You are on page 1of 28

Tema 7

As plantas

1.-- A función de nutrición das plantas


As plantas teñen nutrición autótrofa

Cápsula
(esporanxio)
1.1.- As fases de nutrición
das plantas

a) En briófitas:
- Pequeno tamaño. Organización tipo
talo.
-Carecen de verdadeiras raíces. Fíxanse
ao substrato mediante rizoides.
-A absorción dos nutrientes faise
directamente do medio por simple
difusión a través de filoides e
cauloides.
- Viven en lugares húmidos e sombríos.
Esquema da
anatomía dun
brión
1.1.-- As fases de nutrición das plantas
b) En Cormófitas:
-Son as plantas vasculares. Teñen organización tipo cormo.
- Posúen raíz, talo e follas e tecidos condutores.
- A nutrición segue unha serie de etapas:
-A.- Absorción de nutrientes inorgánicos pola raíz:
-Absorben do solo auga e sales minerais a través de células especializadas, os pelos radicais.
- A mestura de auga e sales minerais absorbida pola raíz é o zume bruto.
- B.- Transporte do zume bruto ata as follas:
- O zume bruto transpórtase dende a raíz ata as follas a través do talo.
-Realízase a través dos vasos condutores do xilema, que se encontran no interior de talos, pólas e
nervios das follas.
- C.- Nas follas prodúcese o intercambio de gases e a fotosíntese:
- Nas follas, o zume bruto (transportado polo xilema) e o CO2 (absorbido a través dos estomas)
entran nos cloroplastos das células.
-Alí ten lugar a fotosíntese formándose nutrientes orgánicos (zume elaborado) e despréndese O2.
-Ademais, as plantas respiran continuamente, para o que absorben O2 a través dos estomas e
emprégano nas súas mitocondrias para obter enerxía. A respiración produce auga e CO2.
- D.- O zume elaborado trasládase pola planta:
- O zume elaborado trasládase a través dos vasos liberianos (floema).
-E.- A planta elimina os produtos de refugallo:
- As plantas non teñen aparatos especializados para esta función.
- O CO2, a auga e o O 2 elimínanos a través dos estomas.
- O oxalato cálcico acumúlase nos vacúolos. A resina ou o látex despréndense en cortes ou feridas.

Fases da
nutrición
das
plantas
1.2.- A absorción da auga e dos sales minerais
-Realízase a través dunhas células especializadas, os pelos radicais, que son evaxinacións das
células epidérmicas, que aumentan a superficie de absorción das raíces.
- A auga entra por difusión simple (ósmose)
-Os sales minerais entran disoltos (en forma de ións), por transporte activo (con
consumo de enerxía).
-Unha vez dentro teñen que atravesar os distintos tecidos da raíz ata chegar ao xilema. Para
isto, poden utilizar dúas vías:
-A) Vía transcelular ou simplástica:
-A auga e os sales pasan polo interior das células a través de condutos, os
plasmodesmos, que comunican células adxacentes.
- B) Vía intercelular ou apoplástica:
-A auga e os sales circulan entre os grandes espazos que hai entre as células
parenquimatosas do córtex da raíz.
-Ao chegar a endoderma (capa interna do córtex) a circulación queda retida debido á
banda de Caspary (impermeable á auga). As substancias non poden pasar entre células
polo que pasan a través delas.
-Unha vez que a auga e os sales cruzaron o endoderma, a maior parte dos sales seguen
a vía simplástica e, a auga, a vía apoplástica, ata chegar ao xilema.

Xilema
Banda de
Caspary A absorción da
Endoderme auga e os sales
Epiderme
minerais
Cilindro
vascular Vía A: Simplástica
Vía B: Apoplástica

Vía A
Parénquima
cortical
Parede Membrana
Banda de
celular plasmática
Caspary

Pelo radical
Vía A

Vía B Vía B
Células endodérmicas
ϭ͘ϯ͘ͲKƚƌĂŶƐƉŽƌƚĞĚŽnjƵŵĞďƌƵƚŽƉŽůŽdžŝůĞŵĂ

- A auga e os sales minerais que penetran no xilema constitúen o zume bruto

-O transporte do zume bruto a través do xilema débese a tres fenómenos:

A.- A transpiración: É a perda do vapor de auga polos estomas das follas e


polos talos, o que provoca o ascenso do zume bruto en contra da gravidade.

