You are on page 1of 4

A ARTE GÓTICA

O estilo gótico xorde na segunda metade do s. XII, momento histórico no cal predomina o feudalismo
en Europa, así como a relixiosidade cristiá. Deste xeito, a consolidación das órdenes mendicantes
facilitaron a difusión da cultura mediante a creación de escolas e universidades, augurando unha nova
corrente de pensamento, o Humanismo, que deu lugar a unha visión do mundo baseada, ante todo, na
experiencia individual do ser humano e na reflexión crítica, dous dos piares fundamentales sobre os
que se edificou a época renacentista.
A arte gótica xerouse na Illa de Francia (París e os seus arredores), desde onde se estendeu pola
Europa occidental, tanto continental como insular, e foi asimilada e adaptada en graos variables por
cada país. Aínda que en liñas xerais a arte gótica quedou fixada entre mediados do século XII e as
primeiras décadas do século XIV, é preciso sinalar que en Italia, a principios do século XV, o Gótico foi
substituído polo Renacemento, mentres que en Inglaterra, en España e en Portugal a tradición gótica
continuou ao longo do século XV e durante os primeiros anos do século XVI. Xeralmente, os
historiadores dividen a evolución cronolóxica da arquitectura gótica en tres grandes ciclos:
a) Período inicial (segunda metade do século XII e principios do século XIII), no que, partindo
dos modelos románicos, se rexistra a evolu- ción cara á configuración das novas formas góticas.
b) Período clásico ou de plenitude (séculos XIII e XIV), considerado a etapa clásica e de
expansión daquelas formas.
c) Período final ou flamíxero (século XV e inicios do XVI), no que se perde a harmonía formal
da etapa anterior, que é substituída por unha exuberancia ornamental.
O termo "gótico" foi introducido a mediados do século XVI polos artistas renacentistas. Estes utilizaban
pexorativamente esa cualificación para referirse a un tipo de arquitectura medieval que condenaban e
atacaban por parecerlles "bárbara" e inferior, posto que consideraban, erroneamente, que se trataba
dunha arte inventada polas tribos godas, causantes da destrución e do esquecemento da cultura
clásica.
Esta idea de superioridade do Renacemento estivo vixente durante séculos, e a arte medieval foi
tratada despectivamente ata a chegada, no século XIX, do Romanticismo xermánico que reivindicou a
tradición gótica como parte importante da cultura nacional e europea. Foi entón cando se definiu o
"estilo gótico", que servía para referirse á arquitectura, e tamén para o resto das artes da mesma
época.
Aínda así, a arte gótica, desenvolvida fundamentalmente no ámbito urbano, tivo na arquitec- tura a súa
principal expresión artística. Entre os numerosos edificios que se crearon para cubrir as novas
necesidades das cidades, as catedrais foron, sen dúbida ningunha, as construcións máis importantes.
Estas convertéronse no motivo principal de orgullo para as cidades que as tiñan. O sentido ascensional
das súas formas e a intensa luminosidade do interior pretendían crear o espa- zo ideal para achegarse
a Deus. Esta proximidade entre a divindade e os homes tamén se acentuou na escultura e na pintura,
dúas artes subordina- das á arquitectura.
A pesar de que na escultura e na pintura se mantivo a preeminencia da temática relixiosa, esta é
tratada con trazos máis suaves e cunha definición das figuras e das escenas que, en xeral, son moito
máis naturalistas e menos distantes que as do Románico. Ademais, debido á aparición da burguesía
como consumidora de arte, empeza a ser frecuente a temática profana.
RETABLO MAIOR DA CARTUXA DE MIRAFLORES – SILOÉ E CRUZ

Ficha técnica:
Título: Retablo maior da cartuxa de Miraflores.
Autores: Gil de Siloé (Antuerpen, Burgos, 1501) e Diego de la Cruz (Flandres, 1460-Burgos).
Cronoloxía: 1496-1499.
Tipoloxía: retablo.
Material: madeira policromada e dourada.
Medidas: 13 x 9 ,5 m
Estilo: gótico.
Tema: relixioso.
Localización: Cartuxa de Santa María de Miraflores (Burgos).

