You are on page 1of 6

PRÁCTICA DE CAMPO DE HISTORIA E CULTURA

DA ÉPOCA MEDIEVAL

LOCALIZACIÓN NO MAPA
1. Escultura da Igrexa de Santa María Salomé
2. Tímpano da Igrexa de San Félix de Solovio
3. Esculturas de Santa María, a Nova
4. Tímpano de San Bieito do Campo
5. Tímpano de San Martín Pinario
6. Tímpano da porta de Praterías da catedral de Santiago
7. Porta do Colexio de San Xerome

IGREXA DE SANTA MARÍA SALOMÉ


Esta igrexa situada na rúa Nova (Santiago de Compostela). Foi construída durante o obispado
de Diego Xelmírez (1100-1140), que foi o primeiro arzobispo de Santiago e o que impulsou a
construción da catedral de Santiago, ademáis de mandar escribir a Historia Compostelana,
que era una compilación de documentos que recollía dende os inicios da diócese ata o seo
propio mandato; e o Liber Sancti Iacobi coa función de difundir a devoción do apóstolo
Santiago, e consagrada polo chantre Pelayo, que era abade do que naquela época era unha
zona de apliación do vello burgo de Compostela.
É a única igrexa española dedicada á Santa María de Salomé, nai do Apóstolo Santiago e San
Xoán o Evanxelista. A igrexa conserva a portada románica formada por tres arquivoltas
apoiadas sobre capiteis. Alos laterais da arquivolta inferior e sobre a chave atopamos tres
esculturas pétreas policromadas de estilo gótico engadidas no século XV, no lateral esquerdo
está a virxe María (a da foto), no dereito o anxo da anunciación, e no centro a Virxe da Leite.
Atopamos esta portada en bo estado debido áo porche cuberto construído no século XVII. No
interior hai unha capela contigua ao presbiterio e dedicada á Virxe e a San Xosé cunha
bóveda do século XVI. A capela está presidida por un retablo barroco de estípites da segunda
metade do século XVIII dedicado a San Xulián.

IGREXA DE SAN FÉLIX DE SOLÓVIO

Situada no casco antigo de Compostela, na praza de San Fiz de Solovio, trátase do lugar
onde, según a tradición o ermitaño Paio vivía a principios de s. IX (que antes era o monte
Libredón), que foi o primeiro avistar as luces que indicaban o punto onde estaba situado o
sepulcro do Apóstolo; despois de avistar as luces avisa ao obispo de Flavia Teodomiro, cando
os dous se achegan ás luces, ahí atopan o Arca no que estaba o corpo de Santiago.
Posteriormente, no século X o obispo Sisnando mandou construir o templo, convertíndoo no
ano 900 na parroquia que se responsabilizaría da custodia do sepulcro. Antes puido ser unha
pequena ermita, previa ao propio templo do Apóstolo, aínda que non se conservan probas ao
respecto. Neste mítico lugar da cidade de Santiago de Compostela se surxe o universo
xacobeo. O templo foi reconstruído, trala súa destrucción por Almanzor no ano 997, polo
arzobispo Xelmírez quen transformou a vella ermita nunha igrexa de estilo romántico.
Na igrexa destaca o tímpano gótico dos Reis, do s. XIV no que aparece representada a
Adoración dos Reis Magos, coas figuras da Virxe co Neno en brazos no centro, San Xosé
apoiado nun bastón na esquina e a figura do donante Xoán de Ben, que costeou a obra, e no
outro lado os tres Reis Magos estando un axeonllado. A Adoración aos Reis Magos pode
considerarse como un preludio das peregrinacións a lugares míticos, reproducida en
determinados puntos na iconografía do Camiño de Santiago.

