You are on page 1of 91

lOMoARcPSD|3530369

Tema 2 Literatura Medieval Galego - Portuguesa

Literatura Galega (Universidade da Coruña)

StuDocu no está patrocinado ni avalado por ningún colegio o universidad.


Descargado por Sara Gales (saragalesco@gmail.com)
lOMoARcPSD|3530369

TEMA 1:

DEFINICIÓN, CARACTERIZACIÓN, PERIODIZACIÓN. CUESTIÓNS METODOLÓXICAS

DENOMINACIÓN E HISTORICIDADE DO CONCEPTO LITERATURA:

1) Definición

O termo literatura provén do latín litteratura e nos remite á palabra littera (letra), polo
que etimoloxicamente ten que ver coa escrita. Así, na Idade Media o termo littera
empregábase como o saber relativo á lectura e escritura, mais non co significado que ten
actualmente. Incluía textos que hoxe en día non se considerarían literarios, como por exemplo
textos historiográficos, haxiográficos, didácticos, filosóficos…

O que hoxe en día entendemos por literatura, na época medieval denomínase poesía,
elocuencia… A palabra litteratura comeza a empregarse en linguas romances en lugar de en
latín nos séculos XV/XVI e se utiliza co significado que posúe actualmente (texto de calidade
estética e conxunto de todos os escritos que comparten esta característica) a partir do SXVIII.

2) Historicidade

O termo literatura tivo, polo tanto, diferentes acepcións ao longo da historia. Así,
poderíamos distinguir 3 períodos: período medieval (SV-XV) no que se empregaba littera para
designar todos os textos escritos con diversos fins; período intermedio (SXVI-XVIII), no que se
empregou a palabra romance litteratura sen variar o significado da Idade Media; e o período
contemporáneo (SXIX-XX) en que, a partires do SXVIII, se comeza a empregar literatura como
aquela ‘obra de calidade estética e o conxunto de todos os escritos que comparten estas
características’.

Porén, cando empregamos o concepto literatura medieval, facémolo con anacronismo,


pois nos referimos ás obras de calidade estética creadas na Idade Media(SV-XV).

DEFINICIÓN DE LITERATURA GALEGA COMO LITERATURA NACIONAL: (????)

A definición da literatura galega como literatura nacional:


-criterio lingüístico
-criterios complementares:
-perfil da nacionalidade (nacencia)
-criterio nacional (autonomía política)

Se temos en conta o criterio lingüístico para definir a literatura galega como nacional, temos que incluír nesta o
conxunto de todas as obras escritas en lingua galega sen importar a procedencia dos autores ou donde foron compostas.

Se se ten en conta a nacenza, se considería literatura nacional galega todos aqueles textos compostos dentro de Galiza.

Descargado por Sara Gales (saragalesco@gmail.com)


lOMoARcPSD|3530369

Seguindo o criterio naicional, o de autonomía política, só poderíamos falar de literatura nacional galega se existe unha
nación galega con autonomía política.

Ademais de estes 3 criterios tamén hai outros complementarios como considerar que forman parte do corpus literario
nacional galego, ben todas aquelas obras escritas por galegos dentro ou fóra do territorio nacional e sen importar a lingua, ben as
obras escritas en galego sen importar a procedencia do autor, ben as escritas en Galiza sen ter en conta o autor ou a lingua…

CONCEPTO DE NACIÓN:

1) Nación como feito obxectivo

Para definir nación como un feito obxectivo pódense empregar dous criterios: o
orgánico-historicista ou o liberal. Segundo o orgánico-historicista, a nación é unha
comunidade humana que comparte características culturais; porén, o concepto liberal de
nación, nacido na Ilustración, consiste en considerala o resultado da vontade política e da libre
determinación de cada un dos individuos que a compoñen

2) Nación como produto sociolóxico-político: nación imaxinada

Se entendemos nación como un produto sociolóxico-político, hai que definila segundo


Benedict Anderson, quen sostén que unha nación é unha comunidade construída socialmente,
é dicir, imaxinada polas persoas que se perciben a si mesmas como parte dese grupo.

LITERATURA VS. SISTEMA LITERARIO:

Segundo Itamar Even-Zohar, o sistema literario é “un conxunto de autores, obras e


lectores relacionados por unha serie de normas e modelos comúns que non coinciden
directamente cos doutros sistemas”. Ademais, dentro do sistema hai un conxunto de
elementos, é dicir, factores que se interrelacionan no seu sistema e que son o produto dos
textos, o consumidor, o mercado, o repertorio ou código, e a institución —que vén representar
o que o contexto en Jakobson aínda que cunha significación máis ampla e integradora.
(institución=asociacións, escolas e tradicións literarias, críticos e editores??)

TRAZOS QUE CARACTERIZAN UN SISTEMA LITERARIO COMO NACIONAL:

1) Conexión coa tradición de actividade literaria

Non existe ningunha nación sen corpus propio de tradicións, relatos, contos e lendas
que pretendan dar conta da historia nacional. Polo tanto, a literatura —igual que a relixión, as

Descargado por Sara Gales (saragalesco@gmail.com)


lOMoARcPSD|3530369

tradicións e a historiografía— ao recoller as experiencias do pobo para devolvérllelas xa


convertidas en materia discursiva, convértese en parte do proceso de construción dunha
nación. Así, a literatura pode revelar nas súas características, contido, forma e propia
evolución, o carácter e contido de cada momento do proceso de formación nacional.

A literatura nacional nace e crece sobre a base da conciencia nacional e surxe como a
culminación dun proceso de maduración das condicións intelectuais, culturais e sociais dunha
comunidade nacional.

2) Estabilidade e dinamismo do sistema e da súa diferenciación

O sistema literario ten un carácter dinámico e cambiante, é dicir, está sempre en


constante evolución. Porén, tamén se pode falar de estabilidade dun sistema literario o que fai
referencia á súa organización sincrónica nun momento histórico determinado.

Se falamos de diferenciación entre sistemas literarios referímonos a que cada un


presenta unhas características propias que non coinciden coas doutros sistemas literarios
nacionais. Así, cada sistema literario posúe unha evolución específica, o seu propio discurso
metatextual (ámbito referencial que rodea a unha obra) e ten hábitos propios de
representación do mundo e de si mesmos. Polo tanto, cada identidade nacional posúe a súa
propia literatura e cada sistema literario se corresponde cun grupo nacional distinto.

3) Interrelación con outros sistemas

A pesar de seren diferentes, os sistemas literarios relaciónanse entre si e a súa


evolución realízase por medio de dúas dinámicas complementarias: a exportación e
importación intertrínseca (entre sistemas diferentes), e o desprazamento e sustitución
intrasistémica (dentro do mesmo sistema).

CONCEPTO SISTEMA LITERARIO: CONSECUENCIAS:

As literaturas deixan de ofrecer ríxidos perfís nacionais, pois as súas fronteiras son
fráxiles debido á maior ou menor estabilidade dos propios sistemas. A literatura preséntase
entón como un sistema semiótico (con sentido na súa totalidade), aberto (interactúa con outros sistemas
literarios), dinámico (evoluciona, non é estático), funcional (cumple unha función det.?) e estratificado (dividido
internamente?), que posúe un destacado papel institucional.

PERIODIZACIÓN E HISTORIA LITERARIA:

Descargado por Sara Gales (saragalesco@gmail.com)


lOMoARcPSD|3530369

Un período é unha “sección de tempo dominada por un sistema de normas,


convencións e padróns literarios, cuxa introdución, difusión, diversificación, integración e
desaparición poden ser seguidos por nós” (René Welleck).

Conceptos periodolóxicos:

− Século
− Movemento: en literatura é un grupo de autores coetáneos que comparten temas,
estilo, ideario…
− Escola: agrupación de diversas producións literarias, atendendo á época, ao estilo e ás
características comúns que presentan
− Xeración: conxunto de escritores vinculados por ideoloxías e estilos nun período
determinado (xeralmente 15 anos). Para considerar que un grupo de escritores forman
unha xeración teñen que ter en común a proximidade entre os seus anos de
nacemento, unha formación intelectual semellante, compartir convivencia persoal,
que haxa un feito xeracional que os obrigue a reaccionar, o emprego peculiar do
idioma que os diferenza da xeración precedente e anquilosamento da xeración
anterior.
− Grupo xeracional: conxunto de escritores que compoñen unha mesma xeración

PERIODIZACIÓN: CRITERIOS PARA PERIODIZAR:

Para periodizar un sistema literario nacional e denominar os seus períodos cómpre


prestar atención aos elementos que permiten caracterizar un período como unidade e
empregar como referentes datas que remitan a acontecementos con significación literaria e
con dimensión colectiva.

PROPOSTA DE PERIODIZACIÓN DA LITERATURA GALEGA:

1) Época medieval (SXII-XV)

− Período trobadoresco (SXII-1354)


• Lírica
• Idioma: galego-portugués
− Período postrobadoresco (1354- finais SXV)
• Prosa
• Idioma: comezo da diferenciación entre galego e portugués?

2) Época media (SXVI-XVIII)

− SXVI-XVII

Descargado por Sara Gales (saragalesco@gmail.com)


lOMoARcPSD|3530369

− Ilustración (SXVIII)

3) Época contemporánea (SXIX)

− Inicios (1800-1840)
− Prerrexurdimento (1840-1861)
− Rexurdimento (1861-1886)
− Rexionalismo (1886-1916)

4) Época contemporánea (SXX)

− Irmandades da Fala (1916-1936)


− Guerra Civil e exilio (1936-1950), coa individualización do período 1936-1939
− Posguerra (1950-1975)
− Restauración democrática (1975-2000)

CUESTIÓNS METODOLÓXICAS:

1) O papel da literatura, nunha dimensión institucional, nos procesos de construción


nacional é o de aportar cohesión sociocultural e idea de identidade común.

2) O lingüístico e o literario ao servizo dunha idea política teñen como fin consolidar
unha identidade que sirva como elemento de cohesión para a creación e/ou o mantemento
dunha unidade política.

3) Paralelismo entre a conformación da literatura galega no período contemporáneo e


a construción do ideario nacionalista.

4) Intervención da ideoloxía nacionalista na configuración do propio sistema.

5) O sistema literario nas literaturas (será nacións?) en procesos de emancipación: vontade


dun grupo (o nacionalista) de desenvolver un sistema novo que os identifique e singularice;
ligazón entre discurso literario e programa nacionalista.

Descargado por Sara Gales (saragalesco@gmail.com)


lOMoARcPSD|3530369

TEMA 2:

LITERATURA MEDIEVAL GALEGO-PORTUGUESA:

IDADE MEDIA:

1) Denominación

Hai varias inadecuacións en canto á expresión literatura medieval. O termo literatura


provén do latín litteratura e nos remite á palabra littera (letra), polo que etimoloxicamente ten
que ver coa escrita. Así, na Idade Media o termo literatura empregábase como o saber relativo
á lectura e escritura, mais non co significado que ten actualmente. O que hoxe en día
entendemos por literatura (obras escritas ou orais con finalidade estética), na época medieval
denomínase poesía, elocuencia… A palabra litteratura comeza a empregarse en linguas
romances en lugar de en latín nos séculos XV/XVI e se utiliza co significado que posúe
actualmente a partir do SXVIII. Xa que logo, na Idade Media a literatura incluía textos que hoxe
en día non se considerarían tal, como por exemplo textos historiográficos, haxiográficos,
didácticos…

Así, ao falar de literatura medieval estamos a empregar o termo con


anacronismo, ao aplicar o significado actual á Idade Media.

2) Delimitación

A Idade Media é un período de dez séculos (SV-XV). Comprende desde o SIV/V


até o SXV. Ben se toma o século IV porque é nel cando se oficializa o Cristianismo (o cal marcou a
IMedia mirar máis adiante xq), ben se toma o século V porque nel cae o último emperador romano do
Imperio de Occidente, Rómulo Augusto. Canto a data de finalización, dise que é o século XV
porque nel teñen lugar dous feitos importantes como son a toma de Constantinopla polos
Turcos (1453) ou o descubrimento de América (1492).

A Idade Media pode dividirse en

− Alta Idade Media (SV-XI)


− Baixa Idade Media (SXII-XV)

Para as literaturas romances o máis importante é a Baixa Idade Media xa que coincide
co cultivo literario he escrito das linguas romances ademais de producírense feitos políticos,
culturais etc. que explican moitas das características da literatura da época.

IDADE MEDIA E LITERATURA MEDIEVAL: USO CONTEMPORÁNEO DE MEDIEVAL:

Descargado por Sara Gales (saragalesco@gmail.com)


lOMoARcPSD|3530369

«A nosa época non ten recato en cualificar como “medieval” todo aquilo que xulga
arcaico e pertencente na súa opinión a un tempo xa caduco; o adxectivo adquire así un matiz
pexorativo que nada ten a ver coa súa acepción máis científica. Mais quizais a nosa época tería
problemas á hora de situar con precisión o período designado por esa apelación cómoda,
aínda que nada xusta» Catherine Vincent, Introduction á l’histoire de l’Occident médiéval
(1995)

O termo Idade Media foi acuñado no Renacemento por Petrarca en 1373. O uso deste
termo para referirnos ao período comprendido entre os séculos V e XV denota o
descoñecemento e os preconceptos cos que se xulga esta época.

LITERATURA MEDIEVAL E LITERATURAS ROMANCES:

Na Idade Media, a lingua culta era o latín e ao longo da Idade Media esta vai ser a
lingua escrita por excelencia. Porén, a partir da Baixa Idade Media aparecen obras en linguas
romances debido ao seu enriquecemento lingüístico e á necesidade de chegar de maneira
máis efectiva ao público, que empregaba as linguas romances na vida cotiá.

A medida que vai aumentando o uso das linguas romances na literatura


algunhas delas especialízanse en certos xéneros. Así, estes van vinculados ao uso dunha lingua
romance concreta, é dicir, hai unha especialización entre xénero e lingua. A lingua literaria non
responde, polo tanto, a unha cuestión territorial ou de nacionalidade, senón que son os
xéneros os que impoñen a lingua. Así podemos ver como na Península Ibérica se empregaba o galego-portugués para
composicións líricas e o castelán para a épica independentemente do territorio no que se escribisen as obras.

Un exemplo desta especialización pódese observar nas obras compostas no


norte da actual Italia entre os SXIII-XV, onde se empregaba o occitano para a poesía lírica; o
francovéneto para a poesía narrativa, a cronística e a prosa narrativa; o latín para a prosa
moralizante e a política; e a lingua vulgar local para a poesía didáctica e composicións
xograrescas.

CULTURA MEDIEVAL: ELEMENTOS DE UNIDADE:

Hai 3 elementos importantes para entender a cultura medieval:

1) Cristianismo: conforma mentalidades e vai ser o soporte de comunidades que teñen


a relixión como base. A Igrexa vai ter influencia social, cultural e política porque controla
territorios, vai ter o monopolio do ensino e a súa lingua e o latín; é dicir, a Igrexa vai ser
fundamental no período medieval.

2) Latín: vai ser a lingua do ensino pois a gramática que se estuda é a latina; é a lingua
empregada pola Igrexa, e é a lingua que se vai a empregar na literatura paneuropea.

Descargado por Sara Gales (saragalesco@gmail.com)


lOMoARcPSD|3530369

3) Memoria clásica: na Idade Media non se esquece o pasado greco-romano,


estúdanse tanto textos medievais como de autores clásicos. (Virxilio…) Destacan as Summae,
empregadas como libros de texto nas escolas e formados por textos sacros e profanos, citas
antigas e modernas…

A VISIÓN DA ANTIGÜIDADE:

«Dicía Bernardo de Chartres que nós somos como ananos encabalitados sobre os
ombros de xigantes e así podemos ver máis cousas e máis lonxe do que eles, mais non por
termo vista máis penetrante ou posuírmos máis alta estatura, senón porque o grande tamaño
dos xigantes nos eleva e sostén a unha certa altura» Johannes Salisbury, Metalogicus (SXII).

Na Idade Media teñen unha visión da Antigüidade como algo necesario para o seu
progreso, é dicir, son conscientes de que o seu avance no coñecemento dáse partindo do
predecesores. (homes da Antigüidade)

ENSINO:

O ensino na Idade Media descansaba nas artes liberais, formadas polo trivium
(gramática, retórica e poética) e o quadrivium (aritmética, xeometría, astronomía e música). O
trivium consistía no estudo das letras mentres que o quadrivium era o estudo das res (cousas).
Este sistema educativo consolidouse nos mosteiros e nas escolas catedralicias, que
monopolizaban o ensino.

A partir do SXIII, as artes liberais van ser propedéuticas, é dicir, se conforman


como unha ensinanza preparatoria pensada para unha posterior especialización.

No ensino da Idade Media hai que destacar as Studium Generale, institucións das que
surxiron as universidades medievais. A educación tan só se impartía en mosteiros e escolas
catedralicias que formaban ao clero e, a causa da falta doutras institucións educativas, tamén
á xente común que desexaba obter educación. As Studium Generale tiñan que cumprir tres
condicións: estar abertos a estudantes de calquera procedencia xeográfica, impartir ensinanza
superior e dispor de mestres para cada tema ensinado.

*Aínda que as Studium Generale estaban financiadas pola Igrexa, avanzada a Idade
Media moitas escolas van ser creación da coroa e non van depender da Igrexa.

Descargado por Sara Gales (saragalesco@gmail.com)


lOMoARcPSD|3530369

GRAMÁTICA, RETÓRICA E POÉTICA:

O trivium, o estudo das letras, comprendía o estudo da gramática, a retórica e a


poética.

1) Gramática: é a arte por excelencia. Consistía na explicación dos autores, cuxos


textos eran modelo de imitación e obxecto de análise lingüística.

2) Retórica: é a arte do ben dicir, a técnica de expresarse da maneira adecuada para


persuadir ao destinatario. Está configurada como un sistema de procesos relacionados entre si
e que actúan a distintos niveis na construción dun discurso. Estes procesos son inventio,
dispositio, elocutio, memoria e actio. Da retórica provén a homoxeneidade das obras, xa que
se estudaban os autores e se facían exercicios de composición rexidos por criterios de
emulación e imitación, o que propiciaba a homoxeneidade das obras.

3) Poética: ciencia do pensamento correcto. Encargábase do razoamento e sentaba as


bases da constitución do feito literario. Comeza a aparecer na Baixa Idade Media.

SÍMBOLO, ESÉXESE E GLOSA:

No ensino medieval os textos en lingua latina empregábanse como obxecto de


interpretación, eran fonte de regras e constituían un modelo de escrita. No estudo dos textos
distinguíanse a littera (análise gramatical), o sensus (sentido do texto) e a sententia (eséxese
que revela o contido de ciencia e pensamento).

1) Símbolo:

2) Esexese: interpretación crítica e completa dun texto.

3) Glosa: nota escrita nos marxes ou entre as liñas dun libro na cal se explica o
significado do texto. Os textos medievais viñan moitas veces acompañados de glosas.

*Estaba moi claro e formaba parte da literatura medieval que os textos tiñan
diferentes niveis de significación e había que chegar a eles. ( como se chegaba?)

TEXTUALIDADE: TEXTO AUDITIVO, TEXTO VISUAL:

Descargado por Sara Gales (saragalesco@gmail.com)


lOMoARcPSD|3530369

O texto, pode ser auditivo ou visual. Ninguén lía textos líricos, chegaban ao público
mediante interpretación vocal. Ademais, ao mesmo tempo, había texto visual, era o que se vía,
é dicir, a interpretación de cantiga. ( supóñese que teatralización, sábese que danza…) Isto significa que para
o home medieval coñecer unha cantiga significaba vela e escoitala mais non lela, como na
actualidade.

Ademais, para compoñer, primeiro facíase a música e despois viña a letra. As


cantigas se recollían por escrito tempo despois de creadas. Así, hoxe coñecemos o que se
conservou por escrito e que moitas veces foi transcrito séculos despois.

Os textos transcritos foron copiados en manuscritos, documentos copiados a


man sobre un soporte flexible que tiñan como finalidade transmitir coñecementos, relatos e
crenzas aos coetáneos, ás seguintes xeracións ou a outras culturas. Na época medieval, os
maiores produtores e copistas de manuscritos en Occidente eran os monxes e o lugar onde se
escribían os manuscritos recibían o nome de scriptoria.

Un exemplo de manuscrito medieval é o Códice de Toledo das Cantigas de


Santa María (SXIII).

*Tipos de manuscritos: ilustrados e non ilustrados ??

Descargado por Sara Gales (saragalesco@gmail.com)


lOMoARcPSD|3530369

TEMA 3:

LITERATURA MEDIEVAL GALEGO-PORTUGUESA: PERIODIZACIÓN:

1) Época medieval (finais SXII-XV)

− Período trobadoresco: SXII-1354 (data da morte do conde Barcelos)


• Galego-portugués
• Lírica: produción, difusión, finalidade
− Período postrobadoresco (1354-SXV/comezos XVI)
• Galego vs portugués?
• Prosa: produción, difusión, finalidade

A literatura medieval galego-portuguesa está ligada á Baixa Idade Media,


concretamente hai que situar esta literatura a finais do século XII −cando se inicia a súa
produción− até o SXV −final da produción.

