You are on page 1of 13

O ART DECO

O Art déco, tivo lugar nas décadas de 1920 a 1940, e


especialmente no periodo de entreguerras. A pesar de que o
estilo art déco atopábase ampliamente difundido na década
dos anos 20 en Europa, non foi ata 1925 cando a partir da
Exposición Internacional de París recibiría por primeira vez esa
denominación. Nesta exposición destacaron as portas
monumentais de acceso ó recinto, a espectacular sala de
festas, o Pavillón do Perfume cunha enorme fonte de cristal de
Lalique ou o Hôtel du Collectionneur como unha luxosa vila
entre clásica e futurista. Tras esta exposición, o Art déco converteuse nun
fenómeno de masas. Porén aínda que foi grazas a esta exposición que se acuña
por primeira vez o termo art déco, a súa difusión e aceptación xeral non virá ata a
década dos 60 cando se empeza a analizar de maneira retrospectiva e admítese
de xeito xenérico dito termo.

O Art déco (abreviatura de “Arts Décoratifs”) xurdiu xustamente cando morría o


Art Nouveau, cara a 1914, aínda que foi evolucionando para acadar o seu cumio
nos anos 20 do século pasado. Pronto irradiou cara o mundo enteiro, acadando
gran aprobación nos Estados Unidos, especialmente na década dos anos 30, onde
se construirían algúns dos edificios máis significativos do estilo art déco. Deste
xeito non podemos evitar que veñan á cabeza
a imaxe de rañaceos que suporían un antes e
un despois na historia da arquitectura
internacional. O Art Déco perviviu ó longo do
tempo con períodos de decadencia, cruce con
outros estilos e interesantes revivals nos cinco
continentes.

O Art déco miraba a modelos artísticos da


vangarda para desactivalos da súa carga revolucionaria, “domesticándoos”
dalgunha forma. Bebía do colorido dos fauves, da simplificación da forma do
cubismo, da abstracción xeométrica, o futurismo ou o construtivismo do propio art
nouveau, do que evoluciona, e tamén do estilo racionalista da escola Bauhaus.
Diferenciase tamén do movemento Bauhaus pola súa función meramente
decorativa, con deseños extravagantes e luxosos, contrastando coa simplicidade e
o utilitarismo de Bauhaus para crear obxectos eficientes para a vida moderna.
Tamén se deixaba seducir polo antigo Exipto, a arte mesopotámica, o primitivismo
africano, o extremo oriente. E a miúdo volvía tamén ós modelos da antiga Roma e
a Grecia clásica, cas súas impoñentes columnas e ricos materiais. O Art déco
parece obsesionado coas formas xeométricas, coas rectas e ángulos e a simetría
como valores constantes. O estilo do art déco e, a diferenza do art nouveau,
inspírase nas Primeiras Vangardas. Neste sentido, o art déco é considerado o
primeiro estilo decorativo global.

296
Na Art déco, o Théâthre des Champs-Elysées (1910-
1913) do pioneiro do formigón Auguste Perret foi un dos
exemplos máis temperáns, coa súa fachada xeométrica e
depuradamente clasicista.

No Salón de Outono de 1912 presentouse unha


instalación arquitectónica chamada a Maison Cubiste, con
pinturas dos artistas cubistas no seu interior, que resultou
moi influínte. O pretendido luxo dos grandes cines e teatros adaptábanse ben ás
premisas deste estilo. Tamén os rañaceos neoiorquinos con exemplos como o
Chrysler Building ou o Empire State. A arquitectura hitleriana de Albert Speer ou a
do fascismo italiano mostraron o lado máis monumental (e escuro) do déco. e
exemplos tardíos como os de Miami Beach, xa después da II Guerra Mundial, un
reverso máis luminoso.

O Art Déco foi un estilo amplo e heteroxéneo que abarcou todas as disciplinas
artísticas. Foi un movemento amplo que inundou todas as disciplinas artísticas
deixando marabillosos exemplos de arquitectura, interiorismo, mobiliario, xoias,
pintura e artes gráficas, encadernación, moda , vidro, cerámica….

Aínda que en realidade atopamos importantes exemplos de art


déco en moitos puntos de Europa e Estados Unidos, cando o
mencionamos ven á nosa cabeza de xeito especial a cidade de
París. Nese momento representaba un dos puntos fundamentais
do luxo, do estilo e da moda internacional. É nesa cidade grazas a
figuras como Jacques Emile Ruhlmann, Jean Jacques Rateau,
Eileen Gray, Jean Dunand, René Lalique, Maurice Marinot, Cartier
ou a firma Sue et Mar que o estilo art déco acada a súa maior plenitude e
desenvolvemento.

