You are on page 1of 5

Joan Airas

A meu amigo mandad’ enviei


a Toled’, amiga, per boa fe,
e mui ben creo que ja co el é;
preguntad’ , e gradecer-volo-ei,
en quantos dias poderá chegar
aquí, de Toledo, quen ben andar.

Ca do mandadeiro sei eu mui ben


que, despois de lh’ o mandado disser,
que se verra máis cedo que poder;
e, amiga, sabede vós d’ alguen
en quantos dias poderá chegar
aquí, de Toledo, quen ben andar.

E sempre catan estes olhos meus


per u eu coido que á de viir
o mandadeir’ , e moiro por oir
novas d’ el, e preguntade, por Deus,
en quantos dias poderá chegar
aquí, de Toledo, quen ben andar.
Afonso X

O genete
pois remete
seu alfaraz corredor:
estremece
e esmorece
o coteife con pavor.

Vi coteifes orpelados
estar mui mal espantados,
e genetes trosquiados
corrian-nos arredor;
tiínhan-nos mal aficados,
ca perdían-na color.

Vi coteifes de gran brío


eno meio do estío
estar tremendo sen frío
ant’ os mouros d’ Azamor;
e ía-se deles río
que Aguadalquivir maior.

Vi eu de coteifes azes
con infançoes siguazes
mui peores ca rapazes;
e houveron tal pavor,
que os seus panos d’arrazes
tornaron doutra color.

Vi coteifes con arminhos,


conhocedores de vinhos,
que rapazes dos martinhos
que non tragían senhor,
saírom aos mesquinhos,
fezeron todo peor.

Vi coteifes e cochoes
com mui mais longos granhoes
que as barvas dos cabroes:
ao son do atambor
os deitavam dos arçoes
ant’ os pees do seu senhor.
HISTORIA DE GALIZA (Prólogo) Ramón Otero Pedrayo
Enxamais teño collido a pruma cun sentimento de amor a Galiza, un respeto de fillo,
un medo case sagrado, como nistes momentos ó teimar o prólogo obrigado e
necesario a unha Nova Historia da Nosa Terra. Son os días primeiros do setembre.
Aínda gardan os vales e as encostas os ecoares das bombas solenes das festas
dos Miragres e da Nosa Señora da Barca. Van caíndo no chan das nabeiras as
graves espigas de millo. Son máis fondas e conselleiras as sombras nos soutos e
nos craustros, é máis loira e femosa a luz do serán nos cumios das montanas
petrucias, no Obradoiro de Santiago de Compostela, nas badías franqueadas como
o esprito galego ás saudosas despedidas do Occidente. Ben logo han resoare nos
ribeiros as cántigas da vendima, e nas mañás xa frías han varear os homes da
montana as ponlas dos castiñeiros e guiar as aradas nas sementeiras do pan. Ben
logo ten de chamar a primeira orballeira do outono nas penedías e nos ermos, nas
terras ditosamente cansas da madureza da derradeira colleita, nas cobas dos mortos
inesquencibles, nos curazóns e nas lembranzas. O outono chega. A sazón do
decorrer cadaneiro da Nosa Terra máis chea de presencia inmorrente do esprito.
Boa auguranza pra unha obra como ista, obra do amor e do saber, da amizade e da
lembranza. Non moimento funerario, piadosamente ergueito e con arte e amor
labourado pra pechar as cinzas benqueridas de séculos mortos. Si fachón aceso nos
antigos lumes. Aquil fogo primeiro da ara e do fogar contra as teebras e a morte,
mantido polos primeiros homes na ialba da conciencia da Galiza, non foi por
ningunha friaxe morto nin por ningunha ingratitude esquencido. Poido semellar
consoo de probes lareiras despois de encher ó mundo coa súa luz e quentor. Das
pedras do lar da montaña volta a guiar os camiños dunha xente peleriña e doncel,
teimosa e espranzada cal a xente e a raza nosa. Por iso a luz outoniza ten de sere
a millor pró comén dunha outa e fidalga empresa como ista en cuia lumeira teño de
escribir un prólogo. O medo case sagrado de enxergar o decorrer e latexar, os
degoiros e as tristuras, os tempos raiosos e os días de esquecimento do ser podente
e vagoroso da Galiza, tempérase en min cun sentimento de ledicia, de legría e de
fondo agradecimento a quenes escolmaron a miña pruma pra escribire as primeiras
follas dunha obra de arelanza sin parexa na historiografía galega.
¿TEN GALIZA UNHA VIDA ECONÓMICA PROPIA? CASTELAO

A esta pregunta é doado contestar afirmativamente. Pode decirse que Galiza é un


país precapitalista, poboado por traballadores que viven dun mísero xornal, que eles
mesmos sacan da terra ou do mar; sen industrias dabondo para absorber o
escedente de poboación labrega e mariñeira; cun paro forzoso e cun déficit
pecuniario constante, que se resolve pacificamente por meio da emigración. En fin,
Galiza ten unha vida diferenciada dentro de Hespaña, cunha morfoloxía social i
económica tan peculiares que, por plantear problemas minoritarios, queda sempre
ao marxe da Lei Xeral do Estado e das preocupacións xeraes que a loita de crases
plantea no mundo capitalista [...].

Se a gandeiria galega se vise en perigo porque outras rexións hespañolas


aparecesen como competidoras de Galiza no mercado interior, entón non cabían as
protestas; pero en tal caso teríamos tempo dabondo para emprendermos novos
rumbos en busca de compensacións. O que non se concibe é que o Estado atacase
supetamente os intreses fundamentaes dunha rexión, sen darlle tempo para crear
novas fontes de vida. Ningún estado democrático, en réxime de continxentes,
autorizaría unha importación de productos que viñese a poñer en perigo a vida dun
organismo rural de pequenos propietarios. Non queremos esgarabellar máis nos
argumentos, porque estamos convencidos de que os nosos labregos fan un negocio
ruín criando carne para os matadeiros; pero é indubidable que os gobernantes que
concertaron o Tratado comercial co Uruguai sacrificaban o intrés de dous millóns de
traballadores campesiños ao intrés dun fato de esportadores de aceite.

Conste que a nosa bondade non permiteu que se luxase a ningún gobernante da
República, aínda que o iniciador do Tratado se chamase Lerroux, porque sabíamos
ben que o Goberno soio cometía unha inxusticia e unha imprudencia. Nefeito; aquel
pequeño convenio servía para introducir en Hespaña un gran nemigo: o grupo da
Swift, Armour-Morris e a Vestey, que cun capital de setenta millóns de dólars,
intentaban acaparar o mercado mundial de carnes conxeladas, carnes que
comezarían sendo baratas e rematarían sendo caras.

You might also like