You are on page 1of 29

O humanismo

Tema 7
O humanismo, unha nova forma de pensar
O cambio de mentalidade

• A finais da Idade Media Europa tivo unha transformación política, social e


económica
• O Humanismo foi unha corrente filosófica e cultural dos séculos XIV, XV e XVI
• As características foron:
• Cambio do teocentrismo (Deus centro do universo) a antropocentrismo (importancia
do ser humano)
• Buscan coñecer a natureza a través da razón e a experiencia (método científico)
• Queren ser sabios (coñecer diversas materias)
• Tomaron a Antigüidade como referencia (Grecia e Roma)
• Promoveron o uso das linguas vernáculas (propias de cada territorio)
O humanismo, unha nova forma de pensar
O cambio de mentalidade
• Principais Humanistas:
• Erasmo de Rotterdam
• Naceu nos Países Baixos
• Na obra Eloxio da loucura critica a ignorancia, a superstición e o
fanatismo relixioso
• Educou ó emperador Carlos V
• Tomé Moro
• Naceu en Londres
• En Utopía propón unha sociedade ideal (Igualdade, xustiza e paz) sen
propiedade privada nin monarquía
• Foi condenado a morte por non aceptar a ruptura entre a Igrexa de
Inglaterra e o Papado
O humanismo, unha nova forma de pensar
A difusión do Humanismo
• O Humanismo difundiuse mediante:
• A Imprenta: Guttemberg en 1440
• Xa non hai que copiar manualmente os libros
• Diminución do prezo dos libros
• Relacións entre humanistas mediante viaxes e cartas
• Academias: Academia Platónica en Florencia
• Compártense ideas e coñecementos
• Universidades
• Viena, Cracovia, Bolonia, Alcalá de Henares
Unha concepción diferente da ciencia e da arte
Unha nova ciencia
• A ciencia avanzou
• Os científicos comezaron a realizar experimentos
para comprobar as argumentacións
• Desenvolveuse astronomía, medicina, física,
cartografía, botánica e zooloxía

• Astronomía – Nicolás Copérnico


• 1543 Das revolucións do corpos celestes
• Teoría heliocéntrica
• Defende que o Sol é o centro do universo e os planetas
xiran arredor del
• A Igrexa seguiu coa teoría xeocéntrica (Terra centro do
Universo)
Unha concepción diferente da ciencia e da arte
Unha nova ciencia
• Medicina – Andrés Vesalio
• 1543 Sobre a estrutura do corpo humano
• Gran avance na anatomía humana
• O seu libro converteuse no manual de estudantes de
Medicina
• Miguel Servet descubriu a circulación pulmonar do
sangue (1553)