O movemento xorde como unha forma de imprimir optimismo despois da


depresión da Primeira Guerra Mundial. O Art déco adoptaba ideas modernas como
unha celebración cara o progreso. Representou a cor, o entusiasmo e a alegría
dunha época e dunha sociedade en cambio, con ganas de vivir e nunha aparente
prosperidade. En realidade constituíu un reflexo máis da sociedade activa que
desde a revolución industrial, e como consecuencia do profundo cambio social e
cultural que se fraguou buscaba dar novas respostas. A época da Art déco foi a
era do jazz e do glamour, foi o que se denominou a xeración perdida, xa que
moitos homes perderon a vida nas dúas guerras. Foi grazas a esta sociedade que
se fraguou o Art déco. Un dos máis universais estilos artísticos que constituíu un
antes e un despois dentro da historia da arte, sendo unha gran fonte de inspiración
para o futuro. O Art déco era un estilo opulento, e a súa exaxeración atribúese a
unha reacción contra a austeridade forzada produto da Primeira Guerra Mundial.
De xeito simultáneo a unha crecente depresión económica e ó pantasma do
achegamento dunha Segunda Guerra Mundial, había un desexo intenso pola

297
evasión do día a día. A xente gozou dos praceres da vida e do Art déco durante a
era do jazz.

Como estilo inspirado nas máquinas, utilizou as innovacións da época para as


súas formas: as liñas aerodinámicas, produto da aviación moderna, a iluminación
eléctrica, a radio e os rañaceos. Estas influencias do deseño expresáronse en
formas fraccionadas, cristalinas, con presenza de bloques cubistas ou rectángulos,
trapezoides, facetamentos, zigzags e unha importante xeometrización das formas e
o uso da simetría.

Dadas as súas influencias maquinistas, o Art déco caracterízase tamén polos


materiais que prefire e utiliza, tales como aluminio, aceiro inoxidable, laca, madeira
e peles. O uso de tipografía en negrita, sans-serif ou pau seco, o facetado e a liña
recta, quebrada ou greca (oposto ás curvas sinuosas e naturalistas do art
nouveau), os patróns en compás (chevrón) e o adorno en forma de raio de sol son
típicos da Art déco e aparecen desde un radiador ata un zapato.

Non se trata dun historicismo nin dun anacronismo; é fiel á súa época e deixa
entrever a noción futurista da Revolución industrial. Seu simbolismo xira en torno ó
progreso, o ordenamento, a cidade, o urbano e a
maquinaria. Elegante, funcional e modernista, o Art déco
foi un avance fronte ó art nouveau, esta vez exitoso na
xeración dun novo repertorio de formas acordes coa
problemática e imaxinería do seu tempo. Atopamos
exemplos en cidades de todo o mundo. Sen ningunha
dúbida o Art déco caracterízase pola súa heteroxeneidade
e eclecticismo.

Miami Beach (Estados Unidos) ten unha vasta colección de edificios Art déco,
hoteis e edificios residenciais dos anos 20 ós 40. En 1979, o distrito histórico Art
déco de Miami Beach foi incluído no Rexistro Nacional de Lugares Históricos. Case
todos os edificios foron restaurados e pintados novamente nos seus tons pasteis
orixinais.

Los Ángeles ten tamén unha abundante arquitectura Art déco, especialmente
sobre o Wilshire Boulevard, unha arteria de importancia que sufriu un auxe da
construción durante os anos 20. Algúns exemplos notables son o Bullocks Wilshire
e o Pellissier Building e Wiltern Theatre, construídos respectivamente en 1929 e
1931.

La Habana: é un dos mellores exemplos da


arquitectura Art Déco, como vemos no Edificio
Bacardí que destaca por un estilo particular cos
temas clásicos deste movemento.

España: é posible atopar moitas mostras deste

298
estilo, como o edificio de vivendas da Finca Vermella,
proxectado polo arquitecto Enrique Viedma en 1929 e
construído en 1933. Na Gran Vía de Madrid ou no
Paseo de Gracia en Barcelona o Art Déco convive co
modernismo.

Bombai (India) é a segunda cidade en cantidade de


edificios Art déco, despois de Miami.

