You are on page 1of 9

UNIDADE 20

UNIDADE 20

Obxectivos didácticos da unidade


– Comprender e valorar a importancia de Eduardo Pondal e Manuel Curros Enríquez na historia da litera-
tura e cultura galegas e coñecer os principais datos biográficos de ambos os autores, así como os relativos ás
súas obras.
– Recoñecer as características formais, así como as liñas e elementos temáticos de Queixumes dos pinos.
– Coñecer as principais características e intención comunicativa de Os Eoas.
– Recoñecer as características formais, así como as liñas temáticas de Aires da miña terra.
– Coñecer as principais características formais e temáticas de O Divino Sainete.
– Ler textos significativos de Eduardo Pondal e Manuel Curros Enríquez, identificando as súas características
temáticas e formais e poñelas en relación co contexto sociohistórico e sociolingüístico e mais o xénero ao
que pertencen.

Contidos da unidade
– Eduardo Pondal: vida e obra
Queixumes dos Pinos: caracterización e contido
Os Eoas
– Manuel Curros Enríquez: vida e obra
Aires da miña terra: caracterización e contido
O Divino Sainete

Elementos transversais da unidade


– Desenvolvemento de aptitudes emprendedoras como a creatividade, a autonomía, a iniciativa, o traballo en
equipo, a confianza nun mesmo e o sentido crítico.
– Desenvolvemento de aptitudes democráticas como a convivencia, a tolerancia, a prudencia, o autocontrol,
o diálogo e a empatía.

Temporalización
Para a realización da unidade 20 serán precisas 6 sesións.

Recursos e ferramentas de avaliación


Recursos:
– Libro dixital, dotado de recursos variados para o seu uso na aula: material complementario, locucións, mate-
rial audiovisual, enlaces web, textos de ampliación…
– Exemplo de comentarios literarios resoltos
– Ferramentas de avaliación:
– Autoavaliación final da unidade 20 do libro do alumnado
– Proba de avaliación da unidade 20
– Rúbrica de avaliación da unidade 20

240
Lingua e literatura 1º Bacharelato Programación por unidades

RELACIÓN DE MATERIAIS PARA O PROFESORADO QUE SE OFRECEN DESEGUIDO

– Programación da unidade 20

– Proba de avaliación da unidade 20

– Textos literarios comentados («Cando o escarpado Ougal» de E. Pondal e «Na chegada a Ourense da
primeira locomotora, de M. Curros Enríquez)

241
UNIDADE 20 Lingua e literatura 1º Bacharelato Programación por unidades

Programación da unidade

OBXECTIVOS BLOQUES DE CONTIDOS CRITERIOS DE AVALIACIÓN ESTÁNDARES E INDICADORES COMPETENCIAS


b BLOQUE 2. COMUNICACIÓN ESCRITA. LER E ESCRIBIR
d B2.1 Aplicación de estratexias e coñecementos lingüísticos, sociolingüís- B2.1 Aplicar estratexias e coñecementos lingüísticos, sociolingüísticos LGB2.1.4 Utiliza recursos bibliográficos, audiovisuais e dixitais para facilitar a comprensión e complementar a información do texto. CCL
e ticos e pragmáticos para comprender, analizar e comentar o texto na e pragmáticos para comprender, analizar e comentar o texto na súa in- CD
g súa integridade. tegridade. CAA
m B2.3. Comprensión, produción e síntese de textos expositivos e argu- B2.3. Comprender, producir e sintetizar o contido de textos expositivos e
n mentativos do ámbito educativo e de divulgación científica e cultural argumentativos de tema especializado do ámbito educativo ou de divul- LGB2.3.1. Comprende, interpreta e sintetiza tanto o contido de materiais de consulta (dicionarios, glosarios e enciclopedias) e textos argumentativos e CCL
p (dicionarios, glosarios e enciclopedias). gación científica e cultural. expositivos (ensaios). CD
• Procura e emprego de información complementaria. • Procurar eficazmente información complementaria e empregala • Procura información sobre o celtismo no pensamento galeguista. CAA
para interpretar e comentar os textos. • Procura información sobre as relacións de Curros Enríquez coa Igrexa católica.