• Física – Leonardo da Vinci


• Numerosas contribucións en mecánica, hidráulica e
aerodinámica
• Inventos: engranaxes, muíño de aire, máquina voadora,
planador, carros de guerra
• Tamén realizou en investigacións en anatomía,
astronomía, botánica
Unha concepción diferente da ciencia e da arte
O Renacemento
• O Renacemento foi a nova
corrente artística do humanismo
• Características:
• O ser humano pasou a ser o máis
importante
• Buscábase un ideal de beleza
• Inspiráronse na Antigüidade clásica
(Grecia e Roma)
• O estilo xurdiu en Italia e dividiuse
en:
• Quattrocento – S.XV - Florencia
• Cinquecento – S. XVI - Roma
Unha concepción diferente da ciencia e da arte
Mecenas e artistas
• A prosperidade das cidades-estado italianas fixo que aparecesen os mecenas
• Mecenas: nobres e burgueses adiñeirados que protexen ós artistas e invertían moitos
cartos en arte (pinturas, esculturas, palacios, igrexas)
• A familia Médici de Florencia foi unha
das familias de mecenas máis
importantes
• Outros forno os Sforza en Milán, os
Gonzaga en Mantua e os Papas de Roma
• No Renacemento cambiou a concepción
dos arquitectos, escultores e pintores
cambiou
• Xa non eran simples artesáns, gañaron
importancia e convertéronse en artistas,
comezando a firmar as súas obras
O Quattrocento
A Arquitectura
• Os arquitectos renacentistas
deseñaron edificios adaptados á
medida do ser humanos
• Edificios con simetría e proporción
• Elementos clásicos: arcos de medio
punto, bóvedas de canón, cúpulas,
columnas...
• Destacaron:
• Brunelleschi: coa cúpula da catedral de
Florencia
• Alberti: Fachada de Santa María Novella
O Quattrocento
A Escultura
• Inspirouse nos modelos clásicos
• Representou o corpo humano
con proporción e beleza
• Os estudos anatómicos deron
lugar a nus
• Idealizan ós personaxes
• Destacaron:
• Ghiberti coas portas do baptisterio
da catedral de Florencia
• Donatello co David
O Quattrocento
A pintura
• Incluíron a perspectiva lineal
para darlle profundidade á
obra
• Claroscuro (contraste de luces
e sombras) para dar volume
• Escorzo nas figuras
• Pintáronse escenas relixiosas
pero as máis importantes
foron os temas mitolóxicos,
retratos e paisaxes
• Destacaron:
• Masaccio – O tributo da moeda
• Mantegna – Cristo Morto
• Botticelli – O Nacemento de
Venus
O Cinquecento
A Arquitectura
• Roma foi o principal centro artístico
• Destacou
• Bramante – San Pietro in Montorio
• Miguel Anxo – San Pedro do Vaticano
• Andrea Palladio – Villa Rotonda
O Cinquecento
A Escultura
• Á escultura vai a buscar máis grandiosidade e monumentalidade
• Destaca Miguel Anxo:

Piedade Moisés
David
O Cinquecento
A pintura

• Leonardo Da Vinci – Sfumatto


(técnica de difuminar os
contornos para dar
profundidade): Santa Cea, A
Gioconda e a Virxe das Rochas
• Miguel Anxo – Frescos da
Capela Sixtina
O Cinquecento
A pintura
O Cinquecento
A pintura
• Rafael – Temas relixiosos e
filosóficos: A escola de
Atenas
• Tiziano – Escola veneciana: A
Venus de Urbino
O Cinquecento
A obra de Miguel Anxo
• Un dos grandes artistas de toda a historia
• Traballou en Florencia e Roma para os Médici
e os Papas
• Foi arquitecto: Cúpula basílica de San Pedro
• Escultor: David e Moisés
• Pintor: Capela Sixtina
A expansión do Renacemento
España
• A arte renacentista en España deuse no século XVI
• 3 estilos en arquitectura:
• Plateresco: Decoración moi abundante
• Clasicista: Menos decoración e preocupación polo conxunto
• Herreriano: Case total ausencia de decoración – obra de Juan de Herrera

Palacio de Carlos V
(clasicista)
A expansión do Renacemento
España

Fachada da Universidade de Salamanca Palacio de San Lorenzo do Escorial (Herreriano)


(Plateresco)
A expansión do Renacemento
España

• En Escultura:
• Obras en madeira policromada
• Busca plasmar sentimentos máis ca beleza ideal
• Destacou Alonso de Berruguete
• En Pintura:
• Destacou o Greco
• Figuras alongadas, drama e movemento
• Moitas obras relixiosas
A expansión do Renacemento
España

