You are on page 1of 1

Explica os referentes culturalistas do poema e comenta algunha característica da súa

poesía, sempre a través de citas. Indica dous títulos de libros poéticos máis do autor e un poeta
da súa xeración literaria.

¡EN PÉ!

¡Irmáns no amor á Suevia


de lexendaria historia,
¡en pé! ¡en pé dispostos
a non morrer sen loita!
¡O día do Medulio
con sangue quente e roxa1 1-roxa: castelanismo por vermello
mercámo-lo dereito
á libre, honrada chousa2! 2- terreo de monte valado
¡Xa está ó vento a bandeira azul e branca!
(...)
En Da terra asoballada (1917), Ramón Cabanillas.

Neste poema Cabanillas emprega dous referentes culturalistas da historia antiga de


Galicia. O primeiro alude ao reino suevo (“Suevia / de lexendaria historia”), pobo que dende o s.
VI se asentou na antiga Gallaecia romana, dando forma á cultura galega coa achega de léxico,
antropónimos e topónimos actuais e mais constituíndo un territorio que durou arredor de 180 anos
que Ramón C. aproveita para simbolizar unha nación galega independente: “¡en pé!”, en
reduplicación e mesmo dando título á composición para arengar o pobo galego na loita
nacionalista. Os referentes culturalistas son influencia da poesía de Pondal.
O segundo retrotráese á época romana, “Medulio / con sangue quente e roxa”, monte no
que o pobo celta se resistiu aos romanos na loita pola súa liberdade (segundo as crónicas
romanas). Esta batalla finalizou co suicidio das familias celtas antes de seren escravizadas polos
invasores. Esta cita histórica válelle ao poeta para reafirmar o seu nacionalismo a través da
denuncia do dereito do pobo labrego e mariñeiro para obter a redención dos foros e a propiedade
da terra, obxectivos que os partidos agraristas do momento e as Irmandades da Fala tiñan
marcados como prioritarios, ademais da defensa da cultura e lingua galegas (“dereito / á libre,
honrada chousa”). O carácter combativo desta corrente de poesía civil (herdada de Curros)
amósase en “non morrer sen loita” e “sangue”, e finaliza cunha exclamación do símbolo do país
galego no último verso: “¡Xa está ó vento a bandeira azul e branca”.
Cabanillas tamén publicou Na noite estrelecida, sobre as lendas artúricas, e A rosa de cen
follas, de carácter intimista. Noriega Varela (quen publicou Do ermo) erixiuse como outro famoso
poeta da época das Irmandades.

You might also like