BLOQUE 5. A LITERATURA
B5.7. A literatura do Rexurdimento: contextualización sociohistórica e B5.7. Identificar, analizar e describir a literatura do Rexurdimento: con- LGB5.7.1. Identifica, analiza e describe a literatura do Rexurdimento: contextualiza sociohistórica e sociolingüisticamente a produción do Rexurdimento CCL
sociolingüística da produción do Rexurdimento pleno ata 1916 e des- textualizar sociohistórica e sociolingüisticamente a produción do Rexur- pleno ata 1916 e describe e analiza as obras e os/as autores/as principais deste período. CCEC
crición e análise das obras e os/as autores/as principais deste período. dimento pleno ata 1916 e describir e analizar as obras e os/as autores/ • Describe e valora a importancia de Eduardo Pondal na historia da literatura e cultura galega e coñece os principais datos da súa vida e obra.
B5.8. Lectura de textos significativos dos/das principais autores/as do as principais deste período. • Recoñece as características formais, así como as liñas e elementos temáticos de Queixumes dos pinos.
Rexurdimento pleno, identificación das súas características temáticas e • Comprender e valorar a importancia de Eduardo Pondal e Manuel • Coñece as principais características e intención comunicativa de Os Eoas.
formais e relación co contexto sociohistórico e sociolingüístico e mais o Curros Enríquez na historia da literatura e cultura galega e coñecer • Describe e valora a importancia de Manuel Curros Enríquez na historia da literatura e cultura galega e coñece os principais datos da súa vida e obra.
xénero ao que pertencen. os principais datos biográficos de ambos os autores, así como os • Recoñece as características formais, así como as liñas temáticas de Aires da miña terra.
• Eduardo Pondal: vida e obra. relativos ás súas obras. • Coñece as principais características formais e temáticas de O Divino Sainete.
• Queixumes dos pinos: caracterización e contido. • Recoñecer as características formais, así como as liñas e elementos LGB5.8.1. Le e comenta textos representativos da literatura do Rexurdimento, caracterízaos formal, estrutural e tematicamente e ponos en relación co CCL
• Principais elementos temáticos de Queixumes dos pinos. temáticos de Queixumes dos pinos. contexto sociohistórico e sociolingüístico. CCEC
• Os Eoas. • Coñecer as principais características e intención comunicativa de • Le, interpreta e comenta, de xeito guiado, fragmentos representativos das diferentes liñas temáticas presentes en Queixumes dos pinos.
• Manuel Curros Enríquez: vida e obra. Os Eoas. • Pon en relación a obra de Pondal coa tradición celtista no pensamento galeguista.
pp. 334-348

• Aires da miña terra: caracterización e contido. • Recoñecer as características formais, así como as liñas temáticas de • Compara, seguindo unhas pautas, o simbolismo da natureza no conxunto da obra de Pondal.
Literatura

• O Divino Sainete. Aires da miña terra. • Analiza guiadamente o simbolismo da virilidade na obra de Pondal e identifica as referencias helenísticas asociadas a este elemento.
• Coñecer as principais características formais e temáticas de O Di- • Aprecia os trazos lingüísticos propios do estilo de Eduardo Pondal e relaciónaos coa súa intención comunicativa.
vino Sainete. • Realiza, de xeito guiado, inferencias sobre o contido dun fragmento de Os Eoas para interpretar de xeito global a mensaxe do texto e identifica nel
B5.8. Ler textos significativos dos/das principais autores/as do Rexurdi- os elementos que compoñen a ideoloxía político-cultural do autor.
mento pleno, identificando as súas características temáticas e formais e • Le, interpreta e comenta, de xeito guiado, fragmentos representativos das diferentes liñas temáticas presentes en Aires da miña terra.
poñelas en relación co contexto sociohistórico e sociolingüístico e mais • Compara o tratamento da función cívico-social da poesía no conxunto da obra de Curros Enríquez.
o xénero ao que pertencen. • Comenta o tratamento da relixiosidade e da Igrexa católica na obra de Curros, empregando información complementaria.
• Ler, interpretar e comentar, de xeito guiado, textos representativos • Sinala os elementos populares nun fragmento de «A Virxe do Cristal», de Curros Enríquez.
das diferentes liñas temáticas desenvolvidas por Eduardo Pondal e
Manuel Curros Enríquez.
• Comprender e relacionar o celtismo presente no pensamento gale-
guista coa obra de Pondal.
• Comparar e analizar o simbolismo da natureza e da virilidade na
obra de Pondal.
• Apreciar os trazos lingüísticos característicos da obra de Pondal, en
relación coa súa intención comunicativa.
• Identificar os elementos ideolóxicos presentes en Os Eoas e inter-
pretar, mediante inferencias, o sentido global da mensaxe.
• Analizar o tratamento da función cívico-social da poesía no
conxunto da obra de Curros Enríquez a través da comparación de
textos.
• Analizar o tratamento da relixiosidade na obra de Curros mediante
a comparación de textos e o emprego de información complemen-
taria.
• Identificar os elementos populares nun fragmento de «A Virxe do
Cristal», de Curros Enríquez.

