You are on page 1of 25

IGREXA SANTA MARÍA DE

ATALAIA EN LAXE (A CORUÑA)

Historia do arte galego antigo e medieval


Curso 2023-2024 USC, 4º curso
Cristina Castro Lorenzo
ÍNDICE

Introducción e estado da cuestión...................................................................................................................................


Contexto histórico. O pobo de Laxe dende a prehistoria a Idade Media........................................................................
A igrexa...........................................................................................................................................................................
Iconografía......................................................................................................................................................................
Funcións e importancia da igrexa...................................................................................................................................
O retablo.........................................................................................................................................................................
Protección da igrexa........................................................................................................................................................
Conclusións.....................................................................................................................................................................
Bibliografía.....................................................................................................................................................................
Anexo de imaxes.............................................................................................................................................................

1
Introducción e estado da cuestión

O traballo enfócase na Igrexa de Santa María de Atalaia en Laxe, Galicia, un destacado exemplo de
arquitectura gótica mariñeira galega. O obxectivo é explorar en profundidade esta igrexa, o seu contexto
histórico e arquitectónico, revisar investigacións previas e propoñer unha metodoloxía multidisciplinaria
que inclúe a revisión de fontes históricas, o estudo da arquitectura e elementos decorativos, e a
documentación visual completa da igrexa.

O interese e o estudo da Igrexa de Santa María de Atalaia en Laxe, creceu nas últimas décadas pola súa
singularidade e valor histórico-artístico. A pesar de que poucos académicos se centraron nesta igrexa nas
súas investigacións, arroxaron luz sobre varios aspectos, desde a súa historia e contexto cultural ata o seu
significado relixioso e artístico. Algunhos temas investigados inclúen unha investigación profunda sobre
o retablo da Resurrección e as confrarías de mariñeiros na Costa da Morte (estudos de Jorge Juan Eiroa
García e Begoña Fernández Rodríguez respectivamente). A pesar da investigación previa, hai preguntas
sen resposta e áreas que requiren unha exploración máis profunda, como un estudo máis profundo da
iconografía e simbolismo no interior da igrexa. Este traballo monográfico busca contribuír
significativamente ao estudo da igrexa e arroxar luz sobre a súa iconografía.

Contexto histórico. O pobo de Laxe dende a prehistoria a Idade Media.

Entre os séculos XIII e XVI, a Costa da Morte en Galicia viviu un auxe económico grazas á agricultura e
á pesca. Galicia tivo unha historia política complexa antes de se unir á Coroa de Castela en 1230 e será a
Casa de Moscoso, especialmente os Moscoso de Altamira os que xogan un papel importante debido ás
súas relacións eclesiásticas e protección dos seus intereses. Doña Urraca de Moscoso, señora de Laxe, foi
unha figura destacada no século XV, a pesar das limitacións sociais para as mulleres, exercendo
influencia e anticipando cambios sociais importantes.

O nome de Laxe, derivado do latín "lágena"1, que significa "pedra plana" ou "lousa", fai referencia ás
rochas que se atopan na súa praia e porto. Este nome mantívose ao longo dos séculos, con pequenas
variacións, ás veces chamándose "Lage" ou "Laxe da Costa" para distinguila doutras vilas co mesmo
nome2. Laxe, vila mariñeira na Costa da Morte, Galicia, destacouse na pesca, comercio e defensa costeira.
A súa historia premedieval é en gran parte descoñecida, pero evidencia arqueolóxica indica ocupación
desde o Neolítico, con monumentos megalíticos notables, incluído o Dolmen de Dombate en Bergantiños.

1 Según Abelardo Moralejo, no seu libro: Moralejo Laso, Abelardo (1977). Toponimia gallega y leonesa. Santiago de
Compostela. Pico Sacro.
2 Rodríguez Ennes, Luis (2016). Cinco privilegios monásticos confirmados por Alfonso IX de León y Galicia en tierras de
Laxe (A Coruña) el 25 y el 26 de julio de 1228. Revista de estudios histórico-jurídicos, 38, 179-200.
https://doi.org/10.4067/s0716-54552016000100007
2
Con todo, a presenza de restos megalíticos na comarca é máis abondosa do que se pensaba inicialmente,
con monumentos en lugares como Borneiro, Malpica, Carballo…3.

Na zona, hai pouca información sobre os períodos Calcolítico e Idade do Bronce, con escasos
descubrimentos arqueolóxicos. A presenza de poboados permanentes só se pode rastrexar desde a Idade
do Ferro, co Castro de Borneiro como exemplo destacado. Estes asentamentos estaban relacionados cos
Gallaeci ou Callaeci, un grupo de tribos que ocupaba a rexión que incluía Galicia, partes de Portugal,
Asturias e León. Os Artabri eran unha das tribos na Costa da Morte, entre El Ferrol e A Coruña. A partir
da romanización, hai poucos rexistros da historia de Laxe. Algunos achados arqueolóxicos suxiren que a
romanización puido comezar arredor do século I a.C. e completarse no século I d.C, e ademáis a vía Per
Loca Marítima dos romanos tamén chegaba aquí para acceder a esta zona4.

