You are on page 1of 7

Manuel Curros Enríquez

1. Obra
1. Un poeta radicalmente comprometido

 Curros é o poeta cívico por excelencia do Rexurdimento. Considera que a poesía debe
estar ao servizo da sociedade, comprometida cos máis desfavorecidos.
 A súa escrita amosa os ideais de progreso, democracia, liberdade, república e
galeguismo.
o Progresismo: defende as liberdades e os dereitos individuais, confía no
progreso científico e industrial e ataca a intolerancia, a censura, o fanatismo
relixioso, a tiranía, a pena de morte...
o Compromiso social: ponse eticamente ao lado dos e das que sofren as
inxustizas e enfronta o caciquismo, a opresión, a explotación, os privilexios, etc.
o Anticlericalismo: considera que a Igrexa católica representa a intolerancia, a
represión da liberdade de pensar ou a hipocrisía.
 Os ataques públicos e o procesamento por mor dos seus poemas anticlericais
outorgáronlle moito eco e facilitaron que a súa obra tivese moi boa acollida.

2. Unha obra coherente


Aires da miña terra (1880, reeditado e ampliado en anos sucesivos).

 As 32 composicións da edición definitiva, de 1886, están encadrados entre a


"Introdución", texto no que xustifica o emprego do galego, e unha "Encomenda" final
que asenta o seu lirismo cívico.
 A maior parte dos seus poemas son sociais, amosan unha preocupación constante por
combater as inxustizas que se cometen coas clases populares: control da propiedade da
terra, impostos, levas... Os textos costumistas e os intimistas son a excepción.

Diravos, si, que é pouco canto gana


Pr’as arcas do señor e pr’as do Rei,
Fai un mes que non comen cousa quente
Os fillos y-a muller!

 Teñen especial valor os incisivos retratos da xerarquía da Igrexa católica, como en


"Mirando ó chau"; nese poema fai exclamar a Deus, logo de ver como se comportan na
terra os seus ministros: "S’ eu fixen tal mundo / Qu’ o demo me leve".

Quedou com’ a neve,


Cos ollos cravados
Que espantan e feren,
Nun vulto qu’ iñoro
S’ é de home ou de verme.
Mirouno dispacio
E viu qu’ era un ventre
Coas sedas vestido
Máis ricas d’ Oriente.
Nun sólio sentado
Qu’ envidian os reises
Y-en capa revolto.
 Ademais de criticar as riquezas, os intereses e os abusos da Igrexa, tamén se consideran
negativos para o pobo outros poderes como a monarquía, a Xustiza ou a burocracia
administrativa. 

O Divino Sainete (1888).

 É unha obra de carácter satírico-burlesco composta por oito cantos de versos


octosílabos, ademais dunha introdución que incide na concepción cívica da poesía.

Tríadas, miñas tríadas


Que levades os tres fíos
Das frechas envenenadas:
Miñas tríadas valentes,
¡Rachade os aires fungando
Como fungan as serpentes!
Ladrade, mordede, ride:
Onde haxa virtú, bicade,
Onde haxa vicio, feride.

 Nela critica os sectores reaccionarios, en particular o papel da Igrexa católica.


 Ao tempo, satiriza diversas personalidades e institucións da vida galega, como a
"antigaleguista" Emilia Pardo Bazán, carlistas sanguinarios ou o propio xuíz que
condenou a Curros.
 Asemade, defende o Rexurdimento e as súas principais figuras e reivindica a existencia
da literatura galega.
 Composta ao estilo d'A divina comedia, de Dante, o propio autor -acompañado por
Francisco Añón- fai unha viaxe en tren a Roma que devén un percorrido crítico por sete
vagóns que conteñen cadanseu pecado capital.

3. O Curros intimista
Curros, defensor dunha poesía comprometida, só compuxo uns cantos poemas intimistas, sobre
todo elexíacos e derivados de impactos emocionais.

En media ducia de poemas, Curros troca a lira combativa por outra subxectiva. Estes son:

A) Composicións que parten de sucesos do ámbito familiar:

o “Ben chegado”: celebración do nacemento do seu primoxénito.

o As elexías “¡Ai!” e “Na morte de miña nai”, nas que enfronta o falecemento dun
fillo, nun caso, e da nai, no outro.

B) Composicións sobre a angustia, a soidade e o sentido existencial:

o “Tempro deserto”: poema confesional sobre a vivencia angustiosa da fe.

o “Sola”: elexía que canta a soidade dunha moza solicitada pola súa fermosura en
vida e morta en plena mocidade, a partir do cal se reflexiona sobre a
fugacidade da vida e a procura do sentido da morte.
o “A Rosalía”: desde unha visión onírica do vagar da poeta, lamenta a orfandade
radical e denuncia o seu mal fado.