A estatua do Cristo Redentor (1922), creada polo escultor francés Paul


Landowski de Río de Xaneiro, é considerada a estatua Art Déco máis grande do
mundo, con 30 metros de altura.

Un rexurdimento do interese polo Art déco veu desde exploracións do deseño


gráfico nos anos 1980. A súa asociación co film noir en cinematografía e o encanto
do glamour dos anos 1930 propiciou un novo uso deste tipo de expresión a finais
da década de 1980 en pezas publicitarias para xoiería e no mundo da moda e a
decoración. A estética Art déco influíu tamén nas artes cinematográficas de
principios do século XX. Un exemplo disto é o filme Metrópolis, de 1927, de Fritz
Lang, que conta con deslumbrantes escenografías inspiradas na chamada Escola
de Chicago de arquitectura para as tomas da cidade, ademais dos decorados da
cidade subterránea, o robot feminino (personaxe na película que é unha metáfora
da mecanización da humanidade) é considerado como unha das imaxes máis
recoñecibles da Art déco. Despois foi rapidamente adoptado polo Hollywood dos
anos 20, 30 e 40 como estilo característico que evocaba luxo e esplendor. Esa foi
posiblemente outra das claves do seu éxito, e da súa capacidade para perdurar.
Por iso, pese a languidecer un pouco co crack bolsista do 29 tardou moito tempo
en desaparecer de todo.

Finalmente, o estilo caería en decadencia, dadas as austeridades impostas pola


Segunda Guerra Mundial.

ESTILO ART DECO:

-Non presenta exuberancia e exaxeración como si o facía o Art


Nouveau, xa que o contexto sociopolítico da época de
entreguerras era moi complexo e supoñía unha busca da
simplicidade e das formas máis auténticas antes que o luxo e o
gasto.

-Buscou a decoración por encima da funcionalidade.

- As formas son máis simples e planas, aínda que o interese pola beleza e a arte
nunca foron deixados de lado.

299
- A característica principal desta modalidade de arte é que se basea na liña recta, a
esfera e os zigzags. Na arquitectura, tamén é común atopar raios ou liñas oblicuas,
círculos, arcos de medio punto, puntas redondeadas, triángulos... Recórrese
tamén ós acabados con forma de chanzos e con proas marítimas, inspirados nos
barcos e nas fábricas.

-Intenta representar diversas abstraccións que mostren a natureza cos seus fluídos
a cuáticos, nubes ondulantes e raios luminosos producidos polo sol.

- Representación da fauna facendo referencia a certas calidades como a


velocidade e usan para isto gacelas, galgos, panteras, pombas, garzas. Tamén
representaban elementos fitomorfos utilízanse as flores, os cactos, as palmeiras,
representados por medio de delineacións xeométricas.

- Comézase a usar novos materiais como por exemplo son o plástico, a madeira de
ébano, o aluminio, o mármore, o granito as pinturas naturais de zapa, de quenlla,
entre outros materiais menos utilizados en outros estilos como a baquelita, o
cromo, o palisandro e o carey.

- A utilización de figuras humanas. Estas figuras


representaban homes obreiros, ximnastas e en xeral os
habitantes da época, aínda que tamén cara a unha grata
representación de mulleres que eran participes da produción
económica e ían vestidas cunha moda moito máis atrevida e
co pelo curto ó garçón, ademais en diversas
representacións de mulleres estas fumaban e eran
partícipes de cócteles, polo tanto podíase presentir que a
muller estaba dotada dunha gran liberdade.

- Utilízanse motivos das culturas prehispanas, das culturas


azteca, maia ou inca e motivos inspirados nos obxectos dos descubrimentos
arqueolóxicos de Exipto, Mesopotamia ou dos pobos africanos, viquingos ou indios.

- No Art déco abondan os pastiches de distintas épocas e estilos. O antigo Exipto


é moi apreciado, pero tamén o grego ou o napoleónico. Pero sempre levando estas
referencias cara o lado da orde e a xeometría. É frecuente o branco e negro estrito,
pero tamén a explosión colorista.

TAMARA DE LEMPICKA E O ART DÉCO

Tamara de Lempicka pintou na época de


entreguerras o glamour, a sofisticación, a elegancia e a
modernidade… o que coñecemos como Art-Decó. Se hai unha pintora que
podemos considerar como epítome da Art Déco, é sen dúbida ela. Foi a artista
favorita de moitas estrelas de Hollywood e denominouse "a baronesa con pincel".