ESCULTURAS DE SANTA MARÍA A NOVA

Santa María a Nova trátase dun convento fundado entre os séculos XIV e XV, no ano 1390
polo fraile Alfonso de Melide e o arzobispo de Santiago Juan García Manrique.
Este tímpano representa unha escena da Epifanía, es decir unha escena de adoración ós Reis
Magos e atópase na actualidade na fachada posterior da Facultade de Filosofía. Pertencía ao
templo orixinal pero despois de que este templo se convertise en iglesa da Compañía é
posible que este tímpano fora desplazado do seu lugar orixinario. Este tímpano conta cun
dintel sobre o que se sosten, decorado con motivos xeométricos e florais, destaca neste
tímpano a figura da Virxe, centrando a composición, de maior tamaño aludindo a súa gran
importancia. No seu regazo atópase o neno Xesús e podemos observar como a virxe parece
que lle entrega un obxecto a Xesús. Ademais dos Reis Magos, no tímpano están presentes
dous anxos aos lados da Virxe. Xosé tamén aparece representado á esquerda da Virxe. Tamén
cabe destacar a figura masculina que aparece diante da Virxe en posición orante.
En canto ós Reis Magos, o primeiro atópase arrodillado, Melchor ofrecendo a ofrenda, e por
último observamos a Baltasar.
Pódese entender este tímpano como unha analoxía entre a peregrinación dos Reis Magos para
chegar a Xesús e a peregrinación dos cristiáns a Santiago.

TÍMPANO DE SAN BIEITO DO CAMPO


Esta igrexa atópase nunha praza na rúa de San Bieito e data do século XVIII. Foi edificada
sobre unha antigua construcción do século X baixo o episcopado de San Pedro de Menzozo e
foi sometida a unha serie de remodelacións.
O tímpano que podemos observar na imaxe representa a adoración dos Reis Magos ao neno
Xesús, estando presentes os xa mencionados ademáis da Virxe María, a cal aparece a maior
escala seguindo a perspectiva xerárquica, dous anxos e Xosé e contan cunha policromía.
A última remodelación demoliu a construcción anterior e no seu lugar creouse un edificio de
estilo neoclásico.
A igrexa conta cunha planta rectangular dunha nave rematada nunha ábside cun prebisterio.
Detrás deste prebisterio encóntrase a sacristía. Ademáis, tamén conta cunha ábside.
O material utilizado para á construcción da igrexa foron perpiaños de granito.
O seu exterior é bastante sobrio seguindo os cánones do estilo neoclásico, cunha única
ventana cun dintel sobre o que descansa un teito simple.

TÍMPANO DE SAN MARTÍN PINARIO

O relevo que podemos observar nesta imaxe atópase no mosteiro e igrexa de San Martiño
Pinario, na plaza da Inmaculada. Fundado no século X pouco despois do descubrimento dos
restos do apóstol Santiago.
Cabe mencionar que este edificio tamén sufriu diferentes remodelacións ao longo dos séculos
XVI, XVII e XVIII. Por esta mesma razón, nesta obra arquitectónica podemos encontrar
características propias do estilo renacentista, barroco e neoclasicista.
Xunto coa catedral de Santiago de Compostela, trátase dun dos exemplos máis importantes
do arte barroco galego.
Na igrexa, participaron os arquitectos Mateo López, que encargouse da construción nun
primeiro momento, e posteriormente o arquitecto Bartolomé Fernández Lechuga, autor da
cúpula, Peña y Toro, y por último, os frailes Tomás Alonso e Gabriel Casas.
Na fachada central podemos observar á Virxe María, San Bieito y San Bernardo. A imaxe a
comentar trátase do frontón enriba da porta, trátase de San Martiño repartindo a súa capa cun
home pobre.
Esta igrexa conta cunha planta de cruz latina con tres naves no brazo principal e unha
transversal. A nave central está cuberta por unha bóveda de cañón mentres que as dous
lateirais, de menor tamaño por bóvedas casetonadas. Cabe destacar a gran cúpula nervada.
Debido ó desnivel existente no terreo, Plácido Construiu a escaleira de acceso.
Por outra parte o monasterio é máis simple, conta cunha fachada dividida en tres partes, conta
tamén cunha gran escaleira de acceso. Na portada, a cal conta con columnas dóricas,
podemos observar a San Bieito.