Temática:
O retablo ten como fin exaltar a Eucaristia e a verdade da Igrexa. No centro, a roda anxélica con Cristo
na Cruz, que sosteñen Deus Pai e o Espírito Santo, e o pelicano como símbolo eucarístico, aos pés a
Virxe e San Xoán Evanxelista e escenas da Paixón. Fóra da roda de anxos, están as figuras de San
Pablo e San Pedro, e outras catro rodas menores cos evanxelistas. Comple-tan a parte superior, os
pais da Igrexa, profetas, virxes e santos.
Na parte inferior están representados Catalina de Alexandria, Xoán Bautista, Maria Magdalena e
Santiago o Maior, dous circulos coa Anunciación e a Epifanía, e dous altorrelevos coa Última Cea e o
Prendemento. Ocupan os extremos as figuras orantes de Xoán Il e Isabel de Portugal

Descrición formal:
O maxestoso retablo maior da cartuxa de Miraflores completa o conxunto do panteón real encargado
por Isabel a Católica para dar sepultura aos seus pais, Xoán Il de Castela e Isabel de Portugal, e ao
seu irmán o infante Afonso.
Malia as súas extraordinarias dimensións e o denso programa iconográfico que crea unha sensación
de sobrecarga, o retablo baséase nunha xeometria precisa e na perfecta distribución das escenas.
O corpo superior, de maior tamaño, organizase ao redor dunha gran roda anxélica en lugar da
tradicional estrutura de rúas. No corpo inferior, de dimensións máis reducidas, predomina a
verticalidade, acentuada por unhas figuras de santos colocadas a xeito de entrerrúas, co Sagrario
como eixe principal, rematado por un tomo xiratorio con escenas en altorrelevo que se exhiben de
acordo ao calendario de festividades litúrxicas.
SILOE ocupouse de moitas das tallas, ainda que tamén contou, coa axuda do seu obradoiro, o que
explica a factura desigual das figuras. Sobresae pola súa extraordinaria calidade a talla do Cristo, a
cuxo corpo lacerado e expresión doente achega maior expresividade o magnifico policromado
realizado por Diego DE LA CRUZ.
O MATRIMONIO ARNOLFINI – VAN EYCK
Ficha técnica:
Título: O matrimonio Arnolfini.
Autor: Jan van Eyck (Maaseyck, 1390 - Bruxas, 1441).
Cronoloxía: 1434.
Técnica: óleo sobre táboa.
Medidas: 57 x 84 cm.
Estilo: gótico flamengo.
Tema: escena costumista ou de xénero.
Localización: National Gallery (Londres).

Temática
O cadro presenta un retrato de Giovanni Arnolfini, un comerciante italiano que residia en Bruxas, e
Giovanna Cenami. O cabaleiro colle a man da dama e fai o voto nupcial levantando o antebrazo de
reito.O can representa a fidelidade, e o espello e o rosario ao seu lado, a pureza da Virxe.
A firma do pintor "Johannes van Eyck fuit hic” (Jan VAN EYCK estivo aqui) en lugar do habitual “...me
pixit” (pintoume), situada sobre o espello, fai pensar que o artista participou no enlace en calidade de
testemuña.

Descrición formal:
VAN EYCK presenta a unha parella no interior dunha habitación. O espello na parede do fondo marca
o eixe de simetría compositivo, en confluencia coa lámpada do teito e o can. O espello reflicte a
escena desde o punto de vista oposto ao do espectador e amplía o espazo pictórico, que abarca
mesmo o ámbito do pintor e das hipotéticas testemuñas da escena situadas detrás del.
A construción do tema amosa unha imaxe teatral e pouco espontánea. Contribúe a este efecto o
predominio da liña sobre a cor, que perfila os contornos das figuras e dos obxectos e lles confire unha
corporeidade e solidez case escultóricas. Isto permitelle plasmar incluso o máis mínimo detalle cunha
escrupulosidade microscópica, grazas ao emprego da técnica do óleo aplicado con plumiñas.
Dispón en primeiro plano, os zapatos do home, de madeira clara, e os da muller, ao fondo, de cor
vermella. A diagonal axuda a crear maior perspectiva. A luz, con precisión realista, ilumina á esposa e
deixa en penumbra a parte esquerda do lenzo. Dominan tres grandes manchas cromáticas: o verde do
vestido, o vermello das cortinas e dos cobertores e o marrón da capa do mercador.

You might also like