You are on page 1of 75

Literatura 1º trimestre (4º)

GALICIA ENTRE 1916 E 1936


AS IRMANDADES, AS VANGARDAS E O GRUPO NÓS

Lucía Moreiras
Contexto histórico (primeiras décadas do XX)
• Sociedade maioritariamente rural e campesiña.
• Economía atrasada e escasa industrialización.

• Pequeno desenvolvemento da industria naval e conserveira.


• Desprazamento da poboación cara ás zonas urbanas e costeiras.

• Condicións de vida do campesiñado moi precarias → OS FOROS

O AGRARISMO = “movemento reivindicativo que estimulou a conciencia do


campesiñado, organizándoo en sociedades como
Basilio Álvarez Solidaridad Gallega ou Acción Gallega”.
Principal representante
Denunciaba o caciquismo, perseguía a abolición dos foros, a mellora das condicións de
vida dos campesiños e o seu acceso á propiedade.

• 1926 → REDENCIÓN DOS FOROS

• Desaparición da fidalguía que vivía das rendas


• Aparición dunha pequena burguesía nas cidades.
A situación da lingua
Continúa paseniñamente o proceso de substitución lingüística polo castelán.
- Burguesía e nobreza = castelán
- Campesiños (90% da poboación) = galego

• Galego → principal idioma de comunicación oral


• Desprazamento da poboación cara ás vilas e cidades → perda progresiva do
galego en campesiños antes galegofalantes.

• Castelán → Usos formais / ámbitos de poder


- exclusión do galego (ensino, administración, Igrexa)

• Difusión de estereotipos negativos:


• Lingua rural
• Lingua cas clases baixas
• Lingua de analfabetos
Cronoloxía dos fitos importantes
1916 → Irmandades
da Fala

1920 → primeiro
número da revista Nós

1923 → Seminario de
Estudos Galegos

1931 → Partido
Galeguista

1936 (28 de xuño) →


Estatuto de Autonomía
As Irmandades da Fala
• Provincialismo e rexionalismo (s. XIX)

Nacionalismo = Tendencia cultural e política que define Galicia como unha


nación con lingua, territorio, historia, institucións e cultura de seu.
A lingua é un piar fundamental da identidade.

• 1º Iniciativa → IRMANDADE DA FALA (Coruña, 1916) – Antón Villar Ponte


• Fúndanse máis Irmandades ao longo do país.
• Núcleos máis importantes: Coruña e Ourense.

• Movemento con carga intelectual → Xornalistas, literatos e políticos destacados.


• Órgano de expresión e difusión do pensamento galeguista completamente en galego:
A NOSA TERRA

• Bases teóricas do nacionalismo:


• Teoría do nacionalismo (1920) – Vicente Risco
• Doctrina nazonalista (1921) Ramón Villar Ponte
As IRMANDADES DA FALA:
INICIATIVAS A FAVOR DA LINGUA E A CULTURA
• PROPÓSITO:
• Dignificar e normalizar a lingua en todos os ámbitos.

• OBXECTIVOS:
• Cooficialidade do galego e o castelán.
• Cátedra de Lingua e Literatura Galegas na USC.
• Introdución do galego no ensino básico.
• Elaboración dun rexistro culto → contextos formais.

• INICIATIVAS:
• Promoveuse a utilización do galego en moitos ámbitos excluídos.
• Publicacións periódicas monolingües en galego: A Nosa Terra, Nós, Rexurdimento.
• Editoriais para o libro en galego: Céltiga, Alborada, Libredón, Lar, Nós.
• Tradución de obras da literatura universal → público lector.
• Recuperación da toponimia.
• Compañías teatrais e coros.
• Entidades científicas → SEMINARIO DE ESTUDOS GALEGOS.
SEMINARIO DE ESTUDOS GALEGOS (1923)

• Formado por un grupo de mozos universitarios.

• OBXECTIVOS:
• Estudar dun xeito interdisciplinarios os diferentes aspectos da realidade
galega.
• Formar novos investigadores.
• Utilizar o galego no ámbito científico.

• Seminario de Estudos Galegos = labor da universidade


• Divulgación en galego dos resultados científicos.
• Lugar de encontro dos principais investigadores galeguistas ata 1936 (GC).
O GRUPO NÓS / A REVISTA NÓS

Revista Nós 1920 : 1º número

proxecto editorial más importante do galeguismo de preguerra.