242 243
UNIDADE 20 Lingua e literatura 1º Bacharelato Programación por unidades

b BLOQUE 5. A LITERATURA
d B5.7. A literatura do Rexurdimento: contextualización sociohistórica e B5.7. Identificar, analizar e describir a literatura do Rexurdimento: con- LGB5.7.1. Identifica, analiza e describe a literatura do Rexurdimento: contextualiza sociohistórica e sociolingüisticamente a produción do Rexurdimento CCL
e sociolingüística da produción do Rexurdimento pleno ata 1916 e des- textualizar sociohistórica e sociolingüisticamente a produción do Rexur- pleno ata 1916 e describe e analiza as obras e os/as autores/as principais deste período. CCEC
m crición e análise das obras e os/as autores/as principais deste período. dimento pleno ata 1916 e describir e analizar as obras e os/as autores/ • Sintetiza o pensamento cívico-social de Manuel Curros Enríquez.
n B5.8. Lectura de textos significativos dos/das principais autores/as do as principais deste período. • Resume as diferentes temáticas tratadas en Aires da miña terra.
p Rexurdimento pleno, identificación das súas características temáticas e • Coñecer os trazos xerais do ideario cívico-social de Manuel Curros LGB5.8.1. Le e comenta textos representativos da literatura do Rexurdimento, caracterízaos formal, estrutural e tematicamente e ponos en relación co CCL
formais e relación co contexto sociohistórico e sociolingüístico e mais o Enríquez. contexto sociohistórico e sociolingüístico. CCEC
xénero ao que pertencen. • Identificar as liñas temáticas desenvolvidas en Aires da miña terra. • Analiza, seguindo unhas pautas, a funcionalidade dos principais símbolos recorrentes na obra de Pondal presentes no poema, así como dos trazos
Textos para analizar

• Análise de «Cando no escarpado Ougal», Eduardo Pondal. B5.8. Ler textos significativos dos/das principais autores/as do Rexurdi- lingüísticos e o emprego dos topónimos.
pp. 349-350

• Análise dun fragmento de «Os pinos», Eduardo Pondal. mento pleno, identificando as súas características temáticas e formais e • Realiza unha análise da métrica, a rima e as voces líricas e pon en relación os trazos cromáticos coa simboloxía do poema.
• Análise de «Aquí vén o maio», Curros Enríquez. poñelas en relación co contexto sociohistórico e sociolingüístico e mais • Comenta o elemento costumista presente no poema en relación co conxunto da poesía de Curros Enríquez e identifica os trazos de carácter cívi-
• Análise de «Que triste está a aldea», Curros Enríquez. o xénero ao que pertencen. co-social.
• Analizar, seguindo unhas pautas, a funcionalidade da simboloxía • Reflexiona, de xeito guiado, sobre a intención comunicativa do poema de Curros, en relación co ideario do autor e o seu contexto sociohistórico.
na obra de Pondal, así como o seu modelo lingüístico, a partir do
poema.
• Realizar unha análise formal e de contido do texto de forma guiada.
• Comentar os trazos costumistas e cívico-sociais na poesía de Cu-
rros Enríquez e identificalos no poema.
• Reflexionar, de xeito guiado, sobre a intención comunicativa do
poema de Curros, en relación co seu ideario e contexto sociohis-
tórico.

