You are on page 1of 2

VOCABULARIO TEMA 2 A ARTE ROMANA

Altorrelevo
Figura que se esculpe sobre un plano e que sobresae case por
completo en relevo.

Aparello almofadado
Aquel muro de cantería no que os perpiaños presentan as xunturas biseladas ou refundidas
de xeito que a súa parte frontal resulta en relevo.

Aparello: Modo de dispoñer os distintos materiais nun muro.

Arco de medio punto Aparello de cachotería

Elemento sustentado que descarga os empuxes, desviándoos lateralmente, e que está


destinado a franquear ou salvar un espazo más ou menos grande por medio dun traxecto
curvo. A súa forma semicircular.

Baixorrelevo
Relevo que sobresae do fondo menos da metade do bulto.

Capitel composto
Capitel que ten orixe na arte romana. Conta ca mesma estrutura do
capitel corintio pero incluíndo volutas xónicas.

Cúpula
Bóveda semiesférica que, xeralmente, cobre un
espacio cadrado cuxo paso a planta circular ou
octogonal faise por medio de trompas ou pendentes.
Pode incluír un tambor.

PENDENTES
Trompa: Bovedilla semicónica, coa parte
ancha cara a fora, que serve para pasar da
planta cadrada da planta a octogonal da
cuberta. Sobre ela é posible levantar unha pendente
cúpula, un tambor ou un cimborrio.
Pendente: (en castelán pechina) Triángulo
cóncavo que permite a transición entre unha
base cadrada ou poligonal e unha cúpula
redonda.

Estatua ecuestre
En escultura, describe un monumento dun xinete montado a cabalo.

Plan central
Aquela planta arquitectónica na que os muros exteriores equidistan
aproximadamente dun punto central. Adopta as formas circulares,
poligonais e de cruz grega.

Piar
Soporte arquitectónico de planta poligonal, xeralmente de máis robustez que a columna.
Segundo a súa ubicación pode recibir outros nomes. Igual que unha columna pode constar de
base ou de capitel

Pilastra
Piar adosado ao muro, que, as veces, presenta base, acanaladuras e
capitel. Pode desempeñar unha función estrutural de soporte ou só
decorativa.

Retrato
Representación dunha persoa en debuxo, pintura, escultura ou pintura.

Tímpano
Nunha portada espazo semicircular ou triangular situado
sobre o lintel que pode contar con decoración esculpida.

You might also like