TÍMPANO DA PORTA DE PLATERÍAS DA CATEDRAL

A Catedral de Santiago de Compostela foi erguida entre 1075 e 1211 seguindo o modelo das
grandes basílicas de peregrinación europeas, isto determinaou, ademáis do seu alzado e
planta, a súa decoración e iconografía.
A porta de Platerías comunica o brazo sur da catedral co exterior; debido a esta disposición,
por ela acceden os peregrinos que chegan a Santiago dende sur. Recibe o seu nome, igual que
a praza que se abre ante ela, da existencia na antigüidade de tendas de plateros e orfebres nas
súas cercanías.
A decoración confórmase con figuras e relevos de diferentes tamaños e escalas, e pode
producir unha sensación de desorde, isto débese ás sucesivas reformas que sufriu ó longo dos
anos. Ademais de participar nela catro mestres distintos, acolle pezas pensadas orixinalmente
para outras obras, coma algúns elementos da desaparecida Porta Francíxena.
A maioría dos elementos decorativos e a estrutura están datados entre 1078 e 1103. Trátase
dunha gran portada dobre, contando as dúas portas con candanseu tímpano decorado e tres
arquivoltas dobres, ás que se superpon un gran friso tamén decorado.
Tanto o tímpano coma os frisos contan con relevos e esculturas de apóstolos, ánxos,
representacións do pecado, os meses do ano e os signos do zodiaco. Nas esceas recoñécese a
temática cristolóxica, con temas como a Epifanía, a tentación de Cristo e esceas de Paixón.
A imaxe que estamos a comentar é a parte superior do tímpano dereito. Do mesmo xeito que
no resto da composición, vemos un desorde de figuras. Nun primeiro momento tiña unha
temática Epifánica no nivel superior e, baixo esta, esceas da Coroación de Espigas e
Flaxelación. Mais a escea superior está desprazada, e a Virxe, que debía ir noutra posición,
ten parte do nimbo cortado. Tras movela de lugar, o espazo libre ocupouse con esceas
eculpidas polo Mestre da Traición: Prendemento de Cristo, Anxo con coroa en picado, Anxo
tumbado sobre Reis Magos e Curación do cego.
COLEXIO DE SAN XEROME

Este pórtico pertence ao Colexio de San Xerome, un dos catro edificios que rodean a praza do
Obradoiro de Santiago de Compostela.
A súa orixe, en 1501, atopámola nunha antiga fundación ligada ao mecenazgo do arzobispo
de Compostela Alfonso III de Fonseca, pero actualmente é a sede do rectorado da
Universidade de Santiago.
Consérvanse algúns elementos do antigo edificio: dous escudos de Alfonso II en dúas das
fachadas, e o pórtico da fachada do Obradoiro. Este último está ligado tanto estilística como
escultoricamente ao gótico.
O conxunto escultórico distribúese entre as jambas, o tímpano e o arco abocinado.
Nas xambas atopamos figuras de santos e apóstoles fundadores das Ordes mendicantes:
Santiago o Maior, o seu irmán San Xoan Evanxelista e San Francisco de Asís no lado dereito,
e, no esquerdo, San Pedro, San Pablo e Santo Domingo de Guzmán.
No centro do tímpano vemos á Virxe e ó Neno, e ós seus lados, Santa Catalina e o Arcanxo
San Miguel, figuras protectoras contra a morte e os moribundos.
O arco abocinado está composto por once figuras, das cales algunhas representan santas e
santos da Igrexa, ligados á escritura e ó saber, mais tamén á Magdalena, quen ten culto
vinculado á hospitalidade no Camiño de Santiago. Porén, as esculturas de maior importancia
son as femininas, con María Cleofás e María Salomé ós lados, destaca no centro unha Santa
Ana triple, que se representa a ela mesma, á Virxe e ó Neno ó mesmo tempo.

BIBLIOGRAFÍA
https://www.fundacionjacobea.org/santiago-de-compostela/santiago-el-colegio-de-san-xerome/
https://www.santiagoturismo.com/monumentos/igrexa-de-san-bieito-do-campo-3
https://www.fundacionjacobea.org/santiago-de-compostela/santiago-la-fachada-de-platerias-de-la-catedral/
http://www.arquivoltas.com/21-lacoruna/01-Santiago-04.htm
https://xacopedia.com/San_Fiz_de_Solovio_iglesia_de
https://www.santiagoturismo.com/monumentos/mosteiro-e-igrexa-de-san-martino-pinario
https://www.fundacionjacobea.org/santiago-de-compostela/la-iglesia-de-santa-maria-salome-la-madre-de-santiag
o/
https://xacopedia.com/Santiago_1
https://santiagoways.com/es/apostol-santiago-el-mayor/#Donde_esta_enterrado_el_apostol_Santiago
Santa María a Nova, un convento terciario en la Compostela medieval: fundación y benefactores - María Dolores
Fraga Sampedro, María Luz Ríos Rodríguez - Universidade de Santiago de Compostela

You might also like