You are on page 1of 12

UNIT 10: O RENACEMENTO

A arte do Renacemento inspirouse nos modelos artísticos da Antigüidade. Os artistas querían


revivir as formas simples e harmoniosas da arte grega e romana. Este estilo xurdiu en Italia no
século XIV, pero floreceu e expandiuse nos séculos XV e XVI.

- O Quattrocento foi o termo aplicado ao século XV e desenvolveuse na cidade de


Florencia.

- O Quinquecento floreceu no século XVI en Roma e máis tarde no resto de Europa.

ARQUITECTURA RENACENTISTA

- Materiais: pedra e mármore.

- Soportes: columnas clásicas de estilo dórico, xónico e corintio, toscano e composto.

A orde toscana á a dórica pero coa base e o fuste máis liso.

A orde composta consiste nunha mestura das ordes xónica e corintia e sobre follas de
acanto colócanse as volutas.
- Arcos: medio punto.

- Cubertas: planas ou abovedadas ( bóvedas de canon e espectaculares cúpulas).

- Decoración: columnas, pilastras, frontóns. Procuraron inspiración na Antigüidade


casetóns, grutescos , decoración a candeliere ou grilandas .

Pilastras Frontóns

Casetóns nunha cúpula e nunha cuberta plana.

Grutescos Candeliere Grilandas

- Espazo interno: os edificios eran pequenos xa que os arquitectos querían adaptalos ás


proporcións do corpo humano. Proporción, simetría e harmonía eran elementos
esenciais.

- Espazo externo: había un grande interese no urbanismo e na beleza da cidade.


Etapas:

QUATTROCENTO-FLORENCIA

Brunelleschi era o arquitecto máis destacado e foi considerado o primeiro artista completo xa
que era tamén escultor e pintor. Foi o autor da cúpula da catedral de Florencia

Trátase dun edificio gótico que hai que rematar cubrindo unha cúpula de 42 m de diámetro. A
cúpula constrúese por medio de dous casquetes, separados por un espazo oco, con dous
aneles concéntricos que se auto sosteñen para levantar a construción, utilizando materiais
lixeiros como o ladrillo.

e da Igrexa de San Lorenzo


León Batista Alberti construíu o pazo Rucellai Palace en Florencia

Almohadillado
CINQUENTO: (Roma)Tres grandes arquitectos colaboraron na Basílica de San Pedro do
Vaticano; Bramante fixo o primeiro proxecto, Miguel Anxo mudou a cúpula e Maderno
completou o resto.

O estilo renacentista estendeuse desde Italia a outras partes de Europa, pero o estilo gótico
continuou dominando a arquitectura ata o século XVII.
ESCULTURA RENACENTISTA

- Materiais: pedra, madeira e bronces. Os artistas alcanzan un grande gran perfección


técnica .

- Textura: a superficie en algunhas ocasións está moi pulida.

- Volume: os artistas dominan o volume interno e externo.

- Composición: simple e xeométrica, baseada no equilibrio.

- Movemento: un dos elementos máis importante é o contrapposto que basicamente


consistía en representar á figura humana cunha perna lixeiramente flexionada, co que a
cadeira do lado oposto aparece máis elevada, ao igual que o ombro dese mesmo lado está
a menor altura co contrario, o que da lugar a que a figura describa unha lixeira curva e
contracurva (unha S) no seu percorrido vertical .

- Luz: ilumina as figuras por igual.

- Color: non aprace en moitos casos.

- Expresión: figurativa, naturalista e idealizada. A escultura seguía os modelos da


Antigüidade clásica. Dáselle gran importancia á proporción e ao estudo anatómico das
figuras o que se reflicte no gran número de nús. Son frecuentes tamén os retratos e as
figuras ecuestres.
QUATTROCENTO-FLORENCIA

Ghiberti fai as portas do Paraíso para o Baptisterio da Catedral de Florencia.


CINQUENTO: (Roma)

Miguel Anxo co Mioses, David e a Piedade.


PINTURA RENACENTISTA

- Técnica: fresco o pintura de cabalete.

- Liña: durante o Quattrocento a liña como contorno ten gran importancia .

- Modelado: é a base do volume e obtense o xogo de luces e sombras.

- Luz: é lóxica e racional e imita á natureza. A luz é intensa no primeiro intensa no


primeiro plano e borrosa no fondo. Axúdase da perspectiva.

- Color: era real pero usaba tonalidades cálidos.

- Perspectiva: lineal, é unha forma de perspectiva en debuxo e pintura na que as liñas


paralelas representábanse como converxentes a fin de dar a ilusión de profundidade e
distancia.
- Composición: organizada en torno a patróns elementais: triangulo, circulo e
pentágono.

- Expresión: figurativa, naturalista e idealizada. Aínda que hai artistas que pintan temas
relixiosos, outros pintan escenas mitolóxicas, nús e retratos.

QUATTROCENTO-FLORENCIA:

Masaccio
Piero della Francesca ou Boticelli : O nacemento de Venus e a Primaveira

CINQUENTO: (Roma)

Leonardo da Vinci. O mestre do sfumato, una técnica que implicaba difuminar os


contornos para crear unha sensación de profundidade. Leonardo foi tamén un gran
científico debido a: investigacións sobre a anatomía humana; descubrimentos en
xeoloxía, meteoroloxía e hidráulica; e deseños toda clase de obxectos, desde inventos
militares a prototipos de máquinas voadoras..

A Gioconda, Mona Lisa, a Derradeira Cea.


Miguel Ánxo pintou os frescos da Capela Sixtina. El sempre se considerou escultor e
as súas figuras son heroicas, cheas de forza interior e beleza.

Rafael famoso polas súas madonas é autor da Escola de Atenas.

Tiziano, veneciano o cal creou obras de arte coloridas.

O pintor Alberto Durero introduciu o estilo en Alemaña foi debuxante, gravador e


retratista.

You might also like