You are on page 1of 3

1.

SANGUE

1. Define:

a) Plasma: Líquido amarelento presente no sangue, composto de auga, sales minerais e outras
substancias disoltas, como proteínas e substancias de refugallo.

b) Hemoglobina: Proteína, localizada nos eritrocitos, que contén ferro e que é responsable da súa cor
vermella característica.

b) Hemograma: Proba médica que consiste nunha análise de sangue onde se proporcionan datos sobre o
número e tamaño de cada tipo de célula sanguínea.

4. Páxina 91 exercicio 46

a) As células que transportan osíxeno son os glóbulos vermellos ou eritrocitos. Son células sen núcleo, o
que lles da unha forma característica de discos aplanados cunha lixeira depresión no centro.

b) As células coloreadas de amarelo son os leucocitos ou glóbulos brancos. A súa función é defender ao
organismo fronte ás infeccións.

c) As plaquetas non son auténticas células, senón fragmentos celulares que interveñen na coagulación.

5. Páxina 91 exercicio 48: O sangue da mostra B ten anemia, porque presenta unha diminución

anómala do número de eritrocitos.

2. VASOS SANGUÍNEOS

3. Define:

a) Hipertensión arterial: Enfermidade dos vasos sanguíneos que consiste na elevación anormal crónica
da presión arterial que pode estar relacionada coa idade, debido a endurecemento das arterias. É un dos
principais factores de risco de enfermidades cardiovasculares.

b) Arteriosclerose: Enfermidade dos vasos sanguíneos que se caracteriza pola acumulación de lípidos
(principalmente colesterol) na parede arterial, (afectando sobre todo ao corazón, o cerebro e as
extremidades inferiores) que forma unha placa de ateroma, o que diminúe o fluxo sanguíneo. Pode
causar a obstrución da arteria mediante un coágulo ou trombo e producir infarto de miocardio e ictus.

4. Páxina 91 exercicio 50

Os capilares, a diferencia de vénulas e arteriolas, están formados por un endotelio capilar, que permita
que se produza o intercambio de gases, nutrientes e refugallos coas células.

3. O CORAZÓN

1. Páxina 82 exercicio 13

a) O corazón ten catro cavidades, dúas aurículas na parte superior e dous ventrículos na inferior. A parte
dereita do corazón non comunica coa esquerda porque están separadas por un tabique lonxitudinal.

b) As válvulas auriculoventriculares controlan o paso do sangue das aurículas aos ventrículos. A válvula
pulmonar controla o paso dende o ventrículo dereito á arteria pulmonar e á válvula aórtica dende o
ventrículo esquerdo á arteria aorta.

c) As válvulas auriculoventriculares impiden a entrada de sangue nos ventrículos cando están pechadas e
permiten o seu paso cando están abertas, evitando o retroceso. A válvula pulmonar impide o paso de
sangue con dióxido de carbono aos pulmóns, dende o ventrículo dereito, cando está pechada e permite
o paso cando está aberta. A válvula aórtica impide o paso do sangue con osíxeno a todas as partes do
corpo, dende o ventrículo esquerdo, cando está pechada e permite o paso cando está aberta.

d) As paredes dos ventrículos son máis grosas ca as das aurículas porque impulsan a saída do sangue do
corazón.

2. Explica o ciclo cardíaco mediante o seguinte debuxo:

O ciclo cardíaco comenza coa contracción das aurículas durante a sístole auricular de forma que o
sangue enche os ventrículos grazas á apertura das válvulas aurículoventriculares. Pola vea cava entra
sangue con refugallos e dióxido de carbono, procedente de todo o corpo, á aurícula dereita e pola vea
pulmonar sangue rica en osíxeno, dende os pulmóns, á aurícula esquerda. Na sístole ventricular ten lugar
a contracción dos ventrículos, as válvulas auriculoventriculares pechan e impiden o retroceso do sangue
ás aurículas. O sangue, rico en dióxido de carbono, sae impulsado cara os pulmóns pola arteria pulmonar
(despois da apertura da válvula pulmonar) e o sangue, rico en oxíxeno, sae cara todo o corpo pola arteria
aorta (despois da apertura da válvula aórtica). Tras a saída do sangue polas arterias, as válvulas
pulmonar e aórtica pechan. Ten lugar a diástole ventricular e auricular, que consiste na súa relaxación,
permitindo a entrada do sangue nas aurículas, o que abre de novo as válvulas auriculoventricuares,
comezando de novo o ciclo.

You might also like