Os estudos distinguen entre período trobadoresco e postrobadoresco. No primeiro a


lingua é o galego-portugués, a propia para a lírica. O límite deste período vén dado a mediados
do SXIV, ao morrer Don Pedro conde de Barcelos, unha das grandes figuras trobadorescas. A
literatura que caracteriza este período é a lírica e, a pesar de empregarse o galego-portugués
para a súa composición, os centros de produción van existir tamén fóra do territorio galego-
portugués. Esta lírica galego-portuguesa vai ser un produto dirixido aos círculos aristocráticos e
difundido en cortes rexias ou señoriais.

O período postrobadoresco comprende desde 1354 até finais do SXV ou comezos do


XVI, cando aparece a historiografía portuguesa. Este período caracterízase pola produción
prosística. O papel da nobreza vai diminuíndo pola centralización do poder nos reis. En relación
con esta mudanza social destacan os libro de liñaxe (os nobres tratan de defender a súa
historia). Hai unha discusión en canto a se neste período se diferencia xa o galego do
portugués, pois estas linguas comparten características aínda que hai variantes; mais o
realmente importante é que existe unidade lingüística e cultural.

CONCEPTO “LITERATURA GALEGO-PORTUGUESA”:

Obras galegas son as producidas en Galicia como a Crónica de Santa María de Iria, a
Crónica Galega de 1404... E as obras portuguesas son as producidas en Portugal, en cuxa
produción destaca Fernão Lopes.

Ao falar da literatura galego-portuguesa cómpre diferenciar entre as de carácter


secundario, que son versións doutras obras; e as de carácter primario, de nova creación.

Descargado por Sara Gales (saragalesco@gmail.com)


lOMoARcPSD|3530369

Surxe así a diferenza entre nacionalidade e territorialidade galega e portuguesa ao


pasar a considerar galegas as obras producidas en Galiza e portuguesas as escritas en Portugal.
??

TENDENCIAS PANROMÁNICAS:

As tendencias panrománicas fan referencia a composicións literarias medievais que se


extenderon polo territorio de fala latina.

Como tendencias panrománicas destacan a poesía trobadoresca, fin d’amors, cantares


épicos, romances, roman courtois, ciclo do Graal, haxiografías, milagres etc.

XÉNEROS:

1) Lírica

Dentro da lírica medieval galego-portuguesa podemos distinguir a lírica profana e a


relixiosa.

− Lírica profana: constituída polos chamados xéneros canónicos (cantigas de


amor, de amigo, de maldizer e de escarnio), os xéneros menores (pranto,
cantiga de seguir, descordo, tenzóns) e os xéneros híbridos (pastorela, lais)
− Lírica relixiosa: cantigas de Santa María

2) Prosa

A prosa constitúena:

− Novela cortesá: materia de Troia (Crónica Troiana, Historia Troiana), materia


de Bretaña (José de Arimatea, fragmento do Merlín, A Demanda do Santo
Graal, fragmento do Livro de Tristán)
− Textos haxiográficos: os Miragres de Santiago
− Textos historiográficos: Crónica Geral Galega, Crónica Galega de 1404, Crónica
de Santa María de Iria
− Textos xurídicos e didácticos: Tratado de Albeitaría

CORPUS LÍRICA PROFANA GALEGO-PORTUGUESA:

Descargado por Sara Gales (saragalesco@gmail.com)


lOMoARcPSD|3530369

Consérvanse aproximadamente 1679 cantigas e distínguense entre 153 e 161


trobadores. As cantigas conservadas pertencen maioritariamente aos xéneros canónicos ao se
conservaren 725 cantigas de amor, 505 de amigo e 430 de escarnio e maldizer.

Ademais, tamén se conservan cantigas de xéneros menores como o pranto (lamento


polamorte dun personaxe ilustre), cantigas de seguir (cantiga composta aproveitando a música
doutra), descordo (formada por versos de distintas medidas) ou tenzón (diálogo entre dous
trobadores que interveñen cada un nunha estrofa).

Entre os xéneros híbridos salientan as pastorelas e os lais (presentan elementos que os


relacionan coa antiga de amigo ou de amor mais tamén presentan outros temas como a
materia de Bretaña, teñen características narrativas…).

*A cantiga de amor ten maior peso, pois hai un corpus maior.

*A cantiga de amigo ten o seu paralelo coa canción de muller.

*As cantigas de escarnio e maldizer teñen elementos comúns co sirventés provenzal.

ÁMBITO XEOGRÁFICO E SOCIAL:

1) Áreas lingüísticas

Existían áreas lingüístico-literarias, xa que as linguas se especializaban nun xénero


literario determinado. Así por exemplo o galego-portugués epregábase nas cantigas de amor,
amigo ou escarnio e maldizer; o catalán ou occitano na cansó, e o mozárabe nas jarchas.

2) Ámbito social

O medio trobadoresco está marcado polo ámbito señorial. A lírica é propia da


aristocracia e fala do papel da nobreza. Nesta época prodúcese un cambio nas transmisións
patrimoniais da liñaxe nobre, se está a producir a concentración patrimonial nos primoxénitos.
Isto supón o acceso ao casamento dos primoxénitos mais dificúltallo aos outros fillos. A
hipótese histórico-sociolóxica é que o triunfo destes xéneros derivan destas mudanza xa que
existe un cambio nas estruturas sociais e o acceso á muller dificúltase. Así, asúmese a lírica
como un medio para prestixiar a nobreza e acceder á muller a través doseu endeusamento e
das relacións de vasalaxe cara ela. hipótese de Rosende de Oliveira

Tamén hai que falar do deslocamento das cortes trobadorescas cara o Occidente
peninsular. ?

Descargado por Sara Gales (saragalesco@gmail.com)


lOMoARcPSD|3530369

PRODUCIÓN E PÚBLICO:

A literatura prodúcese nun medio non rexio, senón señorial. Os nobres eran mecenas,
é dicir, acollían baixo a súa protección aos trobadores e incentivaban as súas actividades
artísticas e culturais coas que despois eles se deleitarían. Desta forma pódese falar da poesía
cortés, que é aquela desenvolta nas cortes e cuxo tema é fundamentalmente amoroso.

Respecto á produción da poesía galego-portuguesa non é considerada orixinal en


canto que os seus referentes están na poesía provenzal. O núcleo principal do trobador
provenzal é a cansó, na que o poeta se presenta como vasalo da dama. Así, hai unha
transposición do feudalismo á lírica amorosa por parte dos provenzais e será algo que adapten
tamén os galego-portugueses.

Para explicar o por que desta poética amorosa, os autores recorren ás características
deste período. A explicación desta está na estrutura das liñaxes: a poesía trobadoresca
prodúcese nun momento de cambio nas transmisión patrimoniais da liñaxe nobre, cando se
está a producir a concentración patrimonial nos primoxénitos. Isto supón o acceso ao
casamento dos primoxénitos mais dificúltallo aos outros fillos. A hipótese histórico-sociolóxica
é que o triunfo destes xéneros derivan destas mudanza ao existir un cambio nas estruturas
sociais e dificultarse o acceso á muller. Así, asúmese a lírica como un medio para prestixiar a
nobreza e nela móstrase a realidade da maioría dos nobres que, ao non teren acceso a herdar
por non seren os primoxénitos, ven restrinxido o seu acceso á muller ante a cal se mostran na
lírica como vasalos, divinizándoa e describíndoa como inalcanzábel.

*Galiza na poesía trobadoresca: concentración da produción galega nos momentos de


implantación e de expansión. esquema 3 buscar información

*Rosendo de Olveira ve o éxito dos xéneros como un xeito de reivindicar a unidade


nobiliaria perdida.

PORQUE EN GALIZA E EN PORTUGAL:

“Foi en Galiza e mais en Portugal porque foi a pequena nobreza de ambas as dúas
rexións a que sentiu a necesidade de proxectar a imaxe da muller presente na cantiga de
amor. Noutras palabras, a muller constituía un problema de tal modo grave no contexto
nobiliario galego-portugués que obrigou á nobreza a afirmarse culturalmente ben perante o
medio clerical, ben perante o medio popular, forxando os instrumentos para a súa autonomía

Descargado por Sara Gales (saragalesco@gmail.com)


lOMoARcPSD|3530369

cultural. A muller transformarase nun problema a partir do momento en que o acceso a ela
estivo condicionado pola progresiva restrición das alianzas matrimoniais”.

“A cantiga de amor, fixando a atención na muller e endeusándoa á custa do desvío das


relacións de carácter vasálico, afirmaba literariamente este problema procurando superalo a
través dun ritual que pretendía ser tamén un momento de reencontro da unidade nobiliaria
perdida”.

(Antonio Resende de Oliveira, Trobadores e xograis)

XERARQUIZACIÓN SOCIAL E MEDIO TROBADORESCO:

Os compositores de cantigas pertencían a liñaxes de pouca proxección social ou


política, á nobreza secundaria de infanzóns ou a cabaleiros ao servizo das cortes señoriais máis
importantes.

A xerarquización social no medio trobadoresco deixou pegadas na terminoloxía das


cantigas, composicións, tradicións manuscritas… Un exemplo é a distinción entre cancioneiro de xograres e
cancioneiros aristocráticos.

Así, na Península a canción trobadoresca é marcadamente aristocrática.

XERACIÓNS POÉTICAS E CRONOLOXÍA DOS AUTORES:

1) Primeiras experiencias (1170-1220)

A lírica galego-portuguesa deste período de primeiras experiencias caracterízanse pola


adaptación incipiente das cantigas de amor e da sátira nas cortes rexias castelá, aragonesa e
leonesa; nas cortes señoriais castelás, e na alta nobreza portuguesa e castelá.

2) Implantación (1220-1240)

A lírica galego-portuguesa chega até a pequena nobreza do Douro, do Miño e de


Galiza, ademais das cortes señoriais como as de Rodrigo de Trastámara. Hai unha maior
mobilidade desta literatura e destacan os xéneros da cantiga de amor, a cantiga de amigo e a
sátira (que se tende a facer persoal). Tamén hai que salientar que é neste período cando
aparece a figura do trobador que compón.

3) Expansión (1240-1300)

Descargado por Sara Gales (saragalesco@gmail.com)


lOMoARcPSD|3530369

A lírica galego-portuguesa amplíase á Corte de Afonso X e diversifícase xeográfica e


socialmente, aínda que continúa asociada a reis e magnates. Continúase a desenvolver a
cantiga de amigo e comeza a surxir a cantiga de maldizer.

4) Refluxo (1300-1350)

Ten lugar unha retracción xeográfica da lírica galego-portuguesa, pois esta volta ao
territorio portugués. É probábel, ademais, que houbese unha ausencia de xograres. O
elemento singular deste período é a aparición da cantiga de escarnio.

AUTORES E INTÉRPRETES:

1) Trobador: compón texto e música. Hai un desdobramento do termo, xa que se


emprega como distinción social, pois quen era trobador era nobre e tiña educación.

2) Xograr: intérprete. Tamén compoñía mais non era nobre. Estaba asociado á canción
trobadoresca.

3) Segrel: xograr que tamén compón. O termo aparece no momento de expansión


social (1240-1300), tras o éxito da canción trobadoresca.

4) Soldadeira: é un termo ambiguo porque se empregaba tamén para referirse ás


prostitutas. A soldadeira acompaña ao trobador ou xograr no espectáculo bailando ou
actuando. Móvense no medio aristocrático mais non pertencen á nobreza.

“Nestas circunstancias, reducidos, na súa maior parte, a posicións subalternas no seo


da nobreza, servindo algúns deles como vasalos en casas poderosas, a necesidade de
afirmación social deste grupo sería certamente complementada cunha maior conciencia da súa
condición nobre e, ó mesmo tempo, con maior afrontamento perante os grupos populares que
pensaba ameazadores da súa condición”.

(António Resende de Oliveira, Trobadores e xograres)

MANUSCRITOS CONSERVADOS: OS CANCIONEIROS:

Os 3 grandes cancioneiros son:

1) Cancioneiro da Biblioteca Nacional ou Colocci-Brancuti (B): conta con máis de 1600


cantigas de todos os xéneros. Só ten texto poético. Data do SXVI.

Descargado por Sara Gales (saragalesco@gmail.com)


lOMoARcPSD|3530369

2) Cancioneiro da Vaticana (V): formado por 1200 cantigas de todos os xéneros e só


contén texto poético. Data do SXVI.

3) Cancioneiro da Ajuda (A): conserva 300 cantigas de amor de trobadores anteriores a


D. Dinís. É contemporáneo á lírica trobadoresca, é dicir, escríbese na época en que se están a
compoñer e transmitir as cantigas que nel aparecen, a diferenza dos dous cancioneiros
anteriores, nos que se recollen as cantigas séculos despois da súa creación e comezo da
transmisión. Só contén texto poético, mais conta con notación musical e iluminuras. Data de
finais do SXIII ou comezos do XIV. Nel non aparecen os autores das cantigas recollidas, mais
sábese quen compuxo algunhas delas porque estas aparecen recollidas xunto co autor nalgún
outro pergamiño.

MANUSCRITOS CONSERVADOS: OUTROS TESTEMUÑOS:

1) Pergamiño Vindel (N): data de finais do SXIII. É unha páxina enrolada que conserva
texto poético e musical. Está formado por cantigas de amigo de Martín Códax.

2) Fragmento Sharrer (T): data do SXIV. É unha páxina enrolada que conserva texto
poético e musical. Está formado por cantigas de amor de D. Dinís.

3) Tavola Colocciana (C): data do SXVI. É un índice de autores do Cancioneiro da


Biblioteca Nacional (B).

4) Outros manuscritos: non son de moita importancia, algúns conservan copias de


tenzóns… (www.cantigas.fcsh.unl.pt/manuscritos.asp)

*Os manuscritos importantes de entre estes últimos son o Pergamiño Vindel e Sharrer,
que recollen tan só as cantigas dun trobador concreto (Martín Códax e D. Dinís,
respectivamente).

*A organización dos 3 grandes cancioneiros faise por xéneros, nunha orde


xerarquizada: amor, amigo e escarnio e maldizer. As cantigas de amor son as primeiras por ser
considerado este o xénero por excelencia.

TIPOS DE MANUSCRITOS:

1) Rolos: folla dun manuscrito enrolada

Descargado por Sara Gales (saragalesco@gmail.com)


lOMoARcPSD|3530369

2) Recollas individuais: non se conserva ningunha. Porén, crese que estes manuscritos
recollerían cantigas dun mesmo trobador. Hai unha hipótese que determina que existiron
porque os colectivos se basearían nestes.

3) Cancioneiros colectivos: a hipótese de Resende de Oliveira é que os cancioneiros


colectivos foron organizados no momento de esgotamento do movemento trobadoresco
(Depois do espectáculo trovadoresco).

COMO SE FORMOU A TRADICIÓN MANUSCRITA?:

As recollas incorporadas nos grandes cancioneiro mostran que había cancioneiros non
conservados, segundo a hipótese de Rosende de Oliveira.

− Cancioneiro de cabaleiros (1275)


− Segundo cancioneiro aristocrático (1290)
− Cancioneiro de xograis galegos finais SXIII – comezos do XIV)
− Cancioneiro da Ajuda (copia da sección de amor do segundo cancioneiro aristocrático,
comezos do SXIV)
− Cancioneiros individuais (D. Denís, Joan Airas, Estevan da Guarda)
− Compilación Xeral (segundo cancioneiro aristocrático e achegas do de xograis e
recollas individuais; D. Pedro)

POÉTICA, MÉTRICA E RETÓRICA:

1) Cantigas de refrán vs. cantigas de mestría

Desde o punto de vista métrico distínguense:

− Cantiga de refrán:cantiga con estribillo. O estribillo pode estar nos últimos versos das cobras
ou pode aparecer nos versos do medio. (ex.: 156;56)
− Cantiga de mestría: cantiga sen refrán ex 40

*Non hai asociación entre cantigas de refrán ou de mestría e un determinado xénero.


Así pode haber cantigas de amor, amigo ou escarnio e maldizer tanto de refrán como de
mestría.

2) Fórmulas estróficas e metros

Descargado por Sara Gales (saragalesco@gmail.com)


lOMoARcPSD|3530369

Á hora de fixar o esquema estrófico empréganse sempre minúsculas,


independentemente do número de sílabas de cada verso. As maiúsculas resérvanse para os
refráns.

Canto ao cómputo silábico métrico, cóntase só até a última sílaba tónica. (Cómputo silábico
métrico≠cómputo silábico fónico)

*Normalmente as cantigas son isosilábicas, é dicir, todos os versos teñen o mesmo


número de sílabas. Ademais, a poesía trobadoresca caracterízase pola repetición, a partir da
cal introduce elementos de variación.

3) Tipos de estrofas segundo rimas

− Cobras unissonans: estrofas cunha única serie de rimas que se repiten en todas
as estrofas, é dicir, ademais do esquema da rima, as terminacións vocálicas dos
versos son iguais en todas as estrofas (abbaa abbaa abbaa (a=on/b=ada) (ex. 109)
− Cobras singulars: estrofas con series de rimas diferentes mais co mesmo
esquema de rima (abbaa (a=iso/b=en) abbaa (a=in/b=or) abbaa(a=ado/b=on))(ex.: 40)
− Cobras doblas: estrofas con series de rimas repetidas cada dúas estrofas (abbaa
abbaa (a=ada/b=en) abbaa abbaa (a=ir/b=on)) (ex.: 51)

4) Procedementos de ligazón interestrófica ou secuencia de palabras en posición inicial


de verso

− Cobras capdenals: estrofas sucesivas que presentan unha palabra ou secuencia


de palabras en posición inicial repetida no mesmo verso de dúas ou máis
estrofas (ex.: cantiga 72)
− Cobras capcandadas: estrofa cuxa rima do último verso abre o primeiro da
seguinte cantiga 185
− Cobras capfinidas: estrofas cuxa palabra do último verso aparece no mesmo
lugar do primeiro verso da seguinte estrofa cantiga 122

*Cobras alternas: rima igual nas pares e impares (aabbaaa (a=ado/b=on) bababb (a=es/b=ar)
aabbaaa (a=ado/b=on) bababb (a=es/b=ar)) ?? mirara exemplo cantigas

5) A palavra perduda: verso dunha estrofa que non rima con ningún outro (podendo
non rimar cos versos correspondentes das estrofas seguintes). Chama a atención sobre a
última palabra do verso que queda sen rima na cobra (ex.: cantiga 24)

Descargado por Sara Gales (saragalesco@gmail.com)


lOMoARcPSD|3530369

6) A fiinda: remate dunha cantiga constituído por un, dou ou tres versos finais (en
raras ocasión, catro). As cantigas poden presentar máis dunha fiinda. (ex.: 146; 185)

7) Procedementos de repetición

− Dobre: proceso polo que se repiten palabras na mesma estrofa en puntos fixos
en todas as estrofas (ex.: 122)
− Mordobre: proceso semellante ao dobre mais con variación na flexión da
palabra (ex.: 120)

8) Equivocatio:consiste na dobre interpretación das palabras do autor

9) Paralelismo: presentación dunha mesma idea en versos alternados e con pequenas


variación verbais ao final deses versos ? ex.: 63

10) Leixa-pren: recurso estilístico característico das cantigas de amigo que consiste na
repetición dos segundos versos dun par de estrofas como primeiros versos do par seguinte ex.:
63

*Palabra na poesía trobadoresca podía significar verso ou palabra

*Paralelismo literal: repítense todas as palabras verso a verso agás a última ou últimas.
??

*Hai procedementos de mudanza fixados no paralelismo, como é o emprego de


sinónimos.

*Sinonimia de repertorio: dentro do xénero había palabras que funcionaban como


sinónimos nas cantigas. (amigo=amado, louçanas=velidas…)

*Políptoton: empregar varias formas dunha mesma palabra cambiando os morfemas


flexivos. Pode ser políptoton verbal ou nominal. (estou e estarei sempre…; amigo dos seus amigos) O polítptoto
é a base do mordobre, polo que pode haber políptoto sen mordobre mais non mordobre sen políptoto.

*Para contabilizar as sílabas na lírica medieval cóntase até a última sílaba tónica (se a
palabra e grave ou esdrúxula as sílabas que sigan á tónica non se contabilizan).

*O primeiro verso das cantigas recibe o nome de incipit.

Descargado por Sara Gales (saragalesco@gmail.com)


lOMoARcPSD|3530369

Descargado por Sara Gales (saragalesco@gmail.com)


lOMoARcPSD|3530369

TEMA 4:

SÉCULOS INTERMEDIOS: SS.XVI-XVIII:

SÉCULOS INTERMEDIOS E IDADE MODERNA:

1) Séculos intermedios: denominacións Séuclos Escuros, Séculos de Silencio

O concepto de Idade Moderna é obxecto de estudo da historia e comprende dende o s. XVI até
o XVIII. O punto de inflexión para o paso da Idade Media á Moderna pódese considerar tanto a
caída de Constantinopla (1453) como o descubrimento de América (1492); e como data de fin
se sinala a Revolución Francesa (1789).

