You are on page 1of 3

Comentario de texto de O lobo da xente

O texto obxecto de comentario presenta unha clara tipoloxía textual que é a narrativa,

ademais de adscribirse o xénero do relato. O título do texto ten un valor catafórico xa que fai

referencia directa ó principal personaxe sobre o que xira o fragmento: un lobo/ lobishome ou algo

semellante, que se adica a realizar unha serie de ataques contra a poboación e que mata as persoas e

devóraas. Este é o tema fundamental do texto que se recolle a través dunha lembranza do propio

narrador intradiexético en primeira persoa da historia. É tamén omnisciente xa que nos conta todo o

que ten que ver coa acción narrada e coa dos personaxes a través da súa propia análise dos feitos e

da súa mirada particular.

En relación a estrutura argumental presenta a división clásica que se observa a

continuación:

1) Introdución (liñas 1 - 11): A voz narradora destaca que o que o que vai a comentar

contáronllo os que o viviron como certo e que aínda viven e seguen defendendo a veracidade dos

feitos. O suceso acontecera en Trives hai máis de 50 – 60 anos dende que o texto foi escrito. O

narrador queixase do desinterese da xente, sobre todo daquela que é letrada de cara a esas historias,

xa que os que llela contaron críana como algo auténtico e estes ridiculízana dalgunha maneira. Tras

isto comeza a narrar a historia. Observamos xa que no expresado ata aquí hai certas características

temáticas do pensamento literario do/da autora ou autor, polo menos nesta peza: por unha parte, o

gusto polos fenómenos estraños e ocultos ligados a tradición oral e popular e por outra un certo

desprezo cara a modernidade e a tódolos cambios que esa transformación social implica na crítica

da xente desinteresada polas crenzas e tradicións populares tan arraigadas na Galicia rural do

momento (liñas 4 - 10).

2) Nó (liñas 12 – 25): Aquí o narrador comeza directamente a contar a historia como tal.

Explícanos o suceso das desaparicións dalgúns nenos que ían co gando ó monte. Xa antes disto,

derase o caso dun camiñante que fora comido no camiño real. Pasoulle algo parecido a unha

costureira e a outros personaxes das vilas próximas. Os que contemplaron os estragos causados
afirmaban que era un lobo que dende que probara a carne humana volvérase insaciable e non

desexaba máis que seguir comendo persoas. Outros afirmaban que ou ben era un sacaúntos ou un

lobishome. Tamén se dixera que viran as pisadas do suposto monstro no momento en que atacara a

dúas persoas. Unha delas ía armada e espetoulle un tiro pero a besta nin se inmutou. Observamos

que o autor ou autora do texto, realiza un grande aproveitamento neste tramo da tradición oral

galega, do mundo máxico e da superstición ligado e vinculado necesariamente a mesma.

3) Desenlace (liñas 26 – final): Nese momento, o medo aterrorizou a tódalas xentes que

habitaban a zona de Trives e estendérase a fama do monstro e o terror igualmente por Maceda,

Valdeorras, Viana e Quiroga que eran os lugares por onde se adicaba a cazar ó monstro. Nas últimas

liñas do conto, séguese a ofrecer a vaga descrición que as xentes tiñan do mesmo. Séguense

observando nestas últimas liñas a predilección polo mundo da tradición e do pensamento

pertencente ó mundo oral e popular.

En relación a cuestión dos personaxes, podemos deducir todo o que aparece a

continuación:

– O “lobo da xente”: Aparece vagamente caracterizado, xa que os que afirman telo visto (a

xente de Trives e dos restantes lugares afectados ou polos que se estendeu a lenda) e que lle

contaron a voz narradora da súa existencia, non se poñen de acordo totalmente para dar unha visión

única do monstro: uns afirmaban que era un lobo que se afanou en comer carne de cristián (liñas 16

– 17); (hai unha certa vinculación entre mundo rural e a relixión cristiá neste punto da descrición;

que ofrece o texto; crítica indirecta as consecuencias da modernidade: ateísmo e nihilismo) porque

seica lles sabía mellor ca ningunha cousa. Outros que era un home, un facinoroso ou un sacaúntos

incluso se pensaba que era un lobishome. Uns homes que ían de viaxe e que foron atacados por el

afirmaron que era un lobo tremendo e que nin se inmutara cando lle dispararan. Finalmente, tamén é

caracterizado como abrancazado e vello (liña 30). Algúns que era mouro e que tiña os dentes dun

ou doutro xeito.

– Os nenos que ían co gando o monte: Vítimas do lobo da xente cando levaban os animais a
pastar. Apenas sabemos nada deles.

– Un camiñante: aparecera medio devorado polo monstro no camiño real.

– Unha costureira: Sabemos dela que andaba cosendo polas aldeas e que foi vítima do “lobo

da xente”.

– Un criado: Pertencía a casa de Marta e foi outra vítima do lobo da xente.

– Un meniño: Atopábase deitado no rolo, diante da porta da casa un día de sol cando

desapareceu.

– Dous homes: Eran dous membros pertencentes a algunha das comunidades nas que asexaba

o lobo da xente. Supostamente foron atacados por o lobo da xente ou por un outro animal enorme

no decurso dunha viaxe. Dispararon o monstro máis este nin se inmutou.

En relación o espazo e o tempo, temos unhas poucas referencias ó longo do texto. Na liña

2, destácase que a vila de Trives foi a primeira comunidade que se viu asolagada polos ataques do

monstro haberá aproximadamente 50 ou 60 anos dende que o narrador pronunciara as palabras

sobre a cuestión. Fanse referencias esporádicas a certos lugares que se supoñen pertencentes a esta

poboación, máis sen afondar a dar detalles sobre os mesmos: o camiño real e a casa da Marta; ou a

lugares onde chegou a fama e a lenda do propio monstro do mesmo xeito (Quiroga, Valdeorras,

Viana, Maceda (liñas 28 – 29)).

Finalmente, tendo en conta tódalas cuestións comentadas anteriormente e a lectura do

propio texto e a súa estética, pensamos que o autor del pode pertencer ó primeiro terzo do século

XX, probablemente a Xeración Nós, case con toda seguridade a alguén coma Vicente Risco ou

Ramón Otero Pedrayo.

You might also like