You are on page 1of 4

O

ENTERRO DO SEÑOR ORGAZ



a) Ficha técnica:

1- Cultura/ estilo/ movemento: Renacemento, manierismo.
2- Cronoloxía: 1586-1588.
3- Título: O enterro do Señor Orgaz/ O enterro do conde Orgaz.
4- Autor: O Greco. Encargada por D. Andrés Núñez, párroco da Igrexa de Santo Tomé.
5- Técnica: Óleo sobre lenzo.
6- Dimensións: 480 cm x 360 cm.
7- Localización: Igrexa de Santo Tomé, Toledo.

b) Contexto histórico:

O Renacemento chega a España co paso dá centuria e poténciase grazas á relación que os
Reis Católicos e Carlos I mantiñan con Italia. Artistas españois íanse a Italia e artistas italianos
chegaban a España. Por outra banda, a relixión tiña grande importancia, onde influíu moito o
Concilio de Trento, polo que a España contrarreformista da época de Filipe II era moi
relixiosa.

Doménico Theotocópuli, O Greco, nace en Creta non 1541. A súa vida artística poderíase
dividir en tres etapas:

En primeiro lugar, a súa primeira formación en Creta, marcada pola arte bizantina da época,
influíndo no simbolismo e na antinaturalidade das figuras para transmitir a idea de
espiritualidade.

En segundo lugar, as súas estancias en Italia. En 1567 chega a Venecia para seguir coa súa
formación e ten o seu máximo esplendor na Escola de Venecia do Cinquecento. Aprende
tamén de artistas como Tiziano ou Tintoretto o uso de cores cálidas e a importancia da luz.
Trasládase en 1570 a Roma, lugar onde recibirá influencias de Miguel Anxo, sobretodo en canto
ao debuxo e á grandiosidade de moitas das súas figuras.

Finalmente, O Greco chega a España. En 1577 establécese en Toledo, onde permanecerá ata a
súa morte. Realizará aquí algunhas das súas obras máis importantes coma O Espolio ou O
enterro do Señor Orgaz, esta última no 1586, cando ou párroco D. Andrés Núñez encárgalle ao
Greco un lenzo que iría situado nunha das capelas laterais da igrexa de Santo Tomé.

A obra do Greco encaixa coa etapa do manierismo, debido ao uso de cores atrevidas, contrastes
violentos e a forma na que xoga con luces irreais. Igualmente, nótase a influencia marcada pola
contrarreforma xa que a súa iconografía ten unha visión mística á vez que defende os valores da
Igrexa. Pouco a pouco, a súa paleta vai evolucionando, e o que comezara cun colorido veneciano,
está collendo tons fríos nas súas últimas obras, que manifestan cada vez máis expresionismo
dramático.

Foi rexeitado por Filipe II e esquecido ata que entre finais do século XIX e principios do XX
será recuperado polos pintores posteriores.

c) Comentario:

O cadro é un óleo sobre lenzo (460x360 cm) dividido en dúas partes dentro das dimensións da
capela funeraria do Señor Orgaz, terminada nun arco de medio punto para adaptarse á
devandita estrutura. A parte inferior é a parte terreal da obra, onde se sitúa a escena do milagre
e os rostros das persoas que presencian o acontecemento son toledanos ilustres da época do
Greco; personaxes civís e eclesiásticos, que están serios e calados respetado o loito pola perda
do conde:

Na primeira fila, sitúase á esquerda o fillo do propio Greco, vesitido de gala sostendo unha
antorcha acendida coa man dereita e sinalando a dous posibles lugares; o propio milagre ou a
flor da dalmática de San Esteban, situado xusto ao seu lado suxeitando o corpo do conde pola
esquerda, que leva bordada a escena do seu propio martirio. No centro, está representado
Gonzalo Ruíz Toledo, o conde de Orgaz, a piques de ser depositado no sepulcro. San Agustín,
fácil de recoñecer polo seu rostro ancián, suxeita ao home pola dereita. De costas, está
representado o cura vestido con roquete, observando a situación da alma do falecido
ascendendo ao ceo, sen facerlle caso ao enterro. Na dereita, está o propio párroco de Santo
Tomé, á beira do portador da cruz procesional. Na segunda fila están situados múltiples
cabaleiros, algúns prestando atención á cerimonia e outros que miran ao ceo. Entre eles, está o
propio retrato que se fai O Greco e diferentes rostros coñecidos, como Francisco de Pisa ou
Cervantes, que se rumorea que é un dos personaxes representados xa que vivía en Toledo
naquela época, aínda que tamén se di que é Manusso, o irmán do Greco.