Sacrificio de Isaac - Berruguete Enterro do Conde de Orgaz - Greco Adoración dos pastores - Greco
A expansión do Renacemento
Países Baixos e Alemaña
• Países Baixos:
• Obras relixiosas, paisaxes,
retratos e escenas da vida
cotiá
• Característica principal, o
gran detallismo
• Destacou Pieter Bruegel
• Alemaña:
• Destacou Alberto Durero
• As obras máis importantes
foron Adán e Eva
Os cambios relixiosos: a Reforma
A ruptura de Lutero
• A comezos da Idade Moderna, a Igrexa católica
estaba en crise:
• Os altos cargos eclesiásticos vivían rodeados de
luxo
• O clero tiña unha escasa formación e non exercía
correctamente o seu traballo
• Moitos cargos eclesiásticos comprábanse por
persoas sen vocación relixiosa
• Vendíanse indulxencias (documentos emitidos polo
Papa que perdoaban os pecados)
• A imprenta permitiu que a Biblia chegara a máis
xente polo que apareceron novas interpretacións
Os cambios relixiosos: a Reforma
A doutrina luterana
• En 1515 o Papa vendeu máis indulxencias para pagar
a construción da basílica de San Pedro
• Martín Lutero publicou 95 teses criticando ó Papa e
á Igrexa Católica
• As ideas de Lutero eran:
• As persoas sálvanse pola fe, non polas obras
• Os crentes relaciónanse directamente con Deus, sen
necesidade de sacerdotes
• A verdade está nas Sagradas Escrituras, polo que os
crentes poden interpretalas libremente
• Só hai dous sacramentos: Bautismo e eucaristía
• O culto á Virxe e ós santos debe suprimirse
• O celibato do clero (prohibición de casarse) non é
obrigatorio
Os cambios relixiosos: a Reforma
A expansión da Reforma
• O luteranismo expandiuse polo centro e norte de Europa
• En Alemaña moitos nobres rebeláronse contra Carlos V
• Naceron novas correntes:
• Xoán Calvino – Calvinismo:
• O ser humano está predestinado a salvarse ou non, non importan as
obras
• Forte vixilancia para que os crentes non pecasen
• Chamáronse hugonotes en Francia e puritanos en Inglaterra e Escocia
• Anglicanismo:
• O Rei Enrique VII provocou a ruptura con Roma cando o Papa non lle
concedeu o divorcio
• En 1534 na Acta de Supremacía o rei inglés pasa a ser a cabeza da
Igrexa de Inglaterra
• Mestura aspectos católicos con calvinistas e outros propios
A Reforma Católica ou Contrarreforma
O Concilio de Trento
• Para revitalizar á Igrexa fronte ó
protestantismo púxose en marcha unha
Contrarreforma
• O Concilio de Trento tivo lugar entre 1545 e
1563
• Reafirmouse a doutrina tradicional da Igrexa
• Sete sacramentos
• O Papa como máxima autoridade
• Culto á Virxe e ós santos
• Indisolubilidade do matrimonio
• A salvación obtense a través de boas obras
• Ditáronse normas para evitar as malas condutas do
clero
• Buscouse estender a doutrina católica creando o
catecismo e creando escolas
A Reforma Católica ou Contrarreforma
A Nova Espiritualidade
• Tamén se renovaron as ordes relixiosas
• Buscaron volver ás súas orixes
(austeridade)
• Creáronse ordes dedicadas á ensinanza
(escolapios)
• Apareceron os Xesuítas (Ignacio de
Loyola en 1540)
• Dedicáronse a expandir o espírito da
Contrarreforma
• Dedicáronse á predicación e ensinanza
• Fundaron misións en América e Asia
A Reforma Católica ou Contrarreforma
Intolerancia e Represión
• A Reforma relixiosa deu lugar a unha división de
Europa
• Bloque católico: Sur de Europa
• Bloque protestante: Norte e centro de Europa
• Isto deu lugar a guerras coma a Dos Trinta Anos (1618-
1648)
• Xeneralizouse a intolerancia
• Nos países protestantes perseguíase ós católicos
• Nos países católicos perseguíase ós protestantes
• A Inquisición: Institución que defendía a Relixión Católica
• Perseguía e axustizaba ós contrarios
• Buscou a limpeza de sangue (ter antepasados católicos)
A Reforma Católica ou Contrarreforma
Intolerancia e Represión
• Xeneralizouse a intolerancia
• Nos países protestantes perseguíase ós católicos
• Nos países católicos perseguíase ós protestantes
• A Inquisición: Institución que defendía a Relixión Católica
• Perseguía e axustizaba ós contrarios
• Buscou a limpeza de sangue (ter antepasados católicos)

You might also like