• GRUPO NÓS → conxunto de intelectuais da iniciativa da revista


• Vicente Risco
• Ramón Otero Pedrayo
• Florentino Cuevillas
• Antón Losada Diéguez
• Alfonso Daniel Rodríguez Castelao
O GRUPO NÓS
• TRAZOS VITAIS E INTELECTUAIS:
• Naceron na década de 1880 en familias acomodadas.
• Estudos universitarios e amplísima formación intelectual.
• Coñecedores das tendencias europeas dominantes nas distintas artes.
• Inadaptados e inconformistas
1) Actitude intelectual elitista → Desprezo da sociedade /Culturas exóticas, ocultismo e esoterismo
2) Galeguismo comprometido
• Formaron parte das Irmandades da Fala e no Partido Galeguista
• A explicación da súa evolución → Autoretrato xeracional:
• << Dos nosos tempos >> (1920) – Cuevillas
• Arredor de si (1930) – Otero Pedrayo
• Nós, os inadaptados (1933) – Risco

• LOGROS:
• Desenvolvemento e MODERNIZACIÓN da prosa e o ensaio galego → ao nivel do resto de Europa.
• MODERNIZACIÓN da cultura galega → afastamento do folclorismo e conectándoa coas correntes europeas e
universais más avanzadas.
PARTIDO GALEGUISTA e APROBACIÓN DO ESTATUTO

Segunda Posibilidade de iniciativas políticas, sociais e culturais.


República
(1931-1936) Ampliación de liberdades

Fundación do PARTIDO GALEGUISTA (1931) → Cristalización política das Irmandades da Fala


(nacionalismo galego)
• PROPÓSITOS:
• Maior autonomía para Galicia
• Recoñecemento como nación
• Galeguización do ensino
• Cooficialidade do galego

• LOGROS:
• Representación parlamentaria en 2 lexislaturas
• Participación no Estatuto de Autonomía

• ESTATUTO DE AUTONOMÍA →
Preaprobación o 28 de xuño de 1936 – Guerra Civil (17 xullo) – Ditadura
Cronoloxía dos fitos importantes
1916 → Irmandades
da Fala

1920 → primeiro
número da revista Nós

1923 → Seminario de
Estudos Galegos

1931 → Partido
Galeguista

1936 (28 de xuño) →


Estatuto de Autonomía
PRACTICAMOS!

Que se critica ou que


realidade se plasma
nas seguintes viñetas?
• Responde as preguntas 1, 2 e 3 da páxina 15 do teu libro de texto.
A POESÍA NA ÉPOCA DAS IRMANDADES DA FALA
(1900-1936)
• Poesía das Irmandades → Principios do século XX
• Poesía das vangardas → 1920 – 1930 aprox.

• Están moi próximas no tempo.

• Hai autores que seguen escribindo poesía de corte do “rexurdimento” inda que xa
estamos en época de vangardas, pero as reivindicacións cambiaron.

• A poesía de vangarda son autores un pouco máis novos que introducen as novidades
estilísticas de Europa.

• Non son tan ruturistas porque están rompendo con escritores moi innovadores para
o seu momento
• Escribir en galego era todo un feito destacado e elevar a literatura galega a niveis case
europeos “xa fora moito”.
A
A POESÍA
POESÍA NA
NA ÉPOCA
ÉPOCA DAS
DAS IRMANDADES
IRMANDADES DA
DA FALA
FALA
(1900-1936)
1º) Principios do século XX → pouco cambio, tendencias do Rexurdimento.

Aparición do agrarismo e das Irmandades da fala

cambio nas sensibilidades e nas reivindicacións dos poeta

2º) Nas Irmandades → principais intelectuais → ideais nacionalistas reflectidos na súa poesía.

• AUTORES IMPORTANTES:
• Gonzalo López Abente (1878-1963)
• Vitoriano Taibo (1885-1966)

• AUTORES MÁIS DESTACADOS:


• Antonio Noriega Varela
• Ramón Cabanillas
ANTÓN NORIEGA VARELA
• Biografía
• Un único libro: Montañesas (1904)
• Varias edicións revisadas → 3ª edición en adiante Do ermo (1920)

• Interese na paisaxe, en especial de montaña, que asocia á introspección.