Eduardo Pondal
Obra:
1. Unha poesía de alento patriótico

 A poesía de Pondal non é propiamente social, senón cívica (ou política no sentido
orixinario), responde plenamente aos ideais do rexionalismo (protonacionalismo), para o
que se enraíza nas orixes históricas e míticas do pobo galego.
 A perspectiva que adopta o 'eu' é a do bardo consciente e revela unha concepción da
poesía como himno que prepare os compatriotas para o combate.
 A súa estética formalista é moi persoal, sen concesións ao costumismo realista.

1.1. Queixumes dos pinos (1886).

o De temática bastante repetitiva, centrada na evocación dun pasado galego


prerromano relevante, na exhortación á loita pola dignidade, na morte heroica
ou na reivindicación dos sinais de identidade de Galicia.

1.2. Os Eoas (2005, obra revisada polo autor constantemente con afán de perfeccionismo
e que non chegou a publicar en vida).

o Extenso poema épico no que se relatan as fazañas de Colón e dos galegos que
presuntamente o acompañaron na conquista de América. Está inspirado en Os
Lusíadas, de Camões.

2. O universo poético da poesía cívico-patriótica

Está constituído polos seguintes elementos interrelacionados.

2.1. O celtismo

 Elemento vinculado coas teorías históricas da época (como as de Murguía), que lle
concedían relevancia central á influencia dos celtas na conformación da etnia galega.
Parte así dunha orixe e carácter celta dos galegos.
 Os líderes e heroes celtas (Breogán, Ith e outros bautizados cos topónimos de
Bergantiños) son paradigmas do valor e preséntanse como os nosos devanceiros.

Despois do duro combate,


Que o nobre celta Folgar,
Contra do esquivo romano,
Librou de Xallas no chan;

 pasado celta é presentado como glorioso, un tempo idealizado no que o pobo


era libre e protagonizaba loitas e fazañas. Ese tempo contrástao cunha actualidade
de escravitude e serve de referencia para o futuro desexado: a recuperación da
dignidade colectiva mediante a afouteza.
2.2. O bardismo

 A figura do bardo é central para que o pobo lembre o seu pasado glorioso e
poida reafirmarse. O falante lírico autoproclámase o bardo do pobo galego e
pretende que o seu canto sexa a guía do pobo no camiño cara á liberdade. 
 Este papel maniféstase nun sentimento de superioridade de quen se sente distinto
e responsábel dunha difícil tarefa. Dese xeito, adoita aparecer como un ser solitario,
atormentado, triste e incomprendido polos que o rodean.

2.3. O helenismo

 O modelo clásico do pobo de Esparta, austero e guerreiro, sérvelle a Pondal para


encamiñar a chamada á loita. Alude así a personaxes históricas e míticas gregas, cita
fazañas e espazos helénicos ou gaba a morte en combate.

Quen tuvera, dichoso,


un tan sublime acento
que do seu fondo sono
despertara os gallegos!
Oh, quen cumprir pudera
tan xeneroso intento,
desenterrando a lira,
a lira de Tyrteo!

2.4. A misoxinia

 A asociación da virilidade masculina coa actitude necesaria para acadar un futuro de


liberdade correspóndese co desprezo do estereotipo do "feminino".
 Alén diso, nalgún poema o falante lírico fai alarde de exercer de depredador sexual e
somete con violencia a muller.

2.5. O iberismo

 Como outros intelectuais da época, Pondal cre que a unión dos pobos ibéricos
permitiría enfrontar o centralismo español e facilitaría o reencontro entre galegos e
portugueses.

2.6. A lingua

 Como sinal identificador do pobo (nobre e harmoniosa fala de Breogán), a lingua galega
ten presenza temática en determinados poemas: critícase o seu abandono e anímase a
empregala.
 Nos textos pondalianos obsérvase un esforzo por crear un rexistro culto e literario para
o galego coa eliminación de vulgarismos e castelanismos ou coa introdución de
cultismos. O propio Pondal parece que sentenciou: "Déstesme unha lingua de
ferro, déixovos unha lingua de ouro".
2. O lirismo pondaliano

 A perspectiva propiamente lírica, xa practicamente reducida á vivencia da paisaxe e ao


desexo, subordínase ao papel cívico que asume o bardo.

 A identificación coa natureza. A natureza salvaxe adquire valor simbólico desde unha
concepción precristiá e panteísta do mundo: a memoria das árbores, a liberdade das
aves... Así mesmo, a paisaxe agreste convértese en confidente e refuxio ante a
incomprensión da que é vítima o bardo. Nesa liña, a forza e o pulo libre dos elementos
da natureza chegan a reflectir o estado anímico do bardo.

Daquela, os elementos naturais da paisaxe bergantiñá presentan múltiples papeis na


poesía de Pondal: constitúen o escenario épico, preséntanse como transmisores do
pasado glorioso, son refuxio e confidentes do bardo e asemade reflicten o espírito
deste coa súa grandiosidade e forza.