b BLOQUE 2. COMUNICACIÓN ESCRITA. LER E ESCRIBIR


d B2.1 Aplicación de estratexias e coñecementos lingüísticos, sociolingüís- B2.1 Aplicar estratexias e coñecementos lingüísticos, sociolingüísticos LGB2.1.2 Interpreta o sentido global do texto, identifica o propósito comunicativo do autor e emite opinións e xuízos sobre a mensaxe. CCL
e ticos e pragmáticos para comprender, analizar e comentar o texto na e pragmáticos para comprender, analizar e comentar o texto na súa in- • Le e manifesta a comprensión do sentido global do poema. CSC
m súa integridade. tegridade. • Realiza un xuízo persoal empregando argumentos claros e lóxicos. CSIEE
n • Lectura comprensiva de «Feros corvos de Xallas», Eduardo Pondal: • Ler comprensivamente e interpretar o sentido global do poema. CCEC
p Queixumes dos pinos. • Realizar un xuízo persoal empregando argumentos claros e lóxicos.
• Xuízo persoal. B2.2 Compoñer producións escritas planificadas adecuadas a situación LGB2.2.1 Selecciona e presenta os contidos dos seus textos de forma clara e ordenada. CCL
B2.2 Planificación e produción de textos adecuados, coherentes e ben e á intención comunicativa desexada, con coherencia, cohesión, correc-
cohesionados; axustados ás normas gramaticais e ben presentados. ción gramatical e boa presentación. LGB2.2.2 Identifica e describe as características lingüísticas dos distintos tipos de rexistro. CCL
• Redacción do comentario literario. • Redactar o comentario literario con coherencia, cohesión e correc-
ción. LGB2.2.3 Utiliza o rexistro lingüístico axeitado á situación comunicativa. CCL
CSC

LGB2.2.4 Utiliza mecanismos variados de cohesión lingüística. CCL


Comentario literario

LGB2.2.5 Axústase ás normas ortográficas e morfolóxicas da lingua galega. CCL


• Redacta o comentario literario de forma ordenada, no rexistro adecuado e con coherencia, cohesión e corrección gramatical.
p. 351

BLOQUE 5. A LITERATURA
B5.7. A literatura do Rexurdimento: contextualización sociohistórica e B5.7. Identificar, analizar e describir a literatura do Rexurdimento: con- LGB5.7.1. Identifica, analiza e describe a literatura do Rexurdimento: contextualiza sociohistórica e sociolingüisticamente a produción do Rexurdimento CCL
sociolingüística da produción do Rexurdimento pleno ata 1916 e des- textualizar sociohistórica e sociolingüisticamente a produción do Rexur- pleno ata 1916 e describe e analiza as obras e os/as autores/as principais deste período. CCEC
crición e análise das obras e os/as autores/as principais deste período. dimento pleno ata 1916 e describir e analizar as obras e os/as autores/ • Contextualiza o poema explicando a relevancia da obra á que pertence no panorama literario galego do século XIX.
• Contextualización. as principais deste período. • Explica o significado do bardismo na obra de Eduardo Pondal.
B5.8. Lectura de textos significativos dos/das principais autores/as do • Contextualizar o texto explicando a relevancia de Queixumes dos LGB5.8.1. Le e comenta textos representativos da literatura do Rexurdimento, caracterízaos formal, estrutural e tematicamente e ponos en relación co CCL
Rexurdimento pleno, identificación das súas características temáticas e pinos no panorama literario galego do século XIX. contexto sociohistórico e sociolingüístico. CCEC
formais e relación co contexto sociohistórico e sociolingüístico e mais o • Comprender o significado do bardismo na obra de Eduardo Pondal. • Comenta tematicamente o poema en relación coa visión da natureza expresada na obra de Pondal e os seus elementos simbólicos.
xénero ao que pertencen. B5.8. Ler textos significativos dos/das principais autores/as do Rexurdi- • Analiza, de xeito autónomo, a estrutura do poema.
• Comentario literario guiado de «Feros corvos de Xallas», Eduardo mento pleno, identificando as súas características temáticas e formais e • Sinala as características estilísticas fundamentais e exemplifica o tratamento culto da lingua no texto.
Pondal: Queixumes dos pinos. poñelas en relación co contexto sociohistórico e sociolingüístico e mais
o xénero ao que pertencen.
• Comentar o poema desde o punto de vista temático e en relación
coa obra de Pondal.
• Analizar autonomamente a estrutura do poema.
• Identificar os trazos estilísticos fundamentais, así como o trata-
mento culto da lingua no texto.