Na Idade Media, en Laxe, os "irmandiños" loitaron contra a nobreza en 1467, pero foron derrotados. Coa
ascensión de Isabel a Católica, a nobreza galega dividiuse, e Laxe pasou á familia Mariño. Durante a
Idade Media, estivo baixo o control dos condes de Traba e máis tarde da familia Moscoso-Altamira. En
1425, as terras de Laxe pasaron a formar parte da dinastía Moscoso por medio dun matrimonio entre
Doña Juana de Castro e Don Rodrigo de Moscoso.

A igrexa

A igrexa de Santa María da Atalaia, que forma parte da Arquidiocese de Santiago de Compostela no
Arciprestado de Soneira, atópase nun promontorio preto da zona portuaria de Laxe. Este templo tiña duas
funcións principais como vimos dicindo na súa concepción inicial: a relixiosa, e como refuxio defensivo
no caso de ameazas exteriores debido á súa estratéxica ubicación desde a cal se podía vixiar a vila e os
seus accesos tanto por terra como por mar. A igrexa ten tres accesos: o da fachada principal, e outros dous
máis, nos laterais norte e sur. De orixe románico, remóntase ao século XIII, a igrexa foi fundada por
Juana de Castro Lara e Guzmán, condessa de Altamira e nai de Doña Urraca de Moscoso, quen iniciou a
súa construción a finais do XIV-comezos do século XV, probablemente nun lugar que xa ocupara unha
capela do século XIII, feita polos Moscoso. Os sepulcros do XIII son dos primeiros Moscoso, os
primeiros señores feudais do lugar, o que permite deducir que a capela foi levantada tamén por eles, aínda

3 Atopámonos con restos megalíticos como os restos de A Gandara (Malpica), os da necrópole de Cerqueda (Folgueira), as
antas da Pedra da Arca e Pedra das Minas (Nemeño), a mámoa das Modias (Coristanco), máis de 30 mámoas entre Piolla
(Nantón) ou as sete mámoas en San Xoan de Carballo e arredores. Todo isto recollido por Jorge Eiroa en: Eiroa García, Jorge
Juan (2013). El retablo de la resurrección de Santa María de la Atalaya (Laxe, A Coruña). Murcia. Compobell, S.L.
4 A estes portos, como Laxe, chegaríase - do mesmo xeito que Santa Comba- a través dunhas vías secundarias que cunfluirían
en Anxeriz como punto de encontro na vía Per Loca. Franco Maside, Rosa María (2001). Vía per loca maritima un estudio
sobre vías romanas en la mitad noroccidental de Galicia. Gallaecia: revista de arqueoloxía e antigüidade.
3
que non hai documentos suficiente para afirmalo sólidamente. A súa filla, doña Urraca de Moscoso, fixo
referencia a estas accións de súa nai respecto a reforma gótica inacabada, nun testamento 5.

A raíz está na capilla con características de atalaia inicial do XIII, unha planta do románico tardío. A
atalaia orixinalmente estaba nunha zona rochosa exposta ao mar, pero reforzouse con muros robustos para
mellorar a súa defensa. O templo tamén contaba con muros de pedra sólidos e contrafortes. A igrexa de
comeza a ampliarse entón no XIV-XV como dixemos, cando a nai de Doña Urraca de Moscoso quere
engadir a nave á capela anterior, e logo no XVI constrúese unha torre-campanario, adosándose ao edificio
orixinal sen cambiar a súa planta. Esta torre tiña unha función de atalaia de vixilancia máis funcional que
anteriormente e tamén servía como sacristía na planta baixa, ata que se construíu unha sacristía barroca no
século XVIII.

A igrexa pertence ao gótico galego mariñeiro, variante do gótico que se desenvolveu en Galicia entre os
séculos XIII e XVI. Esta recolle todas as características dese gótico mariñeiro galego, como son: o
predominio da arquitectura relixiosa sobre a arquitectura civil ou militar, a utilización do granito como
principal material de construción, a construción de fortaleza-igrexas/atalaias para vixiar, a influencia do
románico nalgúns elementos estruturais ou decorativos (arcos de medio punto, por exemplo), a influencia
do gótico europeo nos nosos elementos estruturais ou decorativos (arco apuntado na entrada, rosetón,
bóvedas de crucería por exemplo6), sobriedade e austeridade nas fachadas, con poucos elementos
ornamentais e a riqueza e variedade no interior. Pero ademáis disto, a igrexa ten outras carácterísticas
distintivas que a fan relevante como son: a súa situación extremadamente pegada ao mar, o seu retablo
pétreo da Resurrección, que é unha obra única e singular.

A orientación da igrexa de Santa María da Atalaia en Laxe é a tradicional dos templos romanos, coa
cabeceira mirando ao este e o pórtico ao oeste. A igrexa tamén posúe unha torre campanario situada no
ábsida, que lle confire esa función de atalaia ou vixilancia do mar. Esta disposición é atípica e débese a
que a igrexa foi ampliada e remodelada nos séculos XV -e tamén no XVI- pola familia Moscoso, que tiña
o señorío de Laxe. Polo tanto, a igrexa combina a orientación tradicional medieval con elementos
defensivos e señoriais. Asemade é unha igrexa dunha soa nave con presbiterio, onde se sitúa o altar maior
na capela maior.

