You are on page 1of 197

A ARTE

ROMÁNICA
INTRODUCIÓN

A arte románica é a arte cristiá que se


desenvolve en Europa occidental
desde finais do século X ata mediados
do século XII.
Tras as invasións que se produciron no
século IX (viquingos, eslavos, musulmáns)
a finais do século IX Europa vive un
momento de certa tranquilidade. Nestes
séculos Europa non presenta unha
unidade política.
O feudalismo acada, durante este
período, o seu máximo apoxeo, o que
contribuirá decisivamente ao
fortalecemento dos señoríos fronte ao
debilitamento da autoridade real.
No caso da Península Ibérica esta
situación está máis agudizada xa que
tras a invasión musulmá no 711
atopamos dúas civilizacións paralelas
e en moitos casos enfrontadas: a
cristiá e a musulmá.
Durante os séculos XI e XII a España cristiá
ocupa a zona norte da península: Pireneos, norte
de Cataluña e Val do Douro. Por esa razón só
atopamos nestas rexións este estilo. Ademais
estas rexións atopábanse divididas en diferentes
reinos de tipo feudal que loitaban en solitario pola
supervivencia fronte ao Islam (León, Castela,
Aragón, Navarra, Cataluña).
Ano 1000
Con todo, este illamento non é total, e
imos ver como cos artistas, a maioría
itinerantes pois se desprazan
buscando traballo de vila en vila,
viaxan tamén as influencias artísticas
dunhas rexións de Europa a outras.
En España este proceso é especialmente activo a
través do Camiño de Santiago, camiño de entrada
e de saída de influencias como a islámica ou
mozárabe, a bizantina ou a dos francos.
Un profundo sentimento relixioso
caracteriza á vida nesta época. O pobo
sufrira nun clima de angustia a chegada ao
ano mil que o milenarismo profetizaba como
tempo de terrores e calamidades sen fin
(Isto foi denominado como terror ao ano
1000).
A superación de dito ano sen que
se producisen os castigos divinos,
suscitou nos fieis un espírito de
acción de gracias, producíndose
unha ampla renovación relixiosa.
Cobra auxe a vida monástica. Os
mosteiros convértense non só en centros
de espiritualidade senón tamén en focos de
actividade intelectual, artística e económica.
Arredor agrupábanse un grande número de
campesiños que traballaban as grandes
explotacións das abadías e recibían a
protección das mesmas.
Monasterio Sant Pere de Rodes
A rápida expansión dos mosteiros e a súa
unidade de formas débense sobre todo ao
poder dos monxes beneditinos de Cluny que
impón as súas regras por todo o occidente
europeo
A arte románica é
fundamentalmente unha arte rural,
monástica, fronte ao gótico que
será urbano.
Impulsada por estes abades beneditinos
xeralízase a costume de facer peregrinacións a
determinados lugares, para venerar as
reliquias alí conservadas. Os principais centros
de peregrinación serán Roma, Xerusalén e
Santiago de Compostela. Nestes camiños
veremos aparecer numerosas construcións
románicas.
A arte románica é considerada como
o primeiro estilo internacional da
cultura occidental, pois é unha arte ao
servizo da Igrexa, pero hai variantes
rexionais.
Peregrinacións
O románico ten un marco cronolóxico
que vai desde finais do século X ata o
século XIII segundo as zonas. A
madurez do estilo acádase nas últimas
décadas do século XI e primeiras do
século XII. A partires do século XII
falamos de tardorrománico.
ARQUITECTURA.
A arte románica é ante todo
unha arte arquitectónica.
Comunmente pintura e escultura
concíbense como partes orgánicas
do edificio.
A importancia da Igrexa, que é
a principal demandante de
obras de arte fai que a arte teña
unha función eminentemente
relixiosa.
A característica principal e o uso
sistemático de bóvedas é o emprego de
perpiaños de pedra como material
construtivo.
A substitución de cubertas de
madeira por cubertas de pedra
solucionou nun primeiro momento o
problema dos incendios. Como
consecuencia do uso de bóvedas
ensánchanse os muros e recórrese ao
emprego de contrafortes no exterior.
As ventás son pouco frecuentes,
normalmente de reducidas dimensións e
abucinadas.
Muros grosos
Dos tipos de planta a mais común é a basilical
con cruceiro máis ou menos sobresaínte, con
unha, tres ou cinco naves.
O transepto pode sobresaír ou non en
planta.
A cabeceira pode ser de varios tipos,
cunha soa ábsida, con varias ábsidas
perpendiculares ao transepto, ou con
xirola nas de igrexas de peregrinación.
Esta xirola ou deambulatorio é un
corredor detrás do altar con capelas
dispostas radialmente.
DEAMBULATORIO (ou xirola)
Pasillo ou nave que
rodea a parte posterior
do presbiterio. É a
prolongación das naves
laterais.