b BLOQUE 5. A LITERATURA
d B5.7. A literatura do Rexurdimento: contextualización sociohistórica e B5.7. Identificar, analizar e describir a literatura do Rexurdimento: con- LGB5.7.1. Identifica, analiza e describe a literatura do Rexurdimento: contextualiza sociohistórica e sociolingüisticamente a produción do Rexurdimento CCL
e sociolingüística da produción do Rexurdimento pleno ata 1916 e des- textualizar sociohistórica e sociolingüisticamente a produción do Rexur- pleno ata 1916 e describe e analiza as obras e os/as autores/as principais deste período. CCEC
m crición e análise das obras e os/as autores/as principais deste período. dimento pleno ata 1916 e describir e analizar as obras e os/as autores/ • Responde correctamente unha serie de preguntas relativas aos contidos desenvolvidos na unidade.
Autoavaliación

n • Actividades de autoavaliación. as principais deste período. • Indica se son verdadeiros ou falsos varios enunciados relativos aos contidos da unidade.
p. 352

p • Responder correctamente unha serie de preguntas relativas aos • Relaciona diferentes conceptos relativos ao Rexurdimento e as obras destacadas dos autores tratados na unidade.
contidos desenvolvidos na unidade.
• Recoñecer como verdadeiros ou falsos varios enunciados relativos
aos contidos da unidade.
• Relacionar diferentes conceptos relativos ao Rexurdimento e as
obras destacadas dos autores tratados na unidade.

244 245
UNIDADE 20

PROBA DE AVALIACIÓN
Unidade 20

1. Cales son os principais elementos que caracterizan a poesía cívica de Eduardo Pondal?

2. Explica cal é a concepción da muller na poesía de Eduardo Pondal.

3. Que relación vai ter o lugar de nacemento de Pondal coa súa produción poética?

4. Cales son as principais obras Eduardo Pondal?

5. Cal é a función do poeta na sociedade segundo Curros?

6. Cales son as tres liñas temáticas presentes na obra de Curros Enríquez?

7. Que obra é o máximo expoñente do anticlericalismo de Curros? De que fai parodia esta obra?

8. Cal é a diferenza fundamental entre a lingua empregada por Curros Enríquez e a empregada por Eduar-
do Pondal?

246
Lingua e literatura 1º Bacharelato Programación por unidades

TEXTOS LITERARIOS COMENTADOS


Unidade 20. O Rexurdimento II: Eduardo Pondal e Curros Enríquez

TEXTO 1

Eduardo Pondal

Cando no escarpado Ougal


apunta a soa floriña,
anunciando ao cazador
do ano a estación garrida;
cando da doce Fungar
ás curvas praias marinas
en nó tecido voando
chegan as lixeiras píllaras;
entonces do bardo a alma
que soña entre as uces irtas,
apoiado na súa arpa,
en donde o vento suspira;
mentres que os fillos dos homes
danse ás faenas da vida,
entonces do bardo a alma
visita a melancolía.