B.- A forza de cohesión das moléculas de auga: A cohesión das moléculas de


auga débese ás pontes de hidróxeno que forman entre elas. Ademais, as moléculas de
auga adhírense ás paredes celulosas dos vasos leñosos (capilaridade). Estas propiedades
permiten formar unha columna ininterrompida.

C.- A presión radicular: A absorción dos nutrientes polas raíces xera unha
presión radical que favorece o ascenso do zume bruto polo xilema.

O transporte do zume bruto polo xilema

A perda de auga por evaporación produce unha


forza capaz de absorber a auga na raíz e
conducila polo xilema ata as follas.
Transpiración Na ascensión da auga
tamén intervén a
capilaridade

As pontes de hidróxeno
entre as moléculas de
auga permiten unha
Ascenso da cohesión moi elevada.
savia bruta

É debida á entrada de auga do solo á raíz por


ósmose, xa que a concentración de solutos é
maior nas células que na auga.
Entrada de auga
ϭ͘ϰ͘ͲKŝŶƚĞƌĐĂŵďŝŽĚĞŐĂƐĞƐ
O osíxeno e o dióxido de carbono que necesitan as plantas encóntrase no aire.
A súa captación realízase polos estomas, as lenticelas e os pelos absorbentes.
a) Os estomas:
-Na epiderme das células vexetais (no envés)
- O dióxido de carbono penetra por difusión e o osíxeno sae tamén por difusión (na
fotosíntese).
-O estoma é unha abertura bordeada por dúas células oclusivas que por cambios de
turxescencia (entrada e saída de auga ás células) controlan a apertura e o peche do orificio
estomático ou ostíolo.
-Cando aumenta a turxescencia (énchense de auga), o orificio ábrese e péchase coa perda de
turxescencia.
- Na maioría das plantas, os estomas están abertos durante o día e péchanse durante a noite.
-Os factores que inflúen nos movementos estomáticos son: a concentración de K+ ( se esta
diminúe, os estomas péchase), a cantidad de luz, a concentración de dióxido de carbono (se
aumenta , os estomas ábrense), a concentración de hormonas, a temperatura, a cantidade de
humidade.
b) As lenticelas:
- Aberturas naturais da epiderme suberizada dos talos leñosos. Entran o CO2 e o O2 por simple
difusión.
c) Os pelos absorbentes:
- Serven de entrada aos gases disoltos na auga que se absorben do solo.

O intercambio de gases

Estoma aberto Estoma pechado


1.5.- O transporte de zume elaborado
- Unha vez que o zume bruto chega ás follas, transfórmase , durante a fotosíntese, en zume
elaborado.
O zume elaborado é unha disolución de azucres (fundamentalmente, sacarosa)
e de aminoácidos.
O seu transporte denomínase translocación.
Efectúase a través do floema.
-O movemento do zume elaborado segue a dirección das zonas de orixe ou fontes á zonas de
consumo ou sumidorios.
- Fontes: as follas
- Sumidorios: partes da planta que non poden cubrir as súas necesidades enerxéticas.
- Os tecidos de reserva son fontes cando movilizan as súas reservas e as exportan a
outras partes da planta, e son sumidoiros cando importan os nutrientes orgánicos.

-O paso do zume elaborado das fontes aos sumidorios explícase mediante a hipótese do
fluxo a presión:
-O zume elaborado entra nos tubos cribosos (floema) por transporte activo e produce
un aumento de concentración.
-Isto provoca a cesión de auga desde os vasos leñosos (xilema), que se encontran
paralelos a eles.
- A auga entra por ósmose e axuda ao transporte de nutrientes.
- Os nutrientes son extraídos polas células que os necesitan, co que diminúe a
concentración e, entón, a maior parte da auga volve ao xilema.

Tubo criboso Traqueida


(floema)
(xilema)
Célula da folla Molécula de azucre
(fonte)
Molécula de auga

Movemento de azucre

Movemento de auga

Célula
acompañante
Célula da raíz
(sumidoiro) Hipótese do
fluxo de
presión para
a sacarosa
1.6.- A eliminación dos produtos de excreción
- Nos vexetais non hai aparatos excretores.
-Posúen tecidos excretores e secretores, cuxas células elaboran determinadas
substancias como resultado da actividade metabólica.

