ou aceptar).

Hai solcións na sangue que buscan estabiliade. A base quita protóns.


Ósmose e presión osmótica

A ósmose é o paso de disolvene a través dunha membrana semipermeable dunha disolución hipotónica a outra hipertónica
co obxectivo de regular a presión osmótica igualando as concentracións.

O único que se pode reular é a auga. A auga vai da hipotónica á hipeónica e desta menira iguálanse as concentracións (isto é
ósmose)

A presión osmótica é a diferencia de concentracións a ambos lados da membrana.


“Este es un ejemplo de cita destacada (una frase importante del informe).
Toca o haz clic en este texto para añadir la tuya”.

You might also like