Pódese falar da división de partes da obra a partir da figura dun anxo situado no centro da
representación, que está a transportar unha especia de crisálida simbolizando a alma do conde
Orgaz.

A parte superior do cadro é a celestial, onde entran ao xogo os santos e os anxos. A alma do
Señor Orgaz está a ascender ao ceo conducido polo anxo, coa virxe lista para recibilo. Ao carón
está San Xoán Bautista, un pouco máis atrás Cristo e a ambos os dous lados a corte celestial.

Na parte inferior, o espazo é reducido; a escena principal está a cortar a visión aos personaxes
de atrás. Na superior, hai outra perspectiva diferente, as figuras collen un tamaño máis pequeno
a medida que ascenden.

O Greco pinta o cadro en plena madurez artística. É no seu debuxo onde se pode contemplar a
inlfuencia que ten de diferentes artistas. Alonga as figuras, recurso que tomou de Miguel Anxo,
para buscar a beleza das formas. Tamén as curta, vese nos laterais do lenzo, para buscar un
efecto maior no cadro. Pola outra banda, xoga coas figuras serpentinatas; figuras retourcidas
que buscan escorzos peculiares, por exemplo o anxo que transporta a alma do señor de Orgaz
ao ceo.

A cor predomina á liña. O artista utiliza cores rechamantes que transmiten emoción ao ser
contempladas. Mentres na parte terreal emprega tons quentes (amarelos e avermellados), de
influencia veneciana e facendo contrastes entre o branco, o dourado e o negro, na parte
celestial predomina un ton verdoso e branquecino, máis cálido que na inferior. O uso de cores
frías serve para conseguir maior expresividade e crear unha atmósferma de misterio.

Por outra banda, poderíase dicir que hai unha especie de horror vacui na composición, que está
chea de personaxes completando así a escena.

As luces teñen unha aparencia artificial. A parte celestial ten unha luz que non vén dun lugar en
concreto, mentres que na parte terreal o corpo do defunto e os santos están mais iluminados
que o resto, do mesmo xeito que as caras dos personaxes. Se a luz fose natural, as antorchas
que sosteñen algúns dos personaxes, influirían na luminosidade e nas sombras da escena. Así,
O Greco consegue que o espectador leve a súa vista ás zonas máis iluminadas.

Fai un uso solto das pinceladas, maioritariamente na zona celestial, logrando así crear un
aspecto máis abocetado da imaxe.

O Greco, representa neste cadro o encargo que lle fixera ou párroco D. Andrés Núñez para
colocar na igrexa de Santo Tomé; o milagre que sucedeu durante o enterro do que fose conde
de Orgaz. Reproduce o momento no que San Agustín e San Esteban descenden do ceo e
encárganse de enterrar coas súas propias mans ao Señor Orgaz, cuxa alma é levada ao ceo
cargada por un anxo. Coa representación, búscase informar o visitante do acontecido
anteriormente nese lugar e lembrarlle virtudes como a caridade ou a oración aos santos, motivo
para lograr a inmortalidade; causa en parte de que se producise devandito milagre. A obra
respeta a fusión entre o mundo celestial e o real, complementándose mutuamente.

d) Vocabulario

-Óleo: Técnica pictórica que consiste en mesturar os pigmentos cun aglutinante a base de
aceites, normalmente de orixe vexetal.

-Lenzo: Tea feita de lino lista para poder pintar sobre ela. Non é ata o Renacemento cando se
xeneraliza e expande, desbancando o uso do muro ou a táboa como soporte pictórico.

-Arco de medio punto: arco que ten a forma dun semicirculo.

-Figuras serpentinatas: recurso empregado no momento de pintar o corpo humano, onde as
extremidades van nunha dirección e o torso noutra, xerando unha posición retourcida, como
de letra “ s”, que outorga movemento e graza á figura.
-Escorzo: Modo de representar unha figura que na realidade estaría disposta perpendicular ou
oblicuamente ao plano en que foi representada.

-Cores frías: Cores que transmiten a sensación dunha baixa temperatura. Brancos, diferentes
tons de azuis, verdes…

-Horror vacui: Literalmente 'medo ao baleiro', emprégase para describir o recheo de todo
espazo baleiro nunha obra de arte con algún tipo de deseño ou imaxe.

You might also like