 A ollada misóxina. A figura feminina pode aparecer idealizada (como heroína guerreira
ou fada) ou ben ser obxecto de desexo sexual e de posesión violenta.

Outros autores e xéneros


1. Outras/os poetas destacados

 Valentín Lamas Carvajal. Parte dun poema de Saudades gallegas (1880).

 Florencio Vaamonde Lores. Varias estrofas de Os Calaicos (1894).


[Referencias: Leónidas, O mundo castrexo, Torres do Oeste, Vikingos en Galicia]

 Manuel Leiras Pulpeiro. Fragmentos de Cantares gallegos (1911).

 Filomena Dato Muruais. Fragmento dun poema de Follatos (1891).

2. Narrativa e outros xéneros

 Lamas Carvajal: Catecismo do labrego (1888). [Capturas: 1, 2, 3, 4]

 Francisco Álvarez de Nóvoa: Pé das burgas (1896) [23 relatos máis un limiar -"Dous
parrafeos". En capturas]

 Antonio López Ferreiro: A tecedeira de Bonaval (1894)

 Antonio López Ferreiro: O castelo de Pambre (1895)

 Antonio López Ferreiro: O niño de pombas (1905)

Noriega Varela e Ramón Cabanillas


1. Claves e actividades
No inicio do século, a poesía segue ancorada nos temas e nas formas do Rexurdimento. A
transición ao século XX protagonízana os formalistas da Xeración Antre dous séculos,
especialmente Cabanillas, que entronca co Rexurdimento mais achega certas innovacións.

1. Contexto sociohistórico. Sociedade, economía e política na etapa da


Restauración.

 Agrarismo. Autoorganización dos labregos para defenderen os seus dereitos.


Obxectivos básicos: abolición dos foros (prodúcese en 1926), remate do caciquismo.
Entidade principal: Acción Gallega. Cabanillas literaturiza o ideario agrarista.
 Decadencia plena da fidalguía.
 Intensificación da emigración e conseguinte fractura social. Reflexo na literatura.
 Medre dunha burguesía industrial (conserveiras...) e aparición dun proletariado
organizado en sindicatos.
 Desenvolvemento da ideoloxía nacionalista da man das Irmandades da Fala (Lugo,
1918). Dúas vertentes: activismo político (Villar Ponte...) e culturalismo (Risco...).
Órgano de expresión: A Nosa Terra. O labor político será reactivado na etapa
republicana co Partido Galeguista (1931), principal valedor do Estatuto aprobado en
1936. Ideoloxía baseada na lingua e na cultura propias, defendida e desenvolta de
xeito coherente. Teatro como medio de concienciación ideolóxica e cultural das
clases humildes (Conservatorio Nazonal de Arte Galega, 1919).

2. A literatura.

2.1. Noriega Varela.

Produción poética: Do ermo (co título Montañesas en 1904; ampliada e revisada en sucesivas


edicións, a última en 1946). Dúas liñas, a segunda máis plural e valiosa:
a) Poesía costumista: canto da dureza da vida campesiña e da ledicia das festas.
b) Poesía intimista.
b.1) Lirismo da natureza, ton lírico e emotivo, tenrura diante do humilde.
b.2) Formalismo saudosista, sonetos de coidada musicalidade, con influencia
do saudosismo portugués (Teixeira de Pascoaes) e os poetas clásicos.

2.2. Ramón Cabanillas. A literatura das Irmandades.

A creación en 1916 das Irmandades da Fala supuxo o inicio dunha nova etapa de esplendor na
literatura galega. Destacan na poesía Ramón Cabanillas, na prosa Xoán Vicente Viqueira e
Antón Vilar Ponte (ensaio) e Xosé Lesta Meis (narrativa), no teatro R. Cabanillas, A. Vilar
Ponte e Armando Cotarelo Valledor.
A obra de Ramón Cabanillas é asemade síntese e superación do Rexurdimento: a voz máis
representativa na altura da conciencia cívica e da renovación simbolista e modernista.
Dous tipos de poesía:

a) Poesía lírica. Con tres temáticas: a cívica (agrarista ou nacionalista), a intimista


(conmoción ante a natureza, o amor…) e a costumista (os costumes como
reivindicación das nosas raíces). Presentes nas obras No desterro (1913), Vento
mareiro (1915), Da terra asoballada (1917), A rosa de cen follas (1927).

b) Poesía narrativa. Aposta pola reconstrución dun pasado mítico, adaptando a


“materia de Bretaña” para dignificar Galicia. Obra principal: Na noite
estrelecida (1926), poema narrativo composto por tres partes ou “sagas”: A
espada Escalibor, O cabaleiro do Sant Grial, O soño do rei Artur. No estilo:
simbolismo, adxectivación e riqueza modernistas, métrica con combinación de
romances e alexandrinos.
Tamén no teatro buscou a dignificación do noso pasado, a través da figura do mariscal Pardo
de Cela, en O mariscal (1926).

Os autores en esquema:

You might also like