You are on page 1of 2

Estamos diante dun poema escrito en verso pertencente ao xénero lírico denominado Inverno.

Forma parte do libro Longa noite de pedra publicado polo literato Celso Emilio Ferreiro no
1962, os poemas deste libro son caracterizados por falar sobre temas propiamente galegos:
inmigrantes, posguerra en Galiza e mesmo a guerra civil.
Este texto ten un tema cívico cun sentimento de tristeza onde Celso pretende dar a coñecer a
situación da Galiza na posguerra .
Fala nun ton melancólico onde se lamenta de todas aquelas persoas que chove por eles
despois de haber traballado toda a vida, que perderon a casa e a familia a causa da guerra,
como dí no primeiro verso “chove na casa do probe” ou no terceiro “Coas mans con callos de
trabllar”. Tamén fala do frío que sinten todos aqueles desamparados dos seus hogares. Tamén
se lamenta dos presos por inxustiza , os cales foron apresados por ter una ideoloxía política
diferente.
No tocante a estructura interna , este poema poderíase dividir en dúas partes , unha primeira
parte que ocupa a segunda estrofa , onde fai una breve pero concisa descripción do ambiente
de posguerra e outra que ocupa a terceira e cuarta estrofa na cal se lamenta da situación.
No tocante á estructura externa , este poema está formado por 19 versos divididos en 5
estrofas de diferentes tamaños, a primeira e a última de dous versos , a segunda de seis versos
, a terceira de catro versos e a cuarta de cinco versos. O poema é de arte menor aínda que ten
catro versos de arte maior , non segue a polimetría xa que non todos os versos teñen as
mesmas sílabas .No tocante a rima , este poema usa a rima consonate onde riman vogais e
consonates ao final de cada verso e segue este esquema:
11-A , 11-A
8-b, 8-b, 8-c, 8-c, 8-d, 8-d
8-e, 8-e, 8-f, 8-f
6-g, 8 -g, 8-g, 8-g, 8-h
11-H, 11-H.
No tocante ao análise estilístico encontramonos recursos encargados de ornamentar e facer
pegadizo o poema que serven para atraer a máis lectores. Nos encontramos distintos recursos
dentro do nivel fónico.
Empezando pola primeira estrofa , encontrámonos una epanadiplose ao repetir a primeira
palabra do primer verso (chove) e a última do segundo. Nos versos 3, 4, 6,7e10 nos cales
localízase una anáfora xa que se repiten as primeiras palabras deses versos en concreto
(dor d). Tamén hai una curta enumeración entre os versos 15, 16. Entrando nos recursos
semánticos encontrámonos una personificación no verso 17 xa que se lle atribúen calidades
humanas ao río, neste caso “amor” , tamén destaca o uso dunha hipérbole esaxerando o amor
neste mesmo verso.
En definitiva , este texto poético escrito en verso , aborda temas importantes da época falando
dos problemas de posguerra cun ton melancólico .

You might also like