You are on page 1of 12

PARTENÓN.

Estamos diante dunha obra arquitectónica de tipo


relixioso, concretamente trátase do templo coñecido como o
Partenón por estar dedicado á Atenea Parthenos, a Atenea
virxe, a deusa protectora da cidade grega de Atenas, á que lle da
nome, e que está situada na rexión da Ática.
Os templos gregos aínda sendo obras de función relixiosa
non son recintos de oración, senón o lugar no que habita o
deus ou a deusa á que se dedica o edificio. En consecuencia o
edificio é de reducidas dimensións e o espazo interior carece de
importancia posto que os fieis realizan as prácticas rituais de culto
no exterior.
Erixiuse sobre outro templo anterior e na parte mais alta da
Acrópole, á que se accede polos Propileos, é onde se levantaban
tamén outras construcións relixiosas importantes da cidade como
os templos de Erecteión e Atenea Niké. Está realizado en
mármore do Pentélico.
Estilo e datación. Pertence ó período clásico da arte
grega, séculos V e IV a.C., entre o fin das guerras médicas e a
morte de Alexandre Magno no 323, máis exactamente ao
clasicismo pleno do s. V a.C., que coincide co goberno de Pericles
quen encargou a reconstrución e embelecemento de toda a rocha
sagrada despois da súa destrución polo exército persa de Xerxes
no 479 a.C.
Autoría. A totalidade da obra, tanto o edificio en si mesmo
como a decoración escultórica, estivo baixo a supervisión de
Fidias, pero a obra arquitectónica realizada entre o 447 e o 432
a.C., débese aos arquitectos Ictino e Calícrates. Este último
realizou tamén o templo de Atenea Niké.
O Partenón é considerado o cumio do clasicismo da arte
grega, nel sintetízanse e materialízanse os principios de
harmonía, proporción e equilibrio a través das cales se acada a
beleza ideal.
Os gregos amósanse sempre máis interesados no
conxunto e no valor plástico dos exteriores que na
organización ou funcionalidade dos espazos internos,
contrariamente do que farán posteriormente os romanos.
Constrúese en aparello de cantería ou perpiaño, unindo os
perpiaños sen empregar argamasa e as columnas, feitas en
tambores, están ensambladas en cola de milano, unha especie de
émbolos en madeira.

1
A orientación é Leste-Oeste, sendo o Leste a fachada pola
que se accede ao interior, fai que o sol nacente proxectara os seus
raios sobre a colosal estatua criselefantina de Atenea obra de
Fidias, duns 13 metros de altura. O edificio dalle así ás costas á

entrada da Acrópole.
De planta rectangular, períptero porque a columnata
rodea todo o edificio e octástilo ao contar con 8 columnas nos
lados menores. Os lados maiores constan de 17 columnas
seguindo o canon de proporcionalidade, o dobre + 1, entre
lados curtos e longos.
Ás consabidas dependencias interiores de pronaos ou
pórtico, naos na que se sitúa a estatua da deusa e
opistódomos, un falso pórtico traseiro, engadiuse neste caso
unha sala a maiores, sala cadrada con teitume plana
sostida por catro columnas xónicas, o carto das virxes ou
parthenon, que ao parecer servía para gardar as doazóns e ao que
se accedía desde o opistódomos. Outra particularidade é que a
naos está dividida en tres naves, a central máis ancha que as
laterais, mediante unha columnata en forma de U
conformada por columnas superpostas de orde dórica. A súa
función é dobre, dunha banda elevar a altura da construción para

2
dar cabida á colosal estatua, e doutra soster o teitume plano
dunha anchura importante, 18 m.
En realidade foi a estatua de Atenea a que condicionou
toda a construción, obrigando a realizar un edificio de
gran tamaño, comparable ó templo de Zeus en Olimpia. Por
iso tamén amplíase o canon de columnas máis habitual: 6x13.