X
As igrexas de planta centralizada son
menos frecuentes por ser pouco adecuadas
para acoller aos fieis, pero aparecen
nalgúns casos a imitación da Igrexa do
Santo Sepulcro de Xerusalén, como en
igrexas relacionadas coas ordes de
cabalaría que loitaron nos Santos Lugares,
e onde se reunían poucos fieis.
Xirola ou deambulatorio
A planta en cruz latina combina o
funcionalismo cun sentido
simbólico: remite ao Cristo
crucificado e marca as diferentes
fases que recorre o fiel dende os
pés da igrexa ata a cabeceira.
A nave central adoita cubrirse con
bóveda de canón, e as laterais con
bóveda de aresta.

bóveda de canón
bóveda de aresta.
O soporte utilizado é o piar composto:
cadrado ou cruciforme con semicolumnas
adosadas nos seus frontes.
Piar composto
Arcos faixóns e arcos formeiros
A bóveda é sostida uniformemente polos muros,
que se fan grosos e con poucos vans. Pode estar
reforzada con arcos faixóns. Tamén se utiliza a
bóveda de aresta, que se forma polo cruzamento
de dúas bóvedas de canón nun tramo cadrado. A
vantaxe é que a descarga dos empuxes recae
sobre catro puntos, o que permite unha maior
repartición das cargas.
A cúpula utilízase para cubrir o
cruceiro, sostida por pendentes ou
trompas. No exterior da cúpula cóbrese
cunha torreciña ou ciborio.
Cúpula
Pendentes
Ciborio
Se hai varias naves o sistema
complícase. Para iluminar a nave
central esta debe ser máis elevada,
abríndose pequenas xanelas na
parte superior.
O peso da cuberta debe descansar sobre a
arquería que separa as naves, sostida á súa
vez por grosos piares. As naves laterais
contrarrestan o empuxe da nave central.
Estas á súa vez descargan o peso nos
muros, que se reforzan no exterior con
contrafortes.
Os arcos son de medio punto.
Úsanse tanto na estrutura
(bóvedas, arquerías, portadas,
vans) como na decoración.
Arcos
doblados
Arcos abucinados
EVOLUCIÓN DA ARQUITECTURA.
As primeiras manifestacións da arte
románica aparecen en Italia e a Borgoña
(Francia), estendéndose rapidamente cara
Cataluña e no noroeste de Francia en
Normandía. Trátase do que coñecemos
como primeiro románico (finais do século
X-segundo terzo do XI)
En Borgoña (Francia) destacan
as sucesivas reformas e
reconstrucións do Mosteiro de
Cluny, casa nai da orde que tivo
un importante papel na difusión
do románico. Alí é onde xurde a
Reforma Cluniacense que vai a
estender o estilo.
Cluny II
En Italia non se atopan estruturas
arquitectónicas importantes. O que destaca
é a aparición dun léxico ornamental nos
muros polo emprego de faixas e arcos de
resalte sobre o paramento, moitas veces
combinadas, dando lugar a grandes arcadas
que decoran o muro.
En Cataluña o abade-obispo Oliba introduce as
prácticas beneditinas e promove a construción de
varias igrexas de interese como San Vicente de
Cardona
Esta é unha igrexa de planta basilical con tres
naves. Ten bóveda de canón na nave central e de
aresta nas laterais, correspondendo tres tramos
nas laterais por cada tramo da central. Nos muros
exteriores recibe a decoración de bandas