- A excreción:
-É a expulsión de substancias que non poden ser utilizadas polas plantas e son residuos do
seu metabolismo.
- Exemplos:
- Perda das follas e da casca.
- O dióxido de carbono, o osíxeno e a auga expúlsanos a través dos estomas.
- A secreción:
- É a expulsión de substancias que son útiles para as plantas.
- Estas substancias son:
- Substancias olorosas que fabrican as plantas aromáticas.
- Néctar: solución azucarada que atrae os insectos para a polinización.
-Resina: substancia viscosa que se deposita nas canles resiníferas das coníferas. Defende
á planta dos insectos fitófagos e dos fungos. Ten aplicacións industriais e médicas.
-Látex: Defende a planta dos insectos e fungos. Circula polas canles laticíferas dalgunhas
plantas como oa leiterena e a figueira. Ten aplicacións industriais e médicas.

Fotosíntese

Respiración

Transpiración

Excreción: Eliminación do osíxeno, o dióxido


Excreción: perda da casca
de carbono e a auga a través dos estomas

Produto de secreción:
o néctar Produto de secreción: o látex
Produto de secreción: a resina (árbore do caucho)
2.-- A función de relación nas plantas
- As plantas non teñen un sistema especializado para realizar a función de relación.
-Presentan a capacidade de percibir e transmitir os estímulos de medio externo e a
posibilidade de realizar movementos.

-A regulación das actividades fisiolóxicas das plantas depende de numerosos factores tanto
exeternos como internos:
-Factores internos: hormonas vexetais ou fitohormonas.
- Factores externos: duración do día e a noite.

2.1.- As hormonas vexetais


-Son substancias que, en baixas concentracións, promoven, inhiben ou modifican o
desenvolvemento das plantas.
-Son producidas por células especializadas (que non están agrupadas formando glándulas) e
actúan sobre células afastadas do lugar onde foron producidas.
- As hormonas vexetais son as seguintes:
-Auxinas, xiberelinas citoquinas ácido abscísico e etileno.
-Algunhas das funcións das hormonas vexetais son: crecemento en lonxitude das células,
crecemento en grosor dos talos, crecemento e maduración de froitos, xerminación,
alongamento do talo, floración, división celular, regulación do peche dos estomas, caída das
follas, etc.

Hormonas vexetais

AUXINAS E
XIBERELINAS
Acelera a maduración dos Activan o crecemento da planta.
froitos. Aceleran a formación de flores e
Acelera a caída das follas. froitos.
Acelera os procesos de
envellecemento nas flores tras a
fecundación.
ETILENO ÁCIDO ABCÍSICO
Inhibe o crecemento provocando
un estado de letargo.
Inducen a división e Provoca o peche dos estomas
diferenciación celular. evitando a transpiración.
Retardan o crecemento e a caída
das follas.
CITOQUINAS
2.2.-- Os tropismos
Son movementos de crecemento permanentes de organismos ou órganos fixos que
implican a curvatura das plantas como resposta a un estímulo unilateral.
Son respostas irreversibles e lentas, que poden ser de achegamento ou de afastamento
do estímulo que os produce.
- Tropismo positivo: a resposta é de achegamento ao estímulo.
- Tropismo negativo: a resposta e de afastamento do estímulo.

- Tipos de tropismos
-A.- Fototropismo: Resposta da planta a unha variación de luz. A planta cúrvase cara á luz.
Nos talos, o fototropismo é positivo, e nas raíces, negativo.
- B.- Hidrotropismo: Resposta da planta a un estímulo cuxa orixe é a auga. As raíces presentan
hidrotropismo positivo.
-C.- Tigmotropismo: Resposta a estímulos provenientes do tacto. Exemplo: gabiáns das
plantas rubideiras, que se enroscan ao redor do corpo de contacto.
-D.- Quimiotropismo: Resposta das plantas ante a presenza de substancias químicas. As
raíces presentan quimiotropismo positivo ou negativo dependendo do tipo de substancia ou
da concentración desta.
- E.- Gravitropismo ou xeotropismo: Resposta a estímulos de orixe gravitacional. Os talos
teñen un xeotropismo negativo, e as raíces, positivo.

