You are on page 1of 11

Bloque II: NUTRICIÓN III APARATO CIRCULATORIO

O aparato circulatorio pon en comunicación tódalas células do corpo entre si e co exterior. É


o encargado de levar o osíxeno e nutrientes ás células, retirar as substancias de refugo destas
e levalas aos órganos excretores

O aparato circulatorio está formado polos vasos sanguíneos, polos que circula o sangue, e o
corazón, que o bombea.

I-SANGUE

Líquido de cor vermella, debido á presenza dun pigmento (hemoglobina), sabor salgado, que
se encontra circulando continuamente polo interior dos vasos sanguíneos

A volemia, ou volume sanguíneo total, é de arredor do 8% do peso corporal total, o que


equivale a 5,6 litros nunha persoa de 70 Kg. 

Está formada por:


• unha parte líquida, chamada plasma, de cor amarela clara, formada nun 90% de auga
e ,o resto, substancias disoltas (sales minerais, proteínas, …)
• unha parte sólida, formada polas células sanguíneas: glóbulos vermellos, brancos e
plaquetas

A porcentaxe de sangue que corresponde ás células sanguíneas chámase hematocrito.

Ao proceso de  formación das células sanguíneas coñécese como hematopoiese. No feto, os


órganos hematopoiéticos son o fígado e o  bazo. No neno, as células sanguíneas fórmanse na
medula ósea, un tecido blando ubicado nas cavidades de todos os ósos. Arredor dos 20 anos,
parte da medula ósea vólvese inactiva e só se conserva activa a das vértebras, pelve, esternón,
costelas e porción proximal do fémur e húmero.

Eritrocitos 

Os eritrocitos, tamén chamados glóbulos vermellos ou hematíes, teñen forma de  disco


bicóncavo que, nos mamíferos, perden o seu núcleo antes de pasar á circulación. A súa vida
media no sangre é de aproximadamente 120 días

Os eritrocitos conteñen a hemoglobina, un pigmento vermello encargado do transporte de


osíxeno, e en menor medida de dióxido de carbono, no sangue

1
Bloque II: NUTRICIÓN III APARATO CIRCULATORIO

As anemias son un grupo de enfermedades que obedecen a múltiples causas e se caracterizan


por unha diminución no número de glóbulos vermellos e/ou a concentración de hemoglobina
en sangue.

O aumento no número de glóbulos vermellos coñécese co nome de policitemia e pode darse


como resposta de adaptación a ambientes onde existe unha baixa presión de osíxeno, por
exemplo, lugares situados a grandes altitudes.

Os eritrocitos son os que determinan os grupos sanguíneos, debido á posible presenza na súa
superficie, de dous tipos de proteínas, que se coñecen como antíxenos A e B. Á súa vez, esto
determina que o plasma conteña dous tipos de anticorpos, que atacan eses antíxenos, e que se
coñecen como anti A e anti B. A presenza ou ausencia destes antíxenos e anticorpos,
determina 4 grupos sanguíneos: A, B, AB e 0

Leucocitos 

Os leucocitos (glóbulos brancos) son células nucleadas, con varias formas e tamaños, que se
forman na medula ósea e logo maduran en diferentes órganos. A súa vida media é de 2 a 4
días

Hai varios tipos de glóbulos brancos ou leucocitos, clasificados según a presencia o ausencia de
gránulos no seu su citoplasma. Os granulocitos presentan grandes gránulos no seu citoplasma
e o núcleo segmentado en varios lóbulos, por iso tamén se coñecen como polimorfonucleares.
Son os neutrófilos, eosinófilos e basófilos. Existen dous tipos de agranulocitos (leucocitos sen
gránulos no citoplasma): linfocitos e monocitos.

Todos os glóbulos brancos teñen unha serie de propiedades básicas:


 Movemento ameboide: mediante a emisión de pseudópodos. Que lles permite
desprazarse duns lugares a outros.

2
Bloque II: NUTRICIÓN III APARATO CIRCULATORIO

 Quimiotaxe: Movemento cara unha substancia química. Entre as substancias químicas


que atraen aos fagocitos están os liberados por microorganismos ou polas células
tisulares danadas
 Diapédese : é a capacidade para atravesar as paredes dos capilares e chegar á zona de
infección inflamatoria.
 Fagocitose: capacidade para englobar e destruir partículas extrañas.

A maneira de actuar é diferente. Así, mentres os neutrófilos e os monocitos destrúen os


microorganismos mediante a fagocitose, o resto actúan coa liberación de substancias que
atacan as partículas extrañas .

Actuando en conxunto, os leucocitos proporcionan ao corpo mecanismos para a defensa

Plaquetas 

A plaquetas ou trombocitos son trozos de células orixinados por fragmentación dos


megacariocitos (células xigantes) da medula ósea.