lombardas.
Do románico pleno (último terzo
do século XI- primeiras décadas do
século XII) atopamos abundantes
exemplos en Francia.
Na zona de Borgoña é importante o influxo dunha
nova fábrica da Igrexa do mosteiro de Cluny, que
tería unha ampla cabeceira con deambulatorio.
Non conservamos a nova igrexa de Cluny
pero o seu influxo apréciase en Santa María
Madalena de Vezelay.
“Santa Magdalena de Vezelay”
En Aquitania temos dous
importantes exemplos de igrexas
de peregrinación Santa Fé de
Conques e San Saturnino de
Toulouse.
Santa Fe de Conques
San Saturnino de Toulouse
Na zona de
Provenza destaca
San Trófimo de Arlés
con fachada
rematada con un
frontón triangular por
inspiración romana.
En Italia as igrexas amosan solucións
técnicas sinxelas e cubertas de
madeira. Máis éxito ten a organización
dos muros exteriores, dinamizados con
columnas e arquerías como vemos no
conxunto da catedral de Pisa.
ARQUITECTURA ROMÁNICA
NOS REINOS HISPÁNICOS.
Os monarcas hispanos introduciron as novas
ordes reformadoras europeas para substituír as
vellas regras monásticas. Isto trouxo a
implantación da liturxia romana en detrimento do
vello ritual hispanovisigodo. Ambas reformas ían
acompañadas dunha nova linguaxe
arquitectónica.
Entre Galicia e o Pirineo, no Camiño de
Santiago, produciranse as primeiras
manifestacións do románico pleno na Península.
As influencias do románico francés combínanse
coas propias (musulmás, asturianas, visigodas)
para dar lugar a un estilo propio, que se repite
ao longo de todo o Camiño e que culmina en
Compostela.
A catedral de Xaca, no inicio do Camiño,
exerce unha gran influencia sobre as
demais. É unha igrexa con tres naves
coroadas por ábsidas semicirculares sen
transepto sobresaínte en planta
Taqueado jaqués
Por influencia mozárabe vemos
unha bóveda de nervios cruzados
no cruceiro sostida por trompas. A
cuberta orixinal foi substituída por
bóvedas góticas.
San Martín de
Frómista (Palencia).
Presenta influencia de
Xaca na súa planta.
Planta basilical
articulada en tres naves
cubertas con bóveda de
canón.
A nave central é case o dobre de ancha que as
laterais, separadas mediante piares cruciformes.
No cruceiro levántase un ciborio de tambor
octogonal. A fachada occidental está flanqueada
por torres semicirculares.
San Martín de Frómista (1066) en
Palencia
San Isidoro de León. Foi fundada por
Fernando I en honra de San Isidoro de
Sevilla. Existiu unha igrexa primitiva que
seguía o modelo de Xaca e Frómista con
transepto non sobresaínte en planta. Desta
Igrexa só se conserva o pórtico usado como
panteón Real.
Panteón dos Reis
No século XII reconstrúese a Igrexa,
adoptando un novo modelo que incorpora un
gran transepto. Ten tres naves, a central mais
alta, con grandes xanelas obre a arquería. Ten
bóveda de canón na nave central e de aresta
nas laterais. Na cabeceira presenta tres
ábsidas aliñadas. No transepto aparecen
grandes arcos polilobulados de influencia
musulmá.
Colegiata de San
Isidoro de León
A Catedral de Santiago de
Compostela.

