You are on page 1of 2

TEMPLO DE NIKÉ ÁPTERA

Identificación da obra:

 Templo de Atenea Niké (ou templo de Niké


Áptera).
 Autor: Calícrates
 426-420 a.C (segunda metade do século V
a.C)
 Arquitectura clásica grega (do século V a.C)

Contexto histórico-artístico:
A Grecia antiga é considerada o berce da civilización occidental polas súas aportacións á
filosofía, á política, ás artes e á cultura xeral.
A civilización grega (que se desenvolveu entre os ss. VIII e II a.C, desenvolveuse na Península
Balcánica e illas próximas, espallándose por gran parte do Mediterráneo.
Trala victoria sobre os persas tralo final das chamadas Guerras Médicas, a civilización grega
acadaría o seu máximo esplendor nos século V e IV a.C: época Clásica.
A arte grega estaba feita á medida do Home. Buscaba a harmonía, a proporción, a racionalidade
e o equilibro como compoñentes da beleza (de aí a importancia das matemáticas nas súas
construccións e esculturas)
Centrándonos na arquitectura, esta era arquitrabada ou adilentada:a liña recta representaba a
beleza ideal para os construtores gregos. Os edificios policromábanse e empregábanse
refinamentos ópticos (éntase, estilobato…) para lograr a perfección visual do edificio.
Os templos eran o principal tipo de construcción da arquitectura grega antiga. Xeralmente eran
de pranta cadrangular e clasificábanse en distintos tipos segundo o número de columnas, a
disposición de un ou dous pórticos, etc)
Outra aportación importante da arquitectura grega antiga foi o emprego das chamadas ORDES
CLÁSICAS (dórica, xónica e corintia), asumidas e personalizadas logo por Roma e que
formarían parte da arquitectura occidental a través dos sucesivos estilos posteriores.
Recordemos que a columna era o principal soporte nos edificios gregos.

Indicar, por outra parte, que tralo Imperio de Alexandre Magno (s. IV a.C) e ata a conquista
romana (s. II a.C), desenvolveríase o período helenístico.
Clasificación e comentario da obra:

Este pequeño templo levántase dentro do recinto da acrópole de Atenas.


As acrópoles eran as zonas sagradas ou santuarios das antigas cidades-Estado de Grecia,
e consistían en conxuntos de construccións variadas (templos, bibliotecas, teatros….)

A Acrópole de Atenas foi reconstruída no s. V a.C, trala victoria sobre os persas, por orde
do estadista Pericles. É o monumento máis destacado da Grecia clásica e un exemplo do
esplendor da arquitectura da Grecia antiga.
O conxunto estaba formado polos Propíleos ou portas de acceso monumental, o presente
templo de Atenea Niké, o Partenón e o Erecteion.
Os arquitectos Menesicles, Ictinos, Calícrates, e o escultor Fidias, foron os encargados
dos traballos na Acrópole ateniense.

O templo de Atenea Niké ubícase na marxe dereita da Acrópole.


É unha construcción de reducidas dimensións xa que se trata dun templo votivo
(levantado para conmemorar a victoria ou “niké” sobre os persas).
O edificio asentouse nun espazo moi pequeño, de aí as súas dimensións cativas (8 m nos
lados máis longos)
Para adaptarse a tan reducido espazo, houbo que suprimir o pronaos do templo.

Dende o punto de vista formal, trátase dun templo anfipróstilo e tetrástilo (presenta
catro columnas en cada pórtico). O acceso á pequena naos presenta dous piares cadrados
en lugar de dúas columnas in antis).
É de estilo xónica, con columnas moi esbeltas e elegantes, e os muros están construídos
con sillares de granito perfectamente encaixados.
Este templo presenta os elementos e distribución típica da orde xónica: o entaboamento
composto pola arquitrabe (que presenta tres franxas horizontais); un friso corrido con
relevos escultóricos; a cornixa e o frontón (este desaparecido na actualidade)

O conxunto completabase cunha verxa ou peche, decorada con relevos escultóricos (obra
de Calímaco).

No seu interior crese que houbo unha estatua da deusa Atenea.

A pesar das súas pequenas dimensións, o edificio impresiona pola súa perfección técnica,
pola súa integración visual no conxunto da Acrópole o polo sentido do equilibro
conseguido por Calícrates.

You might also like