• Fases:
1º) Costumista e ruralista
2º) Lirismo da natureza (especial sensibilidade cos elementos naturais pequenos):
• Influencia do modernismo hispanoamericano
• Influencia do saudosismo = movemento literario portugués que xira en torno a
saudade como esencia da cultura portuguesa.
RAMÓN CABANILLAS (Cambados, 1876-1959)
• Biografía:
• 1910 → CUBA. Relación con galeguistas emigrados (puxeron en marcha a RAG).
• Contacto con Basilio Álvarez e a ideoloxía agrarista.
• 1915 → volta a Galicia. Aproximación ao nacionalismo das Irmandades da Fala e ao ideario do
Partido Galeguista.

• Influencias na súa obra:


• Mestres do Rexurdimento → poesía combativa e social
• Rosalía → poesía intimista
• Movementos estéticos fins XIX -comezos XX → Modernismo hispanoamericano:
• Uso do verso longo
• Gusto polo exotismo e os ambientes propios de lugares afastados
• Uso de adxectivos coloristas e referidos a ámbitos sensoriais (luz, son...)
• Procura da musicalidade e do ritmo no verso
RAMÓN CABANILLAS (II): Liñas poéticas

• POESÍA LÍRICA:
• No desterro (1913)
• Vento mareiro (1915)
• Da terra asoballada (1917)
• A rosa de cen follas

• POESÍA NARRATIVA:
• O bendito San Amaro (1925)
• Na noite estrelecida (1926)
• “A espada Escalibor”
• “O cabaleiro do Sant Grial”
• “O sono do Rei Artur”
RAMÓN CABANILLAS (II): Liñas poéticas

Poesía COSTUMISTA

Liñas TEMÁTICAS
Poesía INTIMISTA

No desterro (1913)
Poesía LÍRICA Vento mareiro (1915)
Da terra asoballada (1917)
A rosa das cen follas (1927) Poesía CÍVICA
Liñas POÉTICAS

Poesía O bendito San Amaro (1925)

Narrativa Na noite estrelecida (1926)


RAMÓN CABANILLAS (III): Poesía LÍRICA
• Principais libros de poemas:
• No desterro (1913)
• Vento mareiro (1915)
• Da terra asoballada (1917)
• A rosa de cen follas (1927)

LIÑAS TEMÁTICAS DA POESÍA LÍRICA


• Poesía COSTUMISTA
Descricións de paisaxes, ambientes rurais, escenas pintorescas, tradicións...

• Poesía INTIMISTA
Expresión de sentimentos, especialmente amorosos ou admiración da paisaxe.

• Poesía CÍVICA
Poemas sociais, expresión dos ideais de loita e denuncia:
1º) ideais agraristas / 2º) ideario nacionalista
1º) Campesiños fronte caciques / 2º) Galicia fronte Castela
RAMÓN CABANILLAS (III): Poesía NARRATIVA
• O bendito San Amaro (1925) → Un fidalgo que se converte en ermitán despois de
cometer un crime.

• Na noite estrelecida (1926)


• Peza central
• Lenda do Rei Artur e da procura do Santo Graal ambientadas en Galicia.
• Fusión de elementos da mitoloxía celta e do cristianismo.
• Obxectivo:
→ Recrear a antigüidade histórica da nación galega e crear uns mitos propios que
sustenten os ideais galeguistas.

• División en partes ou sagas como os momentos da lenda artúrica:


• “A espada Escalibor” → Merlín recupera a espada na illa de Sálvora e pasalla ao Rei Artur.
• “O cabaleiro do Sant Grial” → Os cabaleiros da Táboa redonda buscan o vaso e atopao o cabaleiro
Galahaz no Cebreiro.
• “O sono do Rei Artur” → O Rei encamíñase a morte nunha barca despois de recibir o Santo Graal
• Exercicios 1 e 3 da páxina 17 do voso libro.
3. Que trazos modernistas
aparecen no fragmento?
A POESÍA DAS VANGARDAS: As vangardas europeas
• VANGARDISMO: movemento artístico (afecta a todas as artes) das primeiras décadas do s. XX (1910-
1930) que busca romper con todo o anterior.
Termo militar - “o que vai diante” – avant garde
• Época de importantes cambios sociais e tecnolóxicos:
• Axitación socio-política (I GM 1914-1918, Revolución Rusa 1917)
• Desenvolvemento das cidades
• Automoción e aviación
• Cine