O actual edificio románico (séculos XI e


XII) levántase sobre os restos de dúas
antigas basílicas prerrománicas dos séculos
IX e X.
Foi construído en catro etapas, nas primeiras,
as influencias máis evidentes son de tipo
languedociano (piares compostos, arcos
peraltados, bóvedas de canón con faixóns...) Na
última etapa predominan as influencias
borgoñonas (triple portadas, arcos apuntados,
bóveda de crucería... etc.)
Cara o 1200-1212 debeuse de concluír o edificio
levantando a fachada occidental (de tipo normando con
dúas torres cadradas e rosetón central) e as escaleiras de
acceso.
Non obstante as obras non se detiveron.
Reedificouse o claustro en dúas ocasións (s. XIII e
XIV) e engadíronse as capelas de padroado privado
ou gremial rompendo a primitiva harmonía do
edificio. Por elo, no século XVII decidiuse recuperar
a unidade disfrazando a catedral con fachadas-telón
barrocas (praza da Quintana, Azabachería),
rematando as obras no século XVIII coa construción
da fachada do Obradoiro (Casas Novoa).
As basílicas prerrománicas:
O descubrimento da tumba do Apóstolo polo
bispo Teodomiro nos primeiros anos do
século IX foille comunicado ó rei asturiano
Afonso II quen ordenou construír unha
igrexa sobre o sepulcro que Teodomiro
atopara.
Dela apenas quedan restos, aínda que pola
cimentación que apareceu nas escavacións sábese
que tiña tres naves e unha cabeceira rectangular que
englobaba o primitivo sepulcro apostólico. Pronto esta
igrexa quedou pequena polo que foi reconstruída
durante o reinado de Afonso III, sendo consagrada
polo bispo Sisnando no ano 899. Desta segunda
basílica, de tres naves como a anterior, quedan algúns
restos que permitiron reconstruíla planta.
Reconstrución da Igrexa encargada por Afonso III ,
consagrada no 899
Esta igrexa foi destruída por Almanzor no
997, reconstruída por San Pedro de
Mezonzo nos primeiros anos do século XI
e derrubada a finais do mesmo século
para construír a Igrexa actual.
Baixo a catedral hai pois un antigo sepulcro romano,
unha necrópole sueva e as basílicas afonsinas. O
problema estriba en que os restos máis antigos son,
como moito, de finais do século II co que queda un
lapso de 150 anos coa época do hipotético
enterramento do apóstolo.
A Catedral románica:
• O edificio actual responde aos esquemas
das Igrexas de peregrinación (3 naves, a
central dobre, cabeceira con xirola e
capelas radiais) con paralelos en Francia
(San Saturnino de Toulouse e Santa Fe de
Conques).
• A obra desenvólvese en catro fases:
1ª Fase (1075-1088) O bispo Diego Peláez
encarga as obras levadas a cabo por
Bernardo o Vello e Roberto. Realízanse as
tres capelas centrais e os tramos
correspondentes da xirola (bóvedas de
aresta).
Sección lateral e etapas construtivas

1168-1188, torres 1188 ss., consagración 1211 1109-1122 1093-1105 1075-1088


A capela do Salvador é rectangular. Hai tamén
contrafortes para soster o empuxe das bóvedas. As
capelas de San Xoan e San Pedro son
semicirculares e abríanse á xirola por medio de
grandes arcos
ARQUITECTURA: 1ª etapa, capelas da xirola

A capela do Salvador (izq.) a a de San Pedro (dta.) corresponden á primeira


fase constructiva e manteñen a estrutura románica orixinal salvo pequenas
modificacións. A decoración de ambas é, porén, posterior.
"REGNANTE PRINCIPE ADEFONSO “TEMPORE PRESVLIS DIDACI
CONSTRVCTVM OPVS" (Reinando el INCEPTVM HOC POCUS FVIT”
príncipe Alfonso se hizo esta obra)
2ª Fase (1093-1105). Diego Xelmírez
(bispo) / Mestre Estevo (arquitecto):
remátase a xirola (capelas poligonais e
bóvedas de aresta con faixóns) e
constrúense os muros do cruceiro (os
altares foron consagrados en 1105).
No muro oriental do cruceiro (o máis próximo a
cabeceira) ábrense catro capelas (só queda a de San
Nicolás, modificada para servir de paso á Corticela).
Os tramos do transepto divididos por piares serven de
módulos para organizalas alturas e a anchura do resto
do edificio.
ARQUITECTURA: 2ª etapa, Cruceiro