A fachada principal é austera e sobria (Figura 1), cunha portada onde a porta queda enmarcada nun arco
oxival gótico, con tres arquivoltas sobre jambas de estilo dórico. Sobre a portada hai un rosetón, formado
5 O testamento ológrafo en Santiago, o 28 de outubro de 1498, dous días antes da súa morte: “en el que deja una suma para
terminar las obras “como mi señora madre mandó” de “la iglesia de sta. María del atalaya que se llama de la esperança, que es
en mi puerto de laje”. Eiroa García, Jorge Juan (2013). El retablo de la resurrección de Santa María de la Atalaya (Laxe, A
Coruña). Murcia. Compobell, S.L.
6 Prego, Pilar (2007, 4 noviembre). Esencia gótica de la costa da morte. La Voz de Galicia. Recuperado de
https://www.lavozdegalicia.es/noticia/carballo/2007/11/04/esencia-gotica-costa-da-morte/0003_6287356.htm
4
por seis arquivoltas concéntricas con tracería radial. O rosetón está rematado cunha cruz de pedra. Por
outro lado, nesta fachada principal, destacan tres módulos salientes que soportan a tribuna (onde está o
coro, feita no XVIII), e unha cruz de pedra na parte superior. O atrio e os laterais do templo utilizáronse
como necrópole no pasado, e algunhas lápidas sepulcrais aínda están presentes (Figura 2). Esta fachada
principal adopta a forma pentagonal, moi característica das igrexas do gótico mariñeiro tardomedieval 7.
No chan, tendo en conta que o atrio foi unha necrópolis, temos losas de sepultura.

O muro sur (Figura 3) presenta, entre dous contrafortes, outra porta apuntada, cunha escultura gótica da
Virxe María de fins do XV, e unha torre-campanario (cunha sacristía na parte baixa) anexa, de planta
cadrada e tres tramos. A torre ten unha escaleira exterior de acceso e está coroada por unha cúpula
octogonal con pináculos. Na escaleira de acceso á torre temos tres imaxes empotradas. A nova sacristía,
de estilo barroco, está adosada ao muro leste, entre os anos 1779 e 1783. Por outro lado, no muro norte
(Figura 4), entre dous contrafortes, hai outra porta co friso moi deteriorado que representa escenas da
Resurrección de Cristo. Este friso de principios do XVI, parece replicar a mesma secuencia que o retablo
da capela maior, pero omite a escena das santas Mulleres.

A torre-campanario (Figura 5), que é de planta cadrada ten dous corpos: o inferior ten fachadas lisas,
mentres que o superior, onde se sitúa o campanario, ten un arco apuntado en todos os lado, excepto os
dous arcos apuntados do lado sur. Na actualidade existen dúas campás situadas nos dous arcos do lado
sur. A cuberta é piramidal e en cada esquina da cuberta hai un remate de bola. Esta torre, que debeu ser
utilizada tamén como atalaia de vixilancia, rematouse nos últimos anos do século XVI. No atrio
conservase un cruceiro con un pedestal (Figura 6) con peldaños octogonais. Ten unha base piramidal
pequena e un fuste alongado con un capitel simple, e a cruz en sí mesma é cilíndrica e nela aparecen: no
fronte a imaxe de Cristo, e detrás, a imaxe da Virxe. Nesta zona tamén hai restos de losas da necrópole.

Pasando ao interior, a cuberta da nave principal é de madeira a dúas augas, mentres que a capela maior
está cuberta cunha bóveda de crucería nervada (Figura 7 e 8) (soportada no exterior por contrafortes
angulares contrarrestan o peso da bóveda.). A igrexa ten planta de salón (Figura 9) , dunha soa nave
rectangular e ábside cadrada. A nave está cuberta por unha teitume plana con tella no exterior. En cada
muro lateral temos unha ventá moi estreita. A planta diríamos que ten tres tramos en profundidade,
separados por arcos apuntados dobrados, que parten de columnas, rematadas cun capitel decorado con
motivos vexetais, moi característicos do gótico tardío galego 8. Ademáis do arco dobre apuntado con semi
columnas que da a capela maior (último tramo), temos un enorme arco apuntado a nivel da tribuna (entre
o primeiro e segundo tramo) que se soporta por semicolumnas e logo dous enormes pilares de pedra

7 Eiroa García, Jorge Juan (2013). El retablo de la resurrección de Santa María de la Atalaya (Laxe, A Coruña). Compobell,
S.L. Murcia. pp: 50
8 Eiroa García, Jorge Juan (2013). El retablo de la resurrección de Santa María de la Atalaya (Laxe, A Coruña). Compobell,
S.L. Murcia. pp: 49
5
centrais baixo a tribuna (Figura 10). A iluminación realízase mediante paneis apuntados, algúns con
vidreiras policromadas, e un rosetón na fachada principal. A tribuna de madeira (tamén do XVIII como a
nova sacristía) que sirve para albergar o coro (Figura 11), apóiase no exterior da fachada sobre tres
ménsulas, e accedese interiormente por unhas escaleiras laterais na entrada.

