You are on page 1of 5

ARTE ROMÁNICO

O románico é o primeiro estilo internacional europeo, xa que se estendeu por todo o continente en
lugar de quedar reducido a un país. Este estilo ten a súa orixe no século X pero o seu grande
desenvolvemento ten lugar nos séculos XI e XII. É o estilo dos tempos da forza do feudalismo, por iso
podemos dicir que é o estilo artístico feudal. Tamén se caracteriza por ser un estilo rural, pois
desenvólvese sobre todo fóra da cidade.

Históricamente, hai que ter en conta unha serie de circunstancias e de fenómenos que coincidiron no
tempo e que posibilitaron o nacemento do Románico:
● O Feudalismo: un sistema de ríxida xerarquización social, coa nobreza e o clero na cúspide
● O papel da Igrexa: na Idade Media esta institución é fundamental, xa que a autoridade e o poder do
Papado foi enorme. Na Idade Media a relixión estaba presente en tódolos aspectos da vida, polo que a
Igrexa establece os principios básicos da cultura.
● As peregrinacións: demostran a forza e o peso da relixión medieval, e que serviron para unificar arte
desa época; e serviron de reclamo aos peregrinos debido á devoción que sentían polas reliquias e
tumbas de santos e mártires. As principais igrexas de peregrinación desta época foron a Catedral de
Santiago de Compostela e a igrexa de Santa María Magdalena de Vézelay.
CATEDRAL DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

1.Planta e alzado
Edificio de planta de cruz latina, cun cruceiro desenvolvido que responde á representación do corpo
de Cristo crucificado en arquitectura: a ábsida e tramo recto son a cabeza, o transepto os brazos, as
naves o resto do corpo e o nártice os pés.
A planta presenta división en tres naves, tanto no corpo como no transepto, á vez que estas se
prolongan pola ábsida xerando o deambulatorio ou xirola.
Os elementos sustentantes son os piares aos que se encostan columnas adquirindo un carácter
composto: estes piares manteñen unha sensación de robustez e solidez, son o sostén
do edificio.
Os elementos sustentados son arcos de medio punto peraltados. Tamén existen os arcos de medio
punto, así como os arcos de faixa, en clara relación coa cubrición da nave central mediante bóveda de
medio canón que se prolonga nos dous panos do tramo recto que precede á ábsida. Mediante esta
técnica tense asegurado o reforzo da bóveda cuxos empuxes son transmitidos ao exterior aos
contrafortes, As naves laterais así como a xirola manteñen bóveda de aresta, xerada pola intersección
de dúas bóvedas de medio canón, mentres que no cruceiro óptase por cúpula sobre trompas que
permite o paso do espazo cadrado ao octogonal.
A cabeceira resólvese cun deambulatorio ou xirola ao que se abren capelas radiais de planta poligonal
e semicircular, destacando a central de perímetro recto... As capelas da xirola se extenden tamén aos
brazos do transepto. O modelo está inspirado en San Martín de Tours... Baixo o presbiterio atópase a
cripta, o sepulcro do apóstolo Santiago. Aos pés da planta constrúese un nártex entre dúas torres
prismáticas que non se conservan pois a fachada actual é de estilo barroco.

O espazo interior organízase en tres naves, dúas laterais e a central que é máis ancha e alta cas
laterais. Sobre estas desenvólvese a tribuna que se abre á nave central mediante un arco abarcante de 2
vans xeminados menores e que recibe iluminación a través dos vans arcados de medio punto do muro
exterior. A función da tribuna é múltiple porque podía acoller aos peregrinos que facían noite no
templo e á vez a vixilia nocturna do sepulcro.
A iluminación do interior é un dos logros de Santiago: os vans dos muros das naves laterais, a través
da tribuna se ilumina a nave central, a torre lanterna do cruceiro ilumina a nave e a ábsida e as
absidiolas teñen vans nos muros.

2. Contexto no que se constrúe a igrexa


A igrexa de Santiago constrúese entre o final do século XI e finais do século XII. Impulsouna o bispo
Diego Xelmírez. Foi comezada polo mestre Bernardo o Vello e o mestre Roberto con 50 canteiros
franceses, continuada polo Mestre Mateo, sendo este un dos últimos. O edificio sofrirá grandes
modificacións no seu exterior en época barroca, quedando oculta a súa fábrica románica, cegando as
ventás das naves laterais e das tribunas e climinando a iluminación directa orixinal. Manténdose só a
fachada de Praterías como a única románica. No interior, a ábsida verá cambiar o seu aspecto pola
inclusión dun enorme baldaquino.
O PÓRTICO DA GLORIA

Atópase na fachada oeste da catedral de Santiago de Compostela e obedece a esta denominación


porque no timpano do arco central está esculpida a escena da Gloria de Xesús. Este conxunto dentro
do nártice mantiña decoración dobre posto que fronte á portada actual existía un programa similar
desaparecido tras a construción no seculo XVIIi da fachada barroca. O conxunto comezouse entre
1168-1188 pero ata o ano 1211 non se viu libre de andamios.
Materiais: granito para as figuras e o mármore para as columnas historiadas

O programa iconográfico nos tres arcos. organizase dacordo co seguinte esquema:


Á esquerda: o pobo xudeu espera a chegada de Cristo. Nas arquivoltas representan a opresión da Lei
de Moisés antes da chegada do Mesías, Adán, Eva, os hebreos fieis liberados e conducidos a Gloria.
Nas xambas profetas menores.
No centro: única portada que ten tímpano: vintecatro Anciáns da Apocalipse en disposición radial.
Pantocrator, Tetramorfos, os xustos, os símbolos da Paixón -anxo coa columna, anxos coa cruz, anxo
coa coroa de espiñas, anxo cos cravos e a lanza, a sentenza da condena, a xarra de vinagre, látigos,
cartel INRI e cana coa esponxa-. Na enxuga entre a portada dereita e o timpano central os xustos en
forma de nenos son conducidos polos anxos á Gloria. Nas xambas ubícanse os profetas.
Baixo Santiago a Arbore de Xesé, cuxo capitel está representada a Trindade. Na base un personaxe en
loita con dous leóns e pola parte posterior, o autor da obra, o Mestre Mateo, coñecido popularmente
como "Santo dos Croques"
A dereita: nas arquivoltas o Xuízo Final.

Todo o conxunto definese por unhas características que se poden resumir en:
A) Hieratismo, rixidez, polo menos no timpano, onde é visible a perspectiva xerárquica,
remarcada pola propia disposición do contexo apocalíptico, reforzando a centralidade do
timpano e destacando a figura de Cristo Redentor, que mostra cos brazos
abertos as sias chagas (Horror vacui)
B) Acumulación, impedindo unha visualización clara do conxunto e de cada unha das imaxes.
Este sobrecargamento xera unha diminución das figuras coma se o artista esquecese unha
condición básica do tímpano: a claridade
C) Perfección e serenidade clásica; unha certa solemnidade, un indicio de técnica
helénica no tratamento do volume.
D) Os personaxes se definen pola súa vivacidade, expresión e naturalismo.
E) Policromía.

O Pórtico é o acceso desde o espazo exterior cara ao espazo interior. É un símbolo moi importante; a
través del penetra a luz do ocaso e as imaxes teñen unha clara finalidade didáctica. Marca
estilísticamente a fronteira entre a arte Románica e a evolución cara á sensibilidade da arte Gótica.
FACHADA DAS PRATERÍAS

A Catedral comezouse a levantar no último terzo do século XI a modo de igrexa de peregrinación. No


brazo sur do cruceiro da Catedral de Santiago de Compostela, ábrese a Porta das Praterias, único
pórtico románico que se conserva da Catedral. A portada encádrase dentro do programa construtivo
impulsado polo bispo Xelmirez, polo que haberia que datala nos primeiros anos do século VII. Entre
os seus autores, estarían o Mestre Esteban ou de Praterias e o Mestre da Traición.

Estruturalmente, o conxunto organizase en dúas portas, coas súas arquivoltas de medio punto
abocinadas, tímpanos, xambas de columnas adosadas a un piar e machón central. O contido
iconográfico presenta un evidente desorde, derivado dos destrozos causados polo incendio do 1117.
A Portada orixinal queimouse, o que obrigou a refacela completando a nova Portada con pezas da
portada norte.

Todo iso fai tan dificil o seguimento axeitado da iconografia de toda a Portada, ao mesturarse temas e
motivos diversos, carecendo o conxunto de unidade. De todos xeitos, a nivel xeral. obsérvase un
programa escultórico baseado no ciclo cristolóxico (nacemento, morte e resurrección do Mesias), e
cunha función de catequese, exemplarizante e moralizante para os crentes.

ICONOGRAFÍA

MACHON CENTRAL: observamos que a portada está centrada por un crismón trinitario, sostido por
dous leóns. Arredor do crismón artellanse dous arcos xeminados, de tres arquivoltas lisas sostidas por
once columnas. Estas alternan a decoración vexetal, con representacións de anxos, profetas e
apóstolos. Nos capiteis das columnas aparecen algunhas esceas historiadas (Expulsión do Paraiso)

TÍMPANO DA DEREITA: na parte superior, a Epifanía (a Virxe co Neno e cos Reis Magos). e na
parte inferior a Paixón e a Morte de Cristo. A mensaxe seria que Cristo nace como Deus e sofre e
morre como home.

TÍMPANO DA ESQUERDA: Cristo é sometido ás tentacións polos demos. Ao seu lado, aparece unha
muller cunha calaveira, moralexa do castigo aos adulteros (a muller sostén a cabeza putrefacta do seu
amante, cortada polo marido, quen obriga a aquela a bicala duas veces ao dia).

CONFLUENCIA DAS DÚAS ARCADAS, SOBRE ELAS E NO FRISO: distribúense un grande


número de relevos. Na confluencia, atopamos a Cristo, os endemoniados. Abraham saindo do sartego
e os anxos trompeleiros. No friso, amontónase, o Pantocrátor, San Xoán, seres fantásticos, cipreses, e
signos do zodíaco. No friso tamén represéntase a expulsión de Adán e Eva (procedentes da Porta do
Paraiso, aparecendo ambos tapándose o seu sexo, e con Deus entre os dous), o que se completa cos
relevos da Creación, ubicados nos contrafortes.

CONCLUSIÓN
Asistimos asi a unha composición especialmente abigarrada, cunha tendencia evidente ao "horror
vacuii", onde se acumulan as figuras nos timpanos, nas xambas, no friso supeior: ademais de enmarcar
lodo tipo de elementos arquitectónicos. Polo demais, a obra no seu conxunto responde ás
características que definen a escultura románica no seu período pleno,

You might also like