Principais tipos de tropismos

FOTOTROPISMO XEOTROPISMO TIGMOTROPISMO


O estímulo é a luz O estímulo é a gravidade O estímulo é o contacto

HIDROTROPISMO
Provocado pola auga

Algodón
Raíz húmido
2.3.-- As nastias
Son movementos non permanentes. A planta responde a estímulos durante uns
minutos ou unhas horas e volven de novo á súa posición.
Son cambios rápidos e reversibles que poden deberse a distintos estímulos: a luz, a
temperatura, o contacto, etc.
- Tipos de nastias
-A.- Tigmonastias: Movementos debidos a cambios na turxescencia das células producidos
por estímulos de rozamento nas follas dalgunhas plantas. Por exemplo: a mimosa, que ao ser
tocada, adquire o aspecto de murcha; e as plantas carnívoras que, ao responder a estímulos
de rozamento, capturan os insectos.
- B.- Fotonastias e termonastias: respostas propias de estruturas florais (pétalos) ante
estímulos de luz e de calor ambiental. Por exemplo: o dondiego de noite.

Fotonastia

Tigmonastia Termonastia

2.4.-- A fotoperiocidade
É a regulación de distintos procesos do desenvolvemento da planta, como a floración,
pola duración relativa do día e da noite.

- En función do seu fotoperíodo ou


número de horas de luz que teñen
os días cando as plantas inician a
súa floración, hai plantas:
-A.- De día curto: o seu
fotoperíodo está entre as 8 e as 15
horas. Exemplos: arroz, soia, millo…
-B.- De día longo: O seu
PLANTAS DE D Í A CURTO
fotoperíodo debe estar entre as 15
e 16 horas. Exemplos: trigo,
espinacas, avea, …
-C.- De día neutro: Nelas a
floración é independente do
fotoperíodo. Exemplos: algodón,
pataca, tomate, pemento, … PLANTAS DE D Í A LONGO
3.- A función de reprodución nas plantas
Nas plantas, pode observarse un porceso continuo de evolución na forma de
reproducirse, dende as plantas que o fan por esporas ata as plantas con semente, que
vai ligada á capacidade, cada vez maior, para conquistar o medio terrestre.

3.1.- Os tipos de reprodución nas plantas


- Dúas formas básicas de reprodución: asexual ou vexetativa e sexual ou xenerativa.
- Segundo os gametanxios (lugar onde se forman os gametos) se formen en individuos
distintos ou no mesmo distinguimos:
-Plantas hermafroditas: Presentas os dous tipos de gametanxios situados sobre o
mesmo órgano. Por exemplo, unha planta ten estames e carpelos.
Carpelo: os carpelos son follas modificadas que forman a parte reprodutora feminina das
plantas anxiospermas. O conxunto de todos os carpelos forma o xineceo. Os carpelos
poden estar formados por un ou máis pistilos.

-Plantas unisexuais: Son plantas que presentan os gametanxios separados en órganos


diferentes:
- Monoicas: Plantas con sexos separados no mesmo individuo
- Dioicas: Plantas con sexos separados en individuos diferentes.

1. Hermafrodita,2. Unisexual monoica, 3. Unisexual Dioica, 4. Flor hermafrodita,


5. Flor unisexual masculina, 6. Flor unisexual femenina, 7. Planta monoica, 8. Planta dioica.
3.1.1.- A reprodución asexual ou vexetativa
- Un só proxenitor .
- Diversos procedementos de reprodución vexetativa:

- Tubérculos: Son rizomas (talos subterráneos) cos


extremos engrosados, que serven para almacenar
alimentos. Por exemplo: a pataca

- Rizomas: Son talos subterráneos


horizontais, carnosos ou non. Por exemplo:
o xenxibre, os fentos.

Talo
-Bulbos: Son xemas subterráneas modificadas agromando
formando un talo curto ao que se unen follas carnosas
de almacenamento. Por exemplo: tulipán, cebola.