• Os movementos de vangarda reciben o nome de ISMO


• Cada ismo cristalizou nunha corrente estética diferente pero coa mesma finalidade: transgresión total.
• Algunhas características comúns:
• Liberdade creativa
• Orixinalidade
• Experimentación formal (caligrama, ausencia de rima, ruptura da orde lóxica)
• Rexeitamento da actitude sentimentalista
• Renovación artística
• Ruptura de barreiras entre os xéneros literarios
A POESÍA DAS VANGARDAS: As vangardas europeas
Os ismos dábanse a coñecer a través de manifestos

• Exalta o progreso da técnica, a velocidade, os obxectos mecánicos, a máquina, a


FUTURISMO cidade.
• Reflectir o mundo moderno e os avances, deixar atrás o pasado.
PRINCIPAIS ISMOS EUROPEOS

• Pintura: descomposición da realidade en figuras xeométricas


CUBISMO • Literatura: caligramas (=imaxes visuais na disposición tipográfica)
- Evocación de figuras xeométricas nos versos

• Actitude de ruptura, rebeldía e cuestionamento da sociedade (absurdo da guerra)


DADAISMO • Tristan Tzara (1916)

• André Bretón
SURREALISMO • A arte debe expresar a voz do subconsciente (pesadelos, soños, alucinacións,
vivencias oníricas...). “Automatismo psíquico”

• Vicente Huidobro
CREACIONISMO • A arte debe ser independente e crear o seu propio mundo de ideas e sensacións.
• Sucesión de imaxe tras imaxe. “Imaxe poética”
Cubismo: poema Ourense
Dadaismo
El ascensor descendía siempre hasta perder aliento
Y la escalera subía siempre
Esta dama no entiende lo que se habla
Es postiza
Yo que ya soñaba con hablarle de amor
Oh el dependiente
Tan cómico con su bigote y sus cejas
Artificiales
Dio un grito cuando yo tiré de ellos
Qué raro
Qué veo Esa noble extranjera
Señor yo no soy una mujer liviana
Uh la fea
Por suerte nosotros
Tenemos valijas de piel de cerdo
A toda prueba
surrealismo
Ésta
Veinte dólares
Y contiene mil
Siempre el mismo sistema
Ni medida
Ni lógica
Mal tema
Creacionismo
Características plenamente vangardistas como:
- Utilización de distintos tipos de letra.
- Supresión da puntuación ortográfica.
- Supresión da disposición lineal do discurso.
- Utilización do procedemento caligramático en escaleira moi do
gusto da vangarda futurista.
- Emprego de siglas (os puntos cardinais).
- Utilización de palabras estranxeiras.
- Emprego de terminoloxía técnica e maquinista con presenza dos
novos inventos.
Responde a pregunta 1 da páxina 67 do teu libro de texto:

• Cal foi a razón de que en Galicia non houbese vangardas que


proclamases a ruptura coa cultura anterior?
A POESÍA DAS VANGARDAS: As vangardas galegas
• Vangardas galegas → 1920 – 1930 aprox.

• Vicente risco → inspira a un grupo de escritores novos para adoptar unha posición de ruptura e
inconformismo (actitude vangardista)

• Máis alá, manifesto vangardista de Manuel Antonio.

• Actitude menos rompedora co anterior:


• Ausencia de tradición consolidade
• Barreiras rotas polos antecesores aínda vixentes (ex.: escribir en galego)

• Principais canles de expresión: publicacións periódicas e revistas


• Manifestacións artísticas e literarias
• Edición esteticamente coidada
• Ronsel, Alfar, Yunque, Cristal, Papel de Color
A POESÍA DAS VANGARDAS: As vangardas galegas
• 3 correntes vangardistas:
• IMAXINISMO → Luís Amado Carballo
• NEOTROBADORISMO → Fermín Bouza Brey e Álvaro Cunqueiro
• “Vangardismo pleno” → Manuel Antonio e Álvaro Cunqueiro

Non podemos falar de 3 correntes propiamente porque Manuel Antonio non se adscribe a ningunha.
Falaremos de:
- Imaxinismo
- Neotrobadorismo,
- Álvaro Cunqueiro, ademais do neotrobadorismo hai influencias do cubismo (Mar ao norde) e do
surrealismo (Poemas do si e do non)
- Manuel Antonio ten influencias do creacionismo, pero máis ben ten influencias do movemento de
vangarda en xeral
O imaxinismo (hilozoismo ou animalismo).
Luis Amado Carballo
• Presenza da paisaxe personificada e animada.
• Uso da imaxe poética → asociación de dous elementos de pouca
relación entre si de forman que suxiren unha realidade diferente.