A capela maior ten unha bóveda de crucería con nervios triangulares e columnas adosadas con capiteis
cilíndricos. Por outro lado pódese observarse nos capiteis das semicolumnas do arco apuntado do nivel da
tribuna, o blasón dos Castros e dos Lara, escudos de armas dos linaxes Castro e Lara (Figura 12), ambos
do linaxe de Doña Juana de Castro e Lara. No muro norte da nave da igrexa temós unha figura de Santa
Inés, a porta norte e un fresco que representa a Santo Domingo de Guzmán e que data do século XV.
Tamén se encontra un púlpito de pedra do XVII-XIX xusto despois do fresco de Santo Domingo. O
interior da igrexa alberga outros elementos de interese, como o retablo maior, os túmulos medievais dos
moscoso e as imaxes relixiosas. No altar maior, ademáis do retablo, temos unha imaxe medieval da Virxe
de Atalaia e un Cristo Pantocrátor do XIV, ademáis doutras figuras nos retablos sobre os que
profundizarei. O retablo máis grande é o elemento máis singular e destacado do templo. Trátase dun
retablo de pedra, tallado en pedra, que representa a Resurrección de Cristo e outros episodios relacionados
co misterio pascual dos que se falará extensamente a continuación. Tamén temos na capela maior, os
túmulos medievais pertencentes a membros das familias Moscoso e Altamira. Das cinco campás
orixinais, consérvanse dúas na campanaría, xa que tres delas foron fundidas para fabricar os canóns no
ano 1868. A igrexa estreou no 2011, unha campá nova, que substituía á instalada no ano 1943.9.

Iconografía
No que respecta á iconografía eclesiástica, un dos aspectos significativos é a representación da Virxe
María, que ten unha importancia fundamental debido á súa relación coa comunidade mariñeira. No muro
sur da igrexa atópase unha imaxe da Virxe María que data do século XV (Figura 13). Orixinalmente
coñecida como Santa María da Esperanza, esta figura pasou a ser coñecida como Santa María da Atalaia.
Nesta representación, a Virxe María aparece embarazada, cun veo que cubre a súa cabeza e tocando o seu
peito cunha man mentres coa outra acaricia o seu ventre. A mesma Virxe, que é a padroeira da vila de
Laxe, tamén se atopa representada na capela principal da igrexa, nun rosetón (Figura 14). Esta
representación do XV-XVI, segue a moda medieval, con detalles como un vestido axustado á cintura cun
cordón, un tocado adornado cunha banda de cor vermella e unha coroa. Na imaxe, a man esquerda da
Virxe descansa sobre o seu peito, mentres que o brazo dereito está elevado, como se estivese a soster
algo.

9 Gallego, E. C. (2011a, febrero 11). Nueva campana para la Iglesia de Laxe.Recuperado de www.elcorreogallego.es.
https://www.elcorreogallego.es/hemeroteca/nueva-campana-iglesia-laxe-NBCG638959
6
O friso de pedra do XVI (Figura 15), ubicado sobre a porta norte do muro exterior, é unha obra moi
deteriorada que representa a Cristo resucitado saíndo do sepulcro, rodeado de catro soldados durmidos.
As escenas son: “Cristo resucitado co estandarte da Resurrección, saíndo do sepulcro, ten a seus pés a un
soldado durmido; na seguinte escena Cristo libera aos Justos do Limbo representado pola boca do
Leviatan; a continuación preséntase á Virxe María, que o recibe de xeonllas e, por último, na última
escena faio ante a Magdalena”.10

Continuando polo interior, destaca o Cristo Pantocrátor (Figura 16) do lateral da capela maior. Cristo está
en maxestade, nunha posición sedente e frontal, cun rostro sereno e divino, cun halo divino e ambas mans
levantadas bendicindo. É unha obra do século XIV, de estilo románico-gótico, que amosa a influencia
bizantina na súa expresión e policromía. Na mesma capela maior, temos ademáis da virxe da atalaia no
rosetón varias figuras reaprobeitadas do retablo barroco: o San Miguel Arcánxel, a Asunción da Virxe,
San Francisco de Asís e Santa Rosa de Lima, todas elas do retablo barroco danado pola tormenta (Figuras
17). Do mesmo altar barroco reaprobeitáronse outras figuras colocadas no retablo da Pasión, situado na
entrada da igrexa no muro norte, antes da figura de Santa Inés. Santa Inés, do XV, leva na súa man
esquerda un libro de oracións amarelo, e na dereita, unha palma verde (Figura 18). Esta figura foi unha
donación da irmá maior de Dona Urraca, Dona Inés de Moscoso.

No muro sur da torre-campanario, temos unha Virxe co Neno, un frade franciscano e un anxo con túnica.
A Virxe co Neno (Figura 19) ten un estilo gótico do XV e amosa á Virxe coroada e vestida cun manto con
expresión serena, sostenendo ao Neno no seu brazo dereito. O frade franciscano (Figura 20) ten un hábito
e leva un evanxelario na súa man. O anxo (Figura 21) ten unha túnica e unnha phylacteria (usadas como
forma de levar os textos sagrados preto do corpo.)

