You are on page 1of 1

Na poesía renovadora galega dos anos 20 e primeiros 30 encontramos tres liñas principais: a

neotrobadorista, a hilozoísta e a propiamente vangardista. As tres pugnan por actualizaren e


modernizar a estética da poesía. Porén, este poema pertence ao período vangardista, que a
diferenza das anteriores dúas tendencias, aposta por unha ruptura case total, renegando do
ruralismo, do costumismo, da poesía patriótica e mesmo do legado das grandes guras do
Rexurdimento.

Este poema titulado Recalada, pertencente a Manuel Antonio, re icte o seu afán de orixinalidade,
que non pretende imitar a arte popular nin seguir mimeticamente ningún dos ismos coetáneos,
senón que asimila con criterio propio elementos dos mesmos. Concretamente, forma parte da
segunda etapa do autor: a ruptura vangardista, destacada por certos aspectos de puntuación e
de disposición tipográ ca xunto o gusto polas imaxes orixinais de liña hizoloísta.

En canto ao tema, o poema trata acerca a sensación de monotomía que impregna a viaxe polo
mar duns mariñeiros desexosos que a recalada ou chegada a porto cause a desaparición do
sentimento de repetición e de anulación do tempo. Non obstante, só trátase dunha ilusión.
Concretamente, o poema comeza identi cando os soños da tripulación con follas dun calendario
perdidas, que esperan atopar ao desembarcar no peirán. Por este motivo, os verbos atópanse en
tempo futuro, xa que os mariñeiros ansían atopar as súas ilusións na recalada. Ao longo do
poema, descríbense as vivencias dos tripulantes nos diferentes portos, onde se mecionan ás
súas ¨noivas inéditas¨, prostitutas que se atopan nos portos e que non rompen a monotomía da
viaxe. Tamén se menciona como os mariñeiros exhiben unha actitude agresiva, que podemos
observar no terceiro grupo de versos (¨Fumaremos nas pipas despeitivas - tódalas transeúntes -
hostilidades mudas¨). A continuación, volvese recalcar a rutina da viaxe, describindo o costume
dos mariñeiros de beber nos mesmos bares en diferentes portos, rodeados dos mesmos
mariñeiros. Ademáis, ao nal do poema, o autor expón como os membros da tripulación
enfróntanse a realidade, onde a recalada só consiste nunha mera ilusión e cada mañá, na pérda
dunha folla máis do diario mencionado no primeiro grupo de versos, onde se atopan os seus
soños.

Por outra banda, o poema consta de oito grupo de versos sen métrica e rima, unha característa
propia das vangardas, entendo tanto a rima como a estrofa, algo regular ou pautado. Ademais, ao
longo do poema, o autor utiliza outros recursos vangardistas como a disposición grá ca na
páxina do último verso, ou o uso de diferentes imaxes autónomas con respecto á realidade. Un
exemplo sería a última estrofa, onde o autor describe aos mariñeiros coma espectadores dun
mero xogo de maxia (¨prestidixitación¨).
fi
fi
fi
fl
fi
fi

You might also like