A súa vida media é de 4 días. 

As plaquetas participan nos mecanismos de hemostasia (coagulación sanguínea), que se pon


en marcha cando se produce a lesión dun vaso sanguíneo, como defensa para  evitar a pérdida
de sangue e que son:

1) Espasmo vascular. É a contracción do músculo do vaso sanguíneo, o que ocasiona a


diminución do diámetro do vaso (vasoconstricción). A vasoconstricción é unha resposta reflexa
ante a dor.

2) Formación do tapón plaquetario. O contacto coa superficie endotelial lesionada provoca


nas plaquetas cambios drásticos: contráense, emiten pseudópodos, a súa superficie faise máis
adhesiva, e actívanse máis plaquetas. As plaquetas pegadas á parede vascular forman un
tapón, que pode ser efectivo para frenar a pérdida de sangue en pequenas lesións.

3)Formación do coágulo que está formado por unha rede de fibras de fibrina, onde quedan
atrapadas as plaquetas, outras células sanguíneas e o plasma.

3
Bloque II: NUTRICIÓN III APARATO CIRCULATORIO

CORAZÓN

É un órgano oco, encargado de bombea-lo sangue, situado no mediastino (espazo do tórax,


entre os dous pulmóns), detrás e lixeiramente á esquerda do esternón.

Ten un tamaño de algo máis de un puño e pesa uns 300 g

a) Parede do corazón.- está formada por tres capas que, de dentro a fóra son:

 Endocardio, formado por unha delgada capa de tecido epitelial que se


continúa coa capa interna dos vasos sanguíneos
 Miocardio.- é a capa máis gorda, formada por un tipo especial de tecido
muscular, o muscular cardíaco, formado por fibras musculares estriadas, de
contracción involuntaria, que comunican unhas con outras por medio dos
discos intercalares

 Pericardio, formada por dúas capas con líquido entre elas, que evita o roce coa
caixa torácica. A interior, chamada epicardio, está en contacto co miocardio

b) Interior do corazón
Un tabique divídeo lonxitudinalmente en dúas metades: dereita e esquerda, que
actúan independentemente unha da outra.
No seu interior atopamos 4 cavidades e 4 válvulas:
 Cavidades do corazón
- Dúas superiores, as aurículas (dereita e esquerda) de paredes delgadas, que reciben o
sangue que chega ó corazón, das veas Cavas e Pulmonares, respectivamente
- Dúas inferiores, os ventrículos (dereito e esquerdo) de paredes máis gordas, xa que
teñen que bombea-lo sangue, maior a do ventrículo esquerdo, xa que bombea o
sangue a todo o corpo pola arteria Aorta, mentres o dereito o fai aos pulmóns polas
arterias Pulmonares

4
Bloque II: NUTRICIÓN III APARATO CIRCULATORIO

 Válvulas do corazón
- Mitral.- situada entre a aurícula e o ventrículo esquerdos. Regula o paso de sangue da
aurícula ao ventrículo esquerdo
- Tricúspide.- situada entre a aurícula e o ventrículo dereito. Regula o paso de sangue da
aurícula ao ventrículo dereito

- Válvula Aórtica.- situada á saída do ventrículo esquerdo. Regula a saída de sangue do


ventrículo cara a arteria Aorta

- Válvula Pulmonar.- situada á saída do ventrículo dereito. Regula a saída de sangue do


ventrículo cara a arteria Pulmonar

Estas dúas últimas coñécense como válvulas sigmoideas

c) Irrigación coronaria
O corazón posúe o seu propio sistema circulatorio formado por arterias coronarias,
capilares e veas cardíacas. A súa obstrucción supón a morte do músculo cardíaco

d) Latido cardíaco
O corazón é un órgano musculoso autónomo, que se contrae automáticamente, sen a
chegada dun impulso nervioso externo.

A orixe da contracción está nunha zona da súa parede, situada na parte superior da aurícula
dereita, coñecida como nódulo senoauricular o cal, cando as aurículas están cheas, xeneran
un impulso nervioso, que orixina o latido cardíaco, por iso a esa zona se coñece como
marcapasos do corazón.

Ese impulso transmítese polas paredes das aurículas, facendo que estas se contraian, pasando
o sangue aos ventrículos

5
Bloque II: NUTRICIÓN III APARATO CIRCULATORIO

Cando ese impulso chega a unha zona situada entre a aurícula e o ventrículo dereito, coñecida
como nódulo aurículo ventricular, volve reforzarse e é reenviado por unha rede de fibras
nerviosas, o “haz de His”, situado no tabique interventricular. Éstas continúanse coas “fibras
de Purkinje”, as cales propagan o impulso cara as fibras musculares do miocardio ventricular ,
facendo que estas se contraian, enviando o sangue a todo o corpo

En cada latido o corazón presenta unha actividade eléctrica que pode rexistrarse mediante un
electrocardiograma. Esta actividade eléctrica rexístrase desde a superficie corporal do
paciente e dibúxase nun papel mediante unha representación gráfica, onde se observan
diferentes ondas que representan os estímulos eléctricos das aurículas e os ventrículos.