300
Transgresora, independente e moderna, excéntrica, coqueta, bisexual recoñecida
e dunha personalidade arrebatadora, creou un personaxe á medida dos anos tolos
de entreguerras que lle permitiu trunfar tanto na pintura como na vida social
europea e norteamericana ó representar como ninguén a estética e a atmosfera
que caracterizaron os anos 20 e o principio dos anos 30 do pasado século é a
artista do estilo Art Déco por antonomasia, un compendio do espírito desa época.

Os retratos, espidos e outras escenas de gusto Art déco, da pintora polaca,


Tamara de Lempicka son unha ventá á alta burguesía adiñeirada e a decadente
aristocracia de entreguerras.

TRAXECTORIA:

Tamara de Lempicka, también conocida como


Tamara Łempicka (pronunciado Uempitsca),
nacida Maria Gurwik-Górska (Varsovia, 1898 –
Cuernavaca,1980), naceu en Polonia, nunha familia adiñeirada, sendo desde
pequena unha nena autoritaria e con carácter. Súa nai era Malwina Dekler, polaca
da alta sociedade. Seu pai foi un avogado xudeu de orixe rusa que traballaba para
unha empresa francesa, chamado Boris Gurwik-Górski. Foi a segunda de tres fillos
e asistiu a un internado en Lausana, Suiza. Naceu nun ambiente de abundancia.
Desde nena sentiu fascinación pola arte e o luxo, encantábanlle as xoias,
particularmente as esmeraldas, os diamantes e os rubís e posaba nas fotos como
unha estrela de cine. Seu pai abandonou á familia cando era pequena e será criada
nun entorno feminino pola súa avoa, a súa nai e a súa tía.

En 1910, pintou un retrato da súa irmá, que sería o seu primeiro traballo. Pasou o
inverno de 1911 coa súa avoa en Italia, viaxe no que descubriu a súa paixón pola
arte e os pintores do Renacemento. A súa biografía, falseada por ela mesma, está
repleta de misterios. Viaxou, tomou leccións de arte, aprendeu idiomas e bos
modais. A súa infancia e adolescencia transcorren entre Suíza, Italia, Polonia e
Rusia, durante eses anos toma leccións de idiomas e arte, disciplina na que mostra
unha gran sensibilidade.

En 1912, tralo divorcio dos seus pais e a morte da súa avoa foise a vivir a San
Petersburgo coa súa tía Stefa, unha muller tamén moi rica e ben acomodada na
sociedade rusa. Foi nestes anos cando De Lempicka empezou a acudir á
Academia de Belas Artes e a participar activamente na vida cultural da cidade
acudindo a concertos, recitais, teatros e ballets.

Cando a súa nai casou por segunda vez, ela decide vivir pola súa conta e pronto
atopou ó home co que se casou. Grazas ós contactos do seu tío, coñeceu ó
avogado polaco Tadeusz Łempicki (1888-1951) co que casou en 1916 en San
Petesburgo. Tivo con el á súa filla Maria de Krystyna, á que chamaría

301
cariñosamente Kizette. A coquetería de Tamara
estaba tan consolidada que presentaba a súa filla
como a súa irmá pequena. Levaron unha vida
luxosa ata que estalou a revolución de outubro de
1917.

Tamara era contraria ó comunismo. O seu


marido foi detido polas súas actividades
contrarrevolucionarias. A caída do zarismo e a
chegada dos bolxeviques ó poder destruíron a súa cómoda vida. Tadeusz foi
engaiolado pero a valentía e o amor de Tamara cara ó seu home conseguiron
liberalo con algún favor do cónsul de Suecia, despois de buscalo por varios
cárceres. Fuxiron a Copenhague, Londres e logo a París, onde fixaron a súa
residencia en 1918. Aínda que acababa de estalar a Primeira Guerra Mundial, o
conflito non afectou á parella, que viviu uns anos de lúa de mel dadas as súas
posibilidades. Alí volveron a súa mundana vida de festas excesos pero onde tamén
se convertería na retratista das celebridades da época.