Cando se fala de literatura galega durante estes tres séculos adóitase empregar a
denominación xa consolidada de Séculos Escuros. Porén, este concepto implica unha
valoración sobre a lingua e literatura galegas que non se pode asegurar, xa que se non se
posúe o suficiente coñecemento sobre elas nesta época. Tamén se adoita empregar a
denominación Séculos de Silencio, que alude á falta de cultivo da lingua galega mais que non é
un termo apropiado se se ten en conta o emprego oral do galego na época. Así, pódese dicir
que un dos problemas respecto a esta época é a falta do seu estudo e da súa visión completa.

2) Mudanzas políticas, administrativas e institucionais

A finais do s. XV ten lugar un proceso de unificación posto en marcha polos


Reis católicos: someteuse á nobreza galega por ser un símbolo da loita entre dúas estruturas; o
centro de control do territorio galego pasou a estar fóra de Galiza, é dicir, a Audiencia de
Galiza pasa a depender da Chancelaría de Valladolid; houbo control ideolóxico…

O xermolo do que será a sociedade galega durante os Séculos Intermedios dáse a


mediados do s. XV a mans Reis Católicos, que decretan medidas centralizadoras para teren
poder absoluto sobre todo o territorio. Porén, eles non toman medidas lingüísticas como van
facer posteriormente os Borbóns co fin de unificar o idioma do territorio español no castelán.
Así, é a partir das medidas destes últimos que o galego se ve máis en perigo. Ademais, coa
chegada dos Borbóns ao trono no s. XVIII , a centralización monárquica acada o seu cumio.

3) Mudanzas sociais

Canto á demografía, o período dos Séculos Intermedios caracterízase por un


incremento da poboación debido a unha fase de expansión económica. Esta duplícase entre
finais do s.XVI e mediados do XVIII. Porén, os recursos foron insuficientes para abastecer a
toda a poboación, polo que aumentou a emigración, que se deu fundamentalmente dentro da
Península Ibérica, a finais do XVI e comezos do XVII.

Descargado por Sara Gales (saragalesco@gmail.com)


lOMoARcPSD|3530369

A sociedade era fundamentalmente de base agraria, é dicir, cunha maioría da


poboación campesiña e unha minoría de clase alta formada pola fidalguía, clero regular e clero
secular.

Ademais, respecto da sociedade, estes séculos caracterízanse tamén pola aparición da


fidalguía (pequena nobreza) como clase intermedia. A fidalguía faise co control das terras da
Igrexa e arréndallas aos campesiños.

Non obstante, estes elementos sociais non se ven directamente reflectidos na


literatura deste tempo, aínda que si aludirá a eles no s. XX, ao ambientar no Antigo Réxime
obras literarias dese período.

4) Mudanzas económicas

En relación coa economía, o motor fundamental desta era a agricultura, baseada no


sistema foral e que se viu favorecida pola introdución de novos cultivos como o millo e a
pataca. Canto á industria a pouca que había desenvolveuse nos tecidos (no ámbito doméstico)
e na salgadura.

A LINGUA GALEGA:

1) Linguas vulgares e galego

Saber que acontece co galego é importante para coñecer a literatura deste período.
Comparada con outras linguas europeas, a lingua galega non vai contar desde finais do s. XV
cun proceso de estandarización nin vai vir acompañada da extensión do seu uso na política ou
na administración. Así, a carencia da elaboración dunha lingua estándar e a creación de
instrumentos de apoio para ela (dicionarios, gramáticas…) situarán o galego nunha posición de
inferioridade en relación con outras linguas. Outra característica do galego nesta época son as
mudanzas que sofre no seu sistema lingüístico, canto a fonoloxía e morfoloxía, no s. XVI.

Hai que ter en conta que a extensión dos usos das linguas vulgares non vai desprazar
absolutamente o latín, que vai seguir presente tanto na oralidade (misas…) como na escrita; é
dicir, vanse ampliar os usos das linguas romances mentres se mantén o uso do latín.

Salienta tamén que, ao analizar textos galegos dos Séculos Intermedios, atópanse
elementos tanto portugueses como casteláns, xa que a diferenciación entres estas linguas e o
galego non estaba totalmente clarificada. Ademais, os elementos portugueses que poidan
aparecer débense a que os que os escribían, persoas letradas, buscaban a diferenciación do
galego co castelán e, en caso de dúbida, acudían á norma portuguesa debido á falta dunha
gramática propia galega.

Descargado por Sara Gales (saragalesco@gmail.com)


lOMoARcPSD|3530369

3) Distribución social da lingua. Usos orais e usos escritos

Canto ao uso da lingua galega, a maioría da poboación era monolingüe en galego, unha
pequena parte era bilingüe en galego e castelán e unha minoría era monolingüe en castelán.

É importante distinguir os usos orais dos escritos. Os escritos representan tan só unha
pequena parte do emprego da lingua, pois había moi pouca poboación que soubese escribir; e
dos orais coñecemos que o que poden indicar os escritos.

Sabendo isto, hai que dicir que destes séculos se conservan poucos textos en galego,
mais tampouco moitos en castelán.

LITERATURA NOS SÉCULOS XVI-XVII:

1) A poesía culta

Consérvase deste período poesía culta en galego. Como exemplo pódese citar o
“Soneto de Monterrei” (1530), os sonetos das Exequias á Raíña Margarita de Austria (1611) ou
os romances das Festas Minervais (1697).

2) Os vilancicos

Nesta época tamén hai vilancicos, un xénero cultivado en toda a Península. Esta é unha
poesía popular moitas veces coñecida por testemuños posteriores ao período no que foron
creados.

3) A poesía popular: creación, transmisión e recolla

4) O ciclo do Mariscal Pardo de Cela, varias versións do primeiro terzo do s. XVI da


Carta Executoria. “Pranto da Frouseira” (romance da primeira metade do s. XVI).

5) A prosa

Outro elemento moi curioso destes anos é a elaboración de falsificacións


historiográficas. Así, consérvanse textos en lingua galega escritos neste período mais que
pretenden simular ser da Idade Media. Isto demostra que había consciencia de que a lingua
escrita na Idade Media en Galiza era o galego e non o castelán, é dicir, para que un texto
parecese antigo tiña que estar escrito en lingua galega.

Descargado por Sara Gales (saragalesco@gmail.com)


lOMoARcPSD|3530369

Como falsificación destaca a Historia de D. Servando (1625-1635), dos irmáns


Fernández de Boán.

6) O teatro

Do teatro dos séculos XVI e XVII non se sabe moito. Podía ser improvisado ás veces,
aínda que tamén existen obras manuscritas, mais estas eran soamente para os actores. Así, o
teatro tiña unha condición efémera e non se conservan moitos textos teatrais destes séculos.
Non obstante, sábese que o teatro era fundamentalmente breve: entremeses (representacións
nos intermedios de obras longas) ou pezas pequenas. Exemplos de obras teatrais son a
Contenda dos labradores de Caldelas(1671) de Feixoo de Araúxo ou o anónimo Entremés do
portugués (s. XVIII). Ambas obras teñen como elemento común unha certa representación da
nacionalidade. (a primeira trata sobre unha disputa xurisdicional sobre a pesca no río Miño; ea segunda trata unha disputa
entre homes de diferentes nacionalidades)

*Non hai unha diferenza grande entre os textos dos ss. XVI-XVII e do XVIII, tan só se
diferencian canto ao uso do galego.

ALGÚNS TEXTOS:

1) O soneto de Monterrei (c. 1530)

Alá en Monterrei, en Val de Laça,


a Violante vi, beira de un río,
tan fermosa, en verdá, que quedei frío
de ver alma inmortal en mortal maça.
De un alto e lindo copo a seda laça
a Pastora sacaba fío a fío,
cuando lle dise:

–Morro, corta o fío.


–Vólveo, non cortarei, seguro pasa.
–¿E como pasarei, se eu acá quedo?
Se pasar –respondí–, non vou seguro
que este corpo, sen alma, morra cedo.
–Con a miña, que levas, te aseguro
que non morras, Pastor.

–Pastora, hei medo;


quedar me parece máis seguro.

Descargado por Sara Gales (saragalesco@gmail.com)


lOMoARcPSD|3530369

2) Respice finem (1611), Pedro Vázquez de Neira

Morte cruel, esa tredora maña


de roubar de socato a humana vida,
¿con que ollos a podeche ver comprida
na santa reina que hoge perde España?

Se aquel rancor que te carcome e laña


che tiña a mao, para matar, erguida,
¿non deras noutra parte esa ferida
donde non fora a lástima tamaña?

¿Non se torcera aquel fatal costume


i a lei que iguala do morrer na sorte
os altos reis coos baijos labradores?

Terrible, en fin, é teu poder, ¡oh, Morte!,


pois diante de ti, reis e señores
son néboa, sombra, poo, son vento e fume.

SÉCULO XVIII:

1) A Ilustración:

A Ilustración é a corrente intelectual desenvolta en Europa no s. XVIII e que facía


énfase na razón e na ciencia como formas de explicar o universo. Afectou a ámbitos socias,
políticos e culturais. Caracterízase por unha fe constante no poder da razón humana, considera
o irracional incorrecto; defende a liberdade política, intelectual, relixiosa e económica; cree
que a aplicación da razón permitirá unha mellora da sociedade e un progreso económico e
cultural limitado.

2) Sociedades ilustradas

Na tarefa de modernizar Galiza e de aproveitar os seus recursos humanos e naturais, tiveron


un destacado papel as sociedades e academias galegas. Foron creadas, entre outras, a Real
Academia de Agricultura, a Sociedades Económicas de Amigos del País, o Consulado da Coruña
etc. ( que levou a cabo a reforma da Torre de Hércules, creou a Escola Náutica…) Estas desenvolveron iniciativas
para o avance da economía galega.

3) Unha Ilustración galega

Descargado por Sara Gales (saragalesco@gmail.com)


lOMoARcPSD|3530369

Para Galiza, a Ilustración significou o principio dun proceso de construción e


recuperación da concienciada da súa personalidade histórica, cultural e económica. Así, Galiza
era entendida como unha sociedade diferenciada e un reino cunhas necesidades específicas.

A maior parte dos ilustrados galegos eran relixiosos: Padre Sobreira, Frei Sarmiento,
Benito Xerónimo Feijoo, Padre Sobreira… Aínda que tamén salientaron aristócratas como José
Cornide, comerciantes como Antonio Raimundo Ibáñez etc.

Como personalidade significativa para o galego destaca o ilustrado Padre Sarmiento,


quen mostra preocupación por esta lingua ás veces desde un enfoque pragmático e outras
reivindicativo.

4) O Cura de Fruíme, Diego Antonio Cernadas y Castro (1702-1777)

Outro ilustrado que destacou foi o Cura de Fruíme, un sacerdote e escritor galego do s.
XVIII autor de obras en defensa de Galicia e das inxustizas en xeral

PADRE SARMIENTO:

1) Pedro José García Balboa (1695-1772)

Frei Sarmiento naceu en León, mais pasou a súa infancia e parte da súa mocidade en
Pontevedra. Con 15 anos marcha a Madrid para facerse relixioso e termina por asentarse
definitivamente nesta cidade. Salientan as súas visitas a Galiza en 1745 e 1754, nas que
descubre un pobo de gran riqueza natural, cultural e patrimonial.

2) Obra

Moitas das súas obras estiveron longo tempo inéditas e tan só circularon copias
manuscritas. Moita da súa obra, de feito, continúa inédita a pesar de que foi aparecendo, ao
longo de diversas épocas.

De entre as súas obras destacou Memorias para la Historia de la poesía y poetas


españoles (1775) ou a carta de Santillana.

3) Estudoso e defensor do galego

A obra de Sarmiento xiraba en torno ao problema lingüístico, semántico e de


comunicación do galego causado polo atraso de Galiza; á defensa dun ensino galego por ser a
lingua na que falaban os rapaces; á defensa do uso do galego na administración, na Igrexa; etc.

Descargado por Sara Gales (saragalesco@gmail.com)


lOMoARcPSD|3530369

Vai levar a cabo estudos lexicográficos do galego co fin de reunir vocabulario nesta
lingua; vai prestar atención á lingua falada, en contraste coa importancia que ten o escrito na
época; establecerá unha diferenza entre sincronía e diacronía…

5) Poeta en galego: O Coloquio dos vintecatro galego rústicos

O Coloquio de Sarmiento vai ser unha forma de reunir vocabulario galego. As coplas
desta obra van influír no Rexurdimento ao empregárense como símbolo da utilización do
galego.

http://bvg.udc.es/ficha_obra.jsp?id=Code24ga1&alias=Padre+Sarmiento&

*O Padre Sarmiento vai elaborar traballos científicos sobre a lingua galega, á que
prestará atención en contraste co obxecto de estudo do momento que eran os testemuños
escritos. O traballo do Padre Sarmiento vai ser importante para o Rexurdimento do s. XIX.
Sarmiento influirá no galego porque vai ser empregado como autoridade para abalar a
escritura nesta lingua, xa que escribe obras nela. Polo tanto, no Rexurdimento será un
referente par a lingua galega e Murguía ou Pintos mencionarano como defensor do galego.

*Un exemplo da presenza do padre Sarmiento no Rexurdimento poden ser os


elementos comúns como trazos descritivos semellantes, entre o seu coloquio e os Cantares
gallegos de Rosalía. Isto pode significar, ben que Rosalía se inspirase en Sarmiento, ben que
haxa unha presenza inconsciente do coloquio.

*Nos coloquios Sarmiento mostra, con forma de carácter popular, unha vontade
lexicográfica.

S. XVIII: ALGÚNS TEXTOS:

1) José Cornide, A filida (1791) (poesía culta en galego)

¿Viche, Filida amada, o pajariño


que arando desos aires nas campiñas,
descoidado se achanta polas liñas
que cauto cazador pon no camiño?

¿Viche que forza fai para soltarse


e levar a bicada ós seus pajaros
(parte do corazón e fillos caros),
que deixara no niño ó remontarse?

Descargado por Sara Gales (saragalesco@gmail.com)


lOMoARcPSD|3530369

Pois viche a quen che adora pola vida,


que, chantado no ichó de un imposibre,
cata aquí, cata alí se acha saída

para fugir, podendo verse libre


e acurrujarse firme no teu seo,
en que chorara atento o seu deseo.

*Reivindicación explícita de Galicia.

2) O cura de Fruíme, Décimas á Marquesa de Camarasa

http://bvg.udc.es/indice_paxinas.jsp?id_obra=Coga++++2&id_edicion=Coga++++2001
&cabe

*Hai unha exaltación de Galicia e da súa contribución a España.

*Das escasas mostras que hai en galego neste século, moitas son cultas, é dicir, non se
escribe nin se conservou só literatura popular en galego.

Descargado por Sara Gales (saragalesco@gmail.com)


lOMoARcPSD|3530369

TEMA 5:

S. XIX: PRERREXURDIMENTO:

CONTEXTO HISTÓRICO: GALIZA NO SÉCULO XIX:

1) Sociedade, economía e historia política

Na primeira metade do s.XIX a poboación galega continúa a medrar, mais faino sobre
un modelo económico insostible, o que ten como consecuencia a emigración.

Neste século salienta tamén o fracaso nos intentos de diversificación económica e a


ausencia de industrias. A economía estaba baseada nunha agricultura atrasada e de
autoconsumo, o proteccionismo español obstaculiza a exportación de produtos galegos,
atópanse dificultades á hora de competir con produtos doutros territorios… Ademais, salienta
a demora da instauración de redes ferroviarias en Galiza, que provocará o seu illamento do
resto da Península e dificultará as conexións interiores.

Cómpre destacar tamén a pervivencia do sistema foral a pesar da reforma agraria


liberal que tivo lugar en España na primeira metade do XIX, e da desamortización, con moi
pouco impacto en Galiza. O sistema foral consistía nun contrato de longa duración entre un
campesiño e o dono das terras mediante o cal se lle concedía ao primeiro a copropiedade da
terra a cambio dun pagamento fixo, xeralmente en especies.

Nesta sociedade de base agraria, a práctica política dexenerou en caciquismo: os


partidos acordaban un sistema de quendas para acceder ao poder que conseguían levar a cabo
mediante a manipulación do sufraxio. Nisto estaba baseado o sistema político, en roldas de
goberno entre moderados e progresistas.

A partir de 1834 sucedéronse períodos caracterizados por un intento modernizador de


España que se viu contido polas tensións entre os liberais e os absolutistas, contrarios ao
progreso. O fracaso final deste intento levou a España ao Sexenio Revolucionario (1868-1874),
que rematou coa Restauración monárquica da dinastía dos Borbón (1874).

PROPOSTA DE PERIODIZACIÓN:

1) Até 1840: inicios (de Manuel Pardo de Andrade ao provincialismo)

Todo o anterior a 1840 serían os inicios do provincialismo, movemento galego máis ou


menos organizado. Neste período dos inicios destaca Manuel Pardo de Andrade, escritor
liberal que elaborou obras en galego, atacou nun panfleto á Inquisición, foi moi activo no
xornalismo, escribiu poemas…

Descargado por Sara Gales (saragalesco@gmail.com)


lOMoARcPSD|3530369

2) 1840-1861: prerrexurdimento (do provincialismo aos Xogos Florais)

O período do prerrexurdimento comeza en 1840, cando se articula o provincialismo


como un movemento máis ou menos organizado; e conclúen en 1861, cando se celebran na
Coruña os Primeiros Xogos Florais.

Os Xogos Florais foron un certame poético en galego e marcou o inicio dunha


produción culta e continuada en lingua galega.

3) 1861-1886: rexurdimento (dos Xogos Florais ao rexionalismo)

No rexurdimento, iniciado coa celebración dos Xogos Florais da Coruña, hai xa unha
produción diversificada en canto aos xéneros no idioma galego e hai tamén tentativas de
institucionalizar a literatura galega mediante a creación de certames, editoriais, publicacións
periódicas…

Exemplos de publicacións desta etapa son Cantares Gallegos, publicacións de Curros,


Lamas Carvajal etc.

4) 1886-1916: do rexionalismo ás Irmandades da Fala

En 1886 iniciase o rexionalimso como un movemento articulado e dáse este período


por rematado en 1916, coa creación na Coruña das Irmandades da Fala.

*Irmandades da Fala: organización nacionalista galega activa entre 1916 e 1931 que
desenvolveu actividades políticas e culturais en Galiza. Politicamente representaron a
superación do rexionalismo e adoptaron o nacionalismo como vía reivindicativa; culturalmente
asumiron o monolingüísmo en galego e levaron a cabo iniciativas normalizadoras.

OS INICIOS: OS PRIMEIROS TEXTOS:

1) Determinación histórica e finalidade pragmática. Produción e difusión.

A maior parte da literatura galega dos inicios son textos que non teñen finalidade
estética, senón que se crean cunha finalidade pragmática como a vontade de propaganda
ideolóxica (Os rogos d’un gallego (1813) de Manuel Pardo de Andrade), textos que incitan á
loita contra a invasión francesa (As Proezas de Galicia (1808) de Fernández de Neira) etc.

A maioría dos textos caracterízanse polo proselitismo liberal, por iso o auxe das súas
publicacións adoita coincidir cos períodos máis liberais nos que hai pouca censura, é dicir,
vanse concentrar no trienio constitucional (1820-1823) e no bienio (1836-1837).

Descargado por Sara Gales (saragalesco@gmail.com)


lOMoARcPSD|3530369

Estes textos van ter forma dialogada. Neles, un grupo de persoas cítase para falar de
temas actuais. Neles hai, polo tanto, unha pluralidade de perspectivas que permite contrastar
as ideas liberais coas absolutistas. Os textos adoitan ser bilingües en castelán e galego, pois
sempre hai algún personaxe (curas, avogados…) que fala castelán. A maioría destes textos
localízanse nos arredores de Santiago de Compostela, o que pode deberse a dúas causas: é alí
onde hai gran peso do absolutismo debido á presenza da Igrexa; e tamén é onde hai un gran
número de universitarios.

3) Vilancicos

Nos inicios tamén se atopan textos como vilancicos que enlazan coa tradición e que se
concentran sobre todo en Mondoñedo.

Un autor destacado destes vilancicos é Corral. Tamén salienta como figura poética
Nicomedes Pastor Díaz, que vai ser un dos grandes nomes Romantismo en español. Pastor Díaz
vai escribir, de mozo, A alborada, un poema amoroso ambientado no amencer e que posúe
elementos románticos e clasicistas.

4) O teatro

No Rexurdimento existía un teatro popular, procedente xa dos Séculos Intermedios,


mais surxiu, en 1882, un teatro para as minorías. Así, nesta época hai teatro profesional,
afeccionado, universitario e de variedades.

No ámbito do teatro destaca a peza de Fandiño, A casamenteira, considerada a


primeira peza en galego de importancia. Esta obra é un sainete, unha peza breve, escrita en
1812 e editada en 1849 tras a morte do autor. É unha peza singular xa que conta cun elemento
que será característico da literatura galega do s. XIX, e é que conta cunha protagonista
feminina moi forte.

*Nos diálogos, os personaxes eran sempre homes. Tan só hai unha tertulia que conta
cunha participante muller.

