You are on page 1of 4

A IGREXA ROMÁNICA E O SEU SIMBOLISMO

Na Idade Media (igual que na antigüedade), a perfección manifestasenos a través das leis da
xeometría. Tanto para o romano Vitrubio, como para San Agustín ou Santo Tomás, a perfección da
persoa manifestase na figura do cadrado. O modelo de persoa perfecta é aquela que cos brazos en
cruz pode inscribirse nun cadrado -HOMO QUADRATUS-A anchura dos brazos extendidos debe
ser igual á altura da persoa. Este cadrado construese a partir do círculo que toma como centro o
embigo da persoa. Así, nesta analoxía do HOMO QUADRATUS CONTENSE O
MACROCOSMOS (CÍRCULO) E O MICROCOSMOS (CADRADO)

O home cos brazos en cruz convirtese na imaxe perfecta de Deus, feito home na figura de Cristo
crucificado. Cristo, modelo de persoa perfecta. O morrer na cruz, indica os catro puntos cardinais
do universo.

A IGREXA ROMÁNICA toma como modelo o HOME-DEUS, XESUCRISTO

O PRESBITERIO (Cabeceira) corresponde á cabeza, O TRANSEPTO, os brazos en cruz e o resto


do edificio ó resto do corpo

(O cadrado, os catro puntos cardinais, representan a persoa, a terra, o humano; mentres que o
círculo, non ten nin principio nin fin, representa a Deus, o divino)

O plano divino ven configurado polas formas circulares dás bóvedas, as cúpulas, os arcos de
medio punto e o ábsida.
O plano terrestre e humano, polas formas poligonales (cadrados, rectángulos, etc) dos tramos das
naves e do cruceiro...

XESÚS = LUZ
A IGREXA orientase ca CABECEIRA ó leste, o lugar por onde sae o Sol iluminando cos seus
raios a vida sobre a Terra. O edificio concorda ca imaxe de Cristo, pero tamén reforza o significado
de que Cristo é a LUZ, que ilumina o mundo.

O templo románico sigue unha ordeación dos seus elementos arquitectónicos, das súas
proporcions e da súa orientación, todo baseando a armonía das formas xeométricas simples, o
cadrado, rectángulo( que fan referencia o humano e a Terra) o círculo e o semicírculo que fai
referencia o divino, a Deus, e a ansia espiritual do ser humano), xunto cun elaborado sistema
simbólico de correspondencias e analoxías derivadas da fe cristiana.
En xeral, a igrexa románica ten forma paralelepípeda, orientada según un eixo Leste (ÁBSIDA)
(onde simbólicamente estaría a cabeza de Xesús crucificado) Oeste (os pes) onde estaría a Portada
principal. O interior está configurado por unha Nave principal e dous ou máis naves laterais de
anchura e altura inferiores.

Recordemos que as Naves, reciben ese nome, nas primeiras basílicas cristianas, pois o ser os
pasillos que conducían o lugar simbólico de Xesús na basílica (a absida), simbolizan a propia vida
do cristián que navegaba cara Xesús.

No muro interior, sobre os arcos das naves laterais, aparece a


tribuna ou triforio, con ventás e arcos de medio punto, cara a nave
central, e que percorren as naves laterais da igrexa de peregrinación
ou catedral

A bóveda da nave central, cos seus arcos de medio punto, que se repiten a cada tramo (arcos
faxóns) e a escasa iluminación en penumbra, determinan un claro sentido direccional que non leva,
nos arrastra cara a ábsida.
Os arcos que comunican a nave central cas laterais apoianse, xeralmente, en piares. O peso da
nave central descarga sobre os piares de pranta cruciforme, as naves laterais e os contrafortes que a
reforzan dende o exterior, de maneira que a cada arco faxón corresponde un contraforte no exterior.
As ventás abrense no muro e son de dimensións reducidas e abocinadas

O percorrido cara a ábsida interrompese o chegar o CRUCEIRO, lugar de unión entre a Nave
principal e o TRANSEPTO(naves que forman os brazos da cruz) Esta intersección en forma de
planta cadrada, cuberta cunha cúpula semiesférica, aberta na súa parte superior por unha linterna e
apoiada sobre o cadarado mediante TROMPAS

O CRUCEIRO constiue o centro da igrexa, o lugar onde conflúen a dimensión terrestre


(cadrado) ca divina (o círculo da cúpula) No cruceiro, a luz divina purifica ó persoa preparandoa
para o encontro da presencia de Xesús na ábsida.

Na ÁBSIDA, está o altar, onde se conmemora o sacrificio de Cristo, é o espazo divino, o lugar
por onde penetran os raios do sol nacente, o “SOL SALUTIS”, e no que se reflicten, atardecer, os
raios de sol poniente. Toda esta simboloxía ven reforzada polsas pinturas da ábsida: Cristo en
maxestad, Señor do tempo...que se redea dos catro vivíntes apocalípticos, imaxe dos catro
evanxelistas (símbolo das tribus de Israel e dos catro puntos
cardinais)
O edificio románico presenta unha configuración unitaria do espazo a través dos seus elementos
arquitectónicos, con iso consiguese unha perfecta correspondencia entre interior e exterior.

O lugar máis coidado do exterior son as fachadas, sobre todo as occidentais, nas que se sitúan as
principais portas de acceso ó templo

A portada románica reflexa no exterior a disposición xeral do edificio


Para salvar o grosor do muro e facilitar o acceso o interior, a portada, disponse mediante o
abocinamento progresivo, dos diversos arcos de medio punto (arquivoltas), de radio inferior canto
máis interior, é o arco. As arquivoltas descansan sobre xambas. Enriba da portada, pode abrirse un
óculo ou ventá, que ilumina a nave central, e que co tempo convertirase en Rosetón.

Igrexa de San Pedro (Ávila)

Portada románica da catedral de Santiago


(así sería)

As portadas románicas son esculpidas ca intención de trasladar a mensaxe do Evanxeo a unha


poboación, que na súa maior parte non sabía ler, nin escribir, pero coñecía a linguaxe simbólica
destas imaxes, que non pretendían ser realistas, senón comunicar de forma expresiva a mensaxe do
Evanxeo. Por esta razón son chamadas a Biblia de pedra. Unha das obras cumbres temola aquí en
Santiago, no Pórtico da Gloria, dende o mestre Mateo expresa a mensaxe do Apocalipse o peregrino
que chega a Santiago, e despois da súa experiencia da peregrinación, comprende experiencialmente
o que alí se lle expresa.
EXERCICIO
-Identifica na planta da Catedral de Santiago, todas as partes que poidas, e comenta o seu sgnificado
simbólico .

You might also like