You are on page 1of 1

Identifica no poema as características do autor.

Indica tamén dous poetas con cadansúa


obra da época de M. Antonio e o ismo que practicaban, que debes definir.

Quen fechou esta noite


a fiestra azul do Mar?...
Este Mar fuxitivo
de tódalas ribeiras...
Náufrago do neboeiro
que desviou o rumbo
dos puntos cardinais
(...)
O sol era un paxaro triste
que se pousaba no penol1. 1- ángulo superior da vela

De “Descuberta”, De catro a catro (1928), Manuel Antonio.

A temática que aparece en De catro a catro é de carácter existencialista: o ser humano


carece de rumbo na vida e presenta unha visión desorientada da súa existencia. Observámolo na
pregunta que inicia os versos, que amosa confusión. Por outra banda, é usual o emprego recurso
do oxímoro (asociación ilóxica na semántica de palabras), como un mar que carece de costas, o
que nos leva a un mundo recreado polo autor, que é o que define o creacionismo, corrente
practicada neste título, con claras influencias de Vicente Huidobro. A negatividade vital transmítea
o autor a través do léxico (“fechou”, “fuxitivo”, “Náufrago”, “neboeiro”, “desviou o rumbo / dos
puntos cardinais”, “triste”) para aumentar o sentimento existencialista da voz poética.
Tamén se enxerga no poema o cubismo, consistente en acumular imaxes en cada estrofa
(tamén coñecido como imaxinismo): as tres primeiras mostran unha navegación vaga, sen rumbo,
nun mar bretemoso e desorientado, metáfora da vida desorientada do ser humano. Os elementos
do mundo marítimo son constantes neste poemario, o que tamén se reflicte na última imaxe: un
sol que se deita anunciando a chegada da noite dun xeito melancólico co emprego da metáfora
“paxaro triste”, en clara contradición surrealista co inicio do poema (“esta noite”).
Outro ismo exclusivamente galego é o hilozoísmo, encarnado na figura de Luís Amado
Carballo (Proel), que consiste nunha constante prosopopea ou personificación de elementos da
natureza a través do recurso cubista do imaxinismo, a xustaposición de imaxes.
Finalmente, outra corrente vangardista desta época foi coñecida como neotrobadorismo.
Nesta imitábase a forma das cantigas medievais de amigo, con recursos como o paralelismo e o
refrán, e de temática amorosa. Bouza Brey publicou nesta liña Nao senlleira.

You might also like