OS INICIOS: ALGÚNS TEXTOS:

1) A alborada (1828), Nicomedes Pastor Díaz

http://bvg.udc.es/ficha_autor.jsp?id=NicD%EDaz&alias=Nicomedes+Pastor+D%EDaz

Descargado por Sara Gales (saragalesco@gmail.com)


lOMoARcPSD|3530369

2) Os rogos d’un gallego (1813), Manuel Pardo de Andrade

http://www.culturagalega.org/imaxes/docs/papes_rogos.pdf

3) A Tertulia de Picaños (1836)

http://galiciana.bibliotecadegalicia.xunta.es/i18n/catalogo_imagenes/grupo.cmd?path
=1001250&interno=S&posicion=1&presentacion=pagina

O PRERREXURDIMENTO (1840-1861):

1) O provincialismo

O período do prerrexurdimento comeza en 1840, cando se articula o provincialismo


como un movemento máis ou menos organizado. A figura máis destacada deste movemento
vai ser Antolín Faraldo, escritor e periodista.

Como características dos provincialistas pódese dicir que son románticos desde o
punto de vista literario e apelan á renovación; acreditan nos valores sociais do cristianismo
(xustiza, solidariedade…); son liberais; conceden importancia ao historicismo, é dicir, a historia
convértese nun elemento de xustificación das súas ideas, dela podemos aprender e nela
atópanse elementos que permiten falar de Galicia como unidade diferencial; e consideran que
a prensa e fundamental para a defensa das súas ideas.

2) A primeira xeración provincialista

No provincialismo pódese distinguir unha primeira xeración provincialista, que iría


desde 1840 aproximadamente, até 1850. Como integrantes desta destacan Antolín Faraldo,
Antonio Neira de Mosquera, José Rúa Figueroa…

Como provincialistas, consideraban a prensa como un instrumento fundamental para a


transmisión das súas ideas. Destacan diarios como El Recreo Compostelano (1842-1843) ou El
Porvenir (1845).

Neste período salienta tamén a creación de asociacións como a Academia Literaria, nas
que se van debater temas de actualidade, se realizarán conferencias…

Esta primeira xeración de provincialistas vai desenvolver actividade política. Nesta vai
destacar o levantamento de Miguel Solís en 1846, que se saldou con 12 oficiais fusilados (os
Mártires de Carral) e o exilio dos dirixentes civís participantes.

Descargado por Sara Gales (saragalesco@gmail.com)


lOMoARcPSD|3530369

3) A segunda xeración provincialista

A partir dos 50 pódese distinguir unha segunda fase do provincialismo na que salientan
figuras como Manuel Murguía, Aurelio Aguirre, Eduardo Pondal…

Estes considerarán a prensa como un elemento importante para difundiras tanto as


súas ideas como a literatura galega. Así, as cabeceiras de revistas van ser moi importantes para
dar a coñecer a literatura galega e vanse crear novas publicacións como El Clamor de Galicia
(1845-1856), La Oliva (1856-1857) ou El Miño (1857-1868).

Ademais, este 2º provincialismo tamén está vinculado con institucións como o Liceo de
la Juventud. Nel participan Rosalía, Pondal etc. e conta seccións de literatura, pintura, música e
declamación; onde se levan a cabo representacións teatrais (nunha das cales actuou Rosalía)
etc.

Por último, hai que salientar que, igual que na primeira xeración, no 2º provincialismo
tamén haberá actividade política na que vai destacar o Xantar de Conxo (1856), onde
confraternizarán obreiros e estudantes e que vai supoñer un escándalo no seu tempo.

*Rosalía actúa nunha das obras que se representan no Liceo de la Juventud.

*Para coñecer a literatura galega do s. XIX é necesario prestar atención a prensa, pois
senón tan só se conta cunha visión parcial.

PRERREXURDIMENTO: POESÍA:

“Ista poesía romántica prerrosaliá está dominada por dúas ideas: o enlevo da vida
popular e o maltrato de que Galicia é ouxeto por parte do Estado español. A atracción cara as
formas populares de vida é unha tendencia xeral do romantismo. Íste ama o espontáneo, o
variado, o natural, e cree percibir no agro isas características. Polo demáis, no amor aos
campesiños opera tamén a sensibilidade rousseauniana, a tradición da filantropía ilustrada. A
rebeldía contra os aldraxes ao galego recolle a tradición de Gondomar, de Lemos, de Sobreira,
de Sarmiento, reforzada pola afirmación romántica da persoalidade dos pobos. Ísta, en Galicia,
é rexistrada polos historiadores, cuia obra, inda que en castelán, suministra argumentos ao
galeguismo” (Ricardo Carvalho Calero, Historia da literatura galega 1981).

1) Principais tendencias: subxectivismo, égloga e reivindicación

Na poesía do rexurdimento, como sinala Carvalho Calero, pódense distinguir 3


tendencias: o subxectivismo, xa que moitas veces a poesía é intimista; a égloga, pois recréase a
vida popular de forma moi idealizada, descríbese Galiza mediante tópicos; e a reivindicación,
xa que invita á rebeldía ante as aldraxes.

Descargado por Sara Gales (saragalesco@gmail.com)


lOMoARcPSD|3530369

PRERREXURDIMENTO: POETAS E POEMAS:

1) Algúns autores: Francisco Añón, Alberto Camino, Marcial Valladares

Neste século destacan autores como Francisco Añón, periodista e poeta; Alberto
Camino, escritor galego que demostrou as posibilidades do galego como lingua poética; ou
Marcial Valladares, autor de Maxina ou a filla espúrea, a 1ª novela galega do XIX.

2) A Gaita Gallega e Xoán Manuel Pintos

Ademais destes 3 autores salienta Pintos coa obra Gaita gallega, que sintetiza moi ben
o que significou o prerrexurdimento. A obra está construída en forma de diálogo, a través dos
cales se debullan diversos asuntos: reivindícase a aprendizaxe do galego, trátanse temas da
actualidade, hai denuncia social… Nela combínanse xéneros (información lingüística e
gramatical; poesía, prosa; textos en latín, galego e castelán etc.) que se enmarcan dentro do
diálogo.

3) Algúns textos

Exemplos das tendencias principais poden ser:

− A miña aldea (1842) de Marcial Valladares (égloga)


− O desconsolo (1845) de Alberto Camino (reivindicación)
− O recordo. A Galicia (1857) de Francisco Añón (subxectivismo)

*En O recordo. A Galicia recréase, mediante tópicos, o noso país.

Descargado por Sara Gales (saragalesco@gmail.com)


lOMoARcPSD|3530369

REXURDIMENTO (1861-1886):

1) Delimitación do período

En 1861 celébranse os Xogos Florais da Coruña. Ademais e en 1862 publícase o Álbum


de la Caridad e o Mosaico de nuestros vales galegos contemporáneos. Así, tómase o ano 1861
como referencia porque nel ten comezo o aumento de publicacións en galego.

Canto ao final, convencionalmente escóllese como data 1886 porque nel se inicia o
rexionalismo. Este ano é o da publicación de Los precursores de Murguía e El idioma gallego
ademais de Queixumes dos pinos de Pondal e Non máis emigración; é dicir, nel publícanse
obras emblemáticas.

REXURDIMENTO: DEFINICIÓNS:

1) Carme Hermida (1992)

“Período da nosa historia que se caracteriza por unha toma de consciencia das
características que individualizan a Galicia como pobo diferenciado e pola súa manifestación e
reivindicación nos máis diversos ámbitos da cultura e da vida social”.

2) Dolores Vilavedra (1999)

“Ese proceso de recuperación do uso do galego en ámbitos culturais que adoito


coñecemos como Rexurdimento”.

*O Rexurdimento é o período que comprende de 1861 até 1886 e no que se recuperan


os usos do galego. Caracterízase pola toma de consciencia dos carácteres individuais de Galicia
e pola súa manifestación e reivindicación. Vai ser na literatura onde acade máis forza.

REXURDIMENTO: MANIFESTACIÓNS FORA DA LITERATURA:

O rexurdimento vai manifestarse en diversas áreas como:

1) Etnografía, historiografía, filoloxía etc.

Nestes ámbitos vanse realizar diversas investigacións. Salienta a creación, en 1883, da


sociedade do Folklore Galego.

Descargado por Sara Gales (saragalesco@gmail.com)


lOMoARcPSD|3530369

Concretamente na historiografía salientan como precedentes Vera e Aguiar (1838) e


Martínez Paadín (1849), e xa no propio Rexurdimento, Benito Vicetto (1865) e Manuel
Murguía (Discurso preliminar, 1865).

2) Música

Hai interese pola música popular e por promover a música en xeral. Así celebraranse
certames musicais e literario-musicais como o Certame musical do Liceo Brigantino (1879), os
Certames literario-musicais de Vigo (1881 e 1883) ou os Xogos Florais (que non só eran
literarios senón tamén musicais) organizados polo Galiciano en 1886.

Entre os músicos que salientan −Marcial del Adalid, Xosé Castro Chané ,Xoan Montes,
Pascual Veiga…− moitos musicaron poemas galegos. Por exemplo Veiga foi o creador da
música do himno galego, Montes musicou “Negra sombra” de Rosalía…

3) Pintura

Na pintura destacan Pérez Villaamil ou Avedaño, este último incluído por Murguía en
Los precursores.

REXURDIMENTO: CRONOLOXÍA:

Na etapa do rexurdimento, é dicir, de 1861 a 1886, salientan moitos feitos


importantes, sobre todo relacionados coa política. Así, hai que distinguir:

1) Cronoloxía política

− 1868: Revolución de setembro


− 1873: República
− 1875: Restauración

2) O provincialismo e tardoprovincialismo como antesala do rexionalismo

Hai que salientar que as orixes do Rexionalismo están no Provincialismo e no


tardoprovincialismo. O provincialismo supuña un movemento de defensa da unidade rexional,
opúñase á división administrativa en provincias e defendía os vínculos históricos e naturais
galegos, que facían de Galiza un territorio diferenciado.

Entre as actuacións provincialistas e tardoprovincialistas levadas a cabo están a


construción dunha historiografía galeguista, a promoción do renacemento galego, o emprego
da prensa propia ou afín para difundir as ideas ou a organización de actos culturais e cívicos.

Descargado por Sara Gales (saragalesco@gmail.com)


lOMoARcPSD|3530369

MANUEL MURGUÍA:

Manuel Murguía, escritor e historiador considerado o impulsor do rexurdimento,


buscou as bases científicas da historia de Galiza e asentou o concepto de Galiza como nación
en elementos románticos e positivistas. Tamén prestou atención a textos literarios e entendeu
que a literatura estaba dentro da historia xeral, a cal englobaba cultura, literatura etc.
Salientan tamén de Murguía a súa atención ao mundo campesiño, o rexeitamento da aldraxe,
o posuír unha visión histórica de Galiza (na cal distingue períodos fundamentais)…

No discurso de Murguía pode verse non só a importancia da historia senón tamén a de


elementos étnicos como a lingua.

LINGUA: CONSIDERACIÓN SOCIAL:

Un dos obxectivos dos homes do rexurdimento era mudar a consideración social da


lingua galega. Así aparecen discursos reivindicativos do uso da lingua que apelan a 3 factores:
o prestixio, a utilidade e a identidade.

1) Prestixio: alúdese á utilización do galego por parte de reis na Idade Media, idioma
que empregaban para escribir cantigas.

2) Utilidade: deféndese que o galego é unha lingua internacional e permite a


comunicación con países de fala semellante como poden ser Portugal ou Brasil.

3) Identidade: o galego é a nosa lingua e caracterízanos como pobo.

Así, salienta a vontade de que se modifique a consideración social do galego, que se vía
como unha lingua propia das clases e se identificaba co atraso; mentres que o castelán comeza
a ser identificado co progreso. Por este motivo se apela as elites para que non rexeiten a nosa
lingua e se incorporen ao intento de recuperación.

LINGUA: AMPLIACIÓN DE ESPAZOS:

O intento por cambiar a consideración social do galego implica o intento de ampliar os


seus espazos de uso, é dicir, procuran que se empregue na escrita, tanto nos textos privados
como nos de difusión; que sexa obxecto de estudo científico; que se utilice nos medios de
comunicación de masas; e que se introduza como materia no ensino, o que lembra ao Padre
Sarmiento e a Antonio de la Iglesia, quen tamén defenderon isto.

Descargado por Sara Gales (saragalesco@gmail.com)


lOMoARcPSD|3530369

*Provincialismo: movemento político galeguista que vai dende 1840 até 1861 e que
tiña como obxectivo a recuperación de Galiza como única provincia tras pasar de ser o Reino
de Galiza a estar dividida en provincias a partir de 1833.

*Rexionalismo: fase intermedia no proceso evolutivo do galeguismo ao situarse a


medio camiño entre o provincialismo e o nacionalismo. (período que se da por rematado en 1916 coa
creación das Irmandades da Fala e o inicio do nacionalismo)

*Rexurdimento: etapa de recuperación literaria, cultural, política, lingüística e histórica


de Galiza que ten lugar na segunda metade do s. XIX. (é paralelo ao Provincialismo (1840-1861) e o seu final
marca o comezo do Rexionalismo (1886-1916))?

LINGUA: PERFECCIONAMENTO:

Conforme se inicia o cultivo do galego e se estuda esta lingua surxe a necesidade de


crear instrumentos que axuden a plasmalo por escrito, como dicionarios e gramáticas; ademais
da necesidade de normalizar e normativizar a lingua galega. Todo isto ten o obxectivo de que o
galego se poida usar como lingua culta.

É na década de 1860 cando se publican as primeiras gramáticas do galego:

− Gramática gallego-castellana (1864) de Francisco Mirás


− Gramática gallega (1868) de Saco y Arce: considerada a primeira gramática do galego
− El habla gallega (1868) de Cuveiro Piñol

Canto a dicionarios, a lingua de referencia vai ser o castelán, polo que as palabras van
aparecer en galego e ser definidas en castelán. Salientan: o dicionario de Francisco Javier
Rodríguez (1863), o Diccionario gallego (1876) de Cuveiro Piñol e o Diccionario gallego-
castellano (1884) de Valladares.

LINGUA: REACCIÓNS CONTRA A RECUPERACIÓN DE USOS DO GALEGO:

O movemento de recuperación dos usos vai dar lugar a derivacións político-nacionais,


polo que se verá como unha ameza á unidade nacional. Isto fará que conte con retractores.
Destaca nos anos 70 un forte debate que se da na prensa sobre a presenza do galego no
ensino. Neste tan só se mostrarán a favor publicacións como O tío Marcos da Portela, o Diario
de Santiago e o Heraldo Gallego. Así, atópanse moitos reticentes á presenza do galego no
ensino porque esta se ve como unha ameza ao castelán e á unidade do estado.

Descargado por Sara Gales (saragalesco@gmail.com)


lOMoARcPSD|3530369

LITERATURA: XÉNEROS: POESÍA:

No período do rexurdimento (1861-1886), o xénero por excelencia é a poesía. É


importante tamén ter presente que a poesía non era soamente lírica. Tamén daba cabida a
relatos, había poemas dialogados, con elementos parateatrais… É dicir, a poesía era
multiforme e presentaba características doutos xéneros.

O libro non era o principal medio de difusión da literatura, senón que era a prensa. Así,
nos primeiros anos do rexurdimento hai moi poucas publicacións en volumes, de 1861 a 1875
tan só se publican 4. É a partires dos 80 cando a publicación en volume se precipita.

*No período do rexurdimento aparecen os grandes nomes da literatura galega:


Rosalía, Curros, Pondal…

*Non hai que ter só en contas as publicacións en volume, tamén noutros formatos:
poemas soltos na prensa…

LITERATURA: XÉNEROS: TEATRO:

Deixando a un lado a obra A Casamenteira (publicada en 1849), é nos 80 cando nace a


vontade de crear un teatro galego. Esta faise evidente na introdución, en certames literarios,
dunha sección para premiar obras dramáticas.

Canto aos temas, algunhas pezas son dramas sentimentais, outros narran episodios
históricos, outras son zarzuelas… Como exemplos pódense citar: A fonte do xuramento (1882)
de Francisco María de la Iglesia, Unha revolta popular (1884) de Emilio Álvarez Jiménez, A
horfa de San Lourenzo (1886) de Civeira, ou Non máis emigración (1880) de Armada Teijeiro.

Hai que salientar que nos focos de emigración tamén se van representar e publicar
obras dramáticas en galego. Estes lugares van manter contacto con Galicia, os emigrantes
farán importantes doazóns económicas para a creación de escolas, avanzar na medicina… Vai
haber, polo tanto, unha cultura galega extraterritorial.

LITERATURA: XÉNEROS: PROSA:

Neste período non se conta cunha narrativa moi longa, pois esta darase máis na
seguinte etapa. Porén, neste período dáse o feito máis relevante para a prosa galega, a

Descargado por Sara Gales (saragalesco@gmail.com)


lOMoARcPSD|3530369

publicación de Majina ou a filla espúrea de Marcial Valladares, considerada a primeira novela


galega.

Tamén se pode destacar Xuana (1886) de Amor Meilán e a tradución (promovida polo
príncipe Luís Luciano Bonaparte) publicada en Londres de O evanxeo según San Mateo.

PRENSA:

No rexurdimento hai moi poucas publicacións periódicas en galego. Con publicacións


periódicas en galego nesta etapa referímonos poucas veces a publicacións culturais ou de
carácter xeral, pois estas adoitaban estar vinculadas ao provincialismo, tardoprovincialismo…

Canto a prensa, podemos salientar: Galicia. Revista Universal deste Reino (1860-1865)
O tío Marcos da Portela (1877-1883) ou La Ilustración Gallega y Asturiana (1878-1882).

1) Galicia. Revista Universal deste Reino

Publicouse do 60 ao 65. Estaba dirixida por Antonio de la Iglesia e editada por


Francisco de la Iglesia. Destacan o seu papel na promoción e difusión dos Xogos Florais da
Coruña, a difusión que fixo da poesía galega e o seu grande interese pola literatura medieval,
que fai que simbolice moi ben o rexurdimento.

2) O tío Marcos da Portela

Publicado do 76 ao 89, cunha interrupción do 77 ao 83.Estaba dirixida ao


campesiñado, polo que se escribía integramente en galego, e o seu estilo era populista. O
responsable era Lamas Carvajal, quen tamén vai publicar O Heraldo Gallego.

Pretendía ser un diálogo co pobo galego polo que as súas publicacións denominábanse
parrafeos. Tivo un grande éxito, pois ao ano e medio xa se vendían 4000 exemplares; e tivo
aínda maior impacto, xa que se facían lecturas orais en grupo para aqueles que non sabían ler.

3) La Ilustración Gallega y Asturiana

Publicada do 78 ao 82, estaba dirixida por Manuel Murguía e editada por Alejandro
Chao en Madrid.

Estaba dirixida a un público distinto ao de O tío Marcos da Portela, polo que salienta a
súa gran calidade xornalística e de impresión. Destaca tamén que tivese un importante
número de subscritores en Cuba, o que supuxo un elemento de concienciación e
protoorganización do galeguismo na emigración.

ACTOS CULTURAIS E CÍVICOS:

Descargado por Sara Gales (saragalesco@gmail.com)


lOMoARcPSD|3530369

As iniciativas que pretenden proxectar o galego ao público son fundamentalmente


certames literarios, que posteriormente contan con repercusións culturais. Un exemplo son os
Xogos Florais da Coruña (1861) e de Pontevedra (1861). Ademais, vanse convocar certames
literarios para composicións só en galego (Ourense, 1877; Pontevedra, 1886).

Celebraranse tamén certames literarios e musicais en Vigo, Betanzos… E haberá outros


actos públicos nos que terá presenza o galego: creación de sociedades fóra de Galicia (Galicia
Literaria de Madrid de 1875), Banquete literario en honor a Vicetto (1861) etc.

Descargado por Sara Gales (saragalesco@gmail.com)


lOMoARcPSD|3530369

PROVINCIALISMO:

O termo provincialismo designa un movemento que presta atención á singularidade


dos galegos e que conta cun programa político para Galicia. Nel relaciónase o característico
dos galegos con elementos históricos mentres os elementos étnicos teñen un papel pouco
relevante. O provincialismo reivindica a unidade de Galicia, é dicir, que Galicia constitúa unha
provincia única despois de pasar de ser un reino a estar dividida en provincias a partires de
1833.

Relaciónase coa literatura galega en que os provincialistas fan unha reflexión sobre o
que debe ser a literatura galega para que esta poida revivir. Ademais, o provincialismo non
establece límites entre literatura e política, polo que moitas obras literarias van ter elementos
políticos ou van estar dedicadas a fins políticos.

*Neste momento hai máis preocupación pola modernización de Galicia que pola
lingua, é dicir, a visión é máis política.

*Neste momento asociábase máis o galego co pasado que co presente.

*Na literatura do momento ten un importante papel a visión de Galicia como natureza
co fin de diferenciala.