COMENTARIO
O Rexurdimento das letras galegas veu da man de tres grandes figuras literarias: Rosalía de Castro, Curros
Enríquez e Eduardo Pondal. Pondal, autor do poema que nos ocupa, naceu en Ponteceso en 1835. A co-
marca de Bergantiños será determinante na súa obra, pois estas terras van ser escenario e protagonistas do
mundo mítico que recreará nos seus poemas.
A composición de Pondal motivo de comentario leva por título «A alma do bardo» e é unha primeira
versión do poema «Cando no escarpado cabo» incluído en Queixumes dos pinos (1886), obra clave do escri-
tor que recolle gran parte da súa produción poética. No seu afán por dotar a Galicia dun pasado glorioso,
que dignifique a historia do pobo galego fronte á cultura dominan­te procedente de Castela, os poemas
de Queixumes dos pinos constitúen unha sucesión de cantos que recollen a memoria mítica de Galicia e
proxéctana cara a un futuro esperanzador.
O poema, composto por dezaseis versos, pode dividirse en dúas partes con dous motivos prin­cipais.
A primeira parte correspóndese cos oito primeiros versos; nela, a presenza da natureza pro­pia da obra de
Pondal é a protagonista. A paisaxe pondaliana está representada por unha nature­za áspera e esquiva, pre-
sente no poema (escarpado Ougal, uces irtas). Os topónimos empregados (Ougal, Fungar) sitúan a compo-
sición nas terras de Bergantiños, escenario, como xa apuntamos, do seu mundo literario.
Na segunda parte (oito últimos versos) aparece o motivo central da composición: a figura do bardo.
O bardismo, ligado ao celtismo, é un dos motivos principais da obra do bergantiñán. O propio Pondal,
chamado entre os seus contemporáneos o Bardo das letras galegas, considérase a si mesmo o vate elixi-
do para instruír o pobo galego e liberalo da súa escravitude. Baixo esta con­sideración, a figura do bardo
amósase como un trasunto do poeta. No poema fica presente a concepción aristocrática da figura do vate
(o bardo oponse a «os fillos dos homes»), un ser elixido entre o resto dos mortais para guiar o pobo. Este
destino fatal é o motivo de que a figura do bar­do acostume a aparecer ligada á saudade, tal e como sucede
nos versos que nos ocupan: mentres que os fillos dos homes / danse ás faenas da vida / entonces do bardo a alma
/ visita a melancolía.

247
UNIDADE 20

Canto aos recursos estilísticos, o máis salientable é a presenza de hipérbatos, propios da poesía de Pon-
dal (do ano a estación garrida; entonces do bardo a alma); a anáfora entre o primeiro e o quin­to verso (Cando
no escarpado Ougal.../ Cando da doce Fungar...) e a repetición do verso en que se inspira o título do poema
(entonces do bardo a alma). Propio da épica é o recurso de substituír un substantivo por unha perífrase (a
estación garrida = primavera; a soa floriña = a camariña).
Canto á métrica, está composto por versos octosílabos onde predomina a rima asonante. Pondal, coa
súa obra, perseguía dous obxectivos fundamentais: no aspecto lingüístico, preten
día dignificar a lingua galega e convertela nun idioma culto. No aspecto literario, tentaba arre­darse do
realismo e costumismo predominantes na época para procurar as raíces prehistóricas de Galicia coa mesma
intención de dignificar a nosa cultura. O intelectualismo presente na súa obra fixo que en vida non gozase
do mesmo recoñecemento e aceptación popular que tiveron Rosalía e Curros, recoñecemento que se supliu
co paso dos anos, cando pasa a ser referente de impor­tantes poetas.

248
Lingua e literatura 1º Bacharelato Programación por unidades

EXTOS LITERARIOS COMENTADOS


Unidade 20. O Rexurdimento II: Eduardo Pondal e Curros Enríquez

TEXTO 2

Manuel Curros Enríquez

Na chegada a Ourense da primeira locomotora

Velaí vén, velaí vén avantando


cómaros e corgas e vales e cerros.
¡Vinde vela, mociños e mozas!
¡Saudádea, rapaces e vellos!

Por onde ela pasa


fecunda os terreos,
espértanse os homes,
florecen os eidos.

Velaí vén, velaí vén tan houpada,


tan milagrosiña, con paso tan meigo,
que parece unha Nosa Señora,
unha Nosa Señora de ferro.

Tras dela non veñen


abades nin cregos,
mais vén a fartura
¡e a luz!, ¡e o progreso!

Catedral, demagogo de pedra,


dun pobo fanático erguida no medio,
repenica esas chocas e campanas
en sinal de alegría e contento.

Asocia esas voces


ao son dos pandeiros,
¡aos santos sorrisos
de terras e ceos!

E ti, río dos grandes destinos,


que os himnos ensaias dos triunfos ibéricos,
requeimadas as fauces de sede,
vén o monstro a beber no teu seo.

Bon samaritano,
dálle auga ao sedento,
que a máquina é o Cristo
dos tempos modernos.

