You are on page 1of 2

DEFINICIÓNS TEMA 5 ARTE ROMÁNICA

Arco formeiro.
O arco disposto paralelamente ao eixo lonxitudinal da nave e
que a separa da outra nave.

Arquivolta.
Rosca ou fronte dun arco. En plural fai referencia o
conxunto de arcos inscritos uns nos outros que organizan
unha portada abucinada. Frecuente no románico e gótico.

Deambulatorio (ou xirola)


Corredor ou nave que rodea a parte posterior do presbiterio. É a prolongación das naves
laterais

Ménsula
Saedizo dun muro que soporta unha carga dalgún elemento arquitectónico (balcóns, cubertas,
arcos)
Perspectiva xerárquica
Representación do tamaño das figuras segundo a súa importancia teolóxica ou social.
Característico de sociedades fortemente xerarquizadas con prácticas artísticas pouco naturalistas
ou arcaizantes.

Tímpano
Nunha portada espazo semicircular ou triangular
situado sobre o lintel que pode contar con decoración
esculpida.

Tribuna.

Galería sobre a nave lateral e da súa mesma anchura que se


abre á nave central dun templo e onde poden acomodarse os
fieis. É característica das igrexas de peregrinación.

You might also like