*Antolín Faraldo é unha figura moi relevante do Provincialismo. Colaborou, xunto con
outros personaxes, en asociacións como a Academia Literaria na que se debatían ideas non só
relacionadas con temas galeguistas senón todo tipo de cuestións actuais como eran a
emancipación da muller, o socialismo utópico…

*Leopoldo Martínez Padín: figura provincialista.

Descargado por Sara Gales (saragalesco@gmail.com)


lOMoARcPSD|3530369

TEMA 7: ROSALÍA DE CASTRO E CANTARES GALLEGOS (1863):

NOTAS BIOGRÁFICAS:

Rosalía de Castro naceu en Compostela en 1837 e finou en Padrón en 1885. Sobre a


súa biografía téñense poucos datos, pois non se conta con moita documentación, tan só con
algunhas cartas e escritos.

Era filla de María Teresa de la Cruz Castro y Abadía, nai solteira, e o sacerdote don José
Martínez Biojo. A nenez pasouna en medios rurais, relacionados co campo. Así, parte dela viviu
en Ortoño xunto coas tías paternas; en 1842 sábese que estaba en Padrón coa súa nai e en
1850 trasládase tamén coa nai a Compostela. En 1856 marcha a vivir a Madrid, hai diversas
teorías acerca do porque: por participar no Xantar de Conxo, para estudar… mais non se sabe
con certeza.

En 1858 casa con Murguía en Madrid e ao ano seguinte ten a súa primeira filla. En
1860 actuou na obra Antonio de Leiva de Juan de Ariza en Santiago de Compostela; mais en
1861 volve a estar en Madrid.

En xuño do 62 morre a súa nai, mentres Rosalía está en Compostela. En 1869 e 1870
escribe Follas Novas en Simancas; e do 71 ao 74 volta a estar na Coruña.

*O feito de que fose filla de nai solteira e dun sacerdote non supuxo que a marxinasen
socialmente nin lle creou un trauma, pois mantivo relación con ambas familias.

*Quen máis estudou a vida de Rosalía foi Fermín Bouza Brey, aínda que morreu sen
publicar unha biografía da autora.

*En 1857 publica o seu primeiro libro de poemas: La flor. Este libro foi reseñado por
Murguía, quen afirma non coñecer a autora. No caso de ser isto verdade coñeceríanse entre
despois da publicación da reseña e 1858, ano no que casan, mais non é unha información
fiable.

*Rosalía actuou antes e despois de ser nai e fixo papeis principais.

*A finais do 61 volve a Galicia, dato importante pois quere dicir que a maioría dos
poemas de Cantares Gallegos os compón aquí.

FORMACIÓN INTELECTUAL E CONFORMACIÓN IDEOLÓXICA:

1) Educación e cultura

Descargado por Sara Gales (saragalesco@gmail.com)


lOMoARcPSD|3530369

Rosalía contou cunha educación liberal e moi completa. Así, tivo clases de francés,
debuxo e educación musical (tanto instrumental como clases de canto). Estivo, ademais,
vinculada ao Liceo de la Juventud, no que tamén estaban Pondal, Murguía, Aurelio Aguirre…

Por outra parte, na formación artística salienta a súa participación en representacións


teatrais, cun papel protagonista en diversas representacións teatrais; cóntanse con
testemuños da súa filla maior sobre os instrumentos que tocaba…

2) Conformación ideolóxica

Sábese que a súa posición era progresista no mapa político polos escritos cos que se
contan, datos da súa participación en determinados actos… Ademais, tamén simpatizaba co
provincialismo.

Por outra parte, era partidaria do socialismo utópico, do librepensamento e feminista


como se pode ver en textos como “Lieders”, Cantares Gallegos, Follas Novas, “Eva”…

*As ideas que cita F. Rodríguez aparecen en en “Lieders”, Cantares Gallegos, Follas
Novas…

“A defensa do traballo como condición necesária e indispensábel á


dignidade do home, a defensa da emancipación da muller e a crítica ao seu
papel na sociedade burguesa, a crencia de que o home é bó por natureza,
pero que son as condicións sociais as que o perverten, a procura da
harmonía nas paixóns, a condena da represión dos sentimentos... son
algunhas das débedas co socialismo utópico. No terreo político, estas ideas
sociais corrian como moeda frecuente nos círculos intelectuais demócratas,
quer dicer, na versión non liberal da democracia, que era ben crítica co
proceso de ascenso do capitalismo no estado” (Francisco Rodríguez 1985).

OBRA ANTES DE CANTARES:

1) Obra poética, ensaística e narrativa

Rosalía conta con obras tanto poéticas, como ensaísticas e narrativas. Así salientan: La
flor (1857), o seu primeiro poemario; “Lieders” (1858), ensaio recollido dentro de El Album de
El Miño; La hija del mar (1859) e Flavia (1861), dúas novelas; escribe os primeiros poemas en
galego entre 1861 e 1862, os cales incluirá despois en Cantares Gallegos; e A mi madre (1863),
libro de poesía.

Descargado por Sara Gales (saragalesco@gmail.com)


lOMoARcPSD|3530369

2) A cuestión feminista

A cuestión feminista aparece, antes que en Cantares, anticipada xa en “Liederes”, no


prólogo a La hija del mar, no poema “Eva” ou en “Las literatas. Carta a Eduardo”. Insístese
nesta cuestión porque ela vai tratar isto moitas veces, é dicir, a cuestión feminista en Rosalía é
produto dunha reflexión intelectual, coñece a tradición feminista e identifícase con ela.

*O feito de que a cuestión feminista sexa produto dunha reflexión fai que o que di
Murguía sobre a composición de Cantares como algo espontáneo non se poida considerar
verdadeiro.

OBRA EN GALEGO E OBRA POÉTICA:

1) Obra en galego

Rosalía escribiu diversos textos en galego: Cantares Gallegos (1863 e a segunda edición
na que engade 4 poemas en 1872); Follas Novas (1880) e poemas soltos. Tamén escribiu un
conto chamado “Conto gallego” (1864) que se cre formaría parte a un proxecto similar ao de
Cantares Gallegos mais en narrativa, é dicir, este conto formaría parte dunha serie deles que
formarían unha obra chamada Contos da miña terra.

*Escribe en galego poemas, prólogos, narrativas e ensaio.

2) Obra poética

Da súa obra poética salientan: La flor (1857), A mi madre (1863), Cantares Gallegos
(1863, 1872), Follas Novas (1880), En las orillas del Sar (1885) e poemas soltos.

*En las orillas del Sar incorpora a Rosalía como referente dos autores do s. XX en
castelán, algúns dos cales tamén van ler obra dela en galego.

XÉNESE DE CANTARES:

1) Lugar de composición do libro

Descargado por Sara Gales (saragalesco@gmail.com)


lOMoARcPSD|3530369

En decembro de 1861 Rosalía estaba xa en Santiago de Compostela polo que,


exceptuando o primeiro poema (“Adeus que eu voume”), o resto da obra crese que está
composta en Galicia.

2) O relato de Murguía en Los precursores (1886)

Segundo Murguía, a inspiración para escribir Cantares Gallegos viría por estar Rosalía
afastada de Galicia. Ademais, di que os poemas foron froito dun arrebato de inspiración.
Porén, hai que tomar con cautela as citas de Murguía. É posible que a idea de escribir Cantares
nacese polo afastamento de Rosalía da súa terra mais, se temos en conta o prólogo de Rosalía,
a composición non é froito dun arrebato de inspiración.

CANTARES GALLEGOS: CUESTIÓNS EDITORIAIS:

Cinco dos poemas de Cantares apareceron xa publicados antes da edición do libro: El


Museo Univesal en 1861 (“Adiós qu’eu voume”); no Álbum de la Caridad en 1862 (“Adiós qu’eu
voume”, “Castilla”, “O caravel negro”, “A romería da Barca” e “¡Terra a miña!”); e en Galicia.
Revista Universal de este Reino en 1862 (de novo “Adiós qu’eu voume”).

En 1863 publícase a 1ª edición do poemario en Vigo, polo editor Juan Compañel.


Posteriormente, en 1872, publícase en Madrid a 2ª edición, por Don Leocadio Martínez. Nesta
edición inclúense catro novos poemas: “Miña Santiña”, “Díxome nantronte o cura”, “¿Qué ten
o mozo?”, “Si a vernos Marica nantronte viñeras”.

CANTARES GALLEGOS: ESTRUTURA:

1) Estrutura editorial

Na obra pódense distinguir as seguintes partes:

− Dedicatoria a Fernán Caballero


− Prólogo, escrito pola propia Rosalía
− Formado por 31 poemas na primeira edición e 35 na segunda, máis o poema
de “La Gaita Gallega” de Ventura Ruíz Aguilera e a resposta a este de Rosalía
con “A Gaita Gallega”
− Glosario

2) Cantares gallegos como poemario estruturado

Descargado por Sara Gales (saragalesco@gmail.com)


lOMoARcPSD|3530369

Observando a disposición dos poemas que forman Cantares Gallegos, pódese ver
como o primeiro e o último poema funcionan como marco.

Ademais, tamén hai que salientar a utilización de cantares populares en case todos os
poemas, o que constitúe un elemento de unidade.

INTENCIONALIDADE DO POEMARIO: ANÁLISE DO PRÓLOGO:

O prólogo de Cantares é singular. En primeiro lugar pola autoría, xa que é un prólogo


escrito pola propia autora do poemario, mais tamén por estar escrito en galego.

Analizándoo, podemos ver que está presente a captatio benevolentia, é dicir, a autora
pretende gañar o favor do público pedindo desculpas pola súa pouca preparación á hora de
escribir os poemas. Ademais, tamén prepara ao lector para ler a obra.

Hai que salientar tamén que o prólogo anuncia o tardoprovincialismo presente en


Cantares, unha obra de carácter ensaístico. Así, nos poemas pódese ver: a dignificación de
Galiza mediante a creación dunha contraimaxe oposta á estabelecida, co fin de reparar a
inxustiza e restaurar a verdade; a exaltación da terra e do pobo galegos (costumes, lingua,
paisaxes…); está presente o topos poético do Edén, é dicir, Galiza é presentada como un
paraíso; e hai unha contraposición de Galiza e Castela, tanto nunha dimensión poética como
política.

*No prólogo, Rosalía mostra unha oposición entre Galicia e Castela, sendo esta unha
metonimia de España.

CANTARES GALLEGOS E A POESÍA POPULAR:

No poemario de Rosalía hai unha recuperación de elementos da poesía popular, algo


que tamén se vai dar na poesía europea e peninsular. Esta recuperación de elementos
populares vaise dar desde diferentes perspectivas, por exemplo pódense contrastar dous
autores como Antonio Trueba e Aguilera.

En cantares hai unha recuperación da poesía popular. Así, a obra vai recoller cantares
populares directamente da tradición oral. A finalidade disto non é só estética, hai vontade de
reivindicar Galicia mediante o patriotismo (usando a súa lingua e formas culturais) e o
progresismo (vehiculando elementos de protesta social).

A recuperación da poesía popular, presente nesta obra de Rosalía, é característica do


Rexurdimento. Salientan neste sentido as recolleitas de poesía popular de López de la Vega,
Casal e Lois, na década dos 60; os estudos de Murguía sobre o folclore; a divulgación na prensa

Descargado por Sara Gales (saragalesco@gmail.com)


lOMoARcPSD|3530369

da literatura popular galega; o Cancioneiro popular gallego (1885-1886) de Pérez Ballesteros


etc.

VOCES LÍRICAS:

O poemario é polifónico, é dicir, contén múltiples voces. Hai unha serie de “eus”
escénicos cun discurso en estilo directo que pode ser monologado ou dialogado. Rosalía
pretende desfacer a falsa imaxe que se ten de Galiza e para iso mostra a realidade mediante
diferentes voces, é dicir, pretende mostrar a verdadeira identidade galega mediante a
contestación da marxinalidade. Non hai unha visión unidimensional, senón que a través de
personaxes e situacións concretas vaise conformando a sociedade popular. A escolla popular
vai permitir representar a sociedade tal como é, mostrar os valores morais da sociedade
popular (que non teñen porque coincidir cos da sociedade burguesa). Cantares Gallegos ten
unha finalidade similar á da épica mais desde unha perspectiva popular, por iso se cualifica de
épica popular.

Esta formalidade responde á vontade de presentar directamente o pobo galego como


individualizado e humanizado, ademais de presentar as visións do mundo e valores galegos a
través de personaxes e situacións concretas.

Ademais, un dos elementos nos que Rosalía innova é no subverter os cantares


populares, nos que normalmente a voz é masculina, nunha voz feminina. Así, a voz poética é
maioritariamente feminina e a perspectiva tamén o é. Salienta que estas personaxes femininas
sexan marxinadas e solitarias.

*Nos poemas amorosos preséntase unha voz feminina. A perspectiva non é presentar
a concordia amorosa senón a vivencia do amor.

LIÑAS TEMÁTICAS:

Adóitanse separar os cantares entre aqueles máis achegados á poesía popular e


aqueloutros más afastados dela. Así distínguense:

1) Sociedade popular: costumes e tipos (poemas 5, 6, 8, 13 e 18)

2) Poesía intimista (poemas 11 e 32)

3) O sentimento amoroso: actitudes e vivencias (poemas 2, 4, 10 e 12)

4) Poesía social (poemas 3, 13, 20 e 15)

Descargado por Sara Gales (saragalesco@gmail.com)


lOMoARcPSD|3530369

5) Poesía patriótica (e social) (poemas 17, 23, 28 e “Gaita Gallega”)

*Hai que ter coidado: non asociar o “eu poético” con Rosalía.

MÉTRICA E RECURSOS ESTILÍSTICOS:

O poemario toma como referencia a poesía popular, polo que en case todos os
poemas se reproducen cantares populares.

Nos aspectos métricos hai que salientar a utilización da arte menor e a rima asonante,
ademais de empregar estrofas como romances, cantares, romancillos, tríadas ou muiñeiras.

Por último, canto a recursos estilísticos empréganse procedementos paralelísticos e de


repetición a nivel fónico, sintáctico, morfolóxico e léxico; hai intensificacións e antíteses, e
existencia dunha economía poética.

*Economía poética: arte de proxectar un significado mediante o aforro no emprego de


recursos do significante.

A RECEPCIÓN DE CANTARES:

As reseñas coetáneas sitúan a obra entre o intimismo e o patriotismo, é dicir, insisten


na sentimentalidade e no carácter patriótico, polo que a carga política da obra se viu
contemporaneamente.

Destaca Ventura Aguilera, quen publicou unha reseña crítica sobre o romance 25 (28 a
partir da segunda edición) tras facer unha lectura política do poema; ou Posada, quen define a
obra como “una pintura fiel de la bella Galcia” que “expresa con el tacto más exquisito los
nobles y delicados sentimientos del corazón gallego” (Faro de Vigo, 1863).

CANTARES GALLEGOS E FOLLAS NOVAS:

Rosalía fai unha reflexión sobre Cantares no prólogo de Follas Novas, “Dúas palabras
da autora”. Nel vese que Rosalía é consciente da dimensión que ten a literatura máis alá do
estético e que a autora aproveita. Así, pódese ver que Rosalía ten a intencionalidade dunha
poeta consciente das súas condición e capacidade e dos seus obxectivos.

Descargado por Sara Gales (saragalesco@gmail.com)


lOMoARcPSD|3530369

“Cousa este último [CG] d’os meus días d’esperanza e xuventude, ben se
ve que ten algo d’a frescura propia da vida que comenza”

“Por outra parte, Galicia era n’os Cantares ó obxeto, á alma enteira,
mentras que n’este meu libro d’hoxe, âs veces, tan soyo á ocasion, anque
sempre ó fondo d’o cuadro: que si non pode se non c’a morte, despirse ó
esprito d’as envolturas, d’a carne, menos pode o poeta prescindir d’o
medio en que vive, e d’a natureza que ó rodea; ser alleo á seu tempo e
deixar de reproducir hastra sin pensalo, a eterna e layada queixa que hoxe
eisalan todo-l-os labios”.

“O que quixen foy falar un-ha vez mais d’as cousas d’a nosa terra, n’a
nosa lengoa, e pagar en certo modo o aprecio e cariño que os Cantares
gallegos despertaron en algúns entusiastas. Un libro de trescentas paxinas
escrito n’o doce dialecto d’o pais, era n’aquel estonces cousa nova, e
pasaba pol-o mesmo todo atrevemento. Aceptárono y ó qu’é mais
aceptárono contentos, y eu comprendín que desde’ese momento quedaba
obrigada á que non fose ó primeiro y o ultimo. N’era cousa de chamar as
xentes á guerra, e desertar d’a bandeira qu’eu mesma había levantado”

Entre ambas obras hai elementos de continuidade como son a denuncia


social, a inspiración popular ou o intimismo.

A OBRA DE ROSALÍA DESPOIS DE CANTARES GALLEGOS:

Despois da publicación de Cantares Rosalía publicou: “Contos da miña terra”


(1864) e “El Cadiceño” (1866) en narrativa; “Las Literatas. Carta a Eduarda” (1866),
no ensaio; Ruinas (1866), El caballero de las botas azules (1867) e El Primer Loco.
Cuento Estraño (1881) como novelas; Follas Novas (1880) e En las orillas del Sar
(1884) como poesías; e “El Domingo de Ramos” (1881), “Padrón y las inundaciones”
(1881) e “Costumbres Gallegas” (1881) na prosa.

Descargado por Sara Gales (saragalesco@gmail.com)


lOMoARcPSD|3530369

TEMA 8: O REXIONALISMO (1886-1916)

REXIONALISMO: DELIMITACIÓN:

1) Comezo: 1886

O comezo do Rexionalismo dátase en 1886, ano en que Murguía publica Los


precursores, pronuncia o seu discurso no Certame convocado por O Galiciano e publica un
artigo en La Región Gallega no que define Galiza en termos de nación, case en termos
nacionalistas.

Estas publicacións desenvolverán un novo concepto de Galiza que se dará tamén en


obras posteriores.

2) Remate: 1916

A data de finalización do Rexurdimento sitúase en 1916, ano da creación das


Irmandades da Fala na Coruña, coas que se abre un novo período cultural para Galiza.

Durante este período haberá elementos de continuidade a respecto da etapa anterior


e elementos que o individualizarán. Os elementos de continuidade estarán ligados a autores,
por exemplo Pondal, quen desenvolverá a súa obra empregando elementos anteriores; e a
xéneros. Canto a estes haberá unha diversificación maior no teatro e na narrativa, mentres na
poesía continuarán presentes elementos do período anterior.

MOVEMENTO REXIONALISTA:

1) Diversificación ideolóxica e elementos definitorios

O movemento rexionalista caracterízase por unha diversificación ideolóxica. Dentro del


pódense distinguir 3 correntes diferentes: a liberalista, a tradicionalista e a federalista.

− A corrente liberal está representada por Murguía e é de tendencia progresista. Era


contraria á centralización político-económica e cultural e defendía a existencia dun poder
lexislativo galego.

− A corrente tradicionalista era, despois da liberalista, a de maior número de


simpatizantes. Estaba liderada por Alfredo Brañas. Era de carácter conservador, contraria ao
liberalismo, ao centralismo e ao capitalismo, polo que tiña como obxectivo o restablecemento
da antiga orde política e social.

− A corrente federalista estaba liderada por Aureliano Pereira e era a que contaba con
menos simpatizantes. Era partidaria dun estado español federalista.

Descargado por Sara Gales (saragalesco@gmail.com)


lOMoARcPSD|3530369

Calquera das tres correntes buscaba a autonomía política para Galiza, que debía
recuperar e preservar as súas particularidades identitarias, culturais e lingüísticas.

2) Primeiro e segundo Rexionalismo

Distínguese un primeiro rexionalismo coa Asociación Regionalista Gallega (1890-1894)


e un segundo con Solidaridad Gallega (1906-1912).

A Asociación Regionalista Gallega (1891) permitiu a organización das tres correntes


rexionalistas. Tivo iniciativas político-culturais como os Xogos Florais de Tui ou o traslado dos
restos de Rosalía a Bonaval, e tamén só inciativas políticas como a presentación dunha
candidatura para o concello de Santiago.

Canto a Solidaridad Gallega, esta foi unha organización política activa entre 1907 e
1912. Nace da sinatura do Manifesto Solidario en 1907 e nela únense os republicanos, os
republicanos federais, os tradicionalistas e os rexionalistas; e tiña como bases de organización
o anticaciquismo e o apoio ao asociacionismo agrario.

*O certame celebrado en Tui contaba cun programa de actos extenso: un xantar de


despedida, concurso literario… Nel Murguía pronuncia un discurso no que se poden ver o
papel central da lingua e a expansión que terá a literatura neste período. A literatura víase
como a máxima expresión da nosa lingua e había que buscar unha literatura propia galega,
diferenciada da castelá. Tamén está presente no discurso o celtismo como un afán
diferencialista.