• Luís Amado Carballo (1901-1927)


• Proel (1927) – libro de poemas
• O galo (1928) – obra póstuma

• O papel da paisaxe e da natureza entronca coa tradición poética galega


• Mantén uso da rima
• Certa regularidade métrica de influencia popular (arte menor, rima asonante...)
Neotrobadorismo. Fermín Bouza Brey
• Imitación de certos aspectos da lírica galego-portuguesa medieval actualizados e combinados
con trazos vangardistas.

• Influencia → Os cancioneiros (excepción Ajuda) aparecen a principios do s. XX.

• Uso renovado de motivos, símbolos e recursos propios da lírica medieval


• Vocabulario (amigo, flores, señor, cabalo, navío)
• Recursos: paralelismo, refrán, leixaprén

• Fermín Bouza Brey (1901- 1973)


• Iniciador da corrente → Nao senlleira (1933)

• Álvaro Cunqueiro
• Cantiga nova que se chama riveira (1933)
• Dona do corpo delgado (1950)
A dama que ía no branco cabalo (Cunqueiro)
Responde a pregunta 2 da páxina 67 do teu libro de texto:

• Por que cres que xurdiu o Neotrobadorismo e que consecuencias tivo


para a literatura galega?
ÁLVARO CUNQUEIRO

• Neotrobadorismo
• Cantiga nova que se chama riveira (1933)
• Dona do corpo delgado (1950)

• Influencias do cubismo
• Mar ao norde (1932)

• Trazos surrealistas
• Poemas do si e do non (1933)
Mar ao norde (pax. 54). Cubismo
MANUEL ANTONIO. Poeta vangardista por excelencia
• Rianxo (1900-1930)
• Mariño profesional. Experiencias no mar → profunda pegada na súa poesía.

• Non pertence a ningunha corrente vangardista concreta


• Grandes influencias do CREACIONISMO (a arte debe ser independente e crear o seu propio mundo de ideas e sensacións)

• Técnicas vangardistas nas súas obras:


• Ruptura total coa métrica e a rima
• Léxico técnico e estranxeirismos
• Imaxe poética (sucesión de imaxes)
• Disposición irregular do verso e liberdade de puntuación
• Uso do caligrama

• Obras póstumas: Anacos do meu interior, Foulas...


• Obras en vida → o poemario De catro a catro (1928)
De catro a catro (1928)
• Obra principal
• 19 poemas escritos nunha das viaxes marítimas
• Crónica poética da viaxe no barco – a voz poética pasa por diversas
experiencias e estados de ánimo
• Estrutura circular → terra – mar – terra / partida e regreso / título
• Estatismo – a pesar de ser unha viaxe non hai avance narrativo
• Simboloxía de elementos marítimos: ronsel do barco, a auga, o vento,
a noite...
REPASAMOS!!

• Exercicios 1-4 da páxina 68-69 do voso libro.


A PROSA DA ÉPOCA DAS IRMANDADES: O GRUPO NÓS
• Recordamos:
As Irmandades defendían o galego como lingua de expresión en todos os contextos e situacións.

Para consolidar a lingua é imprescindible o desenvolvemento da PROSA

Destacan os autores do GRUPO NÓS


(Para algúns: Época Nós, 1920-1936)

Os prosistas destacados:
• VICENTE RISCO
• RAMÓN OTERO PEDRAYO
• CASTELAO
• RAFAEL DIESTE
VICENTE RISCO (Ourense, 1884-1963)
• Ideólogo do Grupo Nós

• Interesouse polas ciencias ocultas e o esoterismo

• 1917 → Galeguismo e Irmandades da Fala

• Persoeiro fundamental para o nacionalismo galego e un dos seus principais teóricos

• Personalidade complexa:
• Ideoloxía: gran espiritualidade → católico e idealista, rexeitaba o materialismo e a moral do diñeiro

• Fascinación polo pasado, especialmente celta e medieval

• Ideas ultraconservadoras e ultrarrelixiosas → abandona o Partido Galeguista en 1936.