Respecto ao fresco do muro norte de Santo Domingo (Figura 22), a súa existencia podería explicarse pola
relación especial que tiña Doña Urraca de Moscoso coa orde dos dominicos e co convento de Santo
Domingo de Bonaval en Santiago de Compostela, ao que se atribúe Santo Domingo de Guzmán en 1219.
Foi descuberto na década dos 90 e representa na parte inferior a San Domingo con hábito branco e capa
escura e aos seus pés un dos seus atributos máis característicos: o can branco e negro coa antorcha na
boca. Á dereita da figura e enmarcado nun pequeno cadro, unha pequena hornacina agocha outra
representación de San Domingo orando arrodillado, coa Biblia nas mans Sobre este cadro intúense os
restos doutro e, entre ambos, restos dunha filacteria cuxa lenda non se conserva.

Cabe mencionar ademais os túmulos medievais, hoxe colocados xunto o altar, marcados cunha simple
coroa e un alto grao de degradación (Figura 23). Os Moscoso enterráronse en diferentes lugares, ademáis

10 Eiroa García, Jorge Juan (2013). El retablo de la resurrección de Santa María de la Atalaya (Laxe, A Coruña). Compobell,
S.L. Murcia. Ppp 53-54
7
de San Paio de Antealtares ou no convento de Bonaval en Santiago, algúns membros da familia Moscoso,
como dona Urraca de Moscoso, elixiron a igrexa de Santa María da Atalaia de Laxe como o seu lugar de
sepultura. Tamén dona Xoana, no seu testamento, pediu ser inicialmente enterrada na igrexa de Santa
María de Ordes e despois trasladada a Santa María de Atalaia de Laxe 11. De feito os escudos heráldicos
dos Castro e os Lara comentados anteriormente, simbolizan as orixes familiares de dona Xoana.

Funcións e importancia da igrexa

A igrexa de Santa María de Atalaia en Laxe ten gran importancia na Idade Media galega debido á súa
arquitectura gótica e á súa función defensiva como bastión para protexer a zona e o porto de posibles
ataques por mar. Ademais, serve como sepulcro das familias Moscoso e Altamira, influintes na política e
a guerra medieval en Galicia. A relación da igrexa cos mariñeiros e a costa reflíctese na súa ubicación
estratéxica preto do mar e na súa dedicación a Santa María, considerada a estrela do mar que guía e
protexe aos mariñeiros. A igrexa tamén tivo importancia a nivel político, xa que foi fundada pola
condessa de Altamira, Juana de Castro Lara y Guzmán, unha muller poderosa que promoveu o
desenvolvemento económico e artístico da zona. Os Moscoso, unha influente familia feudal de Galicia,
atópanse sepultados na igrexa, o que demostra a súa importancia política e social. A nivel económico, a
igrexa estaba preto do porto de Laxe, un importante punto de comercio na costa galega, o que lle permitía
controlar a recadación de impostos portuarios e obter ingresos a través de propiedades rurais e urbanas.

O retablo

O Retablo da Resurrección (Figura 24) é unha obra de arte que se atopa na igrexa parroquial de Santa
María da Atalaya, en Laxe (A Coruña). Foi descuberto por casualidade en 1955 cando un raio danou o
retablo barroco que o cubría, destapando este. En canto a súa cronoloxía, trátase dun tema debatido.
Coñecendo os datos recollidos relacionados coa igrexa, en particular o testamento no que Urraca de
Moscoso alude a súa nai e as súas últimas vontades, pódese deducir que o retablo foi probablemente
creado e colocado entre os primeiros e mediados do XV, aínda que algúns detalles recordarían a unha
cronoloxía anterior12. A construción da igrexa probablemente comezou no último terzo do século XIV e
completouse a finais do XVI, posiblemente coa construción da torre. Segundo o testamento no que Urraca
de Moscoso menciona as accións e vontades de súa nai 13, en 1498, a igrexa xa existía anteriormente e
estaba en proceso de ampliación. A colocación do retablo, puido ocorrer entre 1425, cando Laxe pasou a
ser propiedade dos Moscoso, e 1498, cando se completaron as obras na cabeza da igrexa.

11 Corral Díaz, E. (2018). Voces de mujeres en la Edad Media. Entre realidad y ficción. Alemania. De Gruyter.
12 Eiroa García, Jorge Juan (2013). El retablo de la resurrección de Santa María de la Atalaya (Laxe, A Coruña). Compobell,
S.L. Murcia. pp: 146-147
13 Urraca de Moscoso alude as últimas voluntades de súa nai e certas accións incompletas: “la primera, que la iglesia de Santa
María de la Atalaya que "se llama de la esperança", sea rematada y, la segunda, que los frailes del monasterio de Santo
Domingo de la ciudad de Compostela "sean obligaos de enviar al dicho puerto (de Laxe) vn flaire segund que mi señora madre
mando en su testamento"." Corral Díaz, Esther (2018). Voces de mujeres en la Edad Media. Entre realidad y ficción.
8
O retablo parece ser obra dun só artesán e do seu equipo, dado o tratamento similar das figuras e aínda
que o estilo pode parecer arcaico, isto era común en Galicia ata o século XV. Ademáis, a igrexa de Santa
María da Atalaia, que anteriormente serviu como necrópole, podería ter influído na elección do tema do
retablo, a Resurrección de Cristo. Está composto por cinco bloques de pedra granítica, formando unha
banda continua de 4,50 metros de largo e 1,07 metros de alto e rodeado por unha orla con ánxeles orantes
en ambos os lados. O tema principal do retablo é a Resurrección de Cristo e represéntase en cinco
escenas. Aínda que a disposición das escenas non segue estritamente a orde cronolóxica dos eventos
bíblicos, a obra ten un propósito didáctico para ensinar a fe cristiá á poboación rural da época, moita
analfabeta. O retablo de Laxe, parece ademáis estar influenciado por obras similares de alabastro que se
producían en Inglaterra e se exportaban a toda Europa desde mediados do século XIV 14. Ademáis é
posible que orixinalmente estivese decorado con pintura.