O Partenón está construído en orde dórica, a máis


antiga, ten a súa orixe nos primitivos templos de madeira, e que
destaca polo seu carácter severo. En alzado vemos os seguintes
elementos: a plataforma de tres chanzos (estereóbatas, os dous
inferiores, e estilóbata o superior), resulta alta para estar en
correspondencia co resto do edificio e iso fixo precisa unha rampla
de acceso na entrada principal; as columnas: sen basa, fuste
estriado en arestas vivas e cun lixeiro ancheamento central, o
éntase; capitel con colariño, moldura en forma de anel que o
separa do fuste, equino, moldura circular convexa, e ábaco, peza
rectangular; entaboamento constituído por un arquitrabe
continuo e sen decoración, un friso dividido sucesivamente
en tríglifos e métopas, espazos lisos que reciben decoración en
relevo, e a cornixa que sobresae do plano anterior. Como o
tellado é a dúas augas fórmanse nos lados menores frontóns
cuxa superficie interna, o tímpano, se decora con programas
escultóricos.
A este módulo do canon hai que engadir a proporción matemática
que rexe as relacións entre as partes e o todo. Está seguir o
principio pitagórico de que todo é número.

O Partenón amosa desviacións respecto á regularidade


matemática quizais xustificada por dúas constantes do
pensamento grego: o ser humano como medida de todas as
cousas e a experiencia como base para a observación das
cousas.

O estilóbata cúrvase cara arriba, curvatura transmitida ao


entaboamento.
 As columnas do peristilo están inclinadas cara dentro, ás dos
extremos teñen 5 cts. máis de diámetro e o intercolumnio é
menor. Amosan éntase
Explicación disto? :

3
1- Teoría da compensación. Vén de Vitruvio, “ se un estilóbata
fose chá, parece á vista afundido” e as columnas das esquinas
deben ser máis grosas “porque se recortan no espazo libre e a luz
que reciben tende a adelgazalas”. Serían polo tanto melloras
ou compensacións para contrarrestar a ilusión óptica;
supón que o obxectivo dos arquitectos e facer que todos os
elementos aparecesen “correctos”, que as “horizontais fosen
horizontais”. Sen embargo cando vemos unha horizontal desde
abaixo o efecto é o contrario.

2- Teoría da esaxeración. Os arquitectos querían que o templo


parecese moi diferente a como debería ser: A curvatura do
estilóbata “acentúa” a distorsión óptica, parecería máis grande do
que é. Pouco crible: sería unha teatralidade e unha ostentación
allea ao equilibrio do século V a. C en Atenas.

3- Teoría da tensión. Desviacións intencionadas para crear


unha tensión entre o que se espera ver ( verdadeiras rectas,
verdadeiros ángulos rectos) e o que se ve na realidade (curvas e
dimensións variables). O templo aparece así como algo vivo e
vibrante.

Cal sería a teoría correcta? Unha mestura das tres, a


primeira explicaría o grosor maior das columnas dos extremos, a
segunda explicaría a curvatura do estilóbata mais a terceira teoría
reflicte mellor a experiencia intelectual da época.

4
O obxectivo do arquitecto é dar á súa obra unha aparencia
ben proporcionada e recorrer no posible a medios correctivos de
ilusión óptica, con vistas a un equilibrio simulado, xa que non de
feito, de medidas e proporcións.
Heliodoro, Tratado de Óptica, s. III a.C.

En canto ao programa escultórico incluía os frontóns có


nacemento de Atenea e a disputa con Poseidón polo dominio da
Ática, as métopas coas loitas dos atenienses con centauros,
amazonas e xigantes, e na guerra de Troia. Pero este templo
presenta outra particularidade, un longo friso que percorre por
todo o perímetro exterior no que se representa a celebración das
festas das Panateneas, cando, cada catro anos, toda a cidade
desfilaba tralas doncelas que levaban ao templo o peplo por elas
tecido.
A ornamentación do edifico incluía algo que hoxe non
vemos: a pintura que o recubría nas partes altas -capiteis,
métopas, tríglifos ou esculturas dos frontóns- . Eran cores
rechamantes: azuis, dourados sobre vermellos, etc.
Ao longo do tempo, o Partenón viuse transformado
primeiro en igrexa bizantina, logo en mesquita turca, pero o
maior dano foi cando convertido polos turcos en polvoreira, unha
bomba veneciana destruíu gran parte do edificio en 1687. Por
último, comentar o espolio británico das esculturas: a principios
do século XIX, Lord Elgin espiu o edificio dos seus relevos. Hoxe
poden verse no Museo Británico mentres Grecia reclama a súa
devolución

5
ERECTEION

Obra arquitectónica de tipo relixioso da arte grega, en


concreto un templo coñecido como Erecteion, erixido na honra de
Atenea Polias (da cidade), Poseidón e Erecteo, o mítico rei de
Atenas.
Eríxese na Acrópole de Atenas fronte do Partenón nun lugar
que debía protexer santuarios anteriores, destruídos polos persas,
como as tumbas de Erecteo (sexto rei de Atenas) e Cécrope (o
primeiro poboador da cidade, nacido da terra sen antecedentes
humanos), o manancial de Poseidón e a oliveira de Atenea.

Segundo conta a lenda, Zeus prometeulle o Ática a aquel


deus que lle conseguise un ben maior. A disputa entre Poseidón e
Atenea foi encarnizada: o primeiro cravou o seu tridente sobre
unha rocha e fixo brotar unha fonte de auga salgada; Atenea
plantou unha oliveira ao seu carón.O tribunal dos deuses declarou
vencedora a Atenea e o nome da polis "Atenas" foi adoptado no seu
honor.

Estilo e datación. Pertence ao período clásico, séculos V


e IV a.C., entre o fin das guerras médicas e a morte de Alexandre
Magno no 323, máis exactamente ó clasicismo pleno da
segunda metade do s. V a.C., que coincide co goberno de
Pericles quen encargou reconstruír e embelecer toda a rocha
sagrada despois da súa destrución polo exército persa de Xerxes
no 479 a.C.
Autoría. Se considera obra de Mnesicles, a quen se deben
tamén os Propíleos construídos igualmente sobre terreo irregular
o que nos indica que xa estaba acostumado a ubicacións
complicadas. A obra realizouna entre o 421 e o 407 a.C., o que
implica que será a derradeira das grandes obras da Acrópole.
Está construído fundamentalmente en mármore do
Pentélico, igual que o Partenón.
O terreo presenta un desnivel de 3 metros, o que
forzou un alzado de dúas alturas e unha complicada planta
asimétrica con catro fachadas e tres pórticos. Se a todo isto
engadimos que a construción sufriu paróns e reanudacións, que
houbo transformacións e alteracións, pódese comprender a súa
complexidade e as dúbidas existentes sobre a verdadeira
configuración do interior.

6
Planta. Comprende dúas zonas diferenciadas, a parte
oriental e mais alta foi destinada a Atenea Polias mentres a parte
baixa se dedica a Poseidón e Erecteo. Engloba ademais os outros
lugares de culto xa citados. Podemos ver o edificio como a "unión"
de dous templos.
A planta alta,
rectangular como a
maioría dos templos que
tomaran como modelo o
mégaron micénico,
presenta unha fachada
no lado oriental cun
pórtico hexástilo de
orde xónica, que da
acceso á naos de Atenea
Polias (1); no lado sur
abriuse o célebre
pórtico das cariátides
que oculta a baixada á
tumba de Cécrope (6). Como non hai pórtico no lado oeste podemos
consideralo próstilo.
Na planta inferior, dedicada a Poseidón e Erecteo, coa
cisterna do sal mariño do deus, encontramos outras dúas
fachadas, unha con pórtico na cara norte(2) e outra na cara oeste.
O pórtico norte que limita practicamente coa muralla da
Acrópole, presenta gran altura pois arranca da parta máis baixa
do terreo e acada a cornixa da planta superior, configúrase con
seis columnas xónicas, catro á fronte e unha detrás de cada
unha das dos ángulos, de esveltos fustes. Forma ángulo recto coa
cella pois foi necesario construílo aquí para non alterar o espazo
sagrado onde se alzaba a oliveira sagrada de Atenea e que
ocupa o espazo natural para este pórtico.
O lado oeste carece de pórtico e revela a existencias
dos dous niveis, na parte superior presenta fiestras abertas
entre columnas pegadas no muro e apoiadas sobre un resalte do
muro baixo no que se abría unha porta. Estas columnas, o remate
en frontón e a conexión co arquitrabe, friso e cornixa que corren ao
longo de todo o edificio, harmonizan este lado co lado oriental a
pesares de que neste lado as columnas son mais altas.
Alzado. En canto a orde xónica que aparece a mediados do
s. VI a.C. en Xonia, conectado con formulacións orientais,
caracterízase por ser máis esvelto que a dórica (a columna é 7/8

7
veces o diámetro do fuste), máis lixeiro e decorativo, amosa un
sentido de luxo e refinamento que non ten o dórico.
Sobre a crepidoma, plataforma de tres banzos
(estereóbatas, os dous inferiores, e estilóbata o superior)
arrancan as columnas: base combinando toros (molduras
convexas) e escocias (molduras cóncavas), fuste estriado en
arestas mortas e sen éntase; capitel con colariño que o separa do
fuste, pequeno equino, moldura circular convexa decorado con
ovas e dúas grandes volutas que é o máis característico
deste capitel, tamén ten un pequeno ábaco. Segue o
entaboamento constituído por un arquitrabe dividido en tres
bandas horizontais, un friso liso ou con decoración e a cornixa
que sobresae do plano anterior. Como o tellado é a dúas augas
fórmanse nos lados menores frontóns cuxa superficie interna, o
tímpano, se decora con programas escultóricos.
Toda a estrutura do edificio é alintelada, non se
empregan arcos nin bóvedas, como é característico de
todos os edificios gregos.
O pórtico das cariátides, exemplo de novas solucións
arquitectónicas, é de pouca altura pois non cobre a altura total do
muro do templo ao que se adosa. As figuras femininas
cumpren a función de soporte, substituíndo ao fuste. O seu
nome ven das mulleres de Caria que, segundo a tradición, os
atenienses fixeran escravas porque axudaran os persas. Resultan
pois unha clara advertencia do que lle pode suceder aos traidores.

As figuras -hoxe no Museo da Acrópole. están realizadas en


mármore, situadas sobre un alto pedestal corrido e distribuídas do
mesmo xeito que as columnas do pórtico norte (catro ao fronte e
unha detrás das de cada ángulo), soportan un entaboamento ao
modo da orde xónica do resto do edificio cun arquitrabe de bandas
horizontais e a cornixa, carecendo de friso. É a materialización da
idea subxacente do antropomorfismo das ordes gregas, pois
recordemos que a orde xónica, a empregada neste edificio, se
asocia có feminino, mentres que a orde dórica se asimila ó
masculino.

A súa actitude serena nada ten que ver co feito de sustentar


o poderoso entaboamento. Recordan ás korai pero con insinuación
de movemento sen chegar ao contraposto pois non hai repercusión
na cadeira. Equilibra a composición o xogo das pernas, pois tres
delas apoian na perna esquerda e outras tres na perna dereita.

8
Visten un peplo cinguido ao corpo e un himation, nos que
se amosa un gran traballo de pregas, que complementan con un
coidado peiteado cun recollido de dúas trenzas que caen ata
metade das costas. Posiblemente nunha man levaban un pequeno
prato de ofrendas e coa outra suxeitaban o peplo.

Hai unha profusión decorativa que o separa do Partenón


e que xa está a dar indicios da evolución posterior da arquitectura
grega, é dicir a austeridade e a racionalidade do século de
Pericles está a quebrar.

Pouco despois do seu remate sufriu un incendio, unha


primeira vicisitude da lista que virían despois: novos incendios,
conversión en igrexa e en harén, bombardeos e amputacións
decorativas como a realizada por Lord Elgin quen se levou unha
das cariátides, hoxe no Museo Británico.

9
NIKÉ ÁPTERA

Estamos diante dunha obra arquitectónica de tipo relixioso,


concretamente tratase do templo dedicado a Atenea Niké (a
Atenea Vitoriosa) ou Vitoria Áptera (sen ás, para que non
abandonase aos atenienses) coa finalidade de conmemorar a
vitoria de Alcibíades sobre os persas.
Localización. Erguese na Acrópole, no bastión dereito dos
Propileos, sobre un espazo mínimo ocupado por un templo
anterior que fora destruído polos persas no 480 a.C. As escarpadas
paredes do bastión obrigaron á delimitar o espazo por un parapeto
que dese seguridade aos visitantes. Tratábase dun pequeno muro
de mármore e unha balaustrada de bronce. O muro exterior ía
ornado con relevos alusivos ao tema da vitoria (Vitoria atándose
unha sandalia) que seguían o estilo de Fidias e seguramente foran
obra dalgún dos seus discípulos.
Na rocha sagrada da
Acrópole levantáronse
tamén outras construcións
relixiosas importantes da
cidade como os templos do
Partenón e o Erecteion,

Estilo e datación.
Pertence ao período
clásico da arte grega,
séculos V e IV a.C., entre o
fin das guerras médicas e a morte de Alexandre Magno no 323,
máis concretamente ó clasicismo pleno do s. V a.C., que coincide co
goberno de Pericles quen encargou a reconstrución e
embelecemento de toda a rocha sagrada despois da súa destrución
polo exército persa de Xerxes no 479 a.C.
Se ben o proxecto construtivo data do 449, coetáneo do
Partenón, a obra non se levou a cabo ata vinte anos despois,
xa morto Pericles e durante as Guerras do Peloponeso, o que
outorgaba un significado engadido ao templo: a ambición de
Atenas de se converter na polis líder. A razón do retraso non está
clara, pode que se pospuxera para centrar todos os esforzos na
edilicia do Partenón ou pola oposición de Pericles, pois o proxecto
era promovido polo seu rival, o xeneral Cimón.
Está realizado en mármore do Pentélico.

10
Autoría. A obra débese a Calícrates, colaborador na
construción do Partenón, quen tivo que adaptar o proxecto inicial
a un espazo que se reduciu máis coa grande volumetría acadada
polos Propíleos. O templo de Atenea Niké é unha obra chea de
elegancia e fermosura, aínda sendo unha miniatura no medio dos
restantes edificios da Acrópole.
Antes de pasar á análise particular, convén facer unha precisión:
entender que os templos non son construcións illadas, pola
contra forman parte dun conxunto que abarca todo o témenos, o
espazo sagrado.
De planta rectangular, tetrástilo por ter catro columnas no
fronte e anfipróstilo ao contar con pórticos en cada un dos lados
menores. As pequenas dimensións fixeron que pronaos e
opistodomos quedaran reducidos a pequenos pórticos, e a
que a naos cadrada, onde se situaba a estatua da deusa, se vira
reducida a 4x4 metros. A cella cos seus dous piares no
acceso semella a estrutura dun templo in antis.
O alzado segue o esquema dos templos gregos acorde a un
módulo de harmonía e proporción que se materializa na existencia
das ordes, que toman como unidade de medida o radio do fuste da
columna e a partir de aí a proporción aplícase a todas as partes e
elementos, de xeito que toda a composición queda normativizada.
Neste caso en orde xónica, máis esvelta e lixeira que a orde
dórica.
De abaixo arriba encontramos os seguintes elementos: a
crepidoma, plataforma de tres chanzos (estereóbatos, os dous
inferiores, e estilóbato o superior) en todo o perímetro; as
columnas xónicas, con fuste monolítico, e o entaboamento
constituído por un arquitrabe subdividido en tres bandas
horizontais, un friso continuo adornado con relevos, e a cornixa
que sobresae do plano anterior.
A fin de lograr unha mellor visión da volumetría e da
xeometría do conxunto, aplicaron tamén certas correccións
ópticas, así as volutas exteriores dos capiteis dos catro ángulos
dispóñense tanxencialmente.
As dimensións reducidas do templo débenselle ao carácter
antropocéntrico da cultura grega e ao feito de que,
orixinariamente, os arquitectos atenienses consideraban que o
estilo xónico só era apropiado para templos pequenos.

11
Como o tellado é a dúas augas fórmanse nos lados
menores dous frontóns cuxa superficie interna, o tímpano, se
decora con programas escultórico en relevos, hoxe perdidos.
En canto ao programa escultórico inclúe os relevos do friso coas
vitorias bélicas dos atenienses (Batalla de Platea) e nos frontóns
unha Xigantomaquia e unha Amazonomaquia. A isto hai que
engadir os xa citados do parapeto.
Esta pequena xoia arquitectónica foi destruída polos turcos
no século XVII que aproveitaron o material para facer
fortificacións. No século XIX, foi reconstruído por arqueólogos
franceses.

12

You might also like