• Súmase a ideoloxía franquista e abandona o galeguismo e a escrita en galego.


Vicente Risco: OBRA NARRATIVA
• Predomina o relato curto
• Base: coñecemento da etnografía galega
• Técnica: foxe do costumismo → incorpora técnicas narrativas modernas
• Ironía, sátira e humor

• Do caso que lle aconteceu ao Doutor Alveiros → relato humorístico centrado nunha viaxe ao mundo de ultratumba
para devolverlle a vida a unha momia (interese polo ocultismo)

• O lobo da xente → relato que recrea a lenda popular galega do lobishome

• A trabe de ouro e a trabe de alquitrán → relato que recrea a lenda popular galega relacionada cos mouros e os
tesouros

• Os europeos en Abrantes → sátira inacabada sobre personaxes que ocultan a identidade de persoas reais da vida
ourensá da época

• O porco de pé (1928) → obra principal

• Novela curta de intención satírica


• Narra o ascenso social de don Celidonio, comerciante enriquecido, vulgar e ignorante.
• Critica a sociedade burguesa que só dá importancia aos cartos (don Celidonio) e os intelecuais que se renden ao poder do
diñeiro (doutor Alveiros)
Exercicio 3 da páxina 45 do voso libro
Vicente Risco: OBRA ENSAÍSTICA
OBRA ENSAÍSTICA
Desenvolver a súa ideoloxía dun xeito máis directo (política, etnografía e
filosofía)
• Teoría do nacionalismo galego (1920)
• Expón o ideario nacionalista
• A singularidade de Galicia está na lingua, na raza e no territorio

• Nós, os inadaptados (1933)


• Artigo que reflexiona sobre a traxectoria dos da súa xeración e como chegaron á ideoloxía
galeguista.

• Mitteleuropa
• Viaxe de estudos por Europa Central
• Manifesta o seu desagrado ante aspectos como os avances da modernidade ou do marxismo
RAMÓN OTERO PEDRAYO (Ourense, 1888-1976)
• Principal novelista do Grupo Nós
• Familia fidalga cun pazo en Trasalba (Amoeiro)
• Doutor en Xeografía e Historia → instituto en Ourense ata o
Franquismo
• 1950 → Catedrático de Xeografía na USC → mestre dos novos mozos
galeguistas
• Fiel ás conviccións galeguistas toda a vida (reclusión no pazo familiar
na guerra e posguerra)
Otero Pedrayo: OBRA NARRATIVA
• Novela longa, xénero máis cultivado (pouco frecuente na época)
• Tema: decadencia da fidalguía e do mundo rural tradicional galego do s. XIX
• Importancia da paisaxe → conformadora da identidade galega
• Referencias culturais e históricas abundantes

NOVELAS

• Os camiños da vida → historia de dúas familias fidalgas no contexto social do XIX. Interpretación da evolución
da sociedade galega e os cambios que levan á decadencia a fidalguía.

• Arredor de si (1930) → evolución persoal dos membros da súa xeración, desde o individualismo e falta de
compromiso ata o galeguismo. Adrián Solovio ten moito en común co autor.

• A romaría de Xelmírez → Novela histórica, s. XII (esplendor medieval de Galicia). O arcebispo Xelmírez aparece
idealizado como un heroe galego.
• Devalar → protagonizada por mozos que representan a mocidade universitaria.

RELATOS
• Soltos: O purgatorio de Don Ramiro
• En volumes como Contos do camiño e da rúa
Otero Pedrayo: Obra
OBRA ENSAÍSTICA

• Moitos temas → destacan: xeográficos e históricos


• Síntese xeográfica de Galicia
• Ensaio histórico sobre a cultura galega

• Outros temas:
• Pelerinaxes
• Polos vieiros da saudade

OTERO PEDRAYO → ORADOR


https://www.youtube.com/watch?v=HCRMbBu727M
• Exercicio 5 da páxina 45 do voso libro.