En París xorden signos de debilidade económica Tadeusz negouse a traballar


para sobrevivir, así que foi a irmá de Tamara, futura arquitecta, a que animou a
esta a desenvolver a súa actividade xuvenil favorita e disposición para a pintura, e
a artista vese obrigada a pintar. En poucos anos, a súa personalísima técnica e
elegante estilo, ademais dos seus contactos, convértena na pintora de moda. Toda
a burguesía e a nobreza queren un dos seus retratos, e Tamara convértese nunha
extraordinaria retratista. Pronto pode volver a permitirse o seu despreocupado tren
de vida. Xurde entón a lenda de Tamara de Lempicka, incriblemente fermosa e
moderna, amante do hedonismo as festas, as orxías, a cocaína e a bisexualidade.
Unha vida decadente que serviu de inspiración para a maioría dos seus cadros,
que retrataban en gran parte, a fauna do París da alta burguesía.

Inscribiuse na Academia Ramsom, onde estudou con Maurice Denis e co


neocubista André Lhote, a quen recoñecerá sempre
como seu mestre. Sen dúbida é o que máis
profundamente marcou a súa obra pictórica e del
asimilou un cubismo “brando ou mol” e o uso do
claroescuro para dramatizar o impacto visual das súas
figuras. Desenvolveu un estilo persoal, enigmático, onde
predominaban as imaxes angulares contrastadas e as
cores brillantes, cunha notable carga de sexualidade.
Coas ensinanzas e teorías de Lhote, o cubismo de
Léger, a súa admiración pola arte clásica e algúns
pintores como Ingres, Lempicka fará unha obra de
formas xeométricas, de cores transparentes e depurado
acabado. As súas figuras, situadas sempre nun primeiro

302
plano, son poderosas e emanan forza e magnetismo.

Lempicka conseguiu un proceso de síntese


sorprendente e único nas súas obras entre a arte
renacentista e a neocubista. Seus comezos profesionais
faraos como ilustradora de moda. Non será ata 1922, no
Salón d´Automne, onde realizará a súa primeira
exposición. Durante os años 20, Tamara involucrase na
vida bohemia de París, alternando con personalidades
como Picasso. Especializouse en retratos e espidos
femininos moi sensuais, cantantes, actrices foron as
súas modelos. As súas obras, herdeiras do cubismo,
reflicten perfectamente este estilo luxoso e decadente do
período de entreguerras. Lempicka logrou converterse
na retratista de moda. Pintaba máis de doce horas ó día, cobraba verdadeiras
fortunas polas súas obras e pasaba as noites de festa, cambiando de amante
como de vestido. Os seus cadros son moi vistosos, pero
ó igual que a Art déco non deixan de ser unha simple
fachada decorativa que non agocha moito significado
detrás. Comezou a gañar moito diñeiro, pero os eloxios
mesturábanse coas críticas as súas obras acusándoa de
empregar un estilo banal e de ser obras moi lascivas.
Comeza a frecuentar personaxes como Cocteau, Joyce,
Colette ou Isadora Duncan. É nesta década cando a súa
produción revalorízase, expoñendo tamén seus primeiros
espidos. A través da súa rede de amizades, foi quen de
expoñer as súas pinturas nos salóns de maior elite do
momento.

En 1925, tivo lugar a primeira exposición de Art Déco en París na que participa
activamente, o cal lle permite aparecer en revistas americanas como Harper´s
Bazar. Nese ano Tamara e Kizette, a súa filla, viaxan a Italia para estudar as obras
mestras clásicas e o Conde Emanuele Castelbarco organiza a primeira exposición
de Tamara na galería Bottega di Poesia en Milán. Para isto, Lempicka pintou 28
cadros en seis meses, un esforzo supremo considerando que cada retrato lle
levaba preto de tres semanas de traballo. Desde ese momento, Tamara quedou
unida á Art déco como máxima expoñente.

En 1927, o seu cadro Kizette no balcón faina acredora do seu primeiro premio, un
diploma de honor na Exposición Internacional de Bordeos. Porén, non todo é
felicidade na súa vida, xa que tamén comeza a crise con Tadeusz, e é que o estilo
de vida de Tamara estaba moi afastado das normas sociais comunmente
aceptadas ó non agochar seus moitos amores con homes e mulleres, xa foran
verdadeiros ou inventados, así que a súa coñecida amizade co escritor Gabriel
d’Annunzio terá a consecuencia do divorcio. Viaxou en numerosas ocasións a Italia

303
e alí foi amiga deste decadente esteta italiano. El, namorado dela, dedicoulle a
poesía A muller de ouro, e regaloulle un topacio que levou durante toda a súa vida.
Tamara de Lempicka era una muller fermosa, elegante, posuía un gran
magnetismo e a súa personalidade era excéntrica e desconcertante.