Onda P.- contracción aurículas

Intervalo PQ.- intervalo de tempo no cal se contraen as aurículas e o impulso nervioso chega
ao nódulo auriculo ventricular

Intervalo QRS.- contracción ventrículos

Onda T.- repolarización ventrículos (prepáranse para unha nova contracción)

A cantidade de latidos por minuto coñécese como frecuencia cardíaca e ten un valor
promedio de 75 latidos /minuto.
Os valores normales da frecuencia cardíaca varían entre 60 e 100 latidos por minuto.
Chámase bradicardia a unha diminución da frecuencia cardíaca, por debaixo de 60, e
taquicardia, a un aumento da mesma por encima dos 100 latidos por minuto.

Mediante un electrocardiograma podemos facer un cálculo da frecuencia cardíaca, para iso


localizamos no ECG unha onda R que coincida cunha das liñas gordas, contamos a cantidade de
cadros grandes que hai ata a seguinte onda R, e dividimos 300 entre o número de cadros
grandes. Pero nun ECG, normalmente, a segunda onda R non coincide exactamente coa outra
liña gorda. Entón dividimos 300, entre o número dos cadros grandes máis 0,2 por cada cadriño
pequeno

6
Bloque II: NUTRICIÓN III APARATO CIRCULATORIO

e) Ciclo cardíaco
É a serie de acontecementos que ocorren no corazón desde que se orixina un latido
cardíaco ata que comeza o seguinte coñécese como ciclo cardíaco e consta de dous
movementos:
- Un de contracción, chamado sístole, que fai saír o sangue
- Un de relaxación, chamado diástole, que fai entrar o sangue
Durante un ciclo cardíaco podemos distinguir as seguintes etapas:
• Diástole auricular .-as aurículas están relaxadas, polo que entra sangue nelas, procedente
das veas (Cavas e Pulmonares)
• Sístole auricular.-as aurículas contráense e pasan o sangue aos ventrículos, que estaban
relaxados (diástole ventricular). Ó pasar o sangue ós ventrículos, e empezar a súa
contracción, cérransen as válvulas aurículoventriculares . O peche destas válvulas orixina o
primeiro ruído cardíaco
• Sístole ventricular.-os ventrículos contráense, polo que sae o sangue dos ventrículos,
pasando ás arterias (Aorta e Pulmonar). Ó rematar de saír o sangue dos ventrículo,
cérranse as válvulas sigmoideas (Aórtica e Pulmonar). O peche destas válvulas orixina o
segundo ruído cardíaco

II-VASOS SANGUÍNEOS

Son os conductos polos que circula o sangue, desde o corazón ós tecidos e desde estes ó
corazón.

1.-Principais vasos sanguíneos

Hai tres tipos: arterias, veas e capilares

7
Bloque II: NUTRICIÓN III APARATO CIRCULATORIO

a)Arterias.- levan o sangue desde o corazón a todos os tecidos, ramificándose en arterias máis
pequenas e por último en arteriolas, que son responsables de regular o fluxo sanguíneo. Estas
comunican cos capilares, nos cales se produce o intercambio de substancias

As arterias máis importantes son:

 Arteria Aorta.- é o vaso de maior diámetro do organismo. Sae do ventrículo esquerdo


do corazón, primeiro diríxese cara arriba, formando a Aorta ascendente, logo cúrvase
cara a esquerda e abaixo, dando lugar ó caiado da Aorta ou Arco Aórtico e por
último, descende verticalmente por diante da columna vertebral, formando a Aorta
descendente. De cada unha desas partes saen ramificacións cada vez máis finas que
levan o sangue, con osíxeno, a todas a partes do corpo (Carótidas á cabeza, Subclavias
aos brazos e Ilícacas ás pernas)

 Arteria Pulmonar.- sae do ventrículo dereito do corazón e ó pouco divídese en dúas


ramas que levan o sangue, sen osíxeno, a cada pulmón

b) Veas .- son os vasos sanguíneos que levan o sangue desde os tecidos ata o corazón.
Fórmanse por unión de vénulas que están en comunicación cos capilares . A unión de
vénulas da lugar a veas maiores ata formar as veas cava superior e inferior que
conducen o sangue á aurícula dereita do corazón

As veas máis importantes son:

• Veas Cavas, son dúas: a vea Cava superior e a vea Cava inferior, que recollen o sangue,
sen osíxeno, da parte superior (Subclavia e Yugular) e inferior do corpo (Ilíacas das
pernas,…), respectivamente, e lévana á aurícula dereita do corazón

• Veas Pulmonares.-son 4, dúas por cada pulmón, que levan o sangue, con osíxeno,
desde os pulmóns ata a aurícula esquerda do corazón

8
Bloque II: NUTRICIÓN III APARATO CIRCULATORIO

c) Capilares.- son vasos sanguíneos moi finos que poñen en comunicación as arteriolas coas
vénulas e nos cales se produce o intercambio de substancias entre o sangue e as células

 As paredes dos vasos (arterias, arteriolas, capilares, vénulas e veas) esencialmente teñen a
mesma constitución:

 Capa interna , constituida por células endoteliais, en contacto co sangue.