*Discurso de Murguía en Tui (1891): http://www.realacademiagalega.org/destaque-


peza/-/asset_publisher/uR6s/content/medalla-conmemorativa-dos-primeiros-xogos-florais-
do-rexionalismo-en-tui?redirect=http%3A%2F%2Fwww.realacademiagalega.org%2Fdestaque-
peza%3Fp_p_id%3D101_INSTANCE_uR6s%26p_p_lifecycle%3D0%26p_p_state%3Dnormal%26
p_p_mode%3Dview%26p_p_col_id%3Dcolumn-
1%26p_p_col_pos%3D1%26p_p_col_count%3D2

POESÍA:

No Rexurdimento, a poesía é o xénero de referencia canto á produción mais non canto


a obras magnas, é dicir, producíase moita poesía pero as obras poéticas de calidade son máis
ben do período anterior.

1) Modelo pondaliano: a Escola Formalista

Descargado por Sara Gales (saragalesco@gmail.com)


lOMoARcPSD|3530369

Méndez Ferrín denomina o modelo pondaliano Escola Formalista. Hai elementos na


poesía de Pondal que os poetas tomarán como referencia. Así, a Escola Formalista
caracterízase por distanciárense dos grupos sociais viventes e situárense nunha perspectiva
intemporal, un compromiso ideolóxico explícito, o predominio do xénero épico, uso de
cultismos, tratamento do mundo rural…

“Distanciamento vaticinante; clasicismo narrativo con influxos estilísticos


da épica culta, cando non lirismo vagamente elusivo; tratamento perfecto e
sobrio da estrofa; innovacións rítmicas; todo unido ó uso dun galego
depurado, prócere, penetrado de cultismos léxicos e sintácticos son […] as
notas diferenciais da E.F.” (X. L. Méndez Ferrín, De Pondal a Novoneyra
1984).

2) Evocación dunha Galiza heroica

Destacan Boicentril (1914) de Tettamancy, que constitúe un modelo popularista;


Leenda de groria(1890) de García Ferreiro; Os Calaicos (1894) de Vaamonde Lores; e Contiños
(1888) de Benito Losada.

3) A transición ao s. XX

Na transición ao s. XX destacan Leiras Pulpeiro e Noriega Varela como exemplos da


continuidade da musa currosiana.

NARRATIVA:

Na narrativa galega do Rexurdimento podemos distinguir entre novela histórica,


folletín, narrativa breve e tradición popular.

1) Novela histórica

Antón López Ferreiro é o narrador máis importante deste período. Xa que posuía un
gran coñecemento da historia galega ao ser historiador, a súa materia narrativa é
fundamentalmente histórica e nela pódense observar digresións históricas, artísticas…

Pódese caracterizar como romántico desde o punto de vista narrativo, e tradicionalista


desde o punto de vista ideolóxico.

2) Novela e folletín

Descargado por Sara Gales (saragalesco@gmail.com)


lOMoARcPSD|3530369

Seguindo o fío da primeira novela en lingua galega (Máxina ou a filla espúrea (1890) de
Marcial Valladares), publícanse elementos folletinescos ou dramáticos como A cruz de
Salgueiro (1899) de Xesús Rodríguez López.

3) Narrativa breve

Na narrativa breve do Rexurdimento galego destacan Heraclio P. Placer, quen se


inspira en tradicións para escribir as súas obras, e Álvarez de Novoa, quen salienta pola súa
innovación ao propor os asuntos que deben ser tratados pola narrativa galega.

4) Narrativa e tradición popular

Na narrativa de tradición popular destacan Enrique Labarte ou Lugrís Freire (con os


Contos de Asieumedre).

*Na narrativa de Lugrís Freire non hai só tradición popular, senón que tamén se recre
un pasado mítico, didáctico…

*Álvarez de Novoa en “Dous Parrafeos” pon en tensión o enxebre e o galego ou


exótico.

“Pois eles pensan que o voso conto non é gallego, porque non falades n-
él de unha esmorga, de unha lacoada, de unha vendima, dunha desfolla, de
un romaxe, de unha espaldela, de unha malla, de unha molienda, de una
rebolada: porque non falades do que vai pras Américas e chora n-o vapor e
morre n-o estranxeiro, do que ten a casa sin tellas e sin colmo e sin latas e
non ten pan nin abrigo; porque non chamades a berros por Breogan e
compaña e non vos sentides bardos nin celtas, porque non pedides que
Galicia fuxa da nai España; por eso voso conto non é gallego: si non se fai o
conto por ese patrón vello, inservible, escalazado, cheo de milremendos en
forza de traguelo e levalo, o voso escrito démpregase da literatura rexional
e voso conto é tachado de exótico” Francisco Álvarez de Nóvoa, “Dous
parrafeos” (Pé das Burgas 1896)

XÉNERO DRAMÁTICO:

Neste período rexionalista hai teatro galego e hai unha variación canto as liñas de
exploración: teatro histórico, social, melodrama.

1) Teatro histórico

Descargado por Sara Gales (saragalesco@gmail.com)


lOMoARcPSD|3530369

Destacan obras como A torre de Peito Burdelo (1891) de Galo Salinas ou Pedro
Madruga (1897) de Cuveiro Piñol.

2) Teatro social

O teatro social está presente fundamentalmente na obra de Lugrís Freire, por exemplo
n’A ponte (1904).

3) Melodrama

No teatro melodramático destaca Filla…! (1892) de Galo Salinas.

4) A creación de infraestruturas para o teatro galego

Un exemplo disto é a Escola Rexional de Declamación, estreada coa representación de


Filla…! en 1903. Esta dedicouse á realización de espectáculos en galego e foi a primeira
iniciativa de formación teatral emprendida en Galiza. A pesar da súa curta traxectoria, pois
desapareceu aos dous anos de constituírse, converteuse nun feito transcendental e pioneiro
no desenvolvemento do teatro rexionalista e na creación dun movemento teatral galego.

PROSA DIDÁCTICA E ENSAIO:

A prosa didáctica e o ensaio en galego, vese impulsado na época do Rexurdimento


grazas ás publicacións feitas.

1) Prosa didáctica

Nela salienta O catecismo do labrego (1889) de Lamas Carvajal. Esta obra contou cun
grande éxito. Non é só unha obra de prosa didáctica senón que tamén é reivindicativa. Así,
está escrita seguindo o sistema de preguntas e respostas do catecismo co obxectivo de
parodialo. Ademais, esta fórmula de escribir a obra converteuse nun modelo de difusión de
ideas.

2) Ensaio

Publícanse textos con afán divulgador que tratan dos principais acontecementos
acontecidos en Galicia ou dos accidentes xeográficos galegos. Destaca Resume da historia de
Galicia (1899) de Florencio Vaamonde Lares.

Descargado por Sara Gales (saragalesco@gmail.com)


lOMoARcPSD|3530369

3) A escrita rexionalista: a prensa en galego.

O Tío Marcos da Portela serviu como modelo para a prensa en galega do Rexionalismo.
Nesta destacan O Galiciano (1886-1887), A Monteira (1889-1890) ou A Tía Catuxa (1889-1891).

4) Os ensaios sobre rexionalismo: polémicas, reflexión teórica e historización

Os máximos representantes dos ensaios sobre rexionalismo son Murguía, Salvador


Golpe ou Euxenio Carré.

*Diferenza entre prosa didáctica e ensaio:

− Prosa didáctica: o autor é un especialista na materia, a estrutura é exhaustiva,


lóxica e sistemática; o lector adoita ser especializado no tema; o autor
pretende transmitir información, e a forma está supeditada á obxectividade.
− Ensaio: o autor non adoita ser unha autoridade científica, o contido non se
desenvolve dunha maneira tan rigorosa como na prosa didáctica, o lector
adoita ser común; o autor non transmite información senón que suxire ideas
para que o lector reflexione, e hai intención de estilo, polo que se coida o
aspecto estético.

EDITORIAIS E PUBLICACIÓNS PERIÓDICAS:

1) O labor da Escola Coruñesa (ou Cova Céltica)

A Escola Coruñesa ou Cova Céltica era o nome que recibía o faladoiro que mantiñan,
desde 1893, un grupo de intelectuais galegos de ideoloxía rexionalista, que se reunían na
libraría de Uxío Carré Aldao na Coruña, co fin de debateren sobre temas relacionados con
Galiza. Homes vinculados á Escola Coruñesa desenvolveron iniciativas como a Biblioteca
Gallega, ou as revistas Galicia e Revolución Gallega.

A Biblioteca Gallega de Martínez Salazar e Fernández Latorre é unha editora galega.


Esta pretende servir de referencia para publicacións en galego e textos relacionados con esta
lingua, aínda que non sempre publica obras en galego.

En total publica máis de 50 volumes entre obras novas e reedicións, entre as que
destacan Aires da miña terra (3ª edición), Queixumes dos pinos, El idioma gallego…

Canto ás revistas, destacan Galicia (1887-1889 e 1892-1893) e Revista Gallega (1895-


1907). Tamén salienta Nosa Terra (1907-1908), vinculada a Solidaridad Gallega.

Descargado por Sara Gales (saragalesco@gmail.com)


lOMoARcPSD|3530369

DOTACIÓN DE INSTITUCIÓNS: A ACADEMIA:

1) Fundación da Academia Gallega (1905)

A Asociación Iniciadora e Protectora da Academia Galega (1905), unha iniciativa da


emigración habaneira, foi a principal fornecedora das remesas precisas para acometer os
gastos da fundación e sostemento da Academia.

A Academia Gallega, consituída en 1904 mais inaugurada oficialmente en 1906, tiña


como obxectivo darlle unidade ao idioma galego mediante a publicación dunha gramática e un
dicionario. O seu primeiro presidente foi Manuel Murguía.

1906: o Boletín da RAE

ENCLAVES NO EXTERIOR:

Son moi importantes Bos Aires e La Habana.

1) Arxentina: Bos Aires

− Institucións: Centro Gallego


− Prensa: El Eco de Galicia, El noticiero gallego
− Teatro: representacións na década dos 90 a cargo do Orfeón Centro Gallego e
do Orfeón Gallego.
− Destacou: Xesús San Luís Romero

2) Cuba: La Habana

− Institucións: Sociedad de Beneficencia, o Centro Gallego


− Prensa: El Eco de Galicia, Follas Novas, La Tierra Gallega, A Gaita Gallega
(1885-1887)
− Narrativa: A campaña de Caprecórneca (1898) e A besta (1899-1890)
− Poesía: Soidades (1894) de Manuel Lugrís
− Iniciativas institucionalizadoras, financiamento do rexionalismo.

*Gaita Gallega é unha publicación integramente en galego.

Descargado por Sara Gales (saragalesco@gmail.com)


lOMoARcPSD|3530369

SÍNTESE:

1) Diversificación ideolóxica: tendencias no rexionalismo

2) Expansión e diversificación xenérica, en especial en:

- Narrativa

- Teatro: no que salientan avances na institucionalización ( coa creación de editoriais,


institucións, símbolos) e a importancia dos enclaves no exterior (sobre todo de Cuba e
Arxentina)

Descargado por Sara Gales (saragalesco@gmail.com)


lOMoARcPSD|3530369

*A primeira lectura que hai que facer de calquera tipo de cantiga é a literal, despois
faise a simbólica.

CANTIGAS DE AMOR: IDENTIFICACIÓN:

1) Valorización canónica da cantiga de amor

Trobadorismo e cantiga de amor.

Nun primeiro momento, a cantiga de amor é o xénero máis valorado. Porén,


posteriormente, vai valorarse máis a cantiga de amigo xa que o xénero da cantiga de amor vai
concibirse como unha copia da cansó provenzal.

2) Cantiga de amor e de amigo

Segundo a Arte de Trovar, incompleta neste punto, o elemento distintivo entre a


cantiga de amor e ade amigo é quen fala. Así, o suxeito da enunciación na cantiga de amor é
unha voz masculina, mentres que na cantiga de amigo é unha voz feminina.

3) Identificadores de xénero. Apóstrofes do exordio

Ademais da voz masculina, outro elemento definitorio da cantiga de amor é o emprego


do termo senhor.

Outro elemento distintivo é a figura retórica do apóstrofe. Así, hai cantigas que van
dirixidas directamente á senhor (aparecen vocativos como senhor, minha senhor…) e outras
que poden ir dirixidas a Deus, a un amigo, ao Amor… Porén, independentemente de quen sexa
o destinatario, sempre vai aparecer o termo senhor.

*A Arte de Trobar do Cancioneiro da Biblioteca Nacional: fai consideracións sobre


xéneros, métrica…

A ASCENDENCIA PROVENZAL:

1) Metáforas seudovasálicas

Descargado por Sara Gales (saragalesco@gmail.com)


lOMoARcPSD|3530369

Igual que nas cansós, o amor preséntase nas cantigas de amor como un servizo e o
trobador preséntase como vasalo. De aquí o emprego do termo senhor, xa que o namorado se
ofrece como servidor. Nestas cantigas a palabra servir emprégase como equivalente de amar.
O trobador namórase de senhor desde a primeira vez que a ve e tan só pode servila, trobar
(inherente a condición de amor estaba cantar) e amala.

Dentro do amor como servizo, o trobador adopta distintas aptitudes: mostra as


distintas fases do achegamento á senhor. Distínguense, polo tanto, graos no servizo amoroso
presentes na cansó provenzal, cuxas mencións son raras nas cantigas de amor galego-
portuguesas. A senhor galego-portuguesa é máis afastada, idealizada e inasequible neste
sentido que a mi dons da cansó.

Os graos do amor da cansó provenzal son: fenhedor, amante tímido; precador,


suplicante; entendedor, amante consentido, e drutz, amante carnal.

2) Características diferenciais de maior abstracción da cantiga de amor fronte a cansó

− Estilización das características físicas e morais da senhor: a senhor da cantiga


galego-portugesa preséntase máis idealizada e máis inalcanzábel que a mi
dons das cansós
− Ausencia de exordio primaveral: o amor da cansó ten lugar sempre na
primavera, época propia para o amor. Porén, na cantiga de amor, o amor non
está suxeito a unha época do ano determinada
− Joi e coita: o amor galego-portugués é coita, é un amor desgraciado, non é un
amor feliz como o das cansós provenzais, nas que se fala do joi de amor. O
amor galego-portugués constitúe sufrimento, ben por non ser correspondido,
ben por non saber se o é. Ademais, a dor pode levar á morte, desaparecendo
así personaxes.
− Envío e sinal: na cansó había un envío da cantiga e aparecían o nome explícito
ou en chave (sinal) do destinatario. Isto non sucedía na cantiga de amor, na
que se mantiñan en segredo e con moita discreción a identidade da senhor
− Desaparición de personaxes ?

*Coita: mal de amor (propia da cantiga galego-portuguesa)

*Joi: alegría de amar (propia da cansó)

CANTIGA DE AMOR: CARACTERÍSTICAS SEMÁNTICAS:

Descargado por Sara Gales (saragalesco@gmail.com)


lOMoARcPSD|3530369

Giuseppe Tavani marcou 4 núcleos definitorios da cantiga de amor galego-portuguesa.

1) Amor do poeta: tras ver á senhor, o poeta ten a necesidade de trobar o amor que
sinta por ela. Aquí pode verse, polo tanto, o tópico da sinceridade.

2) Reserva da dama: a dama é inaccesíbel, non se coñece a súa identidade nin se pode
revelar. Destaca a actitude da senhor que se mostra indiferente ou compracida co sufrimento
do trobador.

3) Eloxio da dama (laudatio): na cantiga de amor descríbense as calidades da dama,


aínda que non se fai referencia a elementos concretos no eloxio. (calidades: fermosura… q +?) (excepción
da cantiga onde se mencionan os ollos da senhor)

4) Pena por un amor non correspondido: exprésase a coita de amor, é dicir, dor ou
incluso o morrer a causa do amor. (cantiga “se eu podesse desamar” Pero da Ponte)

RETÓRICA DA CANTIGA DE AMOR:

1) Métrica: nas cantigas de amor de mestría o habitual é que estean formadas por 3
cobras.

2) Paralelismo semántico: a retórica adoita descansar en repeticións e variacións.

3) Figuras de repetición: dobre, mordobre, políptoto, anáfora…

4) Antíteses lexicalizadas (viver/morrer)

5) Hipérbole: en moitos casos aplícase a laudatio. (a máis fremosa de quantas no mundo son)

6) Sinonimia amplificante: colócanse xuntos sinónimos para intensificar o significado


que denotan. (ex: trobar e cantar; amar e servir)

7) Acumulación polisindética. (prez e beldade e loor) polisíndeton? enumeración sen comas, termos unidos pola
conxunción?

8) Gradatio in climax: a coita de amor progresa ao longo da cantiga até alcanzar o


clímax.

*A retórica da cantiga de amor e de amigo descansa en repeticións e variacións.

*Normalmente, a primeira cobra da cantiga de amigo expresa xa a cantiga e as


seguintes cobras expándena mediante figuras de repetición. Porén, na cantiga de amor vanse
incorporando novos elementos.

Descargado por Sara Gales (saragalesco@gmail.com)


lOMoARcPSD|3530369

CANTIGA DE AMIGO: IDENTIFICACIÓN:

1) Valorización canónica da cantiga de amigo

Nun primeiro momento, a cantiga de amor é o xénero máis valorado. Porén,


posteriormente, vai valorarse máis a cantiga de amigo xa que o xénero da cantiga de amor vai
concibirse como unha copia da cansó provenzal.

Cantiga de amigo e canción de muller ?

2) Cantiga de amigo e amor: voces da cantiga de amigo

Na cantiga de amigo hai unha maior diversificación de voces respecto da cantiga de


amor (nai, natureza, amigas, dona virgo).

Hai que salientar a diferenza da dama da cantiga de amigo coa senhor da cantiga de
amor: a dama da cantiga de amigo vai ser nova (dona virgo).

3) Destinatarios da cantiga de amigo: apóstrofes

Neste sentido a cantiga de amigo é dinámica, hai personaxes, xa que a namorada se


dirixe á nai presentándose como filla, ás amigas, á natureza… e estes elementos tamén poden
falar.

4) Palabras-chave

Como palabras-chave para identificar unha cantiga de amigo pódense citar: amigo,
amiga, nai…

CANTIGA DE AMIGO: CARACTERÍSTICAS SEMÁNTICAS:

1) Panexírico

Nas cantigas de amigo están presentes discursos en loanza da rapaza, que constitúen
un autoeloxio; e en loanza do amigo, eloxiando a habilidade poética deste.

2) Amor

Descargado por Sara Gales (saragalesco@gmail.com)


lOMoARcPSD|3530369

Na cantiga de amigo, o amor ten máis facetas que na cantiga de amor e o sufrimento
ten lugar pola ausencia do amigo. (non por non ser correspondida, el inalcanzable etc.) ? Ademais, este
amor pode ser tanto non correspondido como correspondido, polo que se produciría
concordia amorosa).

3) A nai vai ser un elemento de prohibición, é un inimigo do amor.

4) Hai simbolismo naturalista e se presentan diferenzas entre natureza e paisaxe.

*Palabras chave para identificar a cantiga de amigo: amigo, amiga…

*Os elementos da natureza serven para localizar a cantiga, ás veces


(excepcionalmente) fan de confidentes…

*En moitas cantigas aparece o tema da danza, polo que algúns expertos falan dun
subxénero das cantigas de amigo chamado “cantigas bailadas”.

*Hai cantigas de amigo líricas, hainas narrativas e hainas que son unha combinación de
lírica e narrativa. (non hai cantigas de amor narrativas)

A RETÓRICA DA CANTIGA DE AMIGO:

1) A tipoloxía narrativa da cantiga de amigo

− Narratio dramática: monólogo vs. diálogo: os personaxes interveñen directamente,


tanto mediante o diálogo como mediante o monólogo. (monólogo=soliloquio da amada?)

− Narratio mixta: o narrador alterna o seu discurso co dos personaxes, de quen


reproduce palabras en estilo directo.

− Narratio diexemática: o narrador non sae nunca da súa propia persoa.

2) Cantiga de amigo e cantiga de refrán

− O paralelismo

− O leixa-pren

Descargado por Sara Gales (saragalesco@gmail.com)


lOMoARcPSD|3530369

3) Plano literal e plano simbólico (cantiga seia-me eu na ermida de San Simón, de Meendinho ver
explicación?)

CANTIGA DE AMIGO E CANTIGAS DE AMIGO:

1) Os ciclos: A leitura serial da cantiga de amigo (exemplo: cancioneiro de Martin Codax)

2) Cantiga de amigo e cantigas de amigo: xénero e subxéneros:

Dentro do xénero da cantiga de amigo podemos distinguir subxéneros:

− Cantiga de romaría: cantigas relacionadas con romarías e peregrinacións a ermidas


ou santuarios, onde se encontraban os namorados.

− Cantiga de amigo popularizante

− Cantiga de amigo cortés: nelas o amor enténdese como unha relación de vasalaxe,
de dependencia, na que a muller é un ser superior.

3) Corpus e autores: cantiga de amigo e cancioneiro de xograis galegos

CANCIONEIRO SATÍRICO: CANTIGAS DE ESCARTNIO E MALDIZER: CONTORNOS DO XÉNERO:

1) Valorización canónica do cancioneiro satírico

As cantigas de escarnio e maldizer están en terceiro lugar na orde xerárquica (cantigas


de amor, amigo e escarnio e maldizer) tanto na literatura medieval como na actualidade.