Tamara entrou nunha profunda crise porque o seu universo de pintar sen parar,
atender a súa filla, aturar ó seu ocioso marido, saír polas noites e relacionarse coa
alta burguesía tivo consecuencias: chegaron as depresións e tratamentos
psiquiátricos, a resaca dos excesos e do inesperado. O retrato que estaba pintando
ó seu marido en 1928, e que non rematou, vemos a man esquerda incompleta, leva
por título o expresivo Retrato de home non rematado. En 1929 divorciase de
Tadeusz e ese mesmo ano coñece ó barón húngaro Raoul Kuffner de Diószegh
(1886-1961), un coleccionista e marchante da súa obra. Converterase na súa
amante e casará con el en 1933 aínda que non agocha a súa
orientación bisexual.

Durante este tempo produciuse un intenso recoñecemento da


súa pintura, sendo o cadro Tamara ó volante dun Bugatti verde,
posiblemente o máis emblemático desta maneira independente
libre de vivir.

En 1929 chegará por primeira vez ós Estados Unidos. É no


período de entreguerras onde a produción e a fama de Tamara
–como artista e como encarnación dun estilo de vida libre–
acada os seu máximo apoxeo co respaldo da sociedade e da crítica. Pinta retratos
de científicos, escritores, intelectuais, e gran parte da antiga nobreza europea
exiliada.

No verán de 1932, a artista realizou unha viaxe por España, visitando Málaga,
Sevilla, Córdoba, Toledo e Madrid. A pesar da súa aparente vida glamurosa, sufriu
intensas depresións que non lle daban tregua. Por iso en 1934, reúnese en Italia co
rei español no exilio, Alfonso XIII, a quen lle dedica un retrato que ficou inconcluso.
Tamara estaba alí nun balneario para tratar os seus problemas anímicos.

Tamara seguirá vivindo en París ata 1939, ano no que os


Kuffner, tras vender as súas valiosas posesións, marchan a
Estados Unidos fuxindo do ambiente de guerra que se
respiraba en Europa. Vivirán en Beverly Hills, onde instalarán
a súa residencia na antiga casa de King Vidor. En América a
artista sería máis coñecida como baronesa de Kuffner que
como Tamara de Lempicka. Falábase dos seus vestidos,
xoias, título nobiliario e, finalmente, engadiríase que, ademais,
era pintora. Alí deixou pegada do seu irresistible glamour, xa
que Greta Garbo, Orson Welles e Rita Hayworth, entre outros,
eran habituais das súas grandes festas. Ó pouco tempo, faise

304
famosa entre a burguesía neoiorquina e expón en varias
galerías estadounidenses e europeas. Neses anos viaxa
temporalmente a Chicago, onde traballa con Willem de
Kooning e Georgia O'Keeffe.

Será no ano 1941 cando inaugura varias mostras individuais.


Ese ano, Kizette escapa de París baixo a ocupación nazi e
va vivir coa súa nai ós Estados
Unidos, onde retoma a súa vida.

A pintora e a súa arte caerían no


esquecemento xa que comeza a
decadencia da Art Déco. Non deixou de traballar aínda así,
coa indiferenza do público. O seu interese en ser vista
como unha sofisticada e aristócrata gran dama influíu
negativamente para que a tiveran en conta como artista.
Durante as seguintes décadas a chegada do expresionismo
abstracto contribuíu a que o estilo de Lempicka fora
deixado de lado, aínda que a artista non detivo a súa
creación artística en ningún momento. Porén, en 1960 Tamara de Lempicka
cambia de estilo, pasándose á abstracción, aínda que a súa carreira decadente xa
non remontou a pesar dos seus intentos por renovar o seu estilo e centrarse en
imitacións de paisaxes surrealistas e a abstracción expresionista chea de texturas.

Trala Segunda Guerra Mundial, moitas das súas obras foron relegadas a
almacéns e só algúns museos e coleccións privadas tiñan parte das súas obras.

En 1963 Raoul Kuffner sufriu un infarto. A súa morte tivo un efecto devastador no
ánimo de Tamara por iso trasladou a súa residencia a Houston para estar más
cerca da súa filla Kizette. Pero en 1978 Lempicka mudarase definitivamente a
México, onde adquire unha casa en Cuernavaca coñecida como Tres Bambús,
onde pasará os últimos días da súa vellez.