Con tres naves separadas por piares compostos que alternan núcleos
cuadrangulares e circulares. É obra do Mestre Esteban e a súa estrutura tanto en
planta como en altura marca a pauta para toda a edificación.
Tódolos cambios van unidos a unha nova
concepción da iluminación o que supón o
crecemento da catedral en altura. Grazas e esta
racionalización das proporcións, a obra é totalmente
harmónica, pero había o perigo de caer na
monotonía. Isto soluciónase recorrendo á alternancia
de piares compostos con núcleo cadrado ou
rectangular e catro columnas adosadas que reciben
os empuxes dos faixóns e dos formeiros.
ARQUITECTURA: 2ª etapa, transepto

Piar de sección cuadrangular


Piar de sección circular
3ª Fase (1109-1122). Bernardo o Mozo: cubrición
do cruceiro e primeiros tramos das naves. Bóvedas de
canón con faixóns, arcos de medio punto peraltados e
piares compostos. Continúase o proxecto anterior (as
únicas diferencias son decorativas), sobre as naves
laterais álzase a tribuna, que se abre á nave por medio
de arcos de medio punto xeminados (van de dous en
dous).
A tribuna cóbrese con bóveda de cuarto de
canón que recolle os empuxes da bóveda
da nave central. É unha solución moi
complexa que permite que os muros poidan
abrirse cunha dobre serie de xanelas: as da
planta baixa iluminan as naves laterais, as
superiores ábrense á tribuna, e todas elas
iluminan a nave central de forma indirecta.
Bóveda de
cuarto de
canón
No exterior, os contrafortes
percorren verticalmente os muros
realzando a esvelteza do edificio.
Cando en 1122 se interromperon as obras
da catedral, faltaban por construír os 2-3
últimos tramos das naves e a fachada
occidental que, a pesar do que afirma o
Códice Calixtino, non chegara a levantarse
aínda que estivese proxectada.
•4ª Fase (1168-88) Mestre Mateo
(arquitecto): remata as naves e constrúe a
cripta (mal chamada “catedral vella”), o
Pórtico da Gloria e a Tribuna sobre o
Pórtico, obras nas que aparecen solucións
que enlazan co gótico: bóvedas de
crucería, arcos apuntados...
Fachada da catedral segundo José de Vega y
Verdugo 1657
ARQUITECTURA
CISTERCIENSE
Cluny adoptara a Regra de San Benito que incluía a pobreza como
precepto pero o certo era que os seus mosteiros eran, en ocasións,
verdadeiros palacios repletos de luxo e os seus abades, señores
feudais coa a máxima relevancia na vida mundana.
Algúns homes da Igrexa consideraban que os cluniacenses
“dexeneraran” os preceptos beneditinos e que era necesaria unha volta
ao rigor dos primeiros tempos.
Será na rexión de Borgoña, no ano 1098, cando Roberto de
Molesmes se retirou cos seus seguidores para facer vida monacal nun
lugar illado chamado Citeaux (Císter), cerca de Dijon,
Os sucesores de Roberto de
Molesmes irán perfilando unha regra
propia que non triunfaría ata a aparición
en escena de Bernardo de Claraval. El
foi o encargado da fundación do
Mosteiro de Claraval (Clairvaux) e ao
longo da súa vida foi capaz de levar a
Orde do Císter a súa máxima expansión,
cun total de 343 mosteiros fundados en
toda Europa.
Como consecuencia da imparable
actividade de San Bernardo, os monxes
cluniacenses relevaron aos cluniacenses
na influencias obre a sociedade e a Igrexa
so século XII.
Os mosteiros do Císter sitúanse en zonas inhóspitas
pero con abundancia de auga, normalmente nun lugar
boscoso e illados por montañas. Eran os propios
monxes ou os laicos que traballaban con eles os que
roturaban e traballaban as terras.
Esta característica colonizadora e “civilizadora” dos
cistercienses será especialmente útil no contexto
hispano de pugna entre cristiáns e musulmáns.
A decadencia do Císter, apegado a unha
vida feudal e rural que porén os levou a un
grande enriquecemento, ten que ver co
desenvolvemento das novas ordes
mendicantes, franciscanos e dominicos, que
situarán os seus conventos no ámbito urbano
e que se adaptarán mellor ás novas formas
de vida das cidades.
• A maioría dos edificios cistercienses son basicamente
románicos, pero incorporan, en bastantes casos e como
novidade, a bóveda de cruzaría sinxela e tamén
frecuentemente o arco apuntado

