You are on page 1of 2

“O Moisés” de Miguel Anxo

Contexto histórico-artístico

O Renacemento foi un estilo que admiraba a Antigüidade clásica, tratando de recuperar


moitas das formas da cultura grecorromana, reinterpretándoas e adaptándoas á nova
linguaxe artística en torno a dous conceptos: a perspectiva e a proporción. Este movemento
desenvolveuse nun contexto no que se impuxeron o antropocentrismo e o Humanismo, a
burguesía acadou un importante papel como grupo social (cliente da arte), os artistas
deixaron de ser meros artesáns, sendo agora protexidos polos chamados mecenas. O novo
estilo iniciouse en Italia no século XV, onde o Renacemento desenvolveuse en dúas fases: o
Quattrocento (século XV) e o Cinquecento (século XVI, sendo coñecido ao final desa
centuria co termo Manierismo).

Miguel Anxo

A escultura do Cinquecento estivo dominada pola importantísima obra de Miguel Anxo


(1475-1563), que eclipsou ao resto dos escultores do seu tempo. Grazas a que comezou
moi novo a súa formación artística e gracias tamén á súa longa vida (traballou ata case os
noventa anos), Miguel Anxo resume toda a evolución da escultura, dende finais do s.XV ata
mediados do século XVI.

Miguel Anxo realizaba figuras grandiosas, cheas de vitalidade, que parecen máis deuses
titánicos que seres humanos, empregando como material a mármore de Carrara, por crer
que era o que representaba mellor a beleza.

Tras unha etapa de formación en Florencia cos Médici como mecenas, instálase en Roma,
onde chega á súa etapa de madurez, a un momento plenamente manierista, profundizando
na búsqueda da beleza espiritual. Miguel Ángel buscaba actitudes grandiosas, rasgos
perfectos, xestos dramáticos e terribles, o que chegaría a coñecerse como a característica
“terribilitá” miguelangelesca.

“O Moisés”

Así pois, na sé do papado, o Papa Xulio II encargoulle realizar unha monumental e luxosa
tumba, a obra máis ambiciosa e dramática de Miguel Anxo como escultor, e que lle ocupou
máis de corenta anos e que non puido rematar ó recibir outros encargos.

En 1505, Miguel Anxo presentou o seu proxecto ao pontífice pero diversos problemas (os
traballos que estaba a desenvolver o pintor na Capela Sixtina e na basílica de San Pedro),
interromperon a obra, reanudada en 1513, morto xa Xulio II.

Desta forma o deseño orixinal (que antes fora un conxunto exento) cambiou e convertiuse
nunha tumba adosada ao muro e formada por máis de corenta esculturas na que se
representaba a Moisés (figura aquí analizada), San Paulo, Lía e Raquel; situándose debaixo
delas uns escravos. Non obstante, como xa comentáramos, esta obra non foi rematada e na
actualidade tan só se conservan as figuras de Moisés, Lía e Raquel.

Nesta obra destacan as actitudes violentas, o dramatismo, o movemento, o retorcemento


das formas e a vigorosa musculatura, típicas do autor. A figura de Moisés, disposta no
centro da tumba, caracterízase pola súa monumentalidade (ten una altura de 5 metros),
dinamismo e un contraposto clásico alterado de forma que, mantendo o equilibrio, mostra
un movemento que está a punto de acontecer (rompendo entón coa harmonía renacentista
anterior cunha importante tensión compositiva con xogos de liñas horizontais e verticais).
Ese movemento trátase do levantamento do personaxe, que aparece representado en
actitude sedente, debido a que o episodio bíblico representado nesta obra é o momento no
que Moisés, despois de baixar do Monte Sinaí cos Dez Mandamentos (Táboas da Lei),
contempla con furia contida (cun rostro cheo de ira, rabia e cólera explosivas) ao seu pobo
adorando a un becerro de ouro, estando, por este motivo, a punto de incorporarse para
romper as táboas. Así pois, nesa fiereza da mirada e no nerviosismo co que as mans se
enredan na barba pódese contemplar a célebre “terribilitá” do autor.

Non obstante, o que máis destaca desta obra é a forza expresiva e a grandiosidade da
figura que máis que un profeta parece un deus mitolóxico (coa marcada influencia do
helenismo da arte grega) cunha anatomía robusta, case sobrenatural (e tamén cabe
destacar, como en todas as súa obras, o excelente traballo anatómico coa musculatura en
tensión basado no seu profundo estudo das formas do corpo humano).

O vigor do personaxe móstrase na xa mencionada tensión compositiva e a acentuada


expresividade da escultura anuncia a chegada do Barroco (pois esta obra xa é plenamente
manierista). Tamén se poden apreciar agudos contrastes lumínicos no tratamento do cabelo
e da barba así como dos ollos que gardan esa terrible mirada coa que Miguel Anxo logra
transmitir a vida interior, o espírito, do profeta.

Con esta escultura Miguel Anxo alcanza a súa madurez artística, predominando a
espiritualidade sobre a corporeidade. Trátase dunha obra técnicamente perfecta e con
importantes innovacións.

Datos curiosos sobre a que foi a obra favorita dun dos maiores xenios da Historia da Arte
universal

Miguel Anxo considerouna a súa obra máis realista e cando a finalizou golpeoulle o xeonllo
dereito e dixo: “Fala!”

Os dous cornos que presenta na súa cabeza derivan dunha mala tradución do libro do
Éxodo no que se narra que a Moisés, mentres descendía do Sinaí, lle saían dous raios da
súa fronte. En hebreo Karan (raio) pódese confundir con keren (corno).

O célebre neurólogo Sigmund Freud namorouse do encanto clásico da cidade de Roma e


de entre tódalas obras que alí puido contemplar a que máis lle cativou sen dúbida algunha
foi o Moisés de Miguel Anxo ao que en cada viaxe que realizaba á cidade italiana visitaba
case diariamente. Tal era a súa admiración que incluso elaborou unha teoría sobre a figura
na que consideraba que Miguel Anxo quixo representar a Moisés no momento en que
recupera a súa compostura, retendo a súa paixón e emocións, controlando o seu impulso
colérico de romper as táboas ante a traizón dun pobo aínda inmaduro. Desta forma,
segundo Freud, Miguel Anxo móstranos, máis que un Moisés colérico, un home reflexivo,
que se intenta serenar.

You might also like