2) Delimitación do xénero

3) Escarnio vs. maldizer: definición da Arte de Trobar

Normalmente, fálase de cantigas de escarnio e maldizer mais na Arte de Trobar (título


III, cap. V) faise unha distinción entre estas:

− Cantigas de escarnio: aquelas nas que o trobador ten intención de facer mal a alguén
mais exprésase con palabras encubertas (equivocatio).

Descargado por Sara Gales (saragalesco@gmail.com)


lOMoARcPSD|3530369

− Cantigas de maldizer: aquelas nas que o trobador ten intención de facer mal a alguén e
se expresa abertamente, sen palabras con dobre sentido.

*O elemento diferencial entre as cantigas de escarnio e as de maldizer é a equivocatio.


A equivocatio é unha ou máis palabras cubertas, é dicir, termos que poden funcionar
simultaneamente con 2 significados diferentes e dan lugar a 2 lecturas da mesma cantiga.

CANCIONEIRO SATÍRICO: MODELO PROVENZAL:

1) Cantigas de escarnio e maldizer e sirventés provenzal

− Características do sirventés provenzal

O sirventés provenzal é unha composición poética da literatura provenzal semellante á


cansó desde o punto de vista formal; porén ten diferente temática pois ten carácter moral e
satírico e pode expresar opinións sobre a vida social, política… Segundo a súa temática
distínguense o sirventés moral, o sirventés político, o sirventés persoal e o sirventés literario.

− Teñen en común que ambos son xéneros satíricos. Hai neles un fondo de crítica
social, política…

2) Sirventés como subxénero da cantiga de escarnio e maldizer

Emprégase tamén «sirventés» para denominar un grupo de cantigas de escarnio e


maldizer con conclusión de carácter moral. Estas ofrecen unha visión pesimista do mundo e da
sociedade e teñen unha intención moral xeral. A conclusión moral do sirventés parte dunha
visión pesimista do mundo.

*Sirventés provenzal (cantigas occitanas satíricas)≠sirventés (subxénero dentro das cantigas satíricas galego-
portuguesas)

*Sirventés en sentido lato: algúns crítico empregan o termo sirventés para referirse ás
cantigas sobre a campaña de Andalucía.

Descargado por Sara Gales (saragalesco@gmail.com)


lOMoARcPSD|3530369

CANTIGAS DE ESCARNIO E MALDIZER: SEMÁNTICA:

1) Ampliación de series léxicas doutros xéneros (panexírico)

Na cantiga de escarnio e maldizer hai unha ampliación léxica dos termos empregados.
Así, por exemplo o panexírico que na cantiga de amor está limitado a certos termos, na cantiga
satírica vai contar con máis termos e estes van ser menos abstractos.

2) Aldraxe

A aldraxe é un insulto, ofensa… que fundamentalmente aparece nas cantigas que


contan con destinatario explícito, sexan de escarnio ou de maldizer.

3) O alimentar

Dentro do xénero satírico van aparecer termos referidos ao campo da alimentación.


Isto débese a que vai haber críticas a determinados grupos sociais. Por exemplo, faise burla
das penurias económicas dos infanzóns (pequena nobreza) e que os levaba a pasar fame.

4) Polémica social

Van estar presentes no mundo trobadoresco satírico críticas sociais, burlas sobre a
capacidade poética dos xograres…

5) O obsceno

Emprego de termos con carácter sexual explícito ou non (equivocatio).

*Contraste entre cantigas amorosas (amor e amigo) e satíricas (escarnio e maldizer):


nas satíricas emprégase un léxico concreto en lugar de abstracto.

*Nas cantigas amorosas había un termo chave (senhor/amigo). Nas cantigas satíricas é
frecuente unha referencia ao destinatario nos primeiros versos.

CANTIGA DE ESCARNIO E MALDIZER: SÁTIRA E PARODIA:

Descargado por Sara Gales (saragalesco@gmail.com)


lOMoARcPSD|3530369

1) Parodias da cantiga amorosa

Hai un grupo moi importante de cantigas que van ter elementos de parodia da cantiga
amorosa. Dentro destas distínguese entre:

− Parodia dos conceptos da cantiga de amor: morte por amor… (ex.: 201)
− Escarnios de amor: parodia das características formais da cantiga de amor(ex.: 205)

2) Parodias de xéneros menores: o pranto.

CANTIGA DE ESCARNIO E MALDIZER: CLASIFICACIÓN:

1) Ciclos temáticos: distínguense numerosos ciclos temáticos, un exemplo son as


cantigas dedicadas a María a Balteira.

2) Propostas de clasificación

− Segundo os destinatarios: dividen as cantigas satíricas segundo as clases sociais ás


que van dirixidas, non segundo destinatarios individuais

− Segundo asuntos e destinatarios (clasificación de Kenneth Scholberg)

− Sexo
− Vicios, costumes, defectos físicos
− Clases sociais
− Outros poetas
− Covardes e feitos históricos
− Sirventés moral
− Parodias (fundamentalmente, mais non só, do cancioneiro amoroso)

CANTIGA DE ESCARNIO E MALDIZER: RETÓRICA:

1) Enunciación: como se dirixe a sátira ao seu destinatario

2) Voces da cantiga: as persoas satíricas (vir bonus, vir ingenuus)

O vir bonus e o vir ingenuus, consisten no finximento da falsa bondade e inxenuidade


respectivamente. Esta caracterización é frecuente en textos satíricos, especialmente nos

Descargado por Sara Gales (saragalesco@gmail.com)


lOMoARcPSD|3530369

escarnios por seren críticas encubertas, e realízanse mediante expresións dos ámbitos da
compaixón e da sorpresa. (mediante o emprego de palabras da familia léxica de pesar, maravilhar, espantar)

3) A dispositio:

− 1ª cobra: nela están presentes a enunciación, a localización e o apóstrofe.

− 2ª cobra: hai paralelismo narrativo.

− 3ª cobra: glosa irónica.

4) A equivocatio

− Equívoco léxico: a equivocatio realízase mediante a dobre interpretación dun termo

− Equívoco sintáctico: a equivocatio conséguese segundo a forma de ler a cantiga


(realización das pausas, signos de puntuación, encabalgamentos…)

XÉNEROS MENORES:

1) Criterio de clasificación

Cando falamos de xéneros menores referímonos a aqueles que contan cun corpus
pequeno. Xa que logo, emprégase para designar estes xéneros un criterio cuantitativo e non
cualitativo. Ademais, o corpus ao que se atende é o conservado na actualidade, pois non se
sabe cantas composicións había destes xéneros.

Estes xéneros menores teñen en común o teren unha estrutura temático-formal propia
e contidos específicos.

2) Xéneros menores da poesía trobadoresca galego portuguesa: a tenzón (e partimen


ou joc partit), o descordo, o pranto e o eloxio.

TENZÓN:

1) Características

Descargado por Sara Gales (saragalesco@gmail.com)


lOMoARcPSD|3530369

De entre os xéneros menores, o de maior corpus é a tenzón, que está definida na Arte
de Trobar (tratado de poética trobadoresca que se encontra ao comezo do Cancioneiro da
Biblioteca Nacional) como un molde para xéneros diferentes.

Estas cantigas distínguense por teren unha dupla autoría, é dicir, compóñena dous
trobadores. Ademais, están suxeitas a regras: deben comporse en forma de diálogo de
maneira que cada cobra corresponda a un trobador, cada trobador ten que intervir o mesmo
número de veces, e son sempre cantigas de mestría. A maioría das tenzóns son satíricas aínda
que tamén as hai de amor ou amigo. Moitas tenzóns reflicten disputas entre trobadores e
xograres.

2) Diferenza entre tenzón e partimen ou joc partit

A diferenza básica entre estes dous xéneros é que na tenzón é o primeiro trobador o
que se pronuncia sobre unha cuestión facendo que o segundo teña que adoptar a postura
contraria. Porén, no partimen, o primeiro trobador tan só plantexa un tema deixando ao
segundo que se posicione para despois el adoptar unha opinión contraria.

3) Corpus

Consérvanse aproximadamente 30 tenzóns da poesía galego-portuguesa, a maioría


delas sátiras que recollen debates sobre o enfrontamento de trobadores e xograis. Só dúas
destas 30 cantigas poderían considerarse partimens.

DESCORDO:

1) Características

O descordo é un xénero menor con antecedentes provenzais no descort. O termo


descordo fai referencia ás características musicais e métricas da cantiga. Así, mentres a poesía
galego-portuguesa se caracteriza pola súa isometría (versos cun mesmo número de sílabas), o
descordo rompe intencionalmente con isto e non é regular métrica, rítmica nin musicalmente.
É dicir, cada cobra ten unha fórmula métrica diferente e unha melodía independente, polo que
hai variedade de metros, ritmos e melodías.

2) Corpus

Tan só se conserva unha cantiga deste xénero, unha cantiga de Nuno Eanes Cérzeo.

Descargado por Sara Gales (saragalesco@gmail.com)


lOMoARcPSD|3530369

PRANTO:

1) Características

O pranto é un xénero menor de longa tradición, xa que conta con antecedentes na


poesía provenzal (planh) e na latina (planctus). Aínda que en cada tradición ten as súas
características propias, algunhas repítense en todas as tradicións. Así, o pranto é unha
lamentación pola perda de algo ou alguén; pode estar motivado por necesidades prácticas, é
dicir, por eloxiar ao poderoso; e nel son frecuentes os tópicos.

Concretamente, o pranto trobadoresco galego-portugués é un lamento fúnebre pola


morte do señor do poeta.

O arquetipo do xénero está caracterizado pola exaltación do personaxe chorado


acompañada de maldicións, imploracións, apóstrofes, énfase (figuras retóricas conexas) e
hipérboles.

2) Corpus

O maior produtor de prantos da poesía galego-portuguesa é Pero da Ponte, quen


tamén deixou parodias do pranto, e que pertencen ao corpus satírico. Así, se conservan cinco
prantos (un deles burlesco) de Pero da Ponte, e outro do xogral leonés Joan (no que se canta a
morte de D. Denís).

*Habitualmente o pranto canta a perda de alguén poderoso, xa que se daba


fundamentalmente nestes ambientes

*Un exemplo de pranto é o composto por Joan ? sobre D. Denís. Esta é unha
composición peculiar, pois a laudatio está na condición de D. Denís de protector dos xograres
e de trobador. Ademais, maniféstase que os que sobreviviron a este trobador debían sentir
desexos de morrer, e se lle desexa ao seu neto que siga os pasos do avó.

ELOXIO: ?

XÉNEROS HÍBRIDOS:

1) Características

Os xéneros híbridos son xéneros poéticos corteses que mesturan elementos dos
correspondentes xéneros canónicos occitánicos (compostos en lingua de oc ou occitano) e/ou

Descargado por Sara Gales (saragalesco@gmail.com)


lOMoARcPSD|3530369

oitánicos (compostos en lingua de oi ou francés antigo) cun dos xéneros canónicos


peninsulares, especialmente a cantiga de amigo

*Xéneros canónicos occitánicos son os compostos en lingua de oc ou occitano; e


xéneros canónicos oitánicos son os compostos en lingua de oi ou francés antigo.

*Lingua de oc e lingua de oil: distinción feita por Dante segundo a maneira de afirmar
característica do occitano e o francés antigo respectivamente.

2) Xéneros híbridos: a pastorela e os lais.

PASTORELA:

1) Problemática do corpus

É un xénero de contornos difusos pois presenta elementos das cantigas de amor e de


amigo e os expertos discuten que textos deberían clasificarse como pastorelas e cales como
cantigas de amor ou amigo. Non obstante, o consenso é que poden considerarse pastorelas en
sentido estrito 3 composicións compostas por Pedr’Amigo de Sevilha, Joan Airas de Santiago e
Don Dinís, respectivamente.

2) Características

Encontro, no marco dun locus amoenus, entre un cabaleiro e unha pastora que é
requirida de amores por el. Ao encontro segue un diálogo de resultado diverso.

*Este xénero está presente nos poucos textos conservados dos períodos intermedios.

*Pastorela de Joan Airas: hai unha localización xeográfica concreta que é preto de
Santiago de Compostela; menciónase o río Sar; a maior parte da cantiga está formada por
unha introdución d carácter descritivo e tan só hai diálogo entre o cabaleiro e a pastor ao final.
O diálogo colócase no ámbito da cantiga de amor, xa que o carácter do cabaleiro é de reserva
fronte á pastor: o cabaleiro obsérvaa até que se atreve a falar con ela e até se refire a ela como
senhor. A resposta da pastor é a de non atendelo.

Descargado por Sara Gales (saragalesco@gmail.com)


lOMoARcPSD|3530369

LAIS:

1) Características

Os lais son adaptacións de textos que figuran como interludios líricos en obras de
prosa da materia de Bretaña (nomeadamente o Tristán en prosa), incorporados aos moldes da
cantiga de amor e da cantiga de amigo.

Tavani considera que non se debe falar da existencia dun xénero lai “senón máis ben
dunha forma de cantiga d’amor e/ou cantiga d’amigo afectada por interferencias −máis ou
menos acentuadas segundo os textos− de orixe oitánica e de materia artúrica”.

2) Corpus

Consérvanse cinco textos anónimos, conservados no inicio do Cancioneiro da


Biblioteca Nacional e tamén nun manuscrito independente. Hai a hipótese de que o autor
destes textos é o Conde de Barcelos.

LÍRICA RELIXIOSA: CANTIGAS DE SANTA MARÍA:

1) Características

As Cantigas de Santa María é unha obra organizada por Afonso X na década dos 70 do
s. XIII, momento álxido do trobadorismo galego-portugués. Responde a un programa
compositivo, a pesar de contar con tres redaccións ou edicións diferentes, nas que se pasa dos
100 textos da primeira aos 420 da última.

As 420 cantigas están distribuídas en 4 manuscritos diferentes de dimensión literaria,


musical e ás veces gráfica (con iluminuras). (manuscrito T, iluminuras; manuscrito E, maior número de textos)

*A literatura mariana é unha literatura miracolística, é dicir, fai referencia aos milagres
da Virxe; nela aparece a figura da Virxe e está formada non só polas Cantigas de Santa María,
senón tamén por coleccións marianas previas a esta.

3) Tipos de cantigas de Santa María

Segundo presenten elementos líricos ou narrativos, distínguense:

− Cantigas de loor (laudatios): cantigas líricas, distribuídas de dez en dez. Nelas


exáltase a María como indulxente avogada dos homes xunto ao seu fillo, e
exhórtase a louvala

Descargado por Sara Gales (saragalesco@gmail.com)


lOMoARcPSD|3530369

− Miragres: cantigas narrativas que ilustran os milagres de Nosa Señora como


xestas gloriosas. Teñen unha estrutura determinada: razón (síntese do milagre
que se vai contar), refrán (versos que se repiten despois de cada estrofa) e
cantiga propiamente dita.

A proximidade á tradición trobadoresca profana é maior nas cantigas de loor, xa que


están presentes nelas moitos elementos da cantiga de amor. Son laudatios a unha senhor, a
Virxe María, que é unha intermediaria que protexerá e procurará o favor divino a
determinadas persoas. Nalgunhas destas cantigas de loor, Afonso X preséntase como o
trobador da virxe renunciando a trobar amores para facelo só a ela.

*Cantigas de Santa María=cantigas marianas

Textos:

Pranto: Joan, jograr de Leon

Os namorados que trobam d'amor


todos deviam gram doo fazer
e nom tomar em si nẽum prazer,
porque perderam tam bõo senhor
com'el-rei dom Denis de Portugal,
de que nom pode dizer nẽum mal
homem, pero seja posfaçador.

Os trobadores que pois [i] ficarom


eno seu reino e no de León,
no de Castela, [e] no d'Aragon,
nunca pois de sa morte [mais] trobarom.
E dos jograres vos quero dizer:
nunca cobrarom panos nem haver
e o seu bem muito [o] desejarom.

Os cavaleiros e [os] cidadãos


que deste rei haviam dinheiros
[e] outrossi donas e escudeiros
matar se deviam com sas mãaos,
porque perderom atam bom senhor,
de quem poss'eu bem dizer sem pavor
que nom ficou [a]tal nos cristãaos.

Descargado por Sara Gales (saragalesco@gmail.com)


lOMoARcPSD|3530369

E mais vos quero dizer deste rei


e dos que del haviam bem fazer:
deviam-se deste mund'a perder
quand'el morreu, per quant'eu vi e sei;
ca el foi rei assaz mui prestador
e saboros'e d'amor trobador:
tod'o seu bem dizer nom poderei!

Mais com tanto me quero confortar:


em seu neto, que o vai semelhar
em fazer feitos de muito bom rei.

Pastorela: Joan Airas de Santiago

Pelo souto de Crexente


ũa pastor vi andar,
muit'alongada da gente,
alçando voz a cantar,
apertando-se na saia,
quando saía la raia
do sol, nas ribas do Sar.

E as aves que voavam,


quando saía l'alvor,
todas d'amores cantavam
pelos ramos d'arredor;
mais nom sei tal qu'i 'stevesse,
que em al cuidar podesse
senom todo em amor.

Ali 'stivi eu mui quedo,


quis falar e nom ousei,
empero dix'a gram medo:
- Mia senhor, falar-vos-ei
um pouco, se mi ascuitardes,
e ir-m'hei quando mandardes,
mais aqui nom [e]starei.

- Senhor, por Santa Maria,


nom estedes mais aqui,
mais ide-vos vossa via,

Descargado por Sara Gales (saragalesco@gmail.com)


lOMoARcPSD|3530369

faredes mesura i;
ca os que aqui chegarem,
pois que vos aqui acharem,
bem dirám que mais houv'i.

Cantiga de loor

Esta dezêa é de loor de Santa Maria, com’ é fremosa, e bõa, e á gran


poder.

Rosa das rosas e flor das flores,


dona das donas, sennor das sennores.

Rosa de beldad’ e de parecer,


e flor d’ alegria e de prazer,
dona en mui piadosa seer,
sennor en toller coitas e doores.
Rosa das rosas e flor das flores,
dona das donas, sennor das sennores.

Atal sennor dev’ ome muit’ amar,


que de todo mal o pode guardar,
e podell’ os pecados perdoãr
que faz no mundo per maos sabores.
Rosa das rosas e flor das flores,
dona das donas, sennor das sennores.

Devemosla muit’ amar e servir,


ca punna de nos guardar de falir,
des i dos erros nos faz repentir
que nós fazemos come pecadores.
Rosa das rosas e flor das flores,
dona das donas, sennor das sennores.

Esta dona que tenno por señor


e de que quero seer trobador,
se eu per ren poss’ aver seu amor,
dou ao demo os outros amores.
Rosa das rosas e flor das flores,
dona das donas, sennor das sennores.

Descargado por Sara Gales (saragalesco@gmail.com)


lOMoARcPSD|3530369

PROSA MEDIEVAL:

A prosa medieval galego-portuguesa é posterior á lírica e data do s. XIV. Distínguense 3


materias narrativas:

1) Materia de Bretaña: relata historias sobre o rei Artur e os seus cabaleiros na procura
do Santo Grial. (esta materia aparece en moitas literaturas con adaptacións)

2) Materia de Troia ou Roma

3) Materia Carolinxia

*Libros de liñaxes: proveñen dos anales latinos. Conteñen historias de familias nobres.
Posteriormente, as familias que se enriquecían e querían noblizarse encargaban a escritura
dunha historia inventada que explicase a súa liñaxe.

Descargado por Sara Gales (saragalesco@gmail.com)


lOMoARcPSD|3530369

CANTARES GALLEGOS, ROSALÍA DE CASTRO:

1) Dedicatoria a Fernán Caballero

“Fernán Caballero” era o pseudónimo empregado pola escritora española Cecilia Böhl,
contemporánea de Rosalía.

Nesta dedicatoria, Rosalía salienta a irmandade entre mulleres escritoras e o feito de


que Fernán Caballero escribise sobre Galicia dunha forma diferente a como se adoitaba falar
dela. É dicir, coloca ao lector no marco dunha Galicia como obxecto de maltrato.

2) Prólogo

O prólogo presenta elementos singulares:

− Escrito pola propia autora: algo non frecuente na época dado que o usual era que
unha personalidade destacada o escribise.

− Escrito en galego

− Presenta o topos da captatio benevolentiae: a autora do prólogo utiliza estratexias


para colocar ao lector da súa parte. Unha destas estratexias é a insuficiencia para afrontar a
tarefa autoimposta e pedir comprensión.

− Exponse claramente a intención: sinálase a vontade de reivindicación de Galicia


como terra e pobo relacionándoo coa imaxe que se proxecta dela fóra de Galicia. En relación
coa terra, esta preséntase como paisaxe natural, epítome de beleza, lugar paradisíaco,
favorecida por Deus e pola natureza… Preténdese con esta descrición non só exaltar Galicia
senón tamén diferenciala de Castela. Canto ao pobo, céntrase nos seus costumes, na súa
lingua e na poesía popular principalmente.

*Quérese mostrar a verdadeira imaxe de Galicia e o seu pobo, o que enlaza co


provincialismo, que tamén pretende desfacer os prexuízos que hai sobre Galicia e os galegos.

