You are on page 1of 3

Bloque 2.

Nacemento da tradición artística occidental: a arte medieval


Arte Bizantina

1. Santa Sofía de Constantinopla

Esta Basílica foi construída por Antemio de Tralles e Isidoro de Mileto na cidade de
Constantinopla no século VI, durante o reinado do emperador Xustiniano. Pertence a
primeira idade de Ouro da arte bizantina. O Imperio Bizantino nace baixo Constantino o
Grande , ao fixarse a nova capital en Bizancio, unha antiga colonia grega que foi chamada
dende entón Constantinopla, en honor ao emperador. ( 324 – 330) Esta fundación tivo unha
repercusión política e cultural de alcance e trascendencia incalculables. A cidade de
Constantinopla se transformou na capital do mundo grego ,xa definitivamente separado do
latino e se converteu así na capital do vasto imperio bizantino. Este imperio e o que da
continuidade nos países do mediterráneo oriental ao Imperio Romano. A súa arte e a súa
cultura descasan sobre dous piares fundamentais:
- A cultura grega clásica
- A nova relixión cristiá
Constantinopla é a capital dun imperio autocrático e centralista, así como o centro da economía e o
comercio, do ensino , da arte e da civilización dende o ano 476, en que desapareceu o Imperio
Romano de Occidente , ata o 1453 en que coa caída da súa cidade en poder dos trucos desapareceu
o mesmo imperio Bizantino.

Baixo Xustiniano ( 527 – 565) intentouse a restauración do imperio romano de novo, levando a cabo
unha expansión territorial sobre o mediterráneo occidental.Os distintos períodos da arte bizantina se
axustan as grandes fases da súa historia. Dende comezos do século V vaise creando unha linguaxe
artística propia e peculiar.

A Basílica de Santa Sofía de Constantinopla é unha das máis grandiosas construcións do mundo e a
creación máis madura da arquitectura de Xustiniano. Durante case un milenio foi o centro espiritual
do imperio bizantino, a catedral dos patriarcas e escenario dos actos estatais importantes e marco
dun esplendoroso cerimonial no que se manifestaban o poder e a dignidade do emperador.
Xustiniano foi o fundador desta grande igrexa e os dous arquitectos e matemáticos foron Antemio de
Tralles e Isidoro de Mileto.

A Igrexa elevase sobre a cidade co seu enorme volume constituido por grandes cubos e unha ampla
cúpula. Santa Sofía rompeu moldes e nunca foi copiada. Responde a Idade de Ouro da arte bizantina
e a dinámica de construcción de grandes edificios que implantou o triunfo do cristianismo. É unha
síntese entre a tradición clásica grecolatina e a tradición constructiva oriental. A primeira
representada pola planta basilical e a segunda polo espazo central coroado por unha cúpula. A
cúpula de grandes dimensións condicionou a estructura da basílica.

A planta é u rectángulo cun centro que está formado por catro grandes piares que delimitan un
cadrado. Estes piares soportan gran parte do peso da cúpula, apoiada sobre catro xigantescos arcos
de medio punto que están axudados polo sistema de pechinas ( triángulos que permiten pasar da
forma cadrada á circular da cúpula) Contribúen a absorber a desmesurada presión dúas medias

1
cúpulas sostidas por piares. As naves laterais divídense en dous andares cunhas cubertas abovedadas
que tamén absorben parte datensión. Finalmente os grandes contrafortes exteriores contrarrestan as
presións laterais.

Ata aquí as cuestións técnicas ; entón entra en xogo a maxia da luz. As aperturas dos muros están
situadas para crear un ambente misterioso e irreal. Así as fiestras que iluminan as naves laterais
posúen cristais mais escuros que as manteñen na semipenumbra. A cor aclárase nas fiestras do
segundo piso e ao chegar á parte superior todo resplandece grazas as fiestras do tambor da cúpula,
que forman un anel de luz , sobre o cal flota a cúpula, símbolo da bóveda celeste.

A pobreza exterior do edificio, con carácter macizo, contrasta coa riqueza interior. Hoxe non existen a
maior parte dos mosaicos debido ao seu posterior carácter de mezquita, pero no seu tempo debeu
ser moi esplandoroso, con materiais luxosos e mosaicos de fonsos dosurado e abundancia de
mármores.

2
Vocabulario Arte bizantina

Nártice ( nártex): parte da basílica paleocristiana que antecede as naves. Soe abrirse a un patio
exterior ( atrio) por medio dun pórtico. Estaba destinado aos catecúmenos, recién chegados ao
cristianismo e non bautizados.

Plan central ou planta central: Planta de igrexa onde toda a arquitectura organízase en torno a un
eixe central. Pode ser ortogonal, de cruz grega, circular....

Planta basilical: tipo de planta relacionada cos edificios públicos romanos que logo adoptou a igrexa
cristiana. Composta por unha ave central e dúas ou catro laterais e de planta rectangular . A nave
central é máis ancha e alta cas laterais. Remata nun ábside onde está o altar.

Planta de cruz grega: planta de igrexa en forma de cruz cos tres brazos iguais.

Presbiterio: zona da igrexa onde encontrase o altar, reservado aos sacerdotes.

You might also like