You are on page 1of 5

JUDITH Y HOLOFERNES DE CARAVAGGIO

OBRA/TEMA: Judith y Holofernes ( A decapitación de Holofernes )


AUTOR E DATA: Michelangelo Merisi da Caravaggio, en torno ao ano 1599.
ESTILO: O tenebrismo
ETAPA: Período do Barroco temprano.

De que trata?
Esta obra pictórica trata dun tema biblíco ( a execución de Holofernes a
mans da fermosísima Judith). En concreto, baséase na historia do libro
Judith, rexeitado polos protestantes, pero conservado polos papas católicos
Sixto V e Clemente VIII na Biblia de 1592.
Trata de Judith unha fermosa muller xudía que salvou ao pobo de Israel do
exército de Holofernes. Cando o fin de Israel parecía inminente antes as
forzas deste exército,esta muller colouse na tenda do xeneral (Holofernes)
para en teoría seducir a este pero terminou cortándolle a cabeza. Dentro da
tenda pódese ver tamén á criada de Judith, quen acababa de darlle a espada
e espera para recoller a cabeza,está nerviosa e está pendente do que pode
pasar.

Para que se fixo?


Caravaggio fixo esta obra para representar un significado máis profundo, xa
que Holofernes en representación do monarca Nabocodonosor trata de
someter a Israel mentras que Judith representa os designios divinos de
Deus ; dous forzas enfrontadas por o pobo de Israel igual que durante o s.
XVI e o s.XVII protestantes e católicos trataban de impoñer as súas forzas
mediante as guerras de relixión.

Contexto histórico
O contexto histórico do barroco é o dunha Europa dominada politicamente
polas monarquías absolutistas, cunha sociedade estamental e intervida polo
Estado. A vida económica está sostida por unha burguesía pouco avanzada e
un campesiñado onde cada vez hai máis propietarios e menos xornaleiros.
En definitiva, hai un gran contraste entre os luxos da corte e a pobreza da
maior parte da sociedade, aínda que producese un bo rendiemento da
agriculura.
Sobre a cultura no Barroco trátanse as mesmas temáticas que no
Renacemento (amorosa, mitolóxica, relixiosa, patriótica, carpe diem, beatus
ille...), pero con outra visión: a da decepción, que levará a actitudes e
enfoques pesimistas: desconfianza Dúbida dos demais.
O catolicismo tradicionalista loita co luteranismo e o protestantismo, e
prodúcense sanguentas guerras de relixión. O absolutismo monárquico
segue a defenderse como forma de goberno.
O pensamento barroco baséase na decadencia que o rodea. Algúns
responden con rebeldía e desconformidade. Outros, con evasión e
conformismo, idealismo e realismo.

Contexto artístico
O Barroco é un estilo artístico europeo desenvolvido no século XVII e na
primeira metade do XVIII. No Barroco os temas máis comúns a tratar son a
fugacidade da vida,a morte o paso do tempo,o castigo como consecuencia
del pecado,o arrepentimento e a representación de escenas tráxicas. A arte
asume, como na Idade Media, unha finalidade didáctica colaborando na
difusión dos dogmas cuestionados pola Reforma protestante.

Localización e ubicación
Esta pintura está localizada na Galería Nacional de Arte Antiguo en Roma
( Italia ), este museo situase en dous sedes distantes entre sí: o Palacio
Barberini e o Palacio Corsini. O Palacio Corsini anteriormente chamado
como Palacio Riario,é un palacio do século XV ,que foi reconstruído no
século XVIII polo arquitecto Ferdinando Fuga para o cardeal Neri Maria
Corsini. A colección desta institución inclúe a pintura de Judith e Holfernes.

Material e técnica
· Segundo o soporte: foi feita sobre lienzo ( tea ) , foi o soporte favorito no
Barroco pola súa facilidade de transporte e almacenamento e a súa boa
conservación.

· Segundo a técnica: pintura ao óleo , que consiste en mesturar os pigmentos


cun aglutinante a base de aceite, xeralmente de orixe vexetal.

· Segundo o acabado: existe gran precisón e detalle,aínda que outras versións


deste cadro están pintadas con maior coidado e paciencia.

Fidelidade

É unha obra figurativa xa que representa formas recoñecibles e é moi


naturalista e realista xa respecta as características do orixinal incluíndo os
defectos. Ademais as figuras de Caravaggio son modelos realistas, de feito,
este é un dos principais trazos do artista barroco. As súas figuras non están
idealizadas nin fermosas e moitas veces os seus cadros parecían descarnados
por iso.

Contornos
Non ten as liñas marcadas e ten liñas curvas xa que teñen desequilibrio e
expresividade.

Acabado
Trazos feitos con detalle e precisión ( trazos finos ).

Cor
Cores primarias ou secundarias :
Ten uso de cores primarias (non se poden obter mesturando outras cores)
como o vermello intenso das cortinas, ata cores secundarias (obtéñense
como resultado de mesturar cores primarias) como o marrón do pelo de
Judith.
Cores cálidas ou frías :
Uso predominante de cores cálidas que evocan paixón e emoción así Parece
que o obxecto está máis cerca e que é máis grande por iso son usadas para
tratar os detalles e os primeiros planos. O mesmo efecto conséguese co
branco ,por exemplo na roupa de Judith. E tamén uso de cores fríos e así
parece que o obxecto está máis lonxe e que é máis pequeno como o negro
( ausencia de cor ) para as sombras e fondo.

Combinacións de cores:
Harmónicas: atópanse unha ao lado de outra na roda de cor ou círculo
cromático como o laranxa do pelo de Judith e o vermello das cortinas. Xeneran
sensación de harmonía.
Luz
Ten un tipo de luz natural e un contraste de luz de tenebrismo xa que os
fondos son totalmente negros e a escena principal está fortemente
iluminada, por enriba de todo a figura de Judith destacando o seu
protagonismo, mentres o resto da escena somerxese nunha escuridade
plena.

Composición
Segundo o punto de vista do espectador é diagonal expresando desequilibrio
pero tamén lei da balanza xa que ten unha figura principal ( Judith ) no
centro que se flanquea con outras figuras ( Holofernes e a criada de Judith) aos
lados para equilibrar.

Perspectiva
Perspectiva xerárquica. O tamaño e o peso marcan distancia e establecen
xerarquías entre os personaxes dunha escea ( aínda que sexa no mesmo
plano ).

Volume
Volume das figuras con gradación de cor.

Movemento
Formas de lograr movemento mediante a acción: movemento no acto pola
propia acción que é realizada.
Sentimento
Judith aparece vestida segundo a moda da época, coma se fose unha
prostituta, pero o seu rostro reflicte serenidade e valentía, consciente da súa
misión. Holofernes aparece co peito descuberto, a espada xa lle cortou parte
do pescozo e o terror do momento vese no seu rostro.

Vincúlase co seu estilo


Nesta obra vincúlanse moitos elementos do seu estilo ,un moi
importante é o efecto lumínico ,o tenebrismo,unha corrente
correspondente a fase inicial do Barroco. Aparte un estilo basado na
observación, facendo sitio ás pautas morais ou estéticas do artista, cando
non a interpretacións moi libres do obxecto pintado.
Momento no desenvolvemento do estilo: c

Influencias: Caravaggio non tivo moitas influencias xa que sen Caravaggio, a


historia da pintura sería moi diferente. Foi un dos artistas máis influentes da
súa época, a súa pintura foi revolucionaria, rompeu con todo o establecido,
converténdose nun dos grandes piares da historia da pintura.

You might also like