*Insístese na falsedade de Castela e no seu maltrato a Galicia.

*Non hai unha vontade de poesía inspirada na poesía popular, senón que se quere
reivindicar e dignificar Galicia empregando as formas populares do país.

3) Poemas

Cantares gallegos está formado por 35 poemas. O primeiro e o último constitúen un


marco para os poemas do medio e están relacionados entre si, xa que o primeiro é a apertura
e o último a clausura.

Descargado por Sara Gales (saragalesco@gmail.com)


lOMoARcPSD|3530369

O conxunto dos poemas do II ao XXXIV presentan as voces do pobo, dan voz á


colectividade. Así, a maioría dos poemas exprésanse en estilo directo e representan diferentes
voces. Predominan as voces femininas. Ademais, todos os poemas toman como referencia un
cantar popular a partir do cal se elabora un poema.

Canto aos procedementos salientan a aliteración, repetición, paralelismo…

POEMA I:

1) Aspectos formais

É unha muiñeira: baséase na métrica rítmica, é dicir, o elemento importante é o ritmo,


podendo haber irregularidades nas medidas dos versos.

O poema preséntase en estrofas de 4 versos de arte menor, definidas pola rima


asonante nos versos pares.

Nos aspectos fonolóxicos salientan a aliteración e a repetición.

*O que marca o ritmo é a sílaba tónica, o acento.

2) Partes

Está dividido en 4 partes diferenciadas polas voces líricas e o asunto que tratan:

− Parte I: unha voz lírica anónima fai unha petición á meniña para que cante
acompañada de instrumentos típicos de Galicia (pandeireta, gaita…) e ofrécelle a cambio
lambetadas e roupa. A petición faise nun marco popular. Domina a forma apelativa (canta…). A
mención á gastronomía galega pode ser unha forma de dignificación.

− Parte II: a voz lírica é a meniña gaiteira. Esta describe o contexto festivo no que se lle
fai a petición de cantar. Describe tamén a indumentaria das persoas presentes, que aparecen
fundidas coa paisaxe.

− Parte III: a voz lírica continúa a ser a meniña gaiteira. Descríbese Galicia de forma
similar á feita no prólogo. Dominan os termos hiperbólicos.

− Parte IV: a voz lírica é a meniña gaiteira quen responde a Galicia aceptando a
petición de cantarlle. Hai un compromiso co canto, que se fará en galego para dignificar e
cualificar a lingua. Debulla obxectos dos que se cantará.

Descargado por Sara Gales (saragalesco@gmail.com)


lOMoARcPSD|3530369

*A voz feminina amosa a vontade de dar voz á colectividade e conclúe o poema cun
apelativo a voces femininas.

POEMA 5:

Muiñeira de temática social e popular que consiste nun diálogo entre unha rapaciña e
unha santa.

Este poema mostra a familiaridade da santa coas clases populares. A rapaza,


costureira, quere que a santa lle aprenda a puntear (bailar). A santa négase e lémbralle que ela
é costureira, é dicir, colócaa no seu ámbito social e non lle deixa ascender socialmente; así, a
santa funciona como un elemento de represión.

Pásase dunha actitude falangueira ao comezo a unha de revolta (última intervención


da rapaza na que se queixa da santa porque esta non lle cumpre o desexo).

POEMA 13:

Hai unha voz feminina que pide a santo Antonio un home para casar porque “unha
muller sen home é corpo sen alma”.

Aínda que fai referencia a un home concreto, ao final volve facer unha petición
xenérica.

Sábese que a rapaza é pobre e ten necesidade de atención amorosa. Por estas dúas
razóns quere casar. Ademais, hai que salientar que as mulleres dependían dos homes. O
poema fala da necesidade de casar pola dependencia económica das mulleres nos homes.

POEMA 32:

O poema sitúase na contorna de Padrón e faise referencia a un dos solares familiares


(a casa de Retén). Nel hai unha evocación dos lugares dunha comarca concreta (como tamén
sucede no poema 1 ou no dedicado á romaría da Barca).

Hai unha descrición cinematográfica da paisaxe e unha ponderación do clima (a terra


de Iria está por riba de Italia).

Descargado por Sara Gales (saragalesco@gmail.com)


lOMoARcPSD|3530369

Despois céntrase na evocación da estirpe familiar, sinala certos trazos dela… En


relación coa estirpe ve a casa grande e en ruínas como símbolo da decadencia económica da
súa familia.

Neste poema menciónase unha obra súa que non se coñece (Historia de mi abuelo).

POEMA 28:

Hai unha forte carga reivindicativa personalizada por unha muller que perdeu ao home
cando este foi a Castela. Porén, ademais de carga política o poema é tamén unha elexía:
evócase o sentimento amoroso e exprésase a dor por unha perda.

Descargado por Sara Gales (saragalesco@gmail.com)


lOMoARcPSD|3530369

CANTIGA DE AMIGO 38:

1) Elementos tipo da cantiga de amigo presentes

− Voz feminina
− Destinatario: as amigas
− Aparición do termo chave “amigo”
− Convite á danza
− Autoeloxio do “eu” lírico e as amigas

2) Características

− Hai refrán
− As amigas e a voz poética comparten a exaltación do sentimento amoroso
− Son 3 amigas en total
− Procedementos paralelísticos nas 2 primeiras cobras: hai nelas un paralelismo
literal rigoroso
− Na terceira cobra hai asimetría, pois o primeiro verso non contén paralelismo
literal como as outras 2 cobras. O segundo e terceiro versos incorporan
elementos semellantes ás outras dúas cobras, tendo lugar unha repetición de
carácter poliptótico (políptoton: empregar varias formas dunha mesma palabra cambiando os
morfemas flexivos. Pode ser políptoton verbal ou nominal). No quinto verso repítese o
elemento inicial do baile, polo que se lle da un sentido circular á cantiga

3) Outros datos

− A danza fai referencia á exaltación do amor


− É unha cantiga de seguir feita por Airas Nunes a partir dunha cantiga de João
Zorro
− A cantiga de JZ consta de 2 cobras, o paralelismo é máis literal, non se
emprega a denominación “amigas”, non se menciona o número 3… Hai
elementos comúns, como o autoeloxio, mais tamén variacións relevantes
entre a cantiga de JZ e a de AN
− As 2 cantigas teñen lugar na primavera
− AN concreta o número de amigas (3); e tamén fai unha concreción na mención
das “avelás” ademais da “avelaneiras”, o que simboliza a persistencia no amor
e a fertilidade (avelá froito da avelaneira)

CANTIGA DE AMIGO 134:

1) Elementos tipo da cantiga de amigo presentes

Descargado por Sara Gales (saragalesco@gmail.com)


lOMoARcPSD|3530369

− Voz feminina
− Destinatario: filla
− Tema: amor impedido
− Caracterización da filla como fermosa e autoeloxio do eu poético (mellor ca vós
paresco)
− Amor presentado como fonte de pracer

2) Elementos singulares desta cantiga

− Inversión dos papeis nai-filla: a filla impide o amor da nai co amigo


− Actitude da nai cara á filla: a nai móstrase temerosa mais tamén desexa
vinganza (expresa no refrán que espera que a súa neta trate a súa filla tal
como esta fai con ela)
− Como forma de expandir o xénero, xógase coas posicións tipo. Hai que
recordar que esta poesía é de ambiente fundamentalmente aristocrático e hai
elementos de lecer cortés, polo que esta cantiga continúa a pertencer ao
xénero de amigo a pesar de estar no límite coa cantiga satírica (debido ao
elemento da inversión de papeis)

CANTIGA DE AMIGO 64:

1) Características

− Cantiga narrativa: non hai “eu lírico”


− Características da rapaza: velida, louçana, delgada
− Hai aliteración: “a”, “l” e “v” repítense (alva, lavar, vai-las…)
− O termo “alva” alude á rapaza, polo que se di que é branca; fai referencia ao
momento no que ten lugar a cantiga, na alba; e tamén, nunha lectura
simbólica, ten connotacións sexuais ao significar “pura”
− A situación é costumista mais, simbolicamente, nárrase un encontro erótico

2) Lectura literal e lectura simbólica

− Lectura literal: unha rapaza érguese, vai lavar as camisas e o vento lévallas
− Lectura simbólica: hai contido erótico, xa que a rapaza aparece caracterizada
como pura; as camisas eran a prenda que ía pegada ao corpo na vestimenta da
muller; a auga que lava as camisas tamén é un elemento sexual, e o vento é
un elemento sexual (leva as camisas)

Descargado por Sara Gales (saragalesco@gmail.com)


lOMoARcPSD|3530369

CANTIGA DE ESCARNIO 146:

1) É unha cantiga de escarnio, de mestría e conta cunha fiinda. Isto encaixa moi ben
coa definición de sirventés de carácter moral.

2) Na cantiga xógase co eixo temporal: o pasado é bo, o presente é malo e o futuro


será peor. Na fiinda exprésase a conclusión: é mellor morrer agora que vivir nun futuro malo.

3) Está presente o topos do mundo ás avesas (o mundo está revolto e os valores están
invertidos).

CANTIGA DE ESCARNIO 156:

1) Presencia do antropónimo Lopo. Dise que o xograr vai cantar á casa dun infanzón e
que este lle paga con couces, xa que cantaba moi mal. Ademais tamén se critica á clase social
dos infanzóns, polo escaso en pagamento en couces ao xograr.

CANTIGA DE ESCARNIO 201:

1) Parodia dos conceptos da cantiga de amor.

2) O obxecto de parodia aquí é a morte por amor, que é transformada en real e en


morte por fame. Xógase ademais coa coita, que se converte nunha coita tamén por fame. Hai,
polo tanto, referencias ao campo do alimentario.

3) Hai un destinatario concreto (Ponço de Baian), aínda que se nomea indirectamente.

CANTIGA DE ESCARNIO 205:

1) Escarnio de amor (parodia das características formais da cantiga de amor).

Descargado por Sara Gales (saragalesco@gmail.com)


lOMoARcPSD|3530369

2) Pero Larouco dálle a volta á cantiga de amor, aos topos que nela aparecen, e faino
empregando o molde formal propio das cantigas de amor.

3) Xógase cos antónimos do léxico da cantiga de amor (torpidade, maldade…).

3) A diferenza das cantigas de amor, aquí o trobador quere ir lonxe da senhor e non
procura o seu favor.

CANTIGA DE ESCARNIO 122:

1) Destinatario

Noméase explicitamente a alguén que ademais é a destinataria da cantiga.

Hai un xogo de dous destinatarios: María do Grave e un auditorio indefinido (explícito


na cobra 3: “… vos juro…”).

2) Características

O trobador emprega a equivocatio do termo grave, que pode significar ‘difícil’ ou


‘caro’, para xogar coa condición de que María do Grave é ao mesmo tempo grave (cara) e de aí
o seu alcume, mais por outra parte non é grave (difícil). Xógase tamén co proceso de
interpelatio nominis (o por qué dun nome), para o que emprega a antítese e o lítote.

Hai un autoeloxio do trobador, pois exponse que hai que ser letrado ou bo trobador
para explicar o por que do alcume de María do Grave. A partir da interpretatio nominis xoga
coa equivocatio de grave e introduce o motivo do gap (autoeloxio).

Hai tamén ecos da cantiga de amor, pois a repetición de grave remite a estas, nas que
a coita era grave, coñecíase a senhor nun día grave…

Fálase tamén da experiencia do trobador tanto en facer cantigas como en foder a


María do Grave.

CANTIGA DE ESCARNIO 51:

Descargado por Sara Gales (saragalesco@gmail.com)


lOMoARcPSD|3530369

1) Hai unha pequena introdución nos 4 primeiros versos e unha intervención longa en
primeira persoa feita por un repartidor de libros. A cantiga é en realidade unha amplificación
dos 3 últimos versos da primeira cobra.

Na introdución exponse o home obxecto da sátira, o dean de Cádiz, mais a cantiga non
se dirixe directamente a el, é o seu libreiro o que fala del ao trobador. O libreiro do dean de
Cádiz conta que os libros que lle levan sérvenlle para foder.

2) Aspectos formais

Hai políptoto (reprodución dunha forma verbal en distintas formas flexionais). O


polítptoto é a base do mordobre, polo que pode haber políptoto sen mordobre mais non
mordobre sen políptoto.

Hai léxico sexual explícito.

3) Temas

O primeiro elemento de transgresión da cantiga é o desmedido afán por aprender dos


libros. Os libros que le o dean concédenlle certos poderes (expulsar o demo das mulleres,
curar enfermidades…) e fanlle foder. Hai unha referencia tamén ás artes escuras (nigromancia)
que posúe o dean de Cádiz. A este relaciónaselle con mulleres marxinais (endemoñadas,
mouras…). O dean, a través da sabedoría dos libros, consegue ter relacións con mulleres
escuras e curar os males a través do sexo.

*Repetición de con’os: referencia oral ao sexo feminino

4) Identificación do personaxe

Dependendo de con quen se identifique o referente da cantiga pode ter unha lectura
política. Así, por exemplo hai quen propón como referente a un tal Ruíz-Díaz, polo que si
habería tamén unha lectura política.

Sería preciso chegar á descrición física da personaxe para entender mellor a cantiga.
Aquí unha rúbrica sería moi útil, pois nela explícase o porque da cantiga de escarnio; porén
nesta composición non hai rúbrica.

CANTIGA DE ESCARNIO 40:

Descargado por Sara Gales (saragalesco@gmail.com)


lOMoARcPSD|3530369

1) Motivos

Nela hai equivocatio, dobre, encabalgamento e hipérbato.

Os termos empregados para a equivocatio están no dobre, isto faise para chamar a
atención sobre eles.

Aquí o equívoco é sintáctico (casamento e d’ome) pois depende do encabalgamento


que permite dúas lecturas segundo como se fagan as pausas.

Fálase da coita, polo que se pode establecer unha relación coas cantigas amorosas. A
coita ademais vai in clímax, é dicir, increméntase. A relación entre cantigas reforza a sátira.

2) Destinatario

O obxecto da sátira noméase no primeiro verso (Fernán Díaz) mais non é o destinatario
da cantiga. Fernán Díaz é coñecido por aparecer noutras cantigas nas que tamén se destaca a
súa condición de homosexual. Hai cantigas sobre Fernán Díaz nas que se fala del como
adiantado, palabra que pode facer referencia ao cargo público que ocupaba Díaz, mais tamén
se xoga co termo dicindo que é adiantado en termos sexuais.

3) Contido

O trobador expón que F. Díaz quere casar cun home. Nunha primeira lectura, na
primeira cobra exponse que quere casar e que ten moita coita por isto; mais noutra lectura
interprétase que ten coita por non casar cun home.

Na primeira cobra dise tamén “é aquí”, o que pode significar que Fernán Díaz mesmo
estivese presente no momento da burla.

CANTIGA DE ESCARNIO 185:

1) Destinatario

De novo no primeiro verso noméase o obxecto de sátira, María Pérez; mais esta non é
a destinataria da cantiga.

2) Contido

Faise referencia á peregrinaxe de María Pérez a Terra Santa para obter indulxencias.
Ao regresar, en lugar de conservar os perdóns, pérdeos cada vez que se deita con alguén. Na

Descargado por Sara Gales (saragalesco@gmail.com)


lOMoARcPSD|3530369

fiinda hai unha conclusión xocosamente moralna que se di que esta ben que perda os perdóns
xa que non os merecía.

Ademais, nunha segunda lectura o segundo significado de perdón e maeta cambia o


sentido da cantiga, pois se di que a balteira continúa coas súas practicas (non ten a maeta
pechada, perde os perdóns…).

O equívoco está no emprego de termos con significado literal e metafórico, mais este
último bastante lexicalizado.

CANTIGA DE AMOR 59:

1) Caracterización xeral

É unha cantiga de amor de refrán, formada por 3 cobras singulars (cada unha ten unha
rima) cada unha con 6 versos decasílabos.

Canto aos artificios, as cobras son capfindas (“mi” e capdenals (“A” repítese ao comezo
das 3 cobras; “e”, no 3º verso das dúas primeiras cobras; e “pero”, no 4º verso da 2ª e 3ª
estrofa). (non son cobras capcaudadas)

2) Explicación da cantiga

Na cantiga de amor, o sentimento amoroso nace ao ver a senhor, entra polos ollos; a
partir de aí comezan os padecementos do trobador. Así, nesta cantiga hai un encabalgamento
no incipit e a palabra que completa este primeiro verso é “vi” (verbo ver), co que se pretende
chamar a atención sobre ela, é dicir, é unha palabra importante.

No 2º verso fálase dos ollos, que son do trobador mais semellan ter certa
independencia, xa que sen eles non senamoraría.

Unha vez ve a senhor, maldise a si mesmo, as cousas terreais e a divindade (deus).

No refrán o trobador expresa que desde que non puido ver a senhor non ten pesar de
nada máis, pois non foi capaz de pensar en ningunha outra cousa. Polo tanto, faille mal tanto
ver a senhor como non vela.

Nos primeiros versos da 2ª e 3ª cobra hai perífrase, xa que se fala da senhor sen
mencionala.

Na 2ª cobra dise que a senhor fai que se queira mal a si mesmo, aos seus amigos e a
deus; ademais de facerlle sufrir. Xa que logo hai paralelismo semántico entre as dúas primeiras
cobras: o trobador maldise a si meso e a deus e sofre.

Descargado por Sara Gales (saragalesco@gmail.com)


lOMoARcPSD|3530369

Na 3ª cobra dise que a senhor provoca que o corazón (órgano que asenta o amor) do
trobador queira saír do peito. Expóñense, ademais, as consecuencias da coita: perda da razón
e vontade de morrer. No 4º verso desta cobra pode observarse unha hiperbolización do
sufrimento, xa que o trobador explica que sufriu pola senhor e sufrirá aínda máis.

Hai mordobre entre o 4º verso da 2ª e 3ª cobra.

*dobre: repetición da mesma palabra (a, mi, pero, mal fez) / mordobre: repetición dun verbo flexionado de diferentes
formas (fez/fará).

CANTIGA DE AMIGO 157:

1) Caracterización xeral

Trátase dunha cantiga de amigo de refrán. Está formada por 6 cobras de 3 versos (2
versos son o corpo da cobra e 1 é o refrán) hendecasílabos.

2) Explicación da cantiga

Hai unha voz feminina que expresa que está na illa de San Simón rodeada polas
grandes ondas do mar. Ela espera na ermida (lugar propio para o encontro dos namorados) a
chegada do seu amigo.

Hai paralelismo de dúas en dúas estrofas (1-2; 3-4; 5-6). Tamén hai leixaprén, o que
destaca porque con tan só 4 versos se constrúe case toda a composición na que ademais hai
unha toma de conciencia por parte da amiga, é dicir, avanza no seu pensamento.

A amiga vai tomando conciencia de que o amigo non virá e da súa situación: o amigo é
falso porque non aparece; ela está soa na illa rodeada do mar; e sabe que non poderá saír de
alí porque nin hai barqueiro nin ela sabe remar.

Hai un autoeloxio da voz lírica, que se describe como “fremosa”. Porén, sabe que isto
non lle ha servir porque non hai quen a saque da illa e morrerá alí.

*A toma de conciencia faise difícil porque o contido se repite moito (leixaprén construción da cantiga con apenas 4
versos).

Descargado por Sara Gales (saragalesco@gmail.com)


lOMoARcPSD|3530369

CANTIGAS DE SANTA MARÍA:

Son 427 cantigas de temática relixiosa que foron mandadas escribir por Afonso X na
segunda metade do s. XIII.

Divídense en cantigas de loor (líricas) e miragres (narrativas) que se distribúen da


seguinte maneira:

-Cantigas de loor: ocupan as posicións das decenas (10, 20, 30…)

-Miragres: ocupan as demais posicións (1-9, 11-19…)

É importante nelas ter en conta o simbolismo numérico, para o que cómpre saber que
para os cristiáns eran números importantes o 3 (primo e indivisible, representa a Deus) e o 2
(divisible e corruptible, representa a humanidade). Así, estes dous números e outros que se
forman a partir deles (5, 30, 300…) van ser simbólicos nas Cantigas de Santa María.

*Cantiga de loor “Dizeed trobadores”:

É unha cantiga de Santa María dirixida aos trobadores para intentar que deixen o
trobar profano e canten á virxe. Nela lóase á virxe, á que se apela como senhor das senhores,
ben comprida…, é dicir, a virxe é nas Cantigas de Santa María o que a senhor nas cantigas de
amor.

*Cantiga de milagre “Que-na Virgem bem servirá, a paraíso irá”

Segue a estrutura das cantigas de Miragre:

1. Razón: síntese do que se vai expor


2. Refrán: repitese despois de cada estrofa
3. Cantiga propiamente dita

Nesta cantiga un monxe pide á virxe ver o paraíso en vida e a virxe mándalle un paxaro
que canta tan ben que o monxe queda 300 anos escoitándoo. Cando volve ao mosteiro non
recoñece a porta e non sabe quen é ninguén, polo que o toman por tolo. Porén, tras explicarse
todos cren que é un milagre da virxe.

Descargado por Sara Gales (saragalesco@gmail.com)

You might also like