You are on page 1of 2

Comentario poético de ​A lira de Tyrteo

Diego Pereira Pinto

O texto obxecto de comentario presenta unha tipoloxía textual moi clara que é a poética. Por outra
parte, o título do poema expresa un valor catafórico; fai referencia a un elemento que terá moita
importancia dentro do poema polas seguintes razóns: en primeiro lugar, porque en tódalas estrofas
se repite como último verso das mesmas (retrouso); en segundo lugar porque establece unha
intertextualidade co mundo da literatura arcaica grega facendo referencia directa ó poeta grego
espartano do século VII a. C. Tirteo e tamén o obxecto que usaba para a recitación dos seus poemas:
a lira. Por outra banda, establécese un paralelismo entre a figura do bardo e a do propio Tirteo, xa
que ambos teñen a mesma función no poema, narrar as peripecias dos seus respectivos pobos. Todo
o relacionado coa cuestión desenvolverémolo ó longo do presente comentario.
En relación a estrutura externa do poema observamos o predominio no mesmo da octavilla como
estrofa canónica, que consiste na combinación métrica de oito versos de arte menor cunha rima
variable coma neste caso (abcdefgh (1º estrofa)). Por outra parte, tamén atopamos unha presenza
importante de rima asonante que se produce ​cando a partir da última vogal acentuada repíten​se ​estas
(​dich​o​s​o (v. 1), ​ac​en​ t​o ​(v. 2), ​s​o​n​o ​(v. 3), ​gall​e​g​o​s (v. 4), etc...). En canto a estrutura interna do
poema aparece claramente delimitada no mesmo, partindo da súa división estrófica da seguinte
maneira:
A 1º parte do poema corresponde coa primeira estrofa. Nela, a voz poética deveza a capacidade que
tiña Tirteo como poeta dos espartanos para mobilizar ó seu pobo e desexaría que Galicia tivera
tivese a alguén coma el que puidese facer espertar do seu fondo sono o​ noso pobo. Neste sentido a
voz poética reflexiona sobre quen será o que teña a valentía de desenterrar ​a lira de Tyrteo! ​e facer
consciente ó pobo galego da súa misión na Historia, por dicilo dalgunha maneira. No plano
lingüístico, observamos a convivencia de varios castelanismos (​dichoso (v. 1), ​despertara (v. 4),
gallegos (v. 4), ​generoso (v. 5)) con dialectalismos propios do bloque occidental e da área
bergantiñá de onde era procedente o autor (​tuvera (v. 1), ​pudera (v. 5)). Tamén é importante
fixarnos en todo o que ten que ver coa adxectivación positiva, que evoca o autor e que destaca
algúns dos elementos dese prototipo ideal de cantor ou bardo que difundiría as proezas do pobo
galego e que conduciría a este ​a construción dun futuro onde puidese rexer o seu propio destino
(​sublime acento (​ v. 2), ​generoso intento (​ v. 6)). Esta tendencia a exaltar esa actitude do bardo ou
poeta refórzase tamén co uso ó noso parecer ​dos verbos Cales en concreto? do texto que lle dan
maior énfase e intensidade ​a ​idea que se pretende transmitir e co uso da exclamación e da
onomatopea.
A segunda sección do poema correspóndese coa segunda estrofa. Na mesma, a voz poética céntrase
en caracterizar os elementos que compoñen a propia lira. De feito, nos dous primeiros versos
acentúase o feito de que o creador da mesma lle puxo uns fíos que precisaban dunhas mans e dedos
fortes para poder tocala (​Certo ​non lle pugera doces e brandos nervos ​(v. 9 – 10)). Máis adiante,
incide co uso retórico dun hipérbaton no feito de que lle puxo cordas de ferro incidindo
indirectamente a súa vez na cuestión anterior (​mas dobres lle cinguira/ unhas cordas de ferro: (v.
11 – 12)). Nos versos últimos da estrofa (vv. 13 – 16) a voz lírica clama sobre a posibilidade de que
a propia lira de Tyrteo soase baixo os seus ​febrentos dedos​. Debemos de ter en conta de novo a
adxectivación, onde se contrapoñen conceptos nunha dialéctica que vai ligada a unha percepción de
fortaleza/ dureza (​cordas de ferro (v. 12)/ ​dos meus febrentos dedos (v. 14)) e a doutra de
debilidade (​doces e brandos nervos (​ v. 10)) Aquí podes aproveitar para falar de isotopías​. Da
mesma maneira, temos en conta a existencia dunha anáfora Aquí máis ben paralelismo nos dous
últimos versos da estrofa (​a lira sonorosa (v. 15)/ ​a lira de Tyrteo (v. 16)) que consiste na
repetición do(s) mesmo(s) concepto(s) en dous versos distintos no inicio destes. No plano
lingüístico atopamos dialectalismos propios da área bergantiñá coma na estrofa anterior (​pugera (v.
9)).
A terceira e última sección correspóndese coa terceira estrofa. Na mesma destácase o feito de que a
música producida pola lira e polo cantor pode facer espertar un desexo de liberdade ata entón
sometido a un ​fondo sono​, como é o caso do pobo galego e que é o que desexa a voz poética. No
plano lingüístico, observamos a presenza de castelanismos (​despertaran (v. 17), ​despertara (v. 22),
gallegos (v. 22)), ​dialectalismos?? castelanismo ​(​libertade (v. 19)). En relación ​os ​recursos
presentes nesta sección, observamos a presen​cia dunha ​anáfora?? nos dous versos finais (vv. 23 –
24) na mesma liña que na estrofa anterior. Tamén se ​da a presenza dunha anadiplose entre os versos
18 – 19 (​os máis sublimes ​ecos, ecos de libertade​) que consiste na repetición da última palabra coa
que finaliza o primeiro verso no seguinte como a inicial.
En conclusión, a construción poética do poema e as súas características parece que nos evocan a
literatura do século XIX, máis concretamente a do Rexurdimento. Se tivésemos que pronunciar un
veredicto en relación ​a autoría do mesmo, aposta​ría​mos sen dúbida que o poeta que se atopa detrás
do mesmo é Eduardo Pondal ou algunha figura do momento como Florencio Vaamonde que imita
esa mesma estética literaria.
Ben, mais boto en falta recursos do plano sonoro (aliteracións, fonosimbolismos...), máis do rítmico
(esticomitia, encabalgamento), e especialmente do plano semántico. Tamén o nivel de lingua.

You might also like