-Estolóns: Son talos que se dispoñen


horizontalmente sobre o chan. Teñen
longos internós. En toda a súa lonxitude
desenvólvense xemas, cada unha delas
cales dá lugar a un novo sistema aéreo
que se enraíza no solo. Por exemplo: a
planta do amorodo e a hedra terrestre.

Nó Internó
Estolóns

Tipos de reprodución asexual ou vexetativa nas plantas

3.1.2.- A reprodución sexual ou xenerativa


- Interveñen dous individuos, cada un dos cales achega un gameto.
-Os gametanxios son os lugares onde se forman os gametos. Poden ser uni ou
pluricelulares.
- Os gametanxios femininos son os oogonios ou arquegonios (en briófitas e pteridófitas).
- Os gamentaxios masculinos son os espermatogonios nas plantas con sementes e
anteridios en briófitas e en fentos.

Gametos en
crecemento

Gametanxio
pluricelular
Gametanxio
unicelular
3.2.- Os ciclos das plantas

- Nas plantas existen xeracións (gametófito e esporófito) e predominio dunha sobre outra.

- Briófitas: A planta principal é o gametófito haploide. O esporófito diploide vive como


un parasito sobre o gametófito e é só o conxunto do esporanxio co pé.

- Pteridófitas: As dúas xeración son independentes. A planta ben desenvolvida é o


esporófito diploide.

-Espermatófitas: A xeración predominante é o esporófito. A planta que vemos é o


espórofito diploide . O gametófito está reducido a un conxunto de poucas células:
- O gametófito masculino está no interior do gran de pole.
- O gametófito feminino está incluído nos tecidos do órgano feminino da flor e vive
como parasito do esporófito.

Briófitas Pteridófitas Coniferófitas Anxiospermas


(brións e hepáticas) (fentos) (ximnospermas)
Gametófito Esporófito Esporófito dominante Esporófito dominante
dominante dominante
Gametófito de vida Gametófito de vida Gametófito protexido Gametófito protexido
independente independente dentro do esporófito dentro do esporófito
A fecundación A fecundación A fecundación non A fecundación non
precisa a presenza necesita a presenza necesita a presenza necesita a presenza
de auga; os gametos da auga; os gametos de auga de auga
masculinos son masculinos son
móbiles (nadan) móbiles (nadan)
Un só tipo de Un só tipo de Dous tipos de Dous tipos de
esporas esporas esporas esporas
Sen tecidos Con tecidos Con tecidos Con tecidos
vasculares vasculares vasculares vasculares
Sen sementes Sen sementes Con sementes Con sementes
Sen froito Sen froito Sen froito Con froito
4.-- A reprodución en briófitas e pteridófitas
4.1.- A reprodución nas briófitas
- Son plantas sen sementes e non vasculares.
- Para o seu crecemento e reprodución precisan un ambiente húmido.
- Presentan alternancia de xeracións na que predomina o gametófito sobre o esporófito.

O ciclo biolóxico dun mofo


- O gametófito está formado por un falso talo (caulidio) provisto de rizoides e filoides.
- Os gametos masculinos (anterozoides) son biflaxelados e fórmanse nos anteridios.
- Os gametos femininos (oosferas) fórmanse nos arquegonios.
- A fecundación da oosfera só se produce en presenza de auga.
-O cigoto diploide divídese por mitose e convértese nun embrión que forma o esporófito
(diploide), que crece sobre o gametófito (haploide).
-O esporófito está formado por un pé e por unha cápsula que contén as células nai das
esporas. Estas células divídense por meiose e dan lugar a esporas haploides que cando
maduran son liberadas da cápsula.
-Cando unha espora cae nun lugar adecuado e as condicións son favorables, xermina e
forma o protonema, a partir do cal se forma o novo gametófito.

Ciclo biolóxico dun mofo


4.2.-- A reprodución nas Pteridófitas
- Son plantas sen sementes.
-Teñen raíz, talo e follas e sistemas vasculares.
-O seu ciclo biolóxico presenta alternacia de xeracións.
-A fase predominante é o esporófito.