Mosteiro
de Oseira
• A arquitectura cisterciense é coñecida pola súa
sobriedade. A diferencia das igrexas parroquiais ou
monásticas de Cluny, as do Císter pintábanse de
branco, non empregando pinturas murais figuradas e
as fiestras só podían ter vidros transparentes. Iso da a
Igrexa unha grande luminosidade (a pesar de que o
templo cisterciense non dispoñía de grandes
ventanais nin se tendeu á desmaterialización do muro,
como no gótico).
A austeridade ornamental estaba pensada para
illar ao monxe na súa meditación e na oración,
para que non puidese distraerse con pinturas,
esculturas, nin vidreiras cromáticas. Non se pode
considerar como un medio de aforro, xa que o
mosteiro cisterciense foi custosísimo de levantar.
con paramentos de perpiaños moi regulares.
As dimensións das construcións cistercienses a
miúdo eran catedralicias, estaban completamente
abovedadas e se edificaban .
• As abadías cistercienses respondían a un
vasto programa construtivo que comprendía
instalacións tan diversas como a
hospedería, a enfermería, o muíño. O
núcleo monacal propiamente dito
compoñíase das dependencias residenciais
e da igrexa, o eixe era o claustro coas súas
catro galerías.
Distribución das dependencias dun
mosteiro cisterciense
Os claustros cistercienses tiñan as súas
galerías abertas por arcos sobre esveltas e
elegantes columnas pareadas e con capiteis de
exquisita labra. De feito, a austeridade da
arquitectura cisterciense vólvese fina e delicada
nos claustros e outras dependencias que se
organizan arredor, especialmente as salas
capitulares.
A aparición da Orde do Císter en
España e os seus edificios crearon
unha grande influencia na arquitectura
cristiá peninsular nos séculos XII e
XIII.
Santa María de Oseira

• O Mosteiro de Santa María de Oseira


e orixinario do século XII, está situado
na provincia de Ourense , no concello
de Cea.
Este cenobio foi a primeira fundación do Císter en
Galicia. Xa antes existía un mosteiro fundado por uns
eremitas. En 1141 decidiron seguir a regra
cisterciense e chegaron novos monxes dende o
propio Claraval. Desta forma o Mosteiro de Oseira
convértese no emblema do Císter en terras galegas,
semente que se propagaría en numerosos lugares de
Galicia.
A Igrexa ten planta de
cruz latina con tres naves
e cruceiro. A bóveda da
nave central é de canón
apuntado con faixóns.
Ábrense ventanais de
medio punto no arranque
da bóveda.
A cabeceira imitaba á de Santiago con xirola e
capelas, aínda que hoxe están moi modificadas.
Na arquitectura bernarda era mais común unha
cabeceira recta.
Rodeando o altar maior aparecen arcos
apuntados apeados en grosas columnas. No
presbiterio cóbrese con bóveda de cruzaría
con catro nervios. Na ábsida, bóveda de
cruzaría con oito nervios e sete plementos
cóncavos. A solución innovadora das
bóvedas de cruzaría
•As naves están
separadas por piares
cruciformes con
columnas adosadas.
Na labra dos capiteis, prescíndese do
figuración –só hai un con cegoñas
enfrontadas- e óptase polas formas vexetais
con follas lisas.
No cruceiro, unha cúpula nervada
sobre pendentes con ciborio
octogonal, algo máis tardía.
A igrexa e o mosteiro ten moitos engadidos de
épocas posteriores. Coa desamortización de
Mendizábal no século XIX, o mosteiro quedou
abandonado, entrando nun proceso de ruína que
se comezou a solventar coa volta dos monxes no
século XX, iniciouse unha labor de restauración
que lle devolveu o seu antigo esplendor.

You might also like