You are on page 1of 3

BLOQUE 10: ARTE MANIERISTA

1. INTRODUCCIÓN

O Manierismo desenvolveuse en Italia, dende a segunda metade do século XVI, pero


pronto se difunde polo resto de Europa. O Manierismo desenvolvese entre o clasicismo
renacentista e a forza expresiva do Barroco, que formalmente supón o esgotamento da
linguaxe estética do Renacemento. Na 2ª metade do século XVI, prodúcese unha crise na
cultura europea. Por unha banda o ambiente de optimismo, equilibrio e confianza do
humanismo vese ameaza polos problemas económicos, políticos e relixiosos. Por outra, a
presenza dos grandes mestres parecen pechar aos mozos as posibilidades de creación
independente, limitándose á imitación do estilo, a " maneira" do grandes mestres. Isto crea
unha actitude nova que se traduciu na ruptura do espazo renacentista con composicións
inesperadas e un uso arbitrario da cor. Trátase por tanto dunha época de crise en moitos
aspectos, e a arte reflicte esta crise a través dun movemento como o Manierismo, que ao
romper co clasicismo do Cinquecento, está a romper tamén cunha visión serena e apracible
dunha época compracente como era a do Alto Renacemento.

2.CONTEXTO HISTÓRICO.

Na segunda metade do século XVI, a situación de Europa cambiará progresivamente,


asístese ao crecente poderío imperial de Carlos V, que transforma o equilibrio de poder
en toda Europa e tamén en Italia. A reforma protestante de Martín Lutero cambiou o mapa
relixioso europeo. O Papa Paulo III convocou, co soporte de Carlos V, o Concilio de Trento
e intentou a reforma da Igrexa, a cal supoñía unha renovación da Igrexa católica a fin de
adecuala ao avance científico e cultural da época e a intención de deter o avance do
protestantismo.
Desde ese momento Europa dividirase en dous, a dos imperios católicos con España á
cabeza e a dos países protestantes do norte de Europa, cuxo enfrontamento sanguento dará
lugar ás Guerras de relixión durante os séculos posteriores.
Trátase por tanto dunha época de crise en moitos aspectos, e a arte reflicte esta crise a
través do Manierismo, que ao romper co clasicismo do Cinquecento, está a romper tamén
cunha visión serena e apracible dunha época compracente como era a do Alto
Renacemento.

3. PINTURA

O manierismo pictórico está dominado pola arbitrariedade no uso da cor e a alteración,


voluntaria, das proporcións anatómicas, xa que estas alónganse, se estilizan. Destrución
do espazo unitario, con puntos de fuga desprazados e múltiples. Desequilibrio das
composicións. Prefírese o trazado serpentiforme, os abundantes e tensos escorzos, a
distorsión como forma de expresar unha dramática escisión na conciencia e no mundo.
Un dos principais representante deste estilo é Tiziano.
3.1. TIZIANO

Tiziano é un gran retratista e o mestre das formas brandas e redondas con predilección
dos espidos femininos (Venus de Urbino). Os seus temas son relixiosos, pagáns e
mitolóxicos. É un mestre na utilización da cor que crea unha especial atmosfera no cadro.
As composicións adoitan ser, refinadas e luxosas e sensuais nas que teñen gran importancia
elementos secundarios, mobiliario, roupas, vestiario. Como retratista crea un tipo de retrato
solemne e opulento, onde destacan a profundidade psicolóxica coa importancia concedida
ao escenario e ao traxe.

VENUS DE URBINO
TEMÁTICA. O tema principal da obra é o espido feminino.
A este cadro coñéceselle tamén como a Venus do can
polo can que se atopa ao seu lado durmido. A Venus
aparece estirada nunha postura certamente sensual,
sobre unha cama de texturas avermelladas
aterciopeladas, que Tiziano soubo recrear con gran
acerto. A forte sensualidade desta pintura cumpre sen
dúbida co propósito para a que foi solicitada: un agasallo
do marido cara á esposa.
TÉCNICA E SOPORTE. Está feito sobre lenzo coa técnica pictórica do óleo que ten o
aceite como aglutinante e isto permite o maior traballo de texturas.
COMPOSICIÓN. Na Venus dominan as liñas compositivas dinámicas e sensuais:
curvas, diagonal de Venus, escorzos dos coxíns, estas liñas compénsanse ou
harmonizan con outra verticais e horizontais máis estáticas: o muro, a
columna, as jambas da xanela, o alfeizar ou as verticais e horizontais na
parede.
A PROFUNDIDADE, PERSPECTIVA. Como se verá tamén noutros pintores
manieristas, Tintoretto utiliza un recurso de perspectiva novo, que nos
dirixe cara á dereita, desviándonos da escena principal que se atopa á
esquerda.
LIÑA E COR. Na Venus de Urbino predomina a cor sobre a liña, facendo
unha clara diferenciación dos cálidos e os fríos. Os cálidos utilízaos no
primeiro plano onde se atopa a muller e os fríos utilízaos nun segundo
plano (como o propio cortinaje verde) ou a zona posterior onde se atopan as
serventas(perspectiva xeométrica). A pincelada utilizada é solta para conseguir unha
perfecta integración da figura co ambiente.
O MODELADO, VOLUME. Nesta obra traballa a voluptuosidad da moza espida. O
modelado do corpo é suave e curvilíneo no que a luz produce clarooscuro. Este aspecto
de corporeidade sensual e cálidez destácase aínda máis coa cor fría da cortina e o
muro.
A LUZ. A luz establece dous planos luminosos o primeiro plano de calidez e o segundo
plano de frialdade.
Outras cousas que podemos destacar do cadro son os símbolos:
1. A man de Venus suxeita un ramallete de flores entre os seus dedos, que
alude simbólicamente ao amor e resaltan o aura do erotismo xa reforzada
pola luz case dourada que ilumina ao corpo.

2. As serventas que hai ao fondo da estancia inverten o seu tempo


buscando vestidos de noiva para a súa ama na arqueta nupcial.

3. O can tendido aos pés, típica alegoría da fidelidade, que ironicamente


esta durmido. Posúe un pelo de tonalidades douradas que, grazas á luz rosada
que entra pola xanela, incidindo sobre el, dulcifica a escena dunha maneira
asombrosa.

Tiziano ao realizar esta obra é influenciado claramente por Giorgione xa que


traballou con el no taller dos Bellini. Un antecedente moi claro é “A Venus
durmida” aínda que esta atópase nun espazo aberto a diferenza de “A Venus de Urbino”.
Esta obra tivo unha gran repercusión e influencia na “Venus do Espello” de Velázquez, “A
Maja espida” de Goya e a “Olympia” de Manet.

A Venus dormida de Giorgione, 1508-1515. La maja desnuda de Goya, 1797–1800

Olympia, de Édouard Manet, 1863.

You might also like