Non foi ata 1966, cando o Musee des Arts Decoratifs


organiza unha exposición conmemorativa en París
chamada Les Années ’25, que volveu a espertar o
interese polo estilo da artista grazas ó éxito da mostra.

O 18 de marzo de 1980, Tamara de Lempicka morre


mentres durmía. A súa filla Kizette, cumprindo o desexo
da súa nai e acompañada do escultor mexicano Víctor
Manuel Contreras (amigo e herdeiro de gran cantidade
das obras da pintora), subiu a un helicóptero e botou as
súas cinzas no cráter do volcán Popocatépetl.

305
ESTILO:

- O seu obxectivo como pintora non era copiar a realidade


senón crear un novo estilo, brillante e de cores luminosas
onde predominara a elegancia das figuras representadas.
Especializouse en retratos de mulleres con fondos
arquitectónicos de rañaceos Art Déco. Moitos retratos de
liñas rectas e pulidas son espidos e en ocasións, mostra
abertamente escenas de homosexualidade feminina.

-Tamara de Lempicka foi una muller adiantada ó seu


tempo que mostraba damas elegantes, refinadas, frías e inalcanzables,
representando, sobre todo, a figura feminina aínda que tamén realizou retratos da
burguesía e da clase rica do momento, así como temática floral no último período
da súa vida. Nas súas obras retrata o novo paradigma da muller dos anos 20 e 30,
mulleres que pretenden ser emancipadas, empoderadas, que fuman, pintan os
beizos de forte vermello, conducen o seu propio coche, adoptan una indumentaria
un tanto andróxina, con cabelo bob ou ó garçon, fan deporte, viaxan e gozan da
vida... Recoñéceselle a súa enorme capacidade para captar a carga psicolóxica
dos seus personaxes. As cores vibrantes e brillantes, contrastes de luces e
sombras, paleta de cores forte e intensa, liñas precisas e afiadas definen a súa
obra e tamén o seu legado. A súa produción céntrase en retratos femininos ou
espidos. Tamén retratou á súa filla, nalgún caso en poses provocativas.

-As súas pinturas parecen imaxes de revistas de moda. Concede moita importancia
á pose, a vestimenta, incluso a maquillaxe. Ela mesma posaba como si fora unha
estrela de cine, sempre sofisticada, elegante e á última. Comparábana coa mítica
Greta Garbo coa que gardaba certo parecido. Seguindo a tendencia da pintura Art
decó, pintaba mulleres etéreas, con vestidos vaporosos, elegantes panos, guantes
longos, pronunciados escotes e dedos longos, aínda que tamén dan unha
impresión férrea e escultural pola pincelada pulida e os marcados contrastes de
luces e sombras. Neles percíbese o luxo e a sofisticación. Os homes visten traxes
de corte impecable e ata uniformes de gala.

-Tamara era unha artista emancipada e moderna cuxa obra non entraba nos
canons artísticos do seu tempo. Observaba as vangardas como algo curioso, pero
alleo á súa sensibilidade artística. Ela mesma diría: «A miña meta: non copies
xamais. Crea un estilo novo, cores claras e luminosas, e trata de descubrir a
elegancia das túas modelos». Lembremos que a vangarda “seria” consideraba que
o Déco era unha reminiscencia da arte do século XIX, como algo anticuado aínda
que, en verdade, fora todo o contrario. Ela e a súa arte eran considerados como a
esencia da frivolidade. A súa paixón pola beleza e o luxo non casaban cos artistas
de vangarda comme il faut. Aínda que non lle faltou traballo como retratista das
elites aristocráticas, no mundo da arte sempre foi unha especie de outsider, non
sendo aceptada en xeral, nin polos seus colegas pintores nin polos críticos de arte.

306
- A súa influencia principal é o retrato manierista en xeral. Os seus referentes
estéticos son moi variados: oscilan entre a pintura italiana do Renacemento (en
especial adoraba a obra de Bronzino), percíbese na súa obra un amor polo
neoclásico francés Jean-Auguste Dominique Ingres nas conexións coas odaliscas
rotundas, tamén de Botticelli e sobre todo o influxo do cubismo pero sen chegar á
arte abstracta. As liñas depuradas, facetadas e xeométricas que dominan a súa
obra tamén nos remiten a Picasso, e non só ó cubista, senón tamén ó máis
“clásico” da “volta á orde” dos anos 20. Tamén, hai certas concomitancias entre
Lempicka co realismo máxico e os pintores alemáns da Nova Obxectividade, en
particular con Christian Schad e os seus retratos que mostran o glamour decadente
da época da República de Weimar (1919-1933). Curiosamente, Lempicka
empregaba este eclecticismo ou fusión de estilos antigos para representar temas
actuais, onde as figuras visten roupaxes e peiteados de moda.