● Primeiro bloque (Figura 25)

No primeiro bloque do retablo representa a Resurrección de Cristo, o momento no que emerxe vitorioso
do sepulcro. Esta escena non está descrita nos Evanxeos, xa que ninguén foi testemuña directa deste
acontecemento, polo que é unha creación da imaxinación dos artistas. Os Evanxeos mencionan que as
Santas Mulleres chegaron ao sepulcro de Xesús ao amencer do primeiro día da semana e o atoparon
baleiro, pero non narran o momento exacto da súa Resurrección. Nesta escena, Cristo sae do sepulcro cun
pé fóra e o outro dentro, sostem unha cruz da Resurrección na súa man esquerda e bendicindo coa dereita.
Esta representación é unha novidade na iconografía cristiá e simboliza a vitoria sobre a morte. O sepulcro
representado ten unha decoración de arcadas sosteridas por columnas. Esta representación artística da
Resurrección de Cristo mostra a catro soldados no chan, diante do sepulcro, pero son moito máis
pequenos que Cristo. A escena baséase unicamente no relato do Evanxeo de San Mateo, onde se lle pide a
Pilatos que coida do sepulcro para evitar o roubo do corpo de Xesús15.

● Segundo bloque (Figura 26)

Nesta sección do retablo, representa a Cristo descendo ao Limbo. Suxeita o extremo da cruz da
Resurrección na boca aberta do Leviatán e estende a súa man dereita para axudar a Adán a saír dela, con
Eva e outros patriarcas e xustos do Antigo Testamento detrás, agardando a redención. Refírese a un
descenso ao inframundo, onde as almas ían despois da morte, un lugar intermedio entre o inferno e o
Paraíso onde os xustos non bautizados agardaban a redención de Cristo. O descenso ao Limbo respáldase

14 Eiroa García, Jorge Juan (2013). El retablo de la resurrección de Santa María de la Atalaya (Laxe, A Coruña).
Compobell, S.L. Murcia. pp: 67-68-69
15 Eiroa García, Jorge Juan (2013). El retablo de la resurrección de Santa María de la Atalaya (Laxe, A Coruña).
Compobell, S.L. Murcia. pp: 79
9
só no Evanxeo de San Mateo. Algúns pasaxes do Antigo Testamento tamén foron interpretados como
unha alusión a este descenso ao Limbo16.

● Terceiro bloque (Figura 27)

Nesta parte central do retablo,temos a escena de Cristo resucitado presentándose á Virxe María. Amósase
a Cristo vestido cunha túnica, sostendo unha cruz e un estandarte da Resurrección na súa man esquerda.
Él preséntase ante a súa nai, a Virxe María, quen está arrodillada nun atril cun libro de oracións. Detrás de
Cristo atópanse Adán, Eva e outros personaxes representando a figuras do Antigo Testamento, todos
liberados do Limbo. Cristo leva unha túnica longa, co seu ombreiro esquerdo cuberto e o dereito ao
descuberto. Hai unha clara desproporción nas súas extremidades, que son excesivamente grandes en
comparación co resto do seu corpo. A pesar de que o rostro de Xesús mira directamente adiante, o resto
do seu corpo ten unha leve inclinación hacia un lado. Esta perspectiva tamén se aprecia na figura da
Virxe María ou en Adán e Eva. Os corpos dos patriarcas e xustos están agochados detrás de Cristo, Adán
e Eva, agás San Xoán Bautista, quen está entre Cristo e Adán. Sobre a cabeza de María (que ten un
nimbo), temos o estandarte da Resurrección que sostén Cristo. Destaca que as seis figuras que
acompañan ao Redentor están desnudas, o que simboliza que, ao enfrontarse á morte, desfixéronse de
todo o terrenal e foron redimidos por Cristo 17. A escena enmárcase nun entorno interior con columnas e
arcos decorativos. Aínda que non hai mencións desta aparición de Cristo á súa nai nos evanxeos, baséase
en afirmacións de pais da Igrexa.

