You are on page 1of 2

BIOLOXÍA 2ºBAC MJFIGUEIRA

Pregunta ABAU : DEFINICIÓNS SALES MINERAIS

 ÓSMOSE: Proceso de difusión pasiva caracterizado polo paso de disolvente (auga) a través dunha
membrana semipermeable (deixa pasar a auga pero non os solutos) dende a disolución máis diluida á mais
concentrada ata igualar a concentración. A presión osmótica é a presión necesaria para evitar dito paso.

 Medio hipertónico: Medio cunha elevada concentración de solutos con respecto a outro.

 Plasmólise: Fenómeno que experimenta a célula vexetal nun medio hipertónico (máis concentrado)
respecto ao seu citoplasma; sairá auga da célula a través da membrana (semipermeable), diminuindo o
volume celular, aumentando a presión osmótica no seu interior e desprendéndose a MP da parade. A célula
animal engúrrase.

 Medio hipotónico: Medio cunha baixa concentración de solutos con respecto a outro.

 Turxescencia: : Fenómeno que experimenta a célula vexetal nun medio hipotónico (máis diluido) respecto
ao seu citoplasma; entrará auga naa célula a través da membrana (semipermeable), aumentando o volume
celular, diminuindo a presión osmótica no seu interior e hinchando. A célula animal hincha e no caso dos
glóbulos vermellos poden chegar a estoupar (hemólise).

 Medio isotónico: Medio coa mesma concentración de solutos a ambos lados.


BIOLOXÍA 2ºBAC MJFIGUEIRA

Diálise: Proceso de Separación das moléculas que integran unha dispersión coloidal, en función do seu
tamaño, a través dunha membrana semipermeable que permite o paso das moléculas de pequeno tamaño
(sales minerais, ións ) e de auga,e impide o das partículas coloidais.

You might also like