-Os corpos que pinta adoitan ser moi escultóricos, con formas rotundas, como se
foran estatuas clásicas pero sen estar baseadas nas proporcións perfectas do
canon grego. As miradas dos retratados son melancólicas, tristes ou pensativas.
Consideraba que se autorretrataba en todas as súas obras.

OBRAS:

Seu Autorretrato nun Bugatti verde de 1929 é seu cadro


posiblemente máis coñecido. Nel representase como
unha muller moderna e distinguida, levando luvas e un
sombreiro moi axustado tipo cloche. Aparece conducindo
un coche deportivo Bugatti (que nunca tivo) suxerindo a
idea de velocidade e as máquinas, temas que fascinaban
ós artistas de vangarda, en especial ós vinculados co
futurismo italiano. Capta, como nunha fotografía, un
momento exacto. Esta pintura foi un encargo para a portada dunha publicación
alemá chamada Die Dame especializada en promover a imaxe dunha muller
independente e moderna. Por iso é unha obra que case está a cabalo entre a
pintura e o deseño gráfico e de moda. Neste traballo Tamara
lembra a tráxica morte da bailarina estadounidense Isadora
Duncan, que morreu estrangulada en 1927 cando o seu
longo chal enredouse nunha das rodas posteriores do seu
Bugatti.

-A Duquesa de la Salle (1925) é un retrato marabilloso que


mostra a unha muller andróxina, que viste un tuxedo de corte
masculino e botas de montar. As referencias arquitectónicas
non faltan no fondo do cadro. O feito de que o sexo da muller
ocupe o centro do cadro e de que parece que o sinala fai
probablemente referencia a unha sexualidade que ela decide:
307
segura de si mesma, co seu pelo negro e violeta
cortado ó garçon, peiteado coa raia en medio e
pegado á cabeza, personifica un tipo de muller
forte e andróxina, que anos despois
representará Marlene Dietrich .

-Na bela Rafaela de 1927, observáronse


reminiscencias do tenebrismo de Caravaggio co
seu énfase no xogo entre luces e sombras. Pero
nesta obra o foco centrouse no corpo escultural da muller representada, reclinada,
quizás descansando despois dunha noite de amor coa pintora. A iluminación incide
sobre a modelo amplificando os seus volumes. O fondo é escuro, como un dos
cadros barrocos que Lempicka admiraba. As únicas notas de cor danas os beizos
vermellos, e a tea que non cubre demasiado o espido da bela Rafaela. Tamara
atopou a esta muller pola rúa e asombrada pola súa beleza pediulle que posara
para ela. Foi a súa modelo durante máis dun ano.

- O máis ávido coleccionista das obras de Lempicka foi o doutor Boucard ó que
retratou con aparencia de espía de película en 1929. De feito, durante a 2ª GM
viuse envolto en actividades de espionaxe. Seu iate foi utilizado pola Resistencia
francesa para transportar municións e co tempo adquiriuno o magnate grego
Aristóteles Onasis. Neste cadro, o famoso bacteriólogo aparece cos simbólicos
tubo de ensaio e microscopio para que non nos quede dúbida da súa ocupación.
Como gañou moitos cartos coas súas investigacións médicas puido adquirir
retratos dela. Transmítenos unha imaxe moi glamurosa do doutor, moi afastada do
traballo real dun científico.

-A estética do cadro Doble 47 de 1924 lémbranos ó realismo


soviético.

-A música (1929) é unha alegoría sobre esta arte. É


representada como unha elegante muller de pelo escuro,
absorbida na súa interpretación musical. As referencias á
música foron moi habituais no cubismo.

-Tamén é interesante comentar sobre os seus sentimentos

relixiosos, intrínsecos á natureza de Tamara de Lempicka.


Comezou a mostralos a través da súa obra como en Nai e
neno e este sentimento foi incrementándose ó final da súa
vida, Lempicka abriu a súa alma a Deus a través das súas
numerosas réplicas de Madonnas, monxas e santos como
San Antonio.

308

You might also like