● Cuarto bloque (Figura 28)

No cuarto bloque, representase as Santas Mulleres, tamén coñecidas como as "Tres Marías", diante do
sepulcro baleiro onde enterraran a Xesús. Estas mulleres levan nas súas mans os unguentos utilizados
para embalsamar o corpo de Xesús. Un anxo sorrinte, situado sobre a tampa do sarcófago, infórmaas de
que Xesús xa non está alí, porque resucitou. O anxo, vestido con roupas medievais e coas ás extendidas,
xesticula cara as mulleres. As tres "Tres Marías" están detrás do sarcófago, dúas delas sostenendo
unguentos nas súas mans, mentres que a terceira cruza as mans sobre o peito. Todas elas vesten túnicas
amplas e teñen un halo ou nimbo. O sepulcro ten unha decoración no seu lateral con catro arcos de medio
punto, sostenidos por cinco columnas con capiteis. Esta escena das Santas Mulleres diante do sepulcro
baleiro baséase nos relatos evanxélicos, que difiren en algúns detalles pero todos concordan no feito da
Resurrección de Xesús. A representación de tres mulleres na escena baséase principalmente no relato de
San Mateo, aínda que en algúns casos pódense ver dúas ou catro mulleres 18. A iconografía das Santas

16 Eiroa García, Jorge Juan (2013). El retablo de la resurrección de Santa María de la Atalaya (Laxe, A Coruña).
Compobell, S.L. Murcia. pp: 87-89
17 Eiroa García, Jorge Juan (2013). El retablo de la resurrección de Santa María de la Atalaya (Laxe, A Coruña).
Compobell, S.L. Murcia. pp: 101
18 Eiroa García, Jorge Juan (2013). El retablo de la resurrección de Santa María de la Atalaya (Laxe, A Coruña).
Compobell, S.L. Murcia. pp: 116
10
Mulleres ante o sepulcro ten un importante valor simbólico na cristiandade, xa que foron as primeiras en
enterarse da Resurrección de Xesús a través dun anxo no sepulcro.

● Quinto bloque (Figura 29)

No último bloque, representase a aparición de Cristo a María Magdalena. Cristo sostén a cruz da
Resurrección na súa man esquerda e aparece ante María Magdalena, que está arrodillándose diante del.
Entre os dous, hai un xardín, o de Xosé de Arimateia, que albergaba o sepulcro onde tiñan colocado o
corpo de Xesús. Esta escena é coñecida como "Noli me tangere" 19 e reflexa o momento no que Cristo lle
di a María que non o toque, xa que aínda non ascendeu ao Pai. Esta representación é unha das peores
conservadas. Cristo está de pé á dereita, sostendo a cruz da vitoria sobre a morte na súa man esquerda.
Coa man dereita, fai un xesto para deter a María Magdalena. María, por outro lado, vai vestida cunha
ampla túnica e un velo e está arrodillada á esquerda de Cristo, coas mans unidas en oración e o halo de
santidade na cabeza. No tronco da palmeira que hai detrás, atopamos un ungüentario.

Protección da igrexa
Na sesión do Consello da Xunta de Galicia do 28 de xaneiro de 2020, aprobouse a declaración definitiva
da Igrexa Parroquial de Santa María da Atalaia de Laxe como Ben de Interese Cultural de Galicia, coa
categoría de monumento20. O expediente BIC está avalado por un informe da Real Academia Galega de
Belas Artes e outro do Consello da Cultura Galega, que afirma que esta debe ser BIC debido “a relación
que o inmoble mantén co mar e a paisaxe mariñeira, formando con eles un conxunto harmónico, e a súa
tripla función: defensiva, civil e relixiosa, que cumpriu ao longo da súa historia”21.

Conclusións
Santa María da Atalaia en Laxe, é unha obra mestra do gótico galego cun retablo excepcional. Este
retablo representa a Resurrección de Cristo e escenas relacionadas de maneira didáctica para ensinar a fe
cristiana á poboación rural medieval. A igrexa tamén desempeñou un papel defensivo estratéxico na
rexión debido á súa ubicación elevada, controlando o porto e a costa. Por outro lado, a súa dedicación a
Santa María, protectora dos mariñeiros, resalta a súa importancia na vida mariñeira e comercial.
Asemade, o retablo é único en España, cun significado espiritual importante na tradición cristiá; e por
todo iso, este análise busca ampliar a investigación previa, para concienciar da importancia de protexer o
patrimonio cultural e artístico galego, como a obra investigada, e a súa conexión coa historia galega.

19 Eiroa García, Jorge Juan (2013). El retablo de la resurrección de Santa María de la Atalaya (Laxe, A Coruña).
Compobell, S.L. Murcia. pp: 132
20 Abertal Networks. (s. f.). Declaración definitiva de la Iglesia Parroquial de Santa María de la Atalaya de Laxe como bien
de interés Cultural de Galicia en la categoría de MONUMENTO. Portal Ciudadano de Laxe. 2010 Recuperado de
https://www.concellodelaxe.com/portalcidadan/noticia.php?id_noticia=980&id_seccionweb=2&id_language=2
21 Redacción, & Redacción. (2021, 24 febrero). A igrexa de Santa María da Atalaya xa é BIC tras 3 anos de trámites. que
pasa na costa. https://www.quepasanacosta.gal/articulo/laxe/igrexa-santa-maria-da-atalaya-xa-bic-2-anos/
20210223105450125179.html

11
Bibliografía
Antonio Molina, César. (2003). Viaje a la Costa da Morte. Madrid.Huerga & Fierro Editores.

Corral Díaz, Esther (2018).Voces de mujeres en la Edad Media.Entre realidad y ficción. Alemania.De
Gruyter.