O ciclo biolóxico dun fento


- O esporófito diploide (que é o fento típico) está formado por un talo subterráneo
horizontal (rizoma), con raíces verdadeiras e con follas denominadas frondes.
-No envés dos frondes desenvólvense os esporanxios, que se dispoñen en grupos chamados
soros, nos que ten lugar a meiose e fórmanse as esporas.
-Cando as esporas maduran , son liberadas, e se as condicións son adecuadas, xerminan e
dan lugar ao gametófito haploide chamado prótalo.
- O prótalo é moi pequeño, ten forma de corazón e fíxase ao solo mediante rizoides .
-No prótalo orixínanse anteridios, nos que se forman os anterozoides flaxelados (gametos
masculinos), e os arquegonios, en cuxo interior se encontra a oosfera (gameto feminino).
- Os anterozoides flaxelados nadan cara á oosfera, fecúndana e fórmase o cigoto.
-O cigoto dá lugar ao embrión que, ao crecer, se converte nun esporófito que, cando
alcanza unha capacidade sintetizadora suficiente, independízase do gametófito.

Meiose

Esporanxio

Esporófito
novo

Ciclo biolóxico dun pteridófito


5.-- A reprodución nas plantas con sementes
-Alcanzaron un gran éxito no medio terrestre, xa que non dependen da auga para realizar a
fecundación.
- O gametófito moi reducido. Claro dominio do esporófito.
- Os grupos máis destacados son o das Coniferófitas (ximnospermas) e o das anxiospermas.
- A flor é o órgano reprodutor.
- Na reprodución destas plantas pódense distinguir varios procesos :
- a polinización
-a formación dos gametos masculino e
feminino (por meiose)
- a fecundación
-a formación do embrión e da semente
(en anxiospermas protexida dentro do
froito)
- a dispersión da semente (ou do froito)
- a xerminación da semente.

A reprodución en anxiospermas
5.1.- A flor
-En anxiospermas, a función reprodutora localízase na flor, na que se reúnen os órganos
sexuais.
- As pezas florais son as seguintes:
-Pedúnculo floral cuxo extremo se androceo xineceo
ensancha formando o receptáculo
floral (ou tálamo)
-No receptáculo floral van inseridas
unha serie de pezas dispostas corola
helicoidalmente ou, en forma de
verticilos diferentes: o cáliz, a corola, o
androceo (un ou dous) e o xineceo.
-As pezas florais poden ser fértiles ou
estériles e proveñen de follas
transformadas. Receptáculo
- As pezas florais estériles son os floral
cáliz
pétalos e os sépalos. Pedúnculo
- As pezas florais fértiles son o floral
androceo e o xineceo.
As pezas estériles
- Sépalos: o seu conxunto forma o cáliz. Xeralmente, verdes, pero poden presentar outras
cores.
-Pétalos: o seu conxunto constitúe a corola. Son anchos, planos e delgados, e adoitan ter
cores vivas para atraer aos animais que permitan a polinización.
- O cáliz e a corola forman o periantio (verticilos protectores da flor)

PEZAS ESTÉRILES

PERIANTIO

As pezas fértiles
ou sexuais Gran de pole

- Androceo:
- Órgano sexual masculino da flor.
- Formado polos estames.
-Cada estame consta dun
filamento e unha parte
ensanchada terminal, a antera.
- A antera divídese en dúas CORTE LONXITUDINAL
unidades, as tecas. Feixe DA ANTERA
vascular
-Cada teca ten un par de sacos
polínicos repletos de micrósporas pole
que darán lugar aos grans de
pole, que constitúen o
gametófito masculino inmaturo.
Exotecio
( epiderme)

GRAN DE POLE
ANDROCEO
As pezas fértiles ou sexuais
- Xineceo:
- Órgano sexual feminino da flor.
- Formado por un ou máis
carpelos.
-Os carpelos son follas
modificadas que forman a parte
reprodutora feminina das plantas
anxiospermas e poden estar
conformados por un ou máis
pistilos.
-Teñen forma de botella e teñen XINECEO
tres partes:
-Ovario: Parte máis
ensanchada situada na base.
No seu interior están os Xineceo
Xineceo
óvulos onde se formará o (un pistilo)
(un pistilo)
gametófito feminino.
-Estilo: Parte en forma de
tubo que comunica o
estigma co ovario. Xineceo
-Estigma: Apertura onde se (dous pistilos)
depositan os grans de pole.

