You are on page 1of 2

Comentario do poema ​Na outra banda do mar

Diego Pereira Pinto

O texto que se presenta a continuación titúlase ​Na outra banda do mar. ​O poema reproduce o
proceso de construción dun navío que se converte nunha especie de ​alter ego da voz poética. A
medida que se describe o proceso de elaboración do navío, esta​blec​ese unha simbiose entre isto e o
proceso de crecemento e desenvolvemento persoal do propio autor dende a súa infancia ata a
chegada da madurez plena.​Deixa tamén claro que a tipoloxía textual é lírica.
Este presenta unha estrutura externa ben definida. Está formado por unha única estrofa de doce
versos onde predomina a arte maior e o versolibrismo, xa que non existe unha rima ben definida que
enlace o conxunto dos versos entre si con características comúns. Pese a todo, hai uns poucos versos
que presentan unha rima definida cos cales a autora ou autor pretenden remarcar certa
transcendencia semántica en relación o contido do propio texto.​Cita cales son.
Así, atopamos neses versos a presenza de varios recursos retóricos que poden axudarnos a
comprender mellor o enunciado anteriormente.​Organiza os recursos retóricos por planos
(acústico-rítmico, sintáctico e semántico). ser. ​Non saben​... ​(v. 5)) que consiste nunha repetición
das mesmas palabras en versos distintos como se pode ver. Igualmente, podemos constatar a
existencia dunha epanadiplose expresada cos mesmos exemplos anteriores, só que en versos
distintos (​Non saben que cada peza, cada caderna maxistral (v. 4)/ ​é unha peza do meu ser. ​Non
saben.​ .. (v.5)). Como vemos, o recurso consiste no comezo dun verso e o remate doutro coas
mesmas palabras. Finalmente, atopamos a presenza dun paralelismo (​será o meu corazón quen sinta
o vento (​ v. 11)/ ​será o meu corazón ​(v.12)), ou sexa, a repetición dunha mesma estrutura alterando
un elemento da mesma.
En relación a estrutura interna, o texto presenta o título en letras maiúsculas (NA OUTRA BANDA
DO MAR...) ​para elucubrar​??​Non cadra co sentido do texto un recordo da súa infancia, intuímos
que na súa patria local, que non aparece nomeada. Tamén é probable que faga referencia ​a
emigración ou a algo semellante. Outra cuestión a ter en conta é o xogo lingüístico que se realiza
con dous termos do texto para enfatizar o paso do tempo (​infancia (v.3) e ​enxarcia (v. 9)) para
destacar o momento inicial da vida que aparece remarcado co concepto do primeiro verso e
rematalo, remarcando a chegada da madurez plena co último. Desta maneira, des​ta​case o tema
fundamental do poema xa enunciado doutra forma máis arriba: a incapacidade para recuperar o
momento idílico da infancia presentada como unha metáfora (​torre de cristal ​(v.3)) que destaca a
fraxilidade desa época da vida e do individuo que a vive e tamén a propia vida coma unha viaxe/
navegación na cal o dono/ patrón do destino propio é un mesmo.
Tamén se ​da a presen​cia ​dunha serie de elementos semellantes ​os anteriores que nos permiten
afondar no proceso de antropomorfización e identificación entre a voz poética en primeira persoa e
o proceso de construción do barco igual que co caso anterior. Neste caso, esta​ble​cese unha simbiose
entre os conceptos de ​medula e ​quilla no verso 6 destacando a función que o primeiro elemento
(pertencente ​a anatomía humana) e o segundo (peza do barco), teñen contida en si mesmos: a idea e
a capacidade de movemento tanto do individuo coma dos obxectos. Isto ​a súa vez, aparece
reforzado polas sibilantes que garanten xunto a rotundidade sonora das nasais implosivas dos dous
últimos versos do poema (​corazón, quen, sinta, vento​) a emoción da voz poética que presencia e
describe a vez o proceso ​argumentativo Máis ben emocional ao lembrar a nenez e o ambiente
mariñeiro da mesma​.
Finalmente, debemos destacar a presenza dunha imaxe polipétala ou metáfora sinestésica (​perfume
máxico da vida;​ v. 8). Neste caso, a súa función é a mesturar unha idea cunha impresión sensitiva
que lle é pouco común. Na súa forma máis simple, o autor do texto úsaa cunha intención: para
causar ​confusión Non, evocación simultánea no lectorado en relación as sensacións que lle pode
transmitir o propio verso (o ​perfume máxico da vida é o cheiro a brea ​do combustible Non, a brea é
coma unha pintura impermeabilizante que se lle bota ao barco, ​que evidentemente non recende
demasiado ben , Non concordo, hai xampús e xeles con aroma de brea​. Estamos ante un xogo
conceptual contraditorio intencionado). Para rematar, tendo en conta todo o mencionado
anteriormente podemos pensar que a época de composición do poema debe pertencer a segunda
metade do século XX, seguramente dalgunha as xeracións poéticas de posguerra.​Agora tes que
xustificar porqué. Que recursos ou temas sitúan o poema na época, que tampouco é a inmediata
posguerra.

You might also like