Eiroa García, Jorge Juan (2013). El retablo de la resurrección de Santa María de la Atalaya (Laxe, A
Coruña). Murcia. Compobell, S.L.

Fernández Rodríguez, Begoña (1998). El Patronato Artístico de las Cofradías de Mareantes en Galicia
(siglos XV-XVI). Santiago de Compostela. Universidad de Santiago de Compostela.

Franco Maside, Rosa María (2001). Vía per loca maritima un estudio sobre vías romanas en la mitad
noroccidental de Galicia. Gallaecia: revista de arqueoloxía e antigüidade.

García Roldán, Alberto (2016). SANTA MARÍA DA ATALAIA, LAXE. Recuperado de


https://galiciapuebloapueblo.blogspot.com/2017/07/santa-maria-da-atalaia-laxe.html

García Fernández, Miguel (2018). Familia, poder e relixiosidade dunha aristócrata baixomedieval galega.
As últimas vontades de dona Xoana de Castro (1467) [Madrygal. Revista de Estudios Gallegos].
Ediciones complutense.

Gallego, E. C. (2011). Nueva campana para la Iglesia de Laxe. Recuperado de www.elcorreogallego.es.


https://www.elcorreogallego.es/hemeroteca/nueva-campana-iglesia-laxe-NBCG638959

Moralejo Laso, Abelardo (1977). Toponimia gallega y leonesa. Santiago de Compostela. Pico Sacro.

Prego, Pilar (2007). Esencia gótica de la costa da morte. La Voz de Galicia. Recuperado de
https://www.lavozdegalicia.es/noticia/carballo/2007/11/04/esencia-gotica-costa-da-morte/0003_6287356

Redacción, & Redacción. (2021). A igrexa de Santa María da Atalaya xa é BIC tras 3 anos de trámites.
que pasa na costa. Recuperado de https://www.quepasanacosta.gal/articulo/laxe/igrexa-santa-maria-da-
atalaya-xa-bic-2-anos/20210223105450125179.html

Rodríguez Ennes, Luis (2016). Cinco privilegios monásticos confirmados por Alfonso IX de León y
Galicia en tierras de Laxe (A Coruña) el 25 y el 26 de julio de 1228. Revista de estudios histórico-
jurídicos, 38, 179-200. https://doi.org/10.4067/s0716-54552016000100007

Tarrío Carrodeguas, Santiago Bernardo (2012). II Parte: La arquitectura. Capítulo II: el gótico. A
Coruña. Departamento de representación y teoría arquitectónica de la Universidad de A Coruña.

12
Anexo de imaxes

[Fig
ura [ Fig
2, ura
auto 1,
ría auto
prop ría
ia] prop
(Lax ia]
e, (La
202 xe,
3). 202
Lápi 3).
das. Fac [F
had gu
a da a
Igre au
xa. or
pr
pi
(L
xe
20
3)
M
ro
su

13
.
[ Figura 7, autoría propia] (Laxe, 2023). Teitume plana a dúas augas de madeira da nave.

[ Figura 8, autoría propia] (Laxe, 2023). Bóveda de crucería nervada da capela maior.

14
[Figura 9, recurso
web] Planta da igrexa.

[F
10
au
pr
(L
20
T
co
pi

15
16
[Figura 13,autoría propia] (Laxe, 2023). Figura da Virxe, XV, no muro sur.

[Fig
ura
14,
autor
ía
propi
a]
(Lax
e,
2023
). A
virxe
17
da
Atal
aia
[Figura 15, autoría propia] (Laxe, 2023). Friso do muro norte.

[Figura 16, autoría propia](Laxe, 2023) Cristo Pantocrátor capela maior.

18
[Figuras 17, autoría propia](Laxe, 2023). Asunción da Virxe, San Francisco de Asís, San Miguel Arcánxel, e
Santa Rosa de Lima. Esculturas recolocadas do retablo barroco queimado por un raio.

19
[
2
a
p
(
2
a
f
a
X
m
20 s
[Figura 21, autoría propia](Laxe, 2023). Anxo do muro sur.

21
[Fig
23,
auto
prop
(Lax
2023
Tum
dos
Mos
xunt
altar

22
[Figura 24, autoría propia] (Laxe, 2023) Retablo da Resurrección do XV..

23
[Fig
ura
26,
autor
ía
[Figu propi
ra a]
27, (Lax
autor e,20
ía 23).
propi Esce
[Figur
na
a]
28,
(Lax de
autorí
Crist
e,
propia
2023 o
(Laxe
desc
)
2023)
Esce ende
Escen
na de ndo
das
Crist do
Santa
Lim
o
Mulle
resuc bo.
no
itado
sepulc
prese
ntánd
ose a
súa
nai.

[Fig
ura
29,
autor
ía
propi
24 a]
(Lax
e,

You might also like