249
UNIDADE 20

COMENTARIO
Manuel Curros Enríquez é, xunto con Rosalía de Castro e Eduardo Pondal, un dos máximos expo­ñentes
do Rexurdimento da literatura galega. O que caracteriza a obra de Curros Enríquez é que concibe a poesía
como un instrumento a través do cal se poden poñer de manifesto e denunciar as inxustizas sociais que
minguaron a liberdade e o progreso de Galicia. A obra de Curros foi a ini­ciadora dunha liña social-pa-
triótica na poesía galega que tivo grandes cultivadores na nosa litera­tura como pode ser o caso do poeta,
celanovés coma Curros, Celso Emilio Ferreiro.
«Na chegada a Ourense da primeira locomotora» é unha das composicións de Aires da miña terra
(1880), poemario que recolle gran parte da produción poética do autor. No libro diferén­cianse catro liñas
temáticas fundamentais: a liña social, a costumista, a narrativa e a lírico-inti­mista; o poema que nos ocupa
pertence á primeira das liñas mencionadas.
Neste poema Curros Enríquez expresa a defensa das ideas de progreso e liberdade que se opo­ñen ta-
xativamente ás ideas da Igrexa católica. Para Curros, a Igrexa representa os valores das clases dominantes,
a oposición ao progreso, así como o mantemento do sistema foral, do cal esta insti­tución era a principal
beneficiaria, co que isto supuña de freo para o avance social e económico do agro galego e de Galicia en
xeral. Esta idea exponse no poema a través dunha serie de símbolos. A locomotora simboliza a redención, o
progreso, a luz e a riqueza; por oposición, a catedral –asocia­da aos abades e aos cregos– simboliza a dema-
goxia, o inmobilismo, o fanatismo e a pobreza. Outro elemento presente no poema é o río, que simboliza
a historia e o movemento.
En «Na chegada a Ourense da primeira locomotora» podemos diferenciar tres unidades estru­turais
dependendo do destinatario ao que se dirixe o eu lírico. A primeira unidade comprende as catro primeiras
estrofas. O eu lírico diríxese a mozos, mozas, rapaces e vellos para anunciar a che­gada da locomotora (¡Vin-
de vela, mociños e mozas! / ¡Saudádea, rapaces e vellos!). Nesta primeira parte xa aparece exposta a oposición
progreso/Igrexa que comentabamos anteriormente. Así, a locomotora é sinal de tempos mellores (Por onde
ela pasa / fecunda os terreos, / espértanse os homes, / florecen os eidos), e identifícase cunha virxe, mais cunha
virxe ligada ao progreso e afastada da Igrexa católica (parece unha Nosa Señora, / unha Nosa Señora de ferro.
/ Tras dela non veñen / abades nin cregos, / mais vén a fartura / ¡e a luz!, ¡e o progreso!).
A segunda unidade estrutural abrangue a quinta e a sexta estrofa. Neste caso, o destinatario é a Cate-
dral, que aparece ligada ao fanatismo relixioso (Catedral, demagogo de pedra, / dun pobo fanático erguida
no medio, / repenica esas chocas e campanas / en sinal de alegría e contento). Por últi­mo, a terceira unidade
confórmana as dúas últimas estrofas, nas cales o destinatario é o río. Nesta parte a locomotora volve identi-
ficarse cunha figura relixiosa, neste caso Cristo: que a máquina é o Cristo / dos tempos modernos. A fe cristiá
na mordenidade debería ser substituída pola fe na máquina, isto é, na ciencia.
Canto aos recursos estilísticos, cómpre salientar a reduplicación da fórmula velaí vén no verso (velaí vén,
velaí vén avantando) e a repetición que se establece entre o primeiro e o noveno verso (velaí vén, velaí vén
avantando e velaí vén, velaí vén tan houpada). O ritmo do poema tamén se consegue a base de repeticións
das mesmas estruturas sintácticas (mociños e mozas e rapaces e vellos; fecunda os terreos, espértanse os homes,
florecen os eidos). Tamén cómpre nomear a utilización do polisíndeto en cómaros e corgas e vales e cerros ou
en mais vén a fartura / ¡e a luz! ¡e o progreso!, recur­so que lle imprime dinamismo ao poema. O esquema
métrico é –a –a, e altérnanse en cada estrofa versos de arte maior (de 10, 11 e 12 sílabas) e de arte menor
(de seis sílabas).
Este poema recolle as características máis destacadas da obra de Curros: o compromiso do poe­ta coa
defensa dos dereitos dos cidadáns, a defensa de Galicia e o anticlericalismo progresista.

250

You might also like