 Capa media, formada por tecido muscular que contén elastina e fibras de
coláxeno, e está rodeada nas dúas caras por tecido elástico.
 Capa externa ou adventicia, capa de tecido conectivo.

Ainda que a estructura básica de tódolos vasos sanguíneos é igual, a composición é diferente,
o que proporciona as características particulares de funcionamento aos diferentes vasos
sanguíneos:
- A parede arterial ten moito tecido elástico e muscular, o que lle permite dilatarse e
contraerse, adaptándose á cantidade de sangue que transporta e facilitando a
circulación
- As arteriolas por su parte, a diferencia do resto das arterias, teñen maior proporción
de tecido muscular e por iso se contraen ou se dilatan máis intensamente regulando o
fluxo de sangue.
- Os capilares non teñen células musculares e a súa parede está compuesta soamente
por o endotelio cunha soa capa de células planas, rodeada pola membrana basal sobre
a cal se apoian.
- As veas caracterízanse por ter paredes finas, con pouco tecido muscular, pero que lles
permite aumentar ou diminuir o seu diámetro, podendo dilatarse moito, actuando
como reservorio de sangue .A súa parede conta con válvulas que impiden o retroceso
do sangue, facendo que este circule sempre na mesma dirección.

9
Bloque II: NUTRICIÓN III APARATO CIRCULATORIO

2.-Presión sanguínea

A presión sanguínea é a forza exercida polo sangue contra as paredes internas dos vasos.

A presión sanguínea aumenta en cada ciclo cardíaco durante a sístole ventricular, cando o
corazón expulsa o sangue, e disminúe durante a diástole, cando o corazón está relaxado. Por
iso, ao rexistrarse a presión sanguínea indícanse dous valores: a presión máxima ou sistólica e
a mínima ou diastólica. A presión sanguínea mídese en unidades denominadas milímetros de
mercurio (mm Hg). Os valores normais de presión sistólica e diastólica son, de media, 120/80
mm de Hg.

3.-Circulación sanguínea

• É unidireccional.- o sangue sempre circula no mesmo sentido (corazón arterias


capilares veas) , desde unha zona de maior presión (120 mm de Hg) a unha de
menor presión (80), e nunca retrocede xa que ó longo do seu percorrido hai válvulas
que o impiden

10
Bloque II: NUTRICIÓN III APARATO CIRCULATORIO

• É pechada .-o sangue circula sempre polo interior dos vasos sanguíneos

• É completa .-non hai mestura de sangue con e sen osíxeno

• É dobre.- en cada percorrido polo corpo pasa dúas veces polo corazón, facendo dous
circuitos:

- Pulmonar ou menor.- entre o corazón e os pulmóns. Sae do VD , vai polas arterias


Pulmonares ata os pulmóns , onde se produce o intercambio de gases (o sangue colle
osíxeno e solta dióxido de carbono) e volve á AE polas veas Pulmonares

- Xeral ou maior.- entre o corazón e o resto do corpo. Sae do VE pola arteria Aorta,
que se ramifica ata chegar ás células (onde cede o osíxeno e recolle as substancias de
refugo), e volve polas veas Cavas ata a AD

Ainda que o responsable da circulación sanguínea é o corazón, outros mecanismos


contribúen a facilitar o retorno venoso:

 a contracción dos músculos das extremidades inferiores, que comprimen as


veas, o cal empuxa o sangue a través das válvulas, que impiden o seu
retroceso
 durante a inspiración, o diafragma móvese cara abaixoo, o cal reduce a
presión na cavidade torácica e auméntaa na cavidad abdominal

A maior ou menor cantidade de sangue que chega aos tecidos, corre a cargo das
arterias de pequeno diámetro e as arteriolas facendo chegar a estes a cantidade de
sangue que necesiten. Este control faise mediante o aumento (vasodilatacion) ou a
diminución (vasoconstricción) do diámetro destes vasos

https://www.infermeravirtual.com/files/media/file/100/Sistema%20cardiovascular.pdf?
1358605522

http://www.genomasur.com/BCH/BCH_libro/capitulo_13.htm

https://ocw.unican.es/mod/page/view.php?id=533

11

You might also like