You are on page 1of 7

Ramón Cabanillas

“O Poeta da Raza”, principal representante


lírico da xeración das Irmandades.

Representa a ponte que une a tradición do


Rexurdimento e a estética do modernismo e
simbolismo.

Poeta fecundo e de rexistros variados, produto dos


seguintes elementos básicos:
Tradición clásica greco-latina, a tradición colclórica
galega, a herdanza dos mestres do Rexurdimento, o
romanticismo tardío e renovación estética dos
movementos simbolistas e post-simbolistas.
Obras de Cabanillas
Poesía lírica
No desterro (1913)
Vento Mareiro (1915)
Da terra asoballada (1917)
Distinguimos tres liñas temáticas
nestas obras: poesía social, a poesía
intimista e a poesía costumista de raíz
modernista.
A obra A rosa de cen follas (1927) recolle
poemas de temática intimista e amorosa
Poesía narrativa
Na noite estrelecida

Mitificación de Galicia para


mobilizar a conciencia colectiva.
Por medio de:
Cristianismo
Celtismo
Lendas
Historia
Poesía Narrativa

Samos
Glosa a historia do mosteiro do mesmo nome,
ademais inclúe poemas en que manifesta un desexo
de paz e harmonía na liña do tópico clásico do
“beatus ille”

O bendito San Amaro


Romance en octosílabos que narra a vida dun
personaxe lendario e santo galego, Don Amaro de
Arentei
Na noite estrelecida
Consta de tres sagas: “A espada
Escalibor” que narra a proba da espada
Escalibor e a coroación de Artur; “O
cabaleiro do Santo Graal” trata das
andanzas do valente e virtuoso
cabaleiro Galaaz quen está destinado a
contemplar o sagrado vaso; “O sono do Rei
Artur” narra a despedida do mítico rei que,
ferido de morte, agardará a volta nun tempo
futuro para gloria dos pobos célticos
Teatro
O Mariscal, drama escrito en verso de
inspiración modernista. Céntrase na figura
dun mito galego, o conde Pero Pardo de
Cela, decapitado en Mondoñedo en 1493,
que se erixe en símbolo da resistencia
galega fronte á política dos Reis Católicos.

A man de santiña, comedia costumista cun


ar moratiniano onde aparece a figura dun
fidalgo que representa o espírito galeguista
Estilo

Musicalidade
Exotismo
Plasticidades
Efectos sensoriais
Clasicismo

You might also like