You are on page 1of 3

APARELLO CIRCULATORIO 2

1.- Cal é a causa de que o sangue circule ou se mova por todo o corpo de forma continua, sen
deterse?

2.- Indica o nome das partes sinaladas:

3.- a) Cantas cavidades posúe o corazón, como se denominan, cales comunican entre sí e cales
están separadas?

b) Como se chama a válvula que comunica a aurícula dereita có ventrículo dereito e a aurícula
esquerda có ventrículo esquerdo?

c) Cal é a disposición ou forma destas válvulas para permitir o paso da sangue nunha soa
dirección?
d) De que depende que o espesor das cavidades do corazón sexa diferente?

e) Que cavidade posúe as paredes máis grosas?, por que?

f) Que válvulas controlan a saída do sangue dos ventrículos ás arterias e que misión teñen estas
válvulas?

4.- Une cada termo coa afirmación que lle corresponda.


1. Aurícula dereita a) Impulsa o sangue cara aos pulmóns
2. Aurícula esquerda b) Recibe o sangue das veas cavas
3. Ventrículo dereito c) Está unido á arteria aorta
4. Ventrículo esquerdo d) Recibe o sangue das veas pulmonares
5.- Copia no eu caderno e completa o seguinte texto
cos seguintes termos: pericardio, endocardio, miocardio
ou músculo cardíaco, rápida, involuntaria
O corazón está formado principalmente polo
………………………………., músculo de contracción ……………………..
e ……………………………………………..
No seu interior atópase unha capa denominada
…………..…………………….………… e, na parte externa, está
recuberto dunha dobre capa chamada ……………………………
6.- Cal é a maior arteria do corpo?

De que cámara do corazón recibe o sangue?

Cara a onde o conduce?

7.- Que significa que a nosa circulación e dobre e


completa?
Dobre:

Completa:

8.- a) Que parte do corazón forma parte do circuito


menor, a dereita ou a esquerda? Para que serve este circuito?
b) Que tipo de sangue (osixenado ou desosixenado) circula pou unha vea pulmonar? E pola
arteria aorta?
Pola vea pulmonar: sangue …………………………
Pola aorta: sangue ……………………………………..
9.- a) Indica o percorrido que efectuaría un
glóbulo vermello, desde a vea cava ata a
arteria aorta.

b) Que percorrido faría desde os capilares


pulmonares ata a vea cava, pasando polo
aparato dixestivo?

10.- a) Como se chaman as arterias que van


o estómago, fígado, intestino e riles? E as
veas que proceden dos riles, fígado,
estómago, e intestino?
Arteria que vai ao estómago:
Arteria que vai ao fígado:
Arteria que vai ao intestino:
Arterias que van os riles:
Vea procedente dos riles:
Vea procedente do fígado:
Vea procedente do estómago:
Vea procedente do intestino:
b) Como xa sabes, as arterias son vasos sanguíneos que saen do corazón e se ramifican ata que
se transforman en capilares, e que os capilares se fusionan ata dar lugar ás veas, que acaban
desembocando no corazón. Pero temos unha vea que se forma a partir de capilares para volver,
de novo, a ramificarse e dar lugar a capilares. Que vea é esa, e desde onde ata onde leva o
sangue?

You might also like