• Fotocopia:
ANALIZAR A EVOLUCIÓN IDEOLÓXICA DOS COMPOÑENTES DO GRUPO NÓS
ALFONSO DANIEL RODRÍGUEZ CASTELAO
(Rianxo, 1886 – Buenos Aires, 1950)

• Mocidade en Galicia

• Licenciouse en Medicina (case non exerceu)

• Docente e funcionario do Corpo Nacional de Estatística en Pontevedra

• II República → Deputado polo Partido Galeguista

• Ditadura → Buenos Aires → Defensa do galeguismo

• Membro destacado do Grupo Nós → director artístico da Revista Nós


CASTELAO: Obra gráfica
• Importante artista plástico: pintor, gravador, debuxante e caricaturista.

• Crítica das inxustizas sociais


• Denunciar aspectos como a avaricia e o caciquismo
• Humor e ironía
• Álbums Nós
• Serie de viñetas Cousas da vida (Faro de Vigo)
• Empregaba: ANIMAIS, CACIQUES, VELLOS, NENOS, MULLERES, HOMES

• Denuncia dos crimes do franquismo na Guerra Civil


• Estética máis expresiva
• Álbums:
• Guerra mártir
• Milicianos
• Atila en Galicia
Cousas da vida
(VER 2 exemplos máis na páxina 43)
Galicia Mártir
Atila en Galicia
CASTELAO: Obra narrativa
• Un ollo de vidrio (1922)
• Tema macabro, grande ironía e humor negro.
• Un esqueleto enterrado cun ollo de vidro pode ver o mundo dos mortos.
• A descrición do mundo de ultratumba → crítica aspectos da sociedade do seu tempo.

• Cousas
• Narración breve + ilustración = unidade indisoluble, conxunto artístico inseparable.
• Reflicten con dureza, pero con gran tenrura a vida das clases populares galegas.

• Retrincos
• 5 relatos inspirados nalgún suceso da vida do autor.
• Desde a infancia ata a madurez.

• Os dous de sempre (1934)


• Única novela de Castelao
• 2 personaxes contrapostos, dúas posturas antes a vida:
• Rañolas → pobre e cunha malformación → loitador e idealista
• Pedriño → corpulento e lambón → pasividade e conformismo
DOUS VELLOS
CASTELAO: Obra ensaística

OBRA ENSAÍSTICA
SEMPRE EN GALIZA (1944)
• Resumen do pensamento político de Castelao → pensamento nacionalista
galego do seu tempo
• Análise do que caracteriza a Galicia como “nación”
• Lingua
• Cultura
• Estruturación do territorio
• Economía
• Critica o modelo centralista castelán e defende un estado federal
RAFAEL DIESTE (Rianxo, 1899 – Santiago de C., 1981)
• Amigo de Manuel Antonio

• Non é parte de Grupo Nós → por idade + próximo as vangardas (inclúeno aquí
porque coa súa obra contribuíu renovación da prosa)

• Galeguismo e Seminario de Estudos Galegos

• Maxisterio → dedicouse ao xornalismo

• Comprometido coas ideas republicanas → 1932, Madrid, iniciativas culturais


relacionadas coa II república.

• Ditadura → Exilio → Buenos Aires, México, Inglaterra

• 1960 → Galicia → RAG


RAFAEL DIESTE: Obra en galego
OBRA DRAMÁTICA
• A fiestra valdeira

OBRA NARRATIVA → Dos arquivos do trasno


Introdución (ideas do que debe ser o conto)
+
Libro de relatos

• Características:
• Mestura de elementos realistas e fantásticos
• TEMAS: morte, misterio, medo → ambientados nunha atmosfera máxica e irreal
• Historias breves moi condensadas que manteñen a intensidade ata o final → enganche do lector (nas últimas
liñas desvélase a clave do relato)
• ESPAZO: vilas mariñeiras ou contorna rural destas / A taberna = espazo simbólico de encontro e reunión do
pobo
• PERSONAXES: populares → mariñeiros, emigrantes, nenos, vellos... (tratados sen folclorismo)
• Reflíctese unha sociedade galega con sentido da unión e da solidariedade.
Sobre da morte do Bieito.
Dos arquivos do trasno, Rafael Dieste

Fotocopia co texto

http://xuditcasas.es/filmografia/cortometrajes/sobre-a-morte-do-
bieito/

You might also like