Estame

PARTES DA FLOR
O desenvolvemento dos gametófitos
- O gametófito masculino:
-Nas anteras encóntranse os sacos polínicos que conteñen moitas células nai
(microsporócitos). Cada unha delas sofre meiose e orixina catro células ou micrósporas
que, ao maduraren, forman os grans de pole.
- Os grans de pole están formados por unha célula con dous núcleos:
- O vexetativo: que forma o tubo polínico
- O xenerativo: que formará os gametos masculinos.
Teca

Microsporócito (2n)

Meiose
Núcleo
vexetativo

Núcleo
xenerativo 4 micrósporas (n)
Gran de pole

O desenvolvemento dos gametófitos


- O gametófito feminino:
- Desenvólvese dentro do óvulo.
-No óvulo fórmase o megaspórocito que, por meiose, forma catro megásporas. Tres
dexeneran e unha delas (célula nai do saco embrionario) divídese por mitose tres veces
e orixina oito núcleos:
- Un deses núcleos é a oosfera.
- Ao lado da oosfera sitúanse dúas células sinérxidas.
- No extremo oposto ao oosfera, tres células antípodas.
- No centro, sitúanse dous núcleos polares.

meiose
Estas
células
dexeneran

Megaspora (n)
Megasporócito (2n)

mitose

mitose mitose
sinérxidas
FORMACIÓN DOS GAMETÓFITOS

Óvulo novo Megasporócito Saco polínico


novo con
numerosos
microsporócitos

Microsporócito

Meiose
Meiose
Célula nai
do saco Micrósporas
embrionario

Tres megásporas
en dexeneración Mitose (tres divisións) Micróspora
Saco embrionario Mitose individual
(gametófito
feminino) Núcleo xenerativo
(dividirase para formar
dúas células espermáticas)
Núcleo vexetativo

Células sinérxidas
Gran de pole (gametófito
masculino inmaturo)

5.2.- A polinización
- A polinización é o proceso polo que os grans de pole se trasladan dende os sacos polínicos
ata os estigmas, que conteñen as oosferas.
- Se a polinización se realiza entre flores da mesma planta, denomínase autopolinización.
- Se a polinización é entre dúas plantas distintas (pero da mesma especie), denomínase
polinización cruzada.
-A polinización cruzada é máis frecuente e produce maior variabilidade xenética, o que
resulta vantaxoso para a especie.

Tipos de polinización
- A) Polinización anemófila:
-Os grans de pole son transportados polo
vento.
-Require grandes cantidades de pole de
pouco peso e que floten no aire para, así,
poder cubrir grandes extensións de terreo
e asegurar a fecundación.
-As plantas con este tipo de polinización
non necesitan ser vistosas e, moitas veces,
carecen de periantio. Tampouco producen
aroma ou néctar. Teñen flores unisexuais e
con frecuencia son dioicas.
- A) Polinización zoófila:
-Levada a cabo por insectos,
paxaros e morcegos.
-As flores teñen cores vistosas e
aromas que atraen aos insectos e
outros animais.
-O animal recibe como
recompensa alimento ( néctar,
pole, azucres)
-Oa animais polinizadores e as
plantas ás que polinizan
desenvolveron, ao longo do
tempo, relacións de
interdependencia tan estreitas
que influíron mutuamente na
aparición de de determinadas
características e condutas. De aí
que se fale de coevolución.
-Por exemplo, algunhas plantas
adquiren formas adecuadas ao
animal que as poliniza, como
flores tubulares, con forma de
bolboreta, labiadas, etc.

- A) Polinización hidrófila:
- Non está moi difundida, nin sequera en plantas acuáticas.
-O pole ou as flores masculinas despréndense e teñen a capacidade de flotar, ben para
ascender ata a superficie, onde se encontran coas flores femininas, ben para seren
arrastrados polas correntes de auga ata o estigma dunha flor da súa mesma especie.

Posidonia
5.3.- A fecundación
-Cando o gran de pole alcanzou o estigma, forma o tubo polínico (a partir da célula
vexetativa). No gran de pole diferéncianse dous gametos masculinos (formados a partir da
célula xenerativa). Os gametos masculinos baixan polo túbo polínico ata chegar á oosfera,
onde se produce a fecundación, e formarase o cigoto.
A dobre fecundación
-Un dos núcleos espermáticos fusiónase coa oosfera orixinando o cigoto.
- O outro núcleo espermático fusiónase con dous núcleos polares do saco embrionario, o que
orixina un núcleo triploide que, por posteriores divisións, dará lugar a un tecido de nutrición
chamado endosperma.

Gran de
pole

Célula
vexetativa
Grans de
pole
Célula
xenerativa

Núcleo do
tubo

Dobre
fecundación

1
Tubo
polínico A dobre fecundación

Núcleos
polares
oosfera

Células
espermá- 2
ticas
Endos-
perma
(3n) Núcleos
espermá-
Cigoto ticos
(2n)
5.4- Formación do embrión da semente
-Despois da fecundación, iníciase a formación da semente co desenvolvemento do
embrión, dos tecidos de reserva e das cubertas externas.
-A partir do cigoto, prodúcese unha primeira división mitótica, que dará lugar a dúas
células: a célula inferior e a célula superior.
- A célula inferior fixa ao embrión e axuda á captación de nutrientes dende o endosperma.
-A célula superior dá lugar ao embrión. As células comezan a transformarse en tecidos
especializados e, no caso das dicotiledóneas, fórmanse dous cotiledóns (forma de corazón).
-O óvulo fecundado transfórmase nunha semente. Ao mesmo tempo, o ovario sofre unha
serie de cambios que orixinan o froito.

A xerminación da semente
-A semente xermina cando cae ao solo. Pode permanecer en estado de vida latente ata que
as condicións ambientais son adecuadas.
-Ao principio é necesario que as sementes absorban auga e, a continuación, o embrión,
utilizando as reservas nutritivas dos cotiledóns, prosegue os seu crecemento.
-Cando rompen os tegumentos máis externos, saen ao exterior a radícula e o talo coa
xémula.
- A radícula forma a raíz principal, saen os pelos absorbentes e iníciase a absorción da auga
e dos sales minerais.
- As primeiras folliñas inician a función fotosintética.

Formación da semente

Tegumentos
Cotiledóns

Endosperma o
albume

Embrión
procedente do
cigoto

Xémula

Plúmula

Radícula
5.5-- Os froitos
-Despois da fecundación, o ovario sofre unha serie de transformacións que orixinan os
froitos.
- O froito é un órgano vexetal que encerra as sementes que, posteriormente, se dispersan
de forma illada ou asociadas con el.
- O froito está formado por unha cuberta, o pericarpo, e polas sementes.
- No pericarpo pódense distinguir tres capas: o exocarpo, o mesocarpo e o endocarpo.

Semente
Endosperma
Embrión
Tegumento

Pericarpo
Endocarpo
Mesocarpo
Exocarpo
A dispersión dos froitos
-Dispersión autócora:
- Autodispersión.
- Ao madurar o froito, estala e as sementes saen disparadas en varias direccións.
- Exemplos: o chícharo, o cogombro do demo, a acacia falsa.

Cogombro do demo

A dispersión dos froitos


-Dispersión hidrócora:
- Por medio da auga.
-É o vehículo de transporte a longas distancias, e son sementes e froitos que poden
flotar.
-Por exemplo: o coco.

Coco
A dispersión dos froitos
-Dispersión anemócora:
- Por medio do vento.
- Trasládanse grazas a un órgano plumoso que funciona como un paracaídas.
- Por exemplo: o mexacán, os cardos os pradairos.

Mexacán Pradairo

A dispersión dos froitos


-Dispersión zoócora:
- Por medio de animais.
-Os froitos comestibles son inxeridos polos animais e esparexidos polas feces a longa
distancia.
- As sementes destes froitos non son atacadas polos zumes do aparato dixestivo.
-Noutros casos, os froitos non son comestibles, pero teñen ganchos que se adhiren ao
pelo dos animais e se desprenden noutro lugar.

Herba dos amores


5.6-- As particularidades do ciclo das coniferófitas (ximnospermas)
- As flores non teñen cáliz nin corola.
- Forman conos masculinos e femininos.
- A polinización é sempre anemófila.

Cono feminino de